1.doc
Ceo azul marabilloso
qué doce resulta xa o espertar
Estou na flor da vida
qué máis desexo?
O aire límpido do ceo
trae uns ventos novos
vistos facilmente asomando
a través de cruelísimos espellos
Oh sol que estás no alto
na cúpula máis honrosa que teño visto
qué diantre vamos buscando
amigo, dimo, para qué soñas?
Xa nos conformamos con pouco
Xa non queremos máis nada
Só a alma latente, pousada
no ígneo acaso, tal vez morada
Sabe vostede algo quizabes de cómo
o mundo irá mudando ou de cómo
lle irán as cousas siacaso
Tal vez amencendo ou finando?
Pode confirmar con exactitude
o estado seguinte tamén a hora
na que as cousas se produzan
Qué será destes soños?
Qué será oh sol antigo destes soños?
Das súas esperanzas xamais frustradas?
Dos seus risos e prantos?
De todas as cousas traballadas?
A ónde irá este conto
coas súas tristezas e alegrías
coas súas lapas e augas
coas súas fontes e cauces?
A ónde irá parar o que sintas
neste mundo tan ancho?
2
As fazañas que un tal Rochamor, cabaleiro de singulares virtudes, acometeu para vingar as ofensas feitas á súa dona por uns desalmados da Cidade dos Soños, na que vivían, que, aproveitándose da súa confianza, os malfeitores raptaron a Eme Lúas, moi fermosa por certo e moi dada ás cousas que unha dona tiña que ter dela; digo tiña, pois como se verá o seu rapto impediu destraumatizala, ficando, Eme Lúas, en tal grado de prostración, que agora os días son como a vida, pasos que un dá cara a morte, á que trata da enganar levando licenciosamente o que, a bo ver, debera ser resgardo e temperanza, pois, según aínda afirman os xurisconsultos máis afamados e os teólogos, a virtude, que un día tiver, deberá volver ser a mesma, para estar así en graza con deus e con ela mesma, ademais de con quen a rodea, pois o dano que lle fixeron aínda o ten Rochamor por causa, tendo esquecido nesa violentísima interrupción da súa paz doméstica os motivos case todos, que agora afloran, e sobre os que trata de pór orde, para que os delictos cometidos saian á luz do día e os que os cometeron carguen coa súa parte de boa culpa.
3
Rochamor vivía feliz nun lado do Lago de Orl, ao noroeste da Cidade dos Soños, e levaba unha vida fructífera e sen agobios. A familia estaba unida. A fortuna sorríalle. Non estaba inimizado con nadie e a nadie lle debía favores, entendendo por favores débedas ou compromisos. Vivía alí feliz buceando nos seus libros e nos seus hobbys formas de encher o espazo que tiña por diante ao longo dos días, ou así era, alomenos, un pouco aburrido pero feliz, desta felicidade que se demostra ou se ve reflexada no rostro dun cando miran para un.
4
alí a risa acabara co pranto pero o pranto pronto recuperaría terreo e se adonaría dos pensamentos dos demais mortais
parecera como se algo quixeran do que había
algo que non estaba descrito e do que se descoñecía todo
salvo que os homes estaban disposto matar por elo
5
Eme Lúas era discreta, ou iso parecía (eu non a coñecía do todo ben e esa era a primeira impresión que me dou). Aprendera nas máis insignes escolas da Cidade dos Soños coñecementos e técnicas que nadie diría que iso fose posible en muller ningunha, pero era así, e, o seu carácter frío e especulativo amosouse dende os primeiros avisos do cortexo. Rochamor (ese era eu) viuna un día, camiñar apresurada ao que parecía ser un destino asegurado, con firmeza, como dando entender “isto vai ser pan comido”. Así foi. Unha vez asentada, os primeiros tragos de luz ficaron sinxelamente abraiados diante das súas mans hábiles e destras e o desparpaxo das súas outras habelencias. Eu mirábaa de esguello, tratando de lle sacar un bocexo, dígoo agora, claro, a cousa non era fácil, só eran primeiras miradas, pero nos gustamos.
6
Rochamor tiña por misión esculcar os misterios posibles do Universo Infindo, cousa na que perdeu fortuna e amigos, tamén credibilidade, e case criterio. Non eran ciencias fáciles, e aquí case ninguén as ensinaba, gratis; había que someterse ao criterio de terceiros que un xa comprendera estaban anquilosados. O Universo era antigo, e dende antigo se estudiaba. Pero o que Rochamor vía, non o vía nadie, e poriso era interesante, porque o seu punto de vista correspondía proporcionalmente á maneira de ver as cousas que de verdade importan da xente máis desprendida e despreocupada.
Unha vez sabido isto, adicouse, digamos, dunha maneira esotérica e entusiástica plasmar cómo daría inicio ás súas investigacións sen que se tiver que arruinar outra vez e sen que os estudios non o confundiran. Porque Rochamor sabía que no espazo infindo a maneira máis sinxela de comezar encetaba precisamente polo que se sabía, polo que se tiña aprendido da maneira que fose do que se chamaba coñecemento e aplicar compulsivamente artellos inventados ou mostras que se podían encontrar en calquera tenda, ía ser o espectáculo máis marabilloso que unha persoa humana, normal, iluminada, podía achar nesta mísera vida, e facelo ademais co propósito de axudar a cántos máis fose posible, unha intención que o honraba por si mesmo.
7
Impórtame querido, que subas á miña caluga cando o país enteiro desapareceu. Non queda nada del no mapa. Elegantemente, cando todo parecía iniciar un conflicto, as sabias tomas de decisión das que sempre fomos capaces, guíannos esta vez correctamente polos sendeiros polos que camiñamos e a guerra está olvidada, quizais para sempre. Por se fose pouco o auxilio, as miñas necesidades económicas xa non deben ser motivo de estorbo para ninguén; se, supoño saber facer uso das axudas que reciba na mellor dirección posible. Na única verdadeira. Tremo de emoción ao decatarme de que o camiño que hai diante está libre de obstáculos, e que, o que queiramos facer coa nosa vida xa non é máis ca un mero entretemento. Estas cousas serias ás que me refiro, só as impulsa o propio discernimento, e, claro, como todo coñecemento, ten que apoiarse no que se supón sabido para levar a cabo as súas saídas necesarias. Ou sexa no útil. En The Piper of the Gates of Down as harmoniosas cadencias e os aires triunfantes de toda unha xeración poñen de manifesto ás alturas ás que podemos chegar, ou que xa chegamos, ás que non saberíamos volver se “outros” non fixeran xa outras cousas. Era O Noso Único Alimento. Entregados de antemán dende hai séculos ás terribles opresións das nosas condicións sabíamos que tíñamos que alcanzar o cumio para poder ser parte da realidade obxectiva. Hai BolBoretas no Edén. Cara onde estábamos, as opcións, mastigadas todas con tabaco, multiplicaban por mil o límite do risco (ás veces intolerable) e tamén nos aprendían pór a nosa parte de culpa niso que todos chaman Nazón. Alí, na masa, o que podías aproveitar era simplemente no que no teatro se adicaban como saúdo e sorte: “merda a todos”, ou simplemente merda. Eu a isto non quería chegar. Nin tan sequera se me pasara pola imaxinación. O moucho que fai de can ten os sensos moi duros. Gran Rudo nos obsequia con disciplina. Necesaria para enfermidade tan complexa. Quero dicir que se soubera que haberías morrer aos 71 anos pois poderías calibrar as necesidades que haberías de cumprir dado ese prazo, pero, como, o tempo é insignificante e un aínda dispón do que nin se imaxina, si, unha axuda estable para esta Casa de Actores made in Galiza Calidade, podería moi ben aplacar parte da fame e das gañas de autodestrucción, e, permitir, por outra parte, involucrarse en métodos máis sorprendentes que a sóa mención superviventística. Aniña na ialma un desexo de construír comparable ao do arquitecto e os estudios neste senso son bastante precarios, polo que apelamos ás musas, sigan manifestándose pois, unha boa parte do que somos a elas llo debemos, unha meirande parte da que nos libra delas o merecemos, o sexo, ben, grazas, as atencións públicas que descubrimos neste extremo amosan unha contaxiosa desiderátum na que todos formamos parte do mesmo e da que queremos seguir formando parte. Eloxios a Ruibal. Mereces. Mereces. Polo tanto toda a túa ideoloxía debe estar volcada cara este punto. Entre os problemas que iso ocasiona destaca: a manifesta vontade en contra.
8
a primeira vez que lle dixen non a unha muller tiña eu as meixelas coloradas e voz de tímpano
tiña manifestas relacións co lexítimo e os soños delicadísimos temperado bonachón pulcroarrugoso
tamén tiña unha finca ¡qué carallo! e outras eguas calenturentas
Eme Lúas sempre se considerou espléndida
Rochamor (eu) múltiples tarxetas
Tarxetas múltiples
(terreos delicados espiados e iso) a cuestión era vivir en paz
Que nadie che dixera cómo
Graaleei un rato polo tremendo aparato
E vin Toms e Jerrys
a dama piruxa
Eme Lúas sempre soñou con ser actriz
Alí mentres a danza contradanza emitía os seus suaves efluvios feronemos (ui que calentón de oídos)[tirón de orellas] non teño máis remedio que me facer unha palla
ya tengo posesiones
Eme Lúas tiña uns olliños penetrantes que esculcaban tan profundo que un morría para que o repetise
Miraba tan adentro dentro... que ninguén diría que fose señorita
Hematite
Daquelas grandes peregrinas do planeta as discusións que nos quedaban aos máis ananos eran as referidas ás cuestións de terras e de familias
ás visións paternalistas da familia
á sospeita case instantánea do futuro como familia rota
á familia unida nunca será vencida
á terra cacho que nos puidera pertencer
á terra abono do qué puidéramos producir
ás causas logo porqué nos queríamos ou non
quero logo podo
entusiasta seguidor do Athletic Clube de Bilbao
paisaxe catastrófica da solidariedade en Titanic
non te quero convencer de que os meus argumentos resulten convincentes e formen parte dun conglomerado de suxestións
que así o conforman
SEÑORES CABALEIROS MASÓNICOS DA REAL ORDE DA ALQUITARA
París é teatro divertido e terrible. Entre os concorrentes ao café Plombier, bos e decididos muchachos –pintores, escultores, escritores,poetas; se, ¡todos buscando o vello loureiro verde!, ningún máis querido que aquel pobre Garcín, triste case sempre, bo bebedor de axenxo,soñador que nunca se emborrachaba e, como bohemio intachable,bravo improvisador
Tiña dous conselleiros áulicos: unha laverca e un asno. A primeira perdeu o seu prestixio cando o sátiro se virou xordo. Antes, se canso da súa lascivia sopraba a súa frauta docemente, a laverca o acompañaba. Despois, no seu gran bosque, onde nin se oía a voz do olímpico trono, o paciente animal das longas orellas lle servía para cabalar, en tanto que a laverca, nos apoxeos da alba, se lle ía das mans, cantando camiños dos ceos
Pero ti, neno meu, vagarás como unha brisa
por lagos e praias areosas, baixo os riscos
das vellas montañas. Así verás e oirás
as fermosas formas e sons comprensibles
da linguaxe eterna que usa Deus
Estas son as túas marabillas, Señor do amor;
ti nos fas ver que só somos esas fráxiles flores
e cando poidamos probalo e comprobalo,
disporás para nós un xardín habitable.
Os que ansiaron ser máis,
escravos da riqueza,
por causa de orgullo perderon o Paraíso
navegamos navegamos navegamos e cada novo rumbo era unha gran frecha cravada no corazón do mundo
todos aqueles dominios me pertencían
desde Palma de Mallorca a Cabo Branco
San Vicente Ferrol
dende a Estación Central de Guaguas
deica ata o Parque do Retiro
Osmoladidade 280-295 mOsm/kg
Razóns Byronianas quixeron cadrar na teoría na que o Amor é bo
sendo semellante delicto
9
deica veña a Noite Eme Lúas sobrios (e unha fuxidía mentira)
as cousas das liñas cognitivas se alentan no que sacan por si mesmas das outras liñas da materia que atrapan ao seu paso
e quedan así autosatisfeitas sen que interveña todavía a man do home
axiña os corpos celestes avanzan a velocidades perigosísimas como desaceleran o mesmo avance e se equilibran
o espazo que deixou a supernova ou o corpo desaparecido énchese dos refugallos que ese mesmo corpo liberou
e ata as pequenas partículas da desfeita por leis tan intanxibles como as que proporcionaron que os sistemas se vaian destruíndo, á mesma velocidade coa que se reconstrúen
10
pasado (tacón de agulla xa quer xogar) (me han cazado de nuevo) alí na andaina, a carón da estación do tren, unhas breves palabras de despedida que se preguntaron se era lícito o non marcharse
a cafetería tiña os ollos da caimán hipocondríaca que daquela viaxaba en tren
margadío tivo alí grandes soños mentres rascaba na alma máis profunda qué podía ser a Victoria?
Mirou en cada un que tivo diante argumentos os máis sólidos existentes
E alí soubo que si, que gañar ou perder só importaba cando as grandes ideas de nazón están en marcha
Cando a vida e a morte están disputándose en cruel batalla qué leva a primacía das nosas existencias
das nosas inútiles existencias
Hai quen acciona o mando a distancia é xa di existencia no máis alá
Bercecuncadecorbarateira
eléctricas mantas de edredón de pluma
Mi infinita Tristeza me impide reconocer ciertos hábitos de conducta que se han establecido por estas tierras como propicios o salvativos
Allí de donde vengo (me sería muy difícil decir o dar idea del sitio exacto) decía todo lo que soy sin pelos en la lengua
Llevaba la Voz de los Días sosias de mi corazón
Mis niñas
A barca cruzou toda a Ría cunha vela cadrada por motor
Saltouse os parámetros da velocidade e escorábamos moito a babor
Pero as nocións exactas do tempo equilibraron a barca ao chegar ao peirao do porto
Tamén Lucas agardou tres cuartos de hora ou máis por esperar o talego de haxxix diario que eu levei nas mans
Só o fago de espléndido (as culturas aprendidas a única lección para a que serven é para pórte en antecedentes sobre as novas culturas que aprendes que de novo vas aprender que de novo son dignas de ser aprendidas) (os indios jws, os CabezaLyca, Tráns Filicios, kler, sequoias, ballantine´s...) que tratarán de cometer as maiores gamberradas do mundo e as máis afamadas formas de entretemento
Papá, nunca me deches unha perra, pero eu paseino ben
xa teño un despacho, o enterro do teu amigo Daniel, que acaba de falecer, 15 Xullo, e traballo para catro ou cinco anos, as enormes probabilidades do que xa feito teña un recoñecemento e, porive, de que os meus problemas non haxan máis que comezar, terei que ir pensando nunha especie de xestor (por se atino naquelas cousas ou por se fallo)
tamén tería que ter coidado poriso co que digo ou fago pois calquera desas cousas poderían chegar a malos oídos, ou máis aproveitados ca un, e sacarlle o que un trata de sacarlle da maneira máis positiva posible doutra forma que incluso nos toque o dano e nos estropee de por vida o que quer ser a nosa forma de sustento
11
As tristes palabras que me serven de consolo arrebáñoas dos ceos acesos, das sombras das tardes ou dos Crepúsculos dos Deuses, xuíces animalias que nos arrebatarán os sernes ata ficar exhaustos, ata que noso non queden nin os ósos, e qué, qué che podería prometer? Qué podería haber alí tras as cousas?
12
un reloxio de ouro marca con minuciosidade os acontecementos diarios que temos que acometer no futuro e que xa os temos sinalados
vou accedendo ao tempo necesitable para iniciar unha relación profunda co novelesco
teño xa entre os proxectos facer a traducción de Fowlett “Os Piares da Terra” e de Twain “Un Ianqui na corte do Rei Arturo”
hoxe é un día triste 15 Xullo GMT +01:00 Bruxelas, Copenhague, Madrid, París, Vilnius
Chomsky : Hexemonía e supervivencia
Poe: Narración de Arthur Gordon Pym
“Os tres primeiros minutos do Universo”
“A caída de América” de Ginsberg
“Meditacións do Quixote” de Ortega
“A Conquista da Felicidade” Bertrand Russel
J.D. Salinger: “Levantade, carpinteiros, a trabe mestra”
A biografía de Stephen Hawking da Biblioteca Científica Salvat
As cancións de Bruce Springsteen dende “Greetings from Ausbury Park (N.J.)(1973) deica Born in the U.S.A. (1984)
e por fin canzóns soltas de grupos españois de todos os tempos presentes que nos recordan algo por ter saído algunha vez nas radio-f-órmulas
nas coordenadas 20º 15´ O. 50º 36´ N. os barcos ían máis lentos
Liberia
treitos
cartas aos amigos descoñecidos
sin a cidade apócrifa entre murallas
a gloria da galiza
a última vez que te vin
tamén
bloc de notas para esbozo de ideas
diario
o manuscrito
1.doc
ulise no wolfram
onomatopeia universal
2
afrodita
dende a memoria
poemario A LIBERDADE
¡PARA MIN QUE TODO O MUNDO É SOLDADO!
as posibilidades de non encontrarse coa fortuna son unha mínima expresión desas realidades totais
¿quen me pode dicir a min que comprenda a miña felicidade?
¿quen pode dicir que o que tes non te ensinou xa seres o que es?
¿habería algo máis adiante?
conseguín unha conversión a Cristo
ademais obtiven a imago instantáneo do alpocado chamado o AntiCristo
razóns que esgrimen por se as varridas rápidas de onda frean o nivel de protóns calculado para que a transferencia cátodo—ánodo sexa o máis efectiva posible
co que xa mentei varias formas do posible
todas realizadas diante dos meus ollos
Por Xúpiter! Icarus era romano ou grego?
Levaría xa por un bo presaxio as hypnóticas ondas que veñen dende algún lugar do xulgao-templo-tempo miña nai aínda me alimenta me dá un bo teito e é a máis Magnífica das Benefactoras, acudir constantemente ás fonte do teu pracer non son capaces de acadalo moitos sen que insistir nas túas teses ou refacelas e desfacelas fosen tamén parte do que algún diría traballo caralludo, esas cousas que teñen os escritores de raros e extravagantes
Miraba alí na bahía como a miña nave abeiraba as costas e xogaba co ton do ceo e as ondas móbiles do meu redor
dominados pola televisión
lugares de asombro imaxinable
que é unha das causas das que se vai Santiago Todos os Fins de Semana
e alegoricamente é o lugar onde están depositadas as chaves de toda confianza
mañá, toda esta nova xente que vai seguir vindo aparecendo, mañá, mañá, mañá vai seguir sendo a mesma
o ordenador xógalle a batalla comercial, que está controlada por un peter pan das finanzas que gaña o que lle peta, ten o dereitos mundiais desa explotación e elelucadamente sigue estudiando,
tamén viría A Pira Funeraria da Extinta Indira Gandhi, os reloxios dalinianos e á retórica de Peralades, un cameón rockeiro tipo Woody Allen, Unha ChinaChinaGota mareos de mares insulsos e esquilmado, esquilmado?, ¡esquilmadísimo! Lugar Regodeótrico, ausencia de calma á vista, Buchanan live for New M´wsxizco alias nas praidas partíase co cachivache ese do satélite espacial incrustada despois de miles de millóns de probabilidades nos sisos de Peter, que era precisamente quen máis me odiaba e a quen xa lle comezar coller aprezo
alí en Santa Bárbara (California) as avenidas son tan elegantísimas que ningún coche o fastidia adoito
ninhunha mulher de bandeira dará nunca jamais seu braço torçer mas se dixéramos telas todas todas con um de seguro iso sería o menos desagradable da cuestión
só falta que vivan por aquí
Comín
Son as 16:08 e envilábame
Capitán Espazo recorre aos materiais que os seus ollos son capaces de percibir como tales e trae as primeiras mostras deles nas súas navegacións espaciais
O organismo unicelular “captado” próximo pode traer unha esperanza de vida á civilización universal polo tempo duns cincuenta anos
As revisións que pasamos e os informes que obran no noso poder así o testemuñan
13
todo nos sae defensa, acaso ninguén ten xa que contar
14
ضฌچڤظฐฒ گۀیژฟำึ
15
puñais afiadísimos escondíanse en cada curruncho do bosque polo que íamos. Chegara a hora de descansar, de xantar un pouco de búfalo afumado, e aquel rochedo coa baixada fácil ao regato e a herba mol a carón era un lugar privilexiado. Descubríramolo despois de andar perdos e dando voltas sobre un pequeno treito do río, sempre tentando encontrar o que encontramos. Estaba a salvo de miradas indiscretas polo resto do bosque a unha e outra ribeira e as rochas servirían de defensa en caso de ataque. Chil andaba outra vez facendo das súas, e non daba tregua aos campesiños do condado. Violaba ás súas fillas, mallaba nos muchachos, queimaba pastos, mataba animais... O Señor Conde estaba a tanto; as noticias que lle dábamos recordándolle o carácter do fillo non eran para botar campás a baladar, e, por se conseguía o pai aplacar a ira desatada dese imberbe rapazolo que todavía non aprendeu levar o ben que lle pertence, nos tíñamos comendado a esta misión, esas esperanzas que habería que cultivar durante séculos, porque estas aves rapiñeiras nacían e morrían coa mesma rapidez coa que a coella pare ás súas camadas.
16 Rochamor e Eme Lúas cando eran mozos brigaban por un Rei Noso Señor e grandes viaxes tiñan feito ao longo e ancho desta Terra.
Os alcumes ofrecidos non eran de recibo nin tampouco a máis mínima obxección, tamén a falta de recursos, todo se tiña disposto pra que o Gran Rei gobernase placidamente, emborrachándonos de melancólicos soños.
Descarao era.
E ente entanto os equilibristas deste gran teito de fume algo humidicido polo milagre, non paraba rentes á hora de non decidirse por ningures, e deixaba xogar nese estricto tempo da ambigüidade que algúns/has conseguiron sexualizar. Non, non estaba conforme. A lei para min era o MAXIMIÓN, a xoia mameluca do Imperio Otomán desgarrado ao Bizancio, esa outra xoia, ves como todo se pega?, a lei para min era de cumprimento obrigado, e tíñaa que coñecer a conciencia.
Brindo pola nosa Victoria.
Majestic.
A nosa graza de melancólicos oídos morren positivarmente nas brétemas a carón do Sar por Caldas. E aí os nosos ollos nos fan ver coa velocidade dos lóstregos todas as cabezas escintilantes, son os meus olliños do hax, maleducadamente, finalmente, Vilagarcía veunos ás portas ¿porqué será?.
Biba la Habana tivo que irse Mallorca.
Pagareino caro.
Pagarei con dobre esforzo.
La unión hace la fuerza.
Os puntos de información teñen considerado seguir pertencendo ao consún para aliviar así as penas que nos amolen, que, por ser nosas, e por ter unha idea común, a todos lle pertencen.
17
Este, Ernst Hemingway, lucía esplenderosamente nos corridos pamploneses e eludía unha cuestión difícil sobre a dictadura. Teño o costume de matar na man na man e nos pés que se moven lentamente baixo a cúpula do corpo. Hábil como un espectro recorro a cidade borracho como un vivo, sereno como un morto., e me asombro diante de aqueles que viven. E me excitan os seus labios sonrosados cando din <><>.
A quen queres que me entregue?.
Teño o tramo final do contrato xudicial en fase de fallo, e iso/ou non
PODE CAMBIAR O MEU FUTURO PARA SEMPRE
Tamén tento axudar adicándome a escribir, non soño moito, pero a posible contía ou emolumentos poden variar de 0 a 20.000, o que implicaría asumir tamén esa condición, sei que loable esforzo,
mirabas as <> razón de que un estea facéndoo, de que un estea tentado ir máis alá alén máis máis alá (non teño nada que perder)
recorro a cidade mirando aquí e acolá procurando detalles inimaxinables disposto dar coa cuadratura do círculo
uhmmmm sentirme chegado ha como o negre de Banyoles cando estaba “así” exposto
menos mal que Botswana o reclamou
18
Hemingway volvíase (como bo bébedo que era) do tamaño do seu delirium
as flores sempre serviron de descanso cando Deus era o traballo
e as rumorosas fontenlas e a paisaxe das aves
alí onde nunca fun atopado
(non me volverán “pillar”)
non me volverei a encontrar co meu alter ego
e as delicias cidadás irán en ringleira pola miña mirada e en disposición de afrontar unha bonita dicotomía diaria: pór en solfa os motivos dos seus máis pracenteiros ómnibus: glorietas, rotondas, prazolas, curruncho da rúa aquela que tan me gusta, esíxeslle ao gasofa que dea a cambio o descrito nos contos áulicos, e alí arriba o prezo que un paga non está estipulado nin lle ofreceremos a oportunidade de cazarmos, non sei se fun do pcus ou non, pero algo tiña oído de que a base social da contesta estaba unida eternamente ao que era Mal, els segadors, Deriuchenko manifestaba na súa fisionomía o correspondente loito e se expresaba con certa deixadez; pero, a pesar delo, a súa dor non chegaba ao tráxico, e Deriuchenko seguía falando obstinadamente en ucraíno.
19
El Ciclón cara 1891:
Convenceos: las huelgas tienen poca razón de ser porque envuelven en sí el germen de la ruina y la pobreza; pero en Santiago no sólo no tienen razón de ser sino que resultan ridículas porque aquí no existen aquellas grandes fabricas que necesitan del trabajo permanente so pena de perder inmensos capitales. En Santiago sólo es razonable la huelga cuando se trata de defender la dignidad ultrajada o los derechos arrebatados a determinado gremio y por eso no debe extenderse más que a los perjudicados, aunque sí deben ser protegidos y auxiliados eficazmente por los demás...
20
se a sociedade é unha pirámide, e a pirámide está feita de grados de superposicións teríamos que ter a confirmación de estar suxeitos ao Noso.
21
en Xixón as concas seguen grises
e alí no terraplén
as árbores da madeira están sepultas baixo toneladas e toneladas de residuos
vai tempo que Vetusta é un medio paraíso terreal
e alí non se escoita a voz da discordia
e alí tampouco haberá quen diga en voz alta o que se pense
tamén podería ser La Rioxa
as magníficas serras de Teruel
aquel barbilampiño que sorbía aínda os mocos coas sobremangas das mans presenciou tan marabilloso espectáculo e as imaxes impregnáronse nas retinas como o pupilo no camiño do mestre era tal o belor
xabre fundida con raios de sol e toda a Veiga do Ebro observando dende alá, cara onde as montañas caían e se entregaban ao río, arados callos, maldita miseria, ben levada, cara alá onde os Hércules bombardeaban como nun entretemento as posicións dos inimigos, ¡Xósua! ¡É alá!
22
mariñas houbo que dixeron neste humilde servidor ser as máis fermosas un requebro que me afean vente rápido mañá mesmo era unha antiga noiva que tiña non tiña vida privada e os sucesos light vin a cagada da mosca tras o cristal e a luz das abellas incesantemente fabricaban o panal camiño dunha natureza nova que actúa de forma impenitente e pretensiosa o sostemento debido á forza de traballo calculada para que o sacrificio da Nazón non sexa en balde (supoño) 9.30 da serán de estío palabras
as cargas que se xustifican son ben poucas
como se o límite da liberdade de expresión estivera comprimido nas mans duns poucos
Liberta Valance era un cabaré onde as gráciles damiselas facían os seus pinos como artistas
Tiña candilexas e unha barra de aquí a mañá onde un non sabía nunca cómo pórse, se optabas polas mesas a conta saía por un ollo da cara, e as xentes se pelexaban por ocupar eses asentos, bon alí eu era don nadie, e as damas non eran damas
Hai que buscar noutro sitio a Eva, cara de folercha, nunca o entendes
23
Isabelita Preysler era tan fina, tan fina
os ignorados
a ígnea fonte do sensaibo
elucubracións espazo tempo
as vibracións elípticas do pensamento me suspenden e teño que reiniciar noutro punto o que nin tiña iniciado
as supernovas ían carísimas
eu tiña a memoria dun mamut
ESCOLA
Mestre
¿Qué doncela casa
co vento?
Neno
A doncela de todos
os desexos
Mestre
¿Qué lle regala
o vento?
Neno
Remuíños de ouro
e mapas superpostos
Mestre
¿Ela lle ofrece algo?
Neno
O seu corazón aberto
Mestre
Decide cómo se chama
Neno
O seu nome é un secreto
(A fiestra
do colexio
ten unha cortina
de luceiros.)
-Os diaños nos axudarán, ¡xa o verá! Temos sorte, ¿non ve vostede que somos bastardos?... Xa o verá: si non son os demos, será algunha forza satánica, tal vez unha bruxa ou algo polo estilo. É imposible que a casa continúe así, tan estupidamente ante os nosos ollos.
Alí o que duraba duraba, e non había nin un que faltase; fose o que fose, había moito tempo que deixáramos de dar voltas nese sentido, e que as cousas que agora precisábamos estaban noutro plano e as criaturas que víramos xa nos servirían para írenos reunindo coas cousas de sempre
eu xa me reúno por aí
e me dou por satisfeito con parodiar a miña cara diaria co que me ven colgando
ese programas todo vexo
de terceiros
tan faltos de criterio (é isto o maldito?) planetas roxos sendo a misión interplanetaria en séculos máis importante dende as acometidas por Napoleóns ou Hitlers
calcula vostede a cantidade de persoal que vai consumir ese esforzo ata o día do Xuízo?
e capitais, claro?
Valerá ese esforzo supremo a asistencia á velada e asistir ao concerto de forma altruísta?
Ten tantos benefactores a Terra que ningún caeu na conta que co que contamos está perfectamente ligado a unha escala de saberes e obrigas que a gradación da sociedade basta por si sóa para constituír un estorbo para o seu propio desenrolo? Héimonos aquí que xa estábamos berrando: Revolución...
Eme Lúas está perfectamente institucionalizada. É a VOZ XERAL da Xeral Historia e, comunmente, unha fonte inesgotable de praceres que se preocupa de nós, que mira ata o exhausto cando estás mal e busca a túa cura, ao contrario que as heroínas da televisión ou das aventuras, non podes falar mal dela, o que inventes ou a imaxinación che lembre será producto de se estar consumindo nese lugar que non existe pero que todos somos un pouco del, Eme Lúas e máis eu estábamos conformes no noso odio ás dictaduras, no noso odio á obediencia ramplona que te acora nun lado da persoa que non es nin por asomo e que responde máis á ignorancia do xefe de turno que a unha incapacidade túa. E verse así, na boca do Rabo, xa nos tíñamos visto unhas cantas veces, por defecto ou por efecto, a realización do traballo da empresa ficaba aparte, eran outras consideracións que se saltaban profundamente os nosos dereitos cando pasábamos pertencer ao ámbito sobre o que era súa e nós, moi educadamente, nos seguíamos preguntando se estar alí ou noutro sitio marcaba aínda a diferencia, os soños, xa se saben, son cousa do demo. Non, non o pasábamos mal, pero xa queríamos máis, conforme ao que sabíamos e o que íamos aprendendo, había moita xente amargada que por non lle ter atopado unha saída aos remorsos pagaba co compañeiro o que era cuestión de decidir a base de tomar uns viños, con tapa, e máis adiante, anoite, facer fincapé no que habería de transcorrer xuntos, si, era máis fácil o levarse ben que atopar odio no cerebro dalgúns malnacidos, era máis fácil que te trataran mal, como se non se deran nin conta, pero iso non ía parar ao gabinete onde gardas o dolo polas causas, senón a fulaniño, ou manganita, que eran así, desa maneira.
O shock xeral, todo deixa de existir e parece como se todos te falasen, como se puideras entender case todas as linguas que por aquí circulan
xa formas parte do Gran Espectáculo da Creación
o noso próximo Salto Adiante
ata as mesmísimas barbas do Creador
uhmm
24
as liñas escritas ao respecto son variadísimas e cada un pode seguilas libremente, como mellor lle prouga, o asunto discutir fica descartado por ser incoherente con ese desexo de saber que impele a un como individuo cultivarse da maneira que sexa anque os fallos do sistema sexan tan incoherentes como as maneiras que aínda só existen na memoria e que buscan outra clase de formato no que expresen a gusto todo aquelo polo que un realiza a tarefa de vivir tratando de non molestar aos demais e limpar a súa conciencia de prexuízos, un milagre, tratamos de que o comprendan
25
as >festas< están ao caer este ano parece que se romperán os moldes do que ía sendo xa un costume e intentarán a partir de agora cousas novas a min a presenza na Praza nunca obtivo as miñas preferencias nin desexos loucos nin cría que ese era o mellor sitio para divertirse por aquestes lugares pátridas terras que si eran do meu gusto foi porque tiña viaxado e comparando as posibilidades de felicidade que podía atopar alí e alá un chegou que o mellor sitio era o que un considera como casa Sweet Home Alabama os olmedos da morte espiaban en nós dende pequenos cómo medrábamos e nós tíñamos a conciencia que non ía ser como eles tamén queríamos un mundo novo como o que tiveron eles cando eran xoves tamén nos vestíamos coas prendas máis atrevidas para “rascarlle” así un “favor” ao coñecido era un costume moi tópico de aquí pregar á patroa e estar varrendo así para casa crendo por só isto conseguir os mellores privilexios do reino qué máis dá? –dicían astarse ás paparagaitas presenciando como os mellores do universo se matan por darnos un pouco de benestar equivalía case a ter un asento de primeira en Iberia e ser un o protagonista das bandeiras en combate era isto o que necesitábamos aquí? As tarefas de reconstrucción non nos esixían grandes costos a medio prazo pero, era de supor que o prestado nolo van cobrar, teríamos que reenviar o obtido ata o de agora, ou tal vez mañá mesmo, con dobre selo de garantía. Os males que nos causásemos nos prexudicarían evidentemente. Todo o que se pode considerar aproveitable necesita polo tanto novos mimos, e detalles pagadoiros por anticipado. Nesas cousas do estar atento ou non as consideracións que deben primar son as que coan a proposición non axeitada e a transforman en dereito positivo.
Mesmo aí onde un era un as cousas non resultaban nada fácil e o engano máis visible Resultaba que a educación dun impedía trastocar os mesmos planos trazados polo Creador facéndose xoguete dalgunha bruxa cósmica
Bee Gees Vol.2 para escoitar contigo calquera cousa que tivéramos que escoitar as obras propagandísticas das grandes casas comerciais non reparan en gastos á hora de decidirse polo que vai ser unha opción de fortuna durante moito tempo, o traballo realizado así o testemuña, esas opcións, que barallan a medio prazo uns beneficios elocuentes, case a metade do meu ser empeñado nunha obra,
e alí diante non hai nada
nada
só que fagamos
26
Nós obtivemos a Vicepresidencia. Os lugares altos do Estado deberían inculcar xa ese sentimento nas xentes. Non é agora cuestión de vivir “arroupados” por aquel paternalismo e si de profundar no que somos abrindo todos os cauces posibles para elo, a expensas do que o resto do Estado deixe como usufructo (Bens Públicos e Privados que se investirían na Nosa Comunidade tendo en conta o grado de Desenvolvemento que Alcancemos, no ámbito público, e no ámbito privado)
Van ter que soltar (buscar) moita pasta os de Madrid para manter o nivel de Progreso que pedimos a berros nas eleccións do 5
Calquera cousa que pareza ben e teña os matices que sexan precisos para calar fondo na mentalidade do noso pobo axudarían transfigurar o corpo e o espírito en algo renacido, en algo que existe precisamente neses termos, pondo fin á etapa aillacionista de mesié Don Manuel e librarnos así da tarefa que nos afogaba e nos pechaba en nós mesmos
Neste fair-play, a pelota é nosa (sen paliativos nin dúbidas post ou ante-conciencia, cousa que nos deixaría no ridículo). Aquí hai que entregarse a fondo, e arrimar o ombro, e pór a intelixencia funcionar polo Noso País, xa > pasadas todas as tormentas anti-nós que nos precederon >tendo xa iso cocido, o que fique diante e se teña que coller faríase nese nome de Todos, que somos Nós, Nós Todos, referidos a este frío ámbito ou a outros hábitats se procedera (sería o desexable)
Tradicionalmente a indumentaria galega actuou de freo á hora de facer as manualidades máis cómodas, téndose un non sei qué polo difícil, que impedía a este pobo desenvolver outros principios escondidos agora nos trasfondos cristiáns do éxito que arrastraran ás grandes familias ser máis condescendentes con esta Terra
Isto non era así e só querían que fose así pero pode ser que poida ser doutro xeito
As nocións de beneficio son moi exhaustivas e cánto máis esixentes resulten máis acadarían no terreo económico
As outras nocións teñen saldo negativo
Un bo investimento no que anda a carranchas ¿porqué non pode converterse nese gran estalido que necesitamos? ¿porqué todavía o estamos agardando? Pode qque coas Grandes Fortunas pase como cos Nobres na época da Revolución Francesa: o que non se marchase remataría de seguro na guillotina. Pero isto non ten que ser así de drástico. Os gobernos que saian do bipartito saberán adecuar os seus intereses aos intereses xerais e partillar o herdo da maneira o máis xusta posible. Tampouco temos nada que temer de que a política social que se poida desenvolver de novo terá os matices necesarios que acadou neste tempo transcorrido dende que o goberno anterior fixera e desfixera ao seu antollo, cousas que se verán máis útiles cada vez que transcorra tempo e en contra do que pensa a maioría da xente que non as coñecen. Tamén a presencia do Noso maior Tesouro debera ter xa decidida para sempre que a utilidade do Noso Verbo depende de cánto máis ou menos sexa visto, de que cómo se “puliría” o oído se as nosas letras alcanzasen un grado de desenvolvemento normal, botando man das leis que sexan necesarias para acadalo, no senso no que un pobo mediatizado é un pobo mediatizado
As propostas estatutarias de maior calado enfrontan un dobre problema: o rexeite total do Goberno PP e a actualización dos contidos que ficaron expresamente superados polo triunfo de ZP nas do 4 Toda esa forma de estar xa no presente equivale a un nivel de desenvolvemento per se, e o que queiramos ou non queiramos está aínda por ver.
27
As nenas puxéranse as súas tradicionais cotas de malla e non había un que pillara un subterfuxio para lle entrar no aquelo que esconden moi ben as mulleres e que sempre nos enteramos por terceiros. Non, non había forma de descabaleirar á moza do seu afán de ser sr. ¡daba gloria velo! As malcriadas estaban de botín e o verdadeiro Botín estaba no cárcere, ou debía estalo; ata aí as primeiras impresións que levo das xentes que están máis cercanas. Un crese por elo na obriga de fantasiar. Eme Lúas estaba ben, e, incluso como conversa, o mellor que podía facer é estar calada sentada ao teu lado. Se ten présas, as présas levan sempre a eses camiños dos que todos quixemos afastarnos algunha vez. Se ten ciencia, saberá facer uso dela.
28IIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
coidadiño co corazón, as pequenas mamás burladas que sentan nas esquinas miran con ollos desorbitados as andanzas de señor xudeu e saltoulle algo así como unha vez na sen e trata de reconciliar cousas que nin por asomo son renegociables, a pequena nai solteira con neno ve ao seu esposo asasinado polas neves xeadísimas dos altos cumios planetarios, e xeme, e cando sae á rúa, todos os xemidos que emite están encamiñados a atender as esixencias dese pombo sempre morto que loita por abrirse paso na vida, cousa insignificante se se ten en conta que as grandes fortunas planetarias xa o pensaron antes, e así os nenos sacrificio asasinos das miñas nenas de pombas maréanme continuamente facéndome inútiles preguntas sobre por ónde van ir os destinos da terra mentres a min me pasa o tempo, e eles queren investilo en proporcións máis grandes
os xefes mandamaises do bonito negocio
(pecado é sabelo)
atenden só a razóns minúsculas
a algarabía de datos na cabeza está intimamente prohibida co levar o timón do barco e tamén con esas cacholas diminutas cravadas con alfinetes en calquera cadro de nós mariñeiros de calquera camarote
xa na lúa, volve haber unha especie de mala confianza co haxxis, cousas ás que debíamos estar xa costumados, e camiñar agora é distinta, moitísimo máis distinta, é tan distinta que a veces parece que non esteas camiñando, que os teus pés voasen por riba do asfalto e fose case como un gato con botas, aínda claro, o tempo necesario para investir acelérase e entón é un cando pon as condicións.
29
¡¡¡¡¡O ofertón!!!!!!!
Cada día na súa radio
Toma vostede as de viladiego cada fin de semana e grazas a eses empuxóns da sorte aínda cre que o mundo debera ser como o de antes, e nunca pon un antes, nin un agora, nin un despois, nin un máis tarde, nin nunca, nin agora que a belatriz marchou tamén por aires disposta nunha elocución merendarse ata á da peineta-lésbica, especialidade de Mum e Lloi que inventaron un fin de semana na que os seus pais asistían aos oficios relixiosos pola perda dun coñecido. Tamén lúdica insistencia nos amantes de aquel gran caudillo defunto que resucita de cando en cando, sempre por sorpresa; foi o xeneral máis xove de España e de aí non subiu. Vin eu unha vez un militar británico, un comandante de navío asistir impávido a unha pequena travesía no mellor buque da Armada Española daquel tempo, o máis mariñeiro, o máis versátil, o de maior número de intervencións rápidas que recorda a Mariña, e vin trescentos anos de xogos de guerra riba meu, mentres eu non sei que facía nas comunicacións interiores (supoño que cumprir unha orde). Os buques da Armada Royal estaban vintecinco anos por diante nosco. ¡DEIXÁDENOS AS RÚAS! A forma de acaparar que está presente remite a un aos nosos tataravós, que, no Antigo Réxime, souberon facer unha Desamortización tan Xusta como a de Mendizábal, que boa idea sería o condonar así as débedas que un teña respecto á propiedade coas súas sereísimas persoas, que se algunha é superior, será consonte a que as hai inferiores, e se a mesma proba non o condea, será porque vostede é un condeado testaferro inútil e inservible, que vai tempo xa que pasou iso de considerarse a si mesmo como o puto amo por unhas cantas pesetas que teña demais respecto a outro que non as teña. Seguindo matematicamente esa regra, vostede cando se entere de que o seguinte falador sexa máis rico que o mencionado, non terá máis remedio que así mesmo considerarse inferior a el, co que o seu método político está indefiniblemente punido, posto que ao tempo que non accede comprender que os homes sexan iguais respecto a dereito, incumpre a mesma normativa pola que o caracteriza a “vuecencia” como amo, ao permitir existir “outros amos” (supoño que lonxe) (pode agora deixar a mexada que identifique o seu territorio)(como pór outro ladrillo no muro)(como incesar o propio pálpito)(descubrir a man común cómo estes pseudourbanos colegas teñen tan boas vistas dos seus eidos tendo pagado por elo tan pouco)(unha doa de reis)(non quererán remitirse aos tempos de Adán no que a pureza era anterior a Eva?). Polas molestias que lle causa facer tan fraque favor á humanidade sigan estando nos seus sitios, non se revolucionen, estean atentos aos sinais verdadeiros, síntanse lonxe da conxura dos necios, a venden como pábulo, hai tanta xente sen posibilidades que unha lixeira brisa que corra na dirección que apuntan fai tremer de superioridade ao máis pintado (enseguidiña lle sacan a Brunete –que só está para iso- e xa vale máis que non nos acordemos do que nos fai sentir o Ben –que parece tamén estar mal- non teño nin noiva)
Que ffarey eu, poys que non vir
o muy bon parecer vosso?
ca o mal que nos foy ferir
aquele x´est´o vosso,
e por ende per rem partir
de vos muyt´amar non posso
nen farey;
ante ben sey ca morrerey,
se non ey
vós que sempre y amey.
Había unha frase en Wells referida á viaxe no tempo que indicaba ás claras que a intromisión dunha mente superior nun espazo claramente inferior era evidentemente perxudicial para a mente superior, non para a inferior
Críacorvos
Na “CAZA”, de Saura, o tardofranquismo obcecara ás elites gobernantes a un xogo de martirización que tiña como chivo expiatorio o pillagaliñas, nun reflexo traxicómico da salvación, tan representados no teatro relixioso no que nos tiñan enreixados, que copiaba directamente das representacións relixiosas do catolicismo as súas táboas de lei (tan literalmente que cando escoitas a un falar a mil kilómetros de distancia aínda estas vendo a ese home perseguido ao que nos acostumaran e sobre o que solían caer como unha xauría de cans) (despois todo cristo se lavaba as mans) (as víctimas actuais da televisión aínda están por chegar e o dano que pode causar esa “máquina” no sistema de cadeas locais está disfrazado por unha soberbia de melloría que, parece incrible, fíxese vostede, que non vexamos nin un lixeiro problema) (parece ser agora ela a causa de que os teñamos)
vaia panda de chivatos teño arredor...
un non pode pórse soñar en voz alta porque estes “señores”democráticos llo impiden cos medios que teñen ao seu alcance
xa están como no estadio Bernabeu dándose berros dende fondo norte a fondo sur
na vez de gardar un respectuoso silencio polo de non molesten
Unha vez houbo unha princesa guerreira que combatía principalmente polo seu reino, primeiramente; despois polos súbditos; e, en terceiro lugar, por un amante que tiña un castelo alá na fronteira, do que lle gustaba precisamente iso, que estaba lonxe e podía xogar con el á añoranza, (bon, debeu ter outros pero este era o derradeiro coñecido). Xogaban tamén a verse, os fins de mes cando tiña tempo entre batalla e batalla (estas cousas xa non divirten a nadie); e, incluso, tiña a uns cantos sacerdotes pluriempregados tratando de sacarlle o maior partido posible ao seu enlace. Daquela (non como agora) os freires axudaban. Non era a súa tarefa principal, pero, como o tempo rendía entre prego e prego, tamén sacaban un sobresoldo (ás veces tan só espiritual) en terras de mandos intermedios (condes, viscondes, baróns...). A princesa era faladora, e se non lle gustaba algún doncel, instruía varias cousas na súa contra para que se fora o máis lonxe posible (claro que sempre a combater por ela co que saía gañando o dobre)(en realidade as princesas casaban con quen mandaban, pero isto é un conto, e como todos os contos o que é ficticio ás veces supera ao real)(o que ocorre tamén é que hai que pórse escribilos, e iso tamén conta)(a princesa en cuestión podería estar mandando calquera reino que tivese a ben chamarse reino, e non república, por exemplo, porque é ben sabido que nas repúblicas non hai princesas, chámanse... doutra maneira... pero non se chaman princesas, estou seguro) En Sacerful of Secrets a riqueza musical é todavía sorprendente, e parece mentira que ese esforzo que custara o que custara estaba encamiñado a facelo sentilo mellor, quede inscrito nos libros de pasaxeiros do buque “Olvido”, case tanto, pero moito menos, que aqueles xoglares e trobadores secularizados aos que tantos favores lles debe a humanidade. É preciso recordar aquí que o grato nunca poderá esquecerse, e que o grato forma parte da nosa maneira de ser de maneira fulgurante, quedando ás veces apampao de ver tanto divino troulista non tendo nin papa do que é a troula, tentando meter tearañas e musgos, por compaña. ¡QUE SE AIREEN!
Manolo Cabezabolo tivo un sitio no BID. Galiza como é un pesebre, só ama ao neno rico, que, como tonto de remate que é, o único que ten é diñeiro (isto me contaba un ilustre seguidor de Ac/Dc non acordo onde, despois dunha desas chácharas ás que xa estou afeito e que reclamaban dende o dereito do carlista herdeiro ao lema:DEUS,PATRIA,REI, ata os auxilios que recibía Expósito por parte da Igrexa oficial para seguir considerándose persoa
30
Estes xogos teñen como fin preservar en vostedes a axilidade mental necesaria para seguir mantendo as escalas da producción nun ritmo elevado, e non durmirse nos loureiros, nin na próxima paga de fin de semana. Vaia vostede adiante, adiante. Poñamos 50 anos. Eu terei desaparecido. As xentes como vostede e máis eu terán desaparecido. ¿Que lle quedará aos fillos, netos e demais familia? Unhas brevísimas notas do cómo fomos. As súas vidas terán a importancia que teñan, non cabe dúbida, e, na súa existencia, eles serán os únicos importantes, pero, se de nós fica algún grato recordo, que polo menos sexa o que nós quixemos ofrecer, de xente honrada e tal...
No terreo das ofrendas un sinte tamén que o termo é moi abusón e, moi propio para a enganifa, porque un non ten tantos problemas ao redor como para estar sempre encomendado ao patrón, miúda vida leva algún á conta esta dos santos/as, que despois se llo botas en cara, a mantenta, dicíndolle, por exemplo, ¡OIA! ¡Hai xente que sufre de verdade!, pois decoñecen o que é sufrir dende que gañaron a guerra e todavía se tratan cos mesmos (esta xente hai que ter moito coidado con ela, pois xoga o bando da honestidade e é a máis desleal que existe) (nunca foron mozos)(sempre foron eses vellos aburridos que non aparentan nada, que se fían de todo o mundo e que levan como xuro iso que dicíamos da prerrogativa da ofrenda como báculo co que che zoupan, se te chegas descubrir)(ou se te descubren, que agora está de moda)
As hélices do Prince of Wales son un fío pendente, unha ensoñación esotérica do utilismo da opción armamentística xusto onde non é útil, na solución aniquilar ao inimigo, pois, como ben saben, a lucio regalado non lle mires os dentes. É probable que a guerra non acabe nunca. Que sexa o que herdemos dos nosos “verdadeiros” pais, tamén agradecidos, ese teorema xordo sobre quen é o máis listo ca ningún, que viñan os káiseres coa súa profunda ideoloxía xermánica dicir ser un home superior a outro, botándolle merda enriba á teoría cristiá da igualdade, esa que estaba representada por exemplo na repartición dos pans e peixes, no: “érguete Lázaro” ou na parábola do bo samaritano: dá de beber ao sedento, vella teoría aplicada incluso en casos de posicións moi extremas, como por exemplo nun caso de home á auga, ou dun extravío na montaña, un caso de agresión ou mesmo a impopularidade dos casos de abusos superioritarios, a tremenda distancia que queda entre o que ofrecía Le Pen(e os seus corrilexionarios aquín)(ou noutros sitios de Europa ou o Mundo) e a pragmática sucesión alcanzada por todas as particións da esquerda, de cabo a cabo da Terra. Tamén chamada coexistencia pacífica. Era tarde o comprender que as ideoloxías baseadas nos desaforos do pasado non podían ter nin a máis mínima mostra de tolerancia por parte dun ou, os que din querernos, pois a repetición exhaustiva que levaron a cabo das súas ideas racistas e xenófobas eran a inmoralidade xamais representada na historia. Cando estiveron no seu tempo aí, gobernando, pois non era gobernar, era todo menos iso. E que media Europa se resistise a tamaña oferta, era o de menos. O mellor que nos puido pasar, foi, que eses partidos que enseguida alcanzaban a popularidade debido ás súas extremas e simples proposicións de rechazo, ao que ía ser a forza que cambiaría paulatinamente a face do continente, fosen descubertos e acabasen sentados nas bancadas dos parlamentos das nazóns europeas sen ámbito de manobra, salvo a renda que sacan todavía deses medos atávicos ao posible.
Eses orgullosos ogros que devorarían ata os seus fillos para levar á fin os seus taladrados proxectos. E os chaman excelentísimos.
Así falaba Lovecraft dos magmas primordiais, cubertos por un manto espeso de rochas volcánicas ígneas enfriadas polos diluvios universais que conformaban un Gran Planeta Lodo por onde as bacterias e os bechos primitivos tiñan todo fundado. Pero todo iso cambiou. Os máis listos chámanlle Evolución. Pois ben, hai xentes neses pensamentos que todavía o queren negar, que lles resulta máis crible que o Home fose feito a imaxe e semellanza de deus nun simple segundo, e a súa muller dunha costela, o que é ridículo, pois se lle quitas unha costela a un varón ¿que é o que lle queda? Pois si, as teorías da evolución contan agora co espazo exterior para desviar a vista dese problema irresoluble, que me ten ata os narices, pois se é cuestión de fe, crer non custa nada, é o máis barato que lle pode saír, e, tendo en conta que neste mundo cobran por todo, ¿qué maior desprendemento que crer en cousas raras e imposibles? (eu non sei á escola que foi vostede, pero na miña explicáronme as cousas con meridiana claridade, a pesares dos atrancos que daquela había para recibir unha boa educación) (tamén estabas nas mans deles) (e así parece que nos queren someter a unha chantaxe de novo) (ti sabes que as leis te apoian, agora, non antes, que é o que non comprenden e do que non levan a culpa, nunca)
A igualdade na diferencia (xa ostensible)
O freemocasín pulula meus olliños de animaliños trastes e trasego matineiro de luceciñas doradas que se prenden da eternidade (nin sequera boto de menos unha muller) (e menos a estas horas) (teño complexos se vende todo) (non é así pero dá igual) (xa saben todos cómo venderse e con quen) (ata o touro menceu coas cores efervescentes de sprays rosas que os facían máis interesantes de ver) (soubo sempre que foi un pedrón) (...
(amigo interesante ofúscase a calquera hora do día) (como non ten predicamento é difícil sacalo do erro no que vive)
Hei bater as palmas coma un xitano
diante do mar.
Hei traer no ollal unha flor branca.
Hei de cantar á luz coma un galo cego.
Hei chorar de alegría.
Hei baixar coa fonte da montaña nos bimbios da man.
Hei de romper o espello para quererte en mil maneiras.
Heimiñamada; miña amiga, hei.
31
Na prensa as reseñas acerca da expenduría de carnes e pescados en malas condicións foron moeda común ata o seu sometemento a exame a partires de 1879; o que en absoluto significou o cese deste tipo de vendas fraudulentas senón que seguiron practicándose e aparecendo nos periódicos pero agora, coa particularidade da súa decomisación previa multa imposta polo corpo de municipais encargado de exercer o control sobre os alimentos e de notificar as incidencias á Junta de Sanidad.
32
Para sentirmos máis a significación de Santiago cómpre facer unha curta viaxe polo seu entorno, inclusive alonxarse ás Terras do Deza. E para partirmos facelo dende a Porta de Mazarelos, por onde entraba o viño á Cidade do Apóstolo, seguirmos por Patio de Madres,alí paraban as carrilás que viñan de Ourense, e baixármo-la empinada costa de Castrón de Ouro que conducía ao antigo castro que era Compostela... Estamos axiña nos lameiros pantanosos do Sar, sobre os que se erguen os débiles alicerces das columnas da Colexiata de Santa María a Real do Sar.
33
Eme Lúas non quería a Rochamor (de acordo). Na novela homónima, escrita por Fabius Leoponcius, botáballe toda a culpa ao mal señor da comarca, que baseando a súa política na favorabilidade á ensanchazón da cidade, lle saíra un forúnculo no cú, que se mostraba sedicioso porque a el non lle gustaba que viñer xente nova e doutras partes; para el, a cidade “grande” facíase pequena, ben por non saber máis, ben porque aí chegou. Tampouco lle interesaban as novas da prensa, que engulía como se fosen fotos de sucesos en calquera distancia, e empequenecía a man do home facéndoo acredor dos seus visios, que coñecía, o moi lambón, pasouse anos e anos espiando... Eme Lúas poriso non quería a Rochamor, porque, ademais, este, queríase liberar, o que era farto difícil, porque se nunha posición ficabas ben, había xa testemuña máis cruel que lle sabía desfacer o encanto, e, incluso, achacarllo á súa presunta fealdade, que dicía el existir, como se estas belezas que aquí se ven fosen quasimodos aberrantes aos que se lle caera a pluma. El era máis guapo ca ninguén.¡E o pretendía demostrar!Eme Lúas o tiña crú. Xa se emporsi Rochamor era difícil, el o poría máis, co que gañaba o psiquiatra, ao que de seguro habería que voltar. Os B-52 merodeaban polo contorno da liña do sky e deixaban caer fulgurantes bombas de reloxeiría por toda a fermosa cidade. Se a cautela prescindía de subterfuxios para acomodarse na barra o mellor posible, e ver tranquilamente a televisión, os donos da zarzaparrilla facían coro subliminal e de seguro te chafaban o día, se non saía “eu son Cristo” querendo redimirnos, o que tiña graza, pois iso foi un invento do franquismo que nada ten que ver cos postulados da Igrexa Verdadeira, posto que, incluso, no seu tempo, estivo a avangarda dos nosos máis altos sentimentos (O Amor) non esa cursileiría barata da beata moxigata e rompepelotas (que case con quen queira) Eu non a chamei. A min Eme Lúas dábame o que lle daba por exemplo Dulcinea a Cervantes (digo ao meu Señor Quixote) e por riba tiña a franquicia. Leváraa a onde a levara Eme Lúas sabía que comigo ía estar a gusto. O puto Jos treidor facía publicidade local que traspasara xa as fronteiras e un íalle encargando dobre carga de traballo para que se saíse de nai e nos obsequiase coa calada por resposta, que é o mellor que lle pode pasar a un treidor, a saber. Eme Lúas non era fácil de contentar. Estaba tan predisposta como calquera a caer nas tentacións. E tentacións había para parar trens convoicos, e espásticos. Algúns incluso as explotaban, e lle debían sacar rendas, porque non paraban de medrar. Diríase, xunto coa Bolsa, un dos sectores máis dinámicos da nosa economía. Eme Lúas tamén o sabía, poriso notabas un lixeiro desprezo no seu rictus, que equivalía a dicir: se non mo dás ti xa mo dará outro. Rochamor porén non era tan malo como quería aparentar. No seu traballo ás ordes de cabaleiro superior era tamén cumpridor, e se entregaba, os malos soldos facían o que lle achacaban por inmoralidade. Como un, anque se mantiña, non se mantiña do todo seguro (había que contar cos imprevistos) non podía xogar a carta gañadora, posto que contaba que calquera día se podería ir ao carallo sen que nadie o mandase e xa verías despois como un as arranxaría... poriso había que facer amigos, para ter as espaldas cubertas, ao estilo da formiga, amenos que quixeras ser chicharra, que o pagaban mellor, pero que non servía calquera. Eme Lúas tamén foi amante e contaba que niso do amor todo o que fose aprender estaba... “dalo por echo”. Non lle vía a graza. Madia leva! E eu que oíndo as queixumes dos pinos chegara ao punto sen retorno e o espazo descubrírase como un xogo de tamañas proporcións, xigantescas, que acorarse e ser valente era máis un, o que non era de recibo, pois o universo estaba confeccionado por retazos de almas vivintes ás que a cada unha lles correspondía un astro, ou un planeta, ou un asteroide, ou un cometa, ou... Estes de privadísimos querían parcelar un trocito de ceo, por siacaso, e nós non estábamos conformes, e chamábannos “Os Inconformistas”, pois eles estaban sempre conformes co que deles fose, sabendo nós que nada noso nos pertencía, non tíñamos o sentido da propiedade tan deformado. O Prince of Wales tiña dúas baterías de cañóns de a catro e unha de a dous, e foi capaz de afundir ao Bismark, nada máis saír do asteleiro, así espiaban os británicos. Chegou cunha semana de navegación e o medo no corpo para que toda Britania reaxise como a un, e o destrozaron. Cóntase que as mostras de valor naquelas xélidas augas do Norte foron o orgullo da Royal Navy durante lustros. Nadie como a Gran Bretaña para dominar os mares. Sempre deron mostras do seu savoir faire en séculos, e deles aínda debéramos estar aprendendo. Para que che caia a baba e non deas mostras diso que dan mostras os demais pobos da terra non hai nada como aparvarse diante de luar, e discutir sobre se somos a telegaita ou o máis inn. Eu que conste que canto máis haxa mellor será para todos, pero, como sempre hai algún que nos leva a contraria... Entre o que máis lle chama a atención a Eme Lúas está a contradicción innata a mesmo vivir. Se diría que vivir é unha pura contradicción. Un paradoxo vital que achega ou alonxa sen que para nada interveña o tribunal da selectividade, e que o fai gracioso, cando un lle encontra a graza, que algún xa se chama así e ten espectáculo en Praia do Inglés, ou en Sas Arenes, ¿imaxina vostede ao exministro Trillo facendo de mariquita? Os Yak caeríanse sós. Auchtung. Eses señores que antes ocuparon os bancos azuis do Congreso co único que se quedaron de España foi coa cor E agora chámanse Azul porque o mundo é Roxo, porque a bandeira está descatalogada e os números que facía Rato falaban sempre de supéravit, o que non entendíamos, porque vivíamos a pé de rúa e os problemas eran outros, os que eles cancelaron co seu libre arbitrio (parece ser que arranxaron iso do PER) (tamén deixaron 1.500.000 inmigrantes sen legalizar) (a Bolsa estaba claro que non era dos obreiros) (e o exgoberno tampouco) (ao mellor son apreciacións simplonas) O Queen Mary II ía e viña ao porto de transatlánticos de Vigo, pero NÓS non os botamos do goberno, eles non querían. Éramos o seu pobo. E tanto, que aínda non sabemos como celebralo. Este Rochamor tamén era un orate, e cando se propuña comportarse ben, o conseguía. A ciencia dos orates bebe en fontes escurísimas, onde tamén hai luz, e a luz ás veces pode ser utilizada en senso positivo ou en senso negativo. En electricidade, a corrente circula do negativo ao positivo, e todavía non se inventou a inversa. O punto zero non sabe que se miras para atrás, a circulación ten que acadar unha velocidade que en hipnotismo chaman de regreso, como acudir á túa nai buscar excusas, como non ser todavía unha persoa adulta, como esconder os lambetóns do noivo, como tentar probar a sorte do camaleón sendo Silvia Pantoja, excusas, o tempo zero chegou, o que non chegou foron outras cousas. Excusas. Nós non queríamos un mundo evidente. Queríamos retos. Pero retos científicos. Que non tivéramos que memorizar os seos, coseos, tanxentes, unha dura proba que case nadie superaría. A velocidade ademais non era o que se entende por velocidade, é dicir, subir a un coche e pólo a 160, senón unha transmisión máis sutil que encaixaba pequenas pezas dun puzzle aritmético que deixaba dicir, aínda que estiver prohibido, os motivos das nosas queixas, algo que souberon facer os escravos do sur tendo diante as mansións ciclópeas dos amos de Alabama, de escravo en escravo, de fuxido en fuxido, de perseguido en perseguido, de oprimido en oprimido, de liberación en liberación, algo aínda desexable, e non exento de valor. Os treidores da rotonda queren xa “ceibarse” de tamaño despropósito, e todavía non teñen todas consigo respecto aos motivos polos que falamos en pé de igualdade coas sombras, ou o gran público, ou todo aquelo que nos faga idem. Nina Simone agradeceu esa voz da solidariedade que nos fai iguais a todos os pobos do mundo, e que é o ideal que anhelamos.
34
é como entra nun todo a 1 E
35
Ás traduccións acometidas únese agora Camus que traen aquel sabor da novela de principios de século tan ben feita, tan ben falada, tan ben escrita... que dá gusto aínda palpar a súa estructura ou simplemente lela posto que está feita para iso. O que as présas no mundo moderno non dán, un as recaba de onde pode, que xa é dabondo, amais, aquí en Galiza, anque haxa moitos escritores, está todo reducido polo tamaño do mercado, necesitamos unha saída natural perentoria, como a que atopan os británicos no mercado anglosaxón ou os franceses no franco, necesitamos trazar liñas de comprensión cos nosos dous ámbitos naturais de mercado, o hispánico e o luso, non podemos permitirnos prescindir de ningún dos dous, para iso, a minuciosidade debe ter en conta as necesidades que se desenvolven nesa nova fronteira que acaba de aparecer, e que supoñen un novo esforzo, de achega e comprensión, cara eses mundos tan lonxe-cerca de nós, tan coñecidos-descoñecidos, sexa a través da temática, sexa a través dos sentimentos, sexa como sexa, o caso é instalar neses mundos presentes sucursais e mandar atencións e agasallos, e unha problemática, deixar de estar a velas vir e adecuar os recursos que temos e dos que non dispomos nesa tarefa impresionante que sería ser terra de creación
Agora ben ¿a qué ven ao caso, aquelo de que, <> e demais que sigue? Que as glorias alcanzadas pola muller non teñen nada que ver co marido, é unha verdade como un templo. Pero disto a que deban serme indiferentes os triunfos alcanzados por quen xamais deixou de pór o meu apelido a carón do seu, para que así fosen para ela docemente unidos nun mesmo glorioso e santo recordo, hai unha inmensa distancia. É máis, se ese marido deixase en paz aos que morta e todo a firen e maltratan ao divino con todo xénero de silencios e restrinxidos eloxios, merecía ser execrado.
¿Entendeume a Sra. Pardo Bazán?.....
36
Beleza, ¿pódese atopar Beleza nunha mente enferma? A xeralidade diría que non, ou a Voz Particular do Xeral, pero o xeral, ao contrario do que se pensa está moi lonxe de levar sobre os seus ombros a responsabilidade do vivir, do que temos en común, gabará só o seu interese particular e o que estea próximo a esa última tentación: a casa propiedade facho das demais casas particulares que actúan como se as súas casas particulares fosen a reserva ideolóxica do Occidente. Eu coido que Bush aquí se equivocou. Non debeu basear a súa campaña electoral nesa xente desesperada pola histeria anque as súas economías fosen brillantes. Eses neoconservadores que sostiveron o seu triunfo son xente dunha catadura moral moi pechada, valores dun mundo en extinción que ao mesmo tempo que se posicionan en contra das realidades que acontecen no planeta son mesmo a causa que as provocan, que, ao converter a Terra no motivo central das súas preocupacións, consiguen que a Terra veña ás súas preocupacións nesa espiral gardada polo desenvolvemento unilateral da parte que se desenvolve, que non temos a garantía de que noutras partes vaia funcionar. Evidentemente, o modelo exportable social é mesmo o que rexeitan de plano neses países que teñen agora mesmo plantexado un conflicto co xendarme mundial. Son á vez causa-efecto, e supomos que non deixarán torcer o seu brazo. Podemos intuir que neses conflictos plantexados o anquilosamento nas solucións que revirtan a un modelo estable se fará desexar, e que,nese estado de cousas, o neoconservadurismo ten as de gañar. Evidentemente, non nos vemos camiñando. Vémonos aparcados pola Historia, da que non somos partícipes, que nada nos regala, que nos deixa nun curruncho aboados ao patio de butacas mentres a Lei de Deus actúa por todas partes, converténdonos a ese ananismo intelectual do que sempre fan gala e que nos garda como reféns das posibles consecuencias que poidan ter os ceses de hostilidades e as políticas baseadas na derrota total do inimigo. Para iso só hai unha resposta. Os que propician un mundo envolto nas secolas dos seus terrores (que é o que dirimen) só poden ser combatidos coas súas mesmas regras, tarefa para a que case nadie está preparado, polo que, e a pesares deles, o pensamento terá que dirixirse ás fontes das que maman para atopar aí o tropezo e o erro, a causa que se volva inxusta, e que os demais se revelen contra esa amalgama de principios case privados que nada teñen que ver cun estado social baseado no respecto aos máis débiles e ás causas fondas da xustiza. Porque esa guerra que ven vostedes non é unha guerra por ser máis xustos. É unha guerra polo predominio que se pode extender durante toda unha década, e cuxas consecuencias son imprevisibles. O que é seguro é que todo o mundo sairá mal parado, incluso os que poidan ser os gañadores. Unha guerra que busca a aniquilación do adversario, per se. Unha guerra que reparte o mundo en dous ou tres polos conxuntos de varios subconxuntos que integran o dominio manifesto desa clase de poder que só se ve nos Grandes Imperios do Pasado, de hai máis de cen anos, e que volve admitir que as divisións clásicas do Antigo Réxeme son a única vía que nos queda a esa crise de identidade que asola O Noso Planeta consumido vorazmente polas Grandes Fortunas no seu afán de ser máis e de así nos querer. Os Estados reféns tamén ata certo punto desas dinámicas implantadas polas Grandes Familias que posúen as tres cuartas partes da Riqueza Total, vólvense impopulares, coutos pechados dos deputados electos e dos seus representados, ou electores, e esa fronteira vai ser moi difícil de superar. As transaccións económicas que poidamos realizar mentres fan a vista gorda deberíannos levar á busca dunha maior democratización e á consecución de leis que, afondando nas liberdades, ao mesmo tempo supuxeran un límite para quen o ten todo, un límite moral... pero, ¿quen podería ser esa superintelixencia que lle poña axóuxeres ao gato?
37
cómo son só un pouquiño prosoviético (gústanme as cousas referidas á antiga U.R.R.S) un dos elementos máis contradictorios que atopo en min mesmo é a definición de tolerancia con respecto ao que creo ou o que me inflúe. Isto é así despois de meditar con profundidade na voluptuosa superficie dos días o qué pasa, o qué pode pasar, o qué cómo era antes, cómo din que as miñas ideas son esas, cómo qué alí onde se atopa un remedio son capaz de o buscaren e aplicalo sobre a ferida (supoño isto), un día a realidade será algo alcanzable que non mostre os seus aspectos fuxitivos inda nos que son máis torpes ca un, e podereite atraparen, bolboreta, e apadriñar en ti o que é causa dos meus males, e supoño aquí tamén ti saberás levarme, son fácil,
ENXIENPLO DE LA RAPOSA E DEL CUERVO:
>>La marfusa un día con la fanbre andava;
vido al cuervo negro en un árbol do estava;
grand pedaço de queso en el pico levava;
ella con su lisonja tan bien lo saludava;
<<¡O, cuervo tan apuesto, del çisne eres pariente
en blancura e en dono, fermoso, reluziente;
más que todas las aves cantas muy dulçemente:
si un cantar dixieres, diré yo por él veinte.
“Mejor que la calandria nin que el papagayo,
mejor gritas que tordo nin ruiseñor nin gayo:
si agora cantasses, todo el pesar que trayo
me tirariés en punto, más que otro ensayo.”
>>Bien se coidó el cuervo que el su gorgear
plazié a todo el mundo más que otro cantar;
creyé que la su lengua e el su mucho gadnar
alegrava las gentes más que otro juglar.
>>Començó a cantar, la su boz a erçer:
el queso de la boca óvosele a caer;
la gulhara en punto se lo fue a comer
el cuervo con el dapño ovo de entristeçer.
>>Falsa onra e vanagloria e el risete falso
dan pessar e tristeza e dapño sin traspaso;
muchos cuidan que guarda viñadero el paso
e es la magadaña que está en el cadahalso.
>>Non es cosa segura creer dulçe lisonja:
de aqueste dulçor suele venir amarga lonja;
pecar en tal manera non conviene a monja:
religiosa non casta es podrida toronja.>>
<>, diz la vieja, esse miedo non tomedes:
el omne que vos ama nunca lo esquivedes;
todas las otras temen eso que vós temedes:
el miedo de las liebres las monjas lo avedes.
38
Os planetas se desprazan con lentitude entre as estrelas seguindo patróns que se repiten ao longo de meses ou anos. Os dous planeta inferiores (Mercurio e Venus) siguen órbitas ao redor do Sol interiores á da Terra, mentres que os seis superiores (de Marte a Plutón) distan do Sol máis que a Terra. Esta diferencia determina cómo se move cada planeta ao longo da súa aparición ou periódo de visibilidade.
Mercurio (ou Venus) aparece ao principio moi baixo no horizonte occidental tras a posta de Sol. Día tras día se mostra máis alto e ofrece a mellor visibilidade na súa máxima elongación oriental. Logo pasa entre a Terra e o Sol (na súa conxunción inferior) e pasa o ceo matutino, onde ofrece outra vez a súa mellor visibilidade na máxima elongación occidental. A continuación se despraza ata o outro lado do Sol e alcanza a conxunción superior, onde comeza un novo ciclo.
A aparición dun planeta superior comeza cando se ve baixo cara o este antes da saída do Sol. Día tras día o planeta sae máis cedo ata aparecer na posta do Sol, un momento denominado oposición que sinala o punto de mellor visibilidade. Posteriormente, o planeta empeza porse cada vez antes tras o ocaso ata que termina por desaparecer no resplandor do Sol. O proceso empeza de novo cando o planeta volve emerxer antes da alba.
Os telescopios adecuados para a observación planetaria necesitan monturas sólidas e ópticas de gran calidade. A maioría dos observadores usa 200 aumentos ou menos, debido á turbulencia atmosférica. Tamén resultan útiles os filtros de cores, que realzan rasgos específicos nos discos planetarios.
39
mentirijillas
40
e ademais, a parte de perder o xuízo por meu amor, non quererá vostede que o recupere (co mal que se pasa sendo xuizosos), iríame ao terreo do divertimento se puidese ter a seguridade de que se respectarían as miñas condicións psíquicas (tal vez sexa isto o divertido) e esa “selva” chea de “fauna” non rematase tirándose os bártulos á cachola e ao que collan por diante; poriso só me poría diante se soubera ao que aterme, porque esta xente non é de fiar; estábamos mirando de facer un mellor mundo posible, pero eles van ao Junior´s, e parece que van a Eton, e un palpa nos seus ollos esa seveira instrucción que non pregunta, que é igualiña ao cuspe de Caster e ao seu modo de tratar aos indíxenas, alugan os chalés alá en Sanxenxo e se consideran así mesmo o máis desenvolvido deste País (incluidos Lugo e Ourense –anque llos teñan entregado a Cacharro e Baltar), as constantes específicas polas que este País é País non llas debemos aínda a eles, senón a esa forza de traballo máis miúda que, sen chistar, cumpre, e se divirte como pode e sabe, deformada a mirada pola forma que os MASS MEDIA teñen de observarnos, sempre baseados no éxito, que, como ven saben ven de exitus, lugar por onde se sae, exitus ab urbe, a saída da cidade, tamén: fin, remate, xeito de rematar, exitus oppugnationis, a fin do cerco, exitus vitae, a fin da vida, rei exitum imponere, pór remate a algo, adducere, ducere aliquid ad exitum, levar algo a cabo, incerto exitu victoriae: sendo incerto o resultado da victoria
por ónde se sae, por ónde, porqué acaso ese mundo que é saída só (ou axúdase), acaso as tenras aveciñas do bosque non viven como lles prace?, cómo sempre chorándonos se son o que son imposible ser outra cousa, traballarse, cultivarse, de maneira que as cousas poidan ser como as soñas, ou pensas, se soños e pensamentos son as mesmas cousas, se pensar e soñar equivale a ter un mañá válido, tamén para outros
41
non lle gusta á muller do notario o meu pantalón vermello? Eu non sei a sorte que correu (o marido, que era o que estaba a operarse do corazón) pero aínda levo no pensamento esa prontitude cadavérica e falta de simpatía na muller máis simpática do mundo, tamén se preocupa por cómo morremos, e a vida parece cousa de nenos e non paga a pena preguntarse porqué vivimos, temos esa sorte,
se lle buscas tres pés ao gato tal vez as respostas sexan sorprendentes, non exentas dese humor ácido que nos demostran as xentes cultivadas destes territorios sobre os posibles límites dos nosos coñecementos, que (supoño que por oposición) teñen a ben medir,
este reto implica ter polo menos a conciencia limpa, cousa difícil, sentamos xa hai anos na balanza e fumos cacheados ata o exangüe, exhaustivamente, pasando a proba aínda e os subterfuxios da lei que nos obrigou comparecer ante diante de tan alto tribunal (os delictos eran relixiosos) (tiven coidado de taparme as espaldas pois os penais eran (son) outra cousa)
,,,,,;;;;,,,,,;;;;;;;,,,,,,,;;;;;;;,,,,,,;;;;;;;;;,,,,,,,,;;;;;;;,,,,,,;;;;;;,,,
alá, na memoria, cando vivía noutras condicións con outras necesidades, alguén dixo que eran fontes puras, que o meu enxebrismo podería ser posto en dúbida se o deturpase con necesidades idiomáticas doutros lugares descoñecidos que non tiveran oído falar da miña vida, e que a miña vida non sería sostible se o caudal de experiencias que tería acumulado non servisen máis que para fardar diante de vostedes ou facer florituras cos seus intereses e esperanzas, pero iso é farto difícil, a percepción chega mirar polas rendixas que o Tempo puxo nos grosos muros da nosa casa e ás veces, si, vemos algo, algo que cautiva e dilucida, e é dilucidar cuestións que inventadas ou non, existentes ou non, só poden ser ese puro entretemento que coido tanto eu como os que están aí necesitamos, abocados a un pensamento vertical piramidoso, nada, obxecto de controversias cando vaiamos de volta xantar o polbo
42
AfGPN"S¨”â³ ËçºÞŒ†p˜äUÄ
Acordas cando a Terra Prometida era un lugar para as oportunidades e violentísima? Era ademais un lugar acariciado, vital, que puña os pelos de punta. O ideal aquel que manexou durante douscentos anos ridiculizou o sóviet, despois dun brillantísimo triunfo sobre o réxime nazi, que todavía celebramos, e volveu conseguir a victoria noutra loita máis incomprensible todavía, sobre un réxime que adorábamos, porque eran os soños dunha humanidade máis grande, outra humanidade, que non souberon comprender, alá cando se repartiron o mundo, en Ialta, Roosvelt, Churchill e Stalin estiveron de acordo en manter ese esquema narrativo ata onde aguantara, ou por onde tronzara, pola póla máis débil tal vez, ou a menos ambiciosa, e se nos humideceron ata as pálpebras mentres acariciábamos outra clase de triunfo, nada que ver con nacionalismos nin explotacións, soñábamos ser xustos, e o mundo en guerra, e aquela violencia descubriuse agora con outra mortal necesidade, a de dominar o mundo, tal e como lle achacaban (incluso aos nazis?) (dos que copian?), e o sóviet (Ingland sempre tivo unha raiña) o sóviet, quizais, mirando que iso ía ser máis horrible que o rexime contra quen tamén loitou, pois o sóviet desapareceu e foi parar ás catacumbas, quizais intuíndo que a humanidade, pola que nacera, se desfaría inútil violenta e cruelmente contra si mesma, quizais nin escoitando as voces que claman (no deserto?) e as chamadas ao orde e á prudencia, américa naceu como país hai douscentos anos e sigue a ser aquel país que admiramos (berce dos patriotismos liberadores) pero non deixa de ser un país outro, xigante, o que se queira, pero un país xa obsoleto, e a pinza que fai sobre (coa axuda da Ingland) a hexemonía mundial sóanos como aos desexos daquel cabo con bigote, fora de lugar e tempo, insolidaria co ritmo que os países da Terra quixeron para con todos nós que a habitamos e atenta só á súa ansia de acaparación e desenvolvemento; na guerra de cuba, a democracia máis poderosa da historia da humanidade,cun poder de destrucción mil veces máis poderoso que mil terras xuntas volveran crearse no universo, avanzou cara o que hoxe é, algo que domina o orde pero que á súa vez é causa do desorde, cun problema específico de envergadura tal como se plantexar ese orde que trata de impór dunha maneira na que a Terra se sinta Planeta por primeira vez na súa longuísima Historia, sente que está cerca, pero que non o amarra, e esa delgada liña roxa tal vez queira tratar de chantaxearnos, obrigarnos ás súas regras como se elas fosen as únicas, como se os demais países non puideran medir os ámbitos dos seus desenvolvementos e tiveran que ser maniatados polo motor económico norteamericano, e esa outra guerra, a de hoxe mesmo, (é unha guerra, ¿non?) (outra)
os ámbitos revolucionarios de 1848
tamén podemos intuir que esa tremenda e xigantesca batalla planetaria ten os pés de barro (tal vez sexa a nosa esperanza)
Son catro conferencias: Norte, Sur, Este, Oeste. A coupe é ser Champion of the World
pero os Continentes son cinco, ou seis, ou sete, ou oito se contamos o universo como veta a explotar
os números simples acordan a harmonía cando a harmonía cadra co número
pero o número é unha sorte de combinacións infinitas
e (teno por seguro, amigo meu) ao infinito aínda non hai mente humana que o saiba aprisionar
as ambicións terán que chocar tarde ou cedo coas verdadeiras dimensións dos problemas, como nunha escala de grises e negros ou unhas emisións degradadas dos espectros de cor que emitan os ecos naturais (e escuros) do movemento da terra
e haberá que sincronizar terra e traballo
opción e o que haxa
recursos e necesidades
tarefa esencial dunha ONU que xa nos goberne
á que lle hai que entregar o verdadeiro poder
á que hai que desenterrar da súa postracción e enaltecela ata o extremo de ser a única forma de goberno mundial recoñecida
democratizándoa ata onde alcance o interese do Globo conforme a unhas leis de protocolos que nos sirvan para respectarnos e alonxar en séculos ou definitivamente os fantasmas que impiden nos ver como irmáns nesta sóa e inmensa burbulla de aire
@©®Œ™¾≈¥∞‰Þ}{-¬¤£¢Ð±µ¶π∏∆›Ž*˝ýðׯ§ƒ³\][
43
O QUIXOTE NO MUNDO: (hEnrieTte PaЯtzch –UniVersité de GeNèVe): en 2002, cen escritores elixiron nunha enquisa organizada polo comité do premio Nobel as cen mellores obras da literatura universal. O Enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha encabezou a lista. Este dato confirma a continua presenza do Quixote en tanto texto literario: como poucas obras o Quixote se le, pois, a partir do momento da súa publicación ata hoxe practicamente sen interrupción, dende culturas e perspectivas moi distintas entre seu. Os procesos de recepción e as interpretacións correspondentes forman parte da nosa imaxe da novela; é máis, a enriquecen e dan fe da súa reinvención por outros lectores, con outras ideas e preocupacións, levándoa cara un futuro que –forzosamente-descoñecemos. Nembargo, os ata agora catro séculos da traducción da obra dannos algunhas claves para entender o que só se pode describir como a historia dunha fascinación.
Don Quixote converteuse nun éxito instantáneo co público español. A súa popularidade tamén se irradia rapidamente cara outros países, o que se reflexa na Segunda Parte no seguinte comentario do bachaler Sansón Carrasco: <<[Y] a mí se me trasluce que no ha de haber nación donde no se traduzga>>(II, cap.1). en 1615 esas palabras representan unha esaxeración cómica, xa que naquel momento só contamos coas traduccións ao inglés (Thomas Shelton, 1612) e francés (César Oudin, 1614) da Primeira Parte. En 1622 aparecerá a primeira versión italiana, do lexicógrafo e profesor de español Lourenzo Franciosini; en 1648 unha versión moi reducida da Primeira Parte en alemán, de <>; e finalmente en 1657 o Quixote en holandés, traducido polo escritor e profesor Lambert van den Bos. Todos eles traduxeron directamente do español, contrariamente a usos posteriores.
O Quixote sae nun momento moi propicio para a súa recepción europea: o Estado español non somentes dominaba a paisaxe política, tamén a súa cultura e literatura espertaban un vivo interese. Outro elemento que lle permitía ao público conectar co Quixote era o tema cabaleiresco. Os libros de cabaleirías non eran un fenómeno exclusivamente español, senón que se lían avidamente en toda Europa. Proporcionaban modelos de autorrepresentación para os reis e os círculos cortesáns, obsesionados coa súa posta en escena. Non extraña, pois, que a primeira traducción francesa do Quixote xurdira no ámbito da corte francesa. Aparentemente a nobreza non vía os aspectos críticos e satíricos do Quixote como un inconvinte. O enxeñoso fidalgo, só ou en compañía de Sancho e outras persoaxes, entretiña pois aos curiosos que acudían ás festas cortesás e universitarias en ambos lados do Atlántico.
O contexto da primeira de todas as traduccións do Quixote, a versión inglesa de Shelton, diferénciase de maneira radical dese mundo de poder e diñeiro. Thomas Shelton, un irlandés católico, escribiu The History of the Valorous and Wittie Knight-Errant, Don Quixote of the Mancha dende o seu exilio en Bruxelas. A súa traducción se alonxa da lectura unidimensional da novela como farsa, dominante naquel momento e quizais mellor representada pola fragmentaria versión alemá, que converte as descripcións cervantinas en caricaturas grotescas e xoga cos significados e sonidos dos nomes propios.
A aparición tardía da primeira versión en neerlandés se pode atribuir ao peso da súa veciña Francia, sen olvidar a relación difícil entre os españois e o país protestante. Con elo se anuncia xa un cambio fundamental na paisaxe cultural europea: a transformación de Francia no modelo dominante en Europa. O prestixio do francés en todo o continente consigue a transformación parcial do Quixote nun texto francés, o que dá pé ao fenómeno de traduccións de segunda man e a aparición de edicións francesas do Quixote fóra de Francia. Así, por exemplo as versións alemás de 1682/83 (Basilea/Francfort) e 1734 (Leipzig) son traduccións e reelaboracións do Quixote de Filleau de Saint-Martin (París 1678), quen escribe en función dun público contemporáneo co obxectivo de mellorar o texto orixinal. Ese plantexamento non só o leva buscar equivalencias francesas para os refráns españois, senón que o induce tamén a curtar todo o que considera disgresións, a ampliar o texto para conseguir un maior despregue retórico e a limar todo o que puidera pecar contra o decoro. O máis sorprendente é, nembargo, que cambiara os últimos dous capítulos da Segunda Parte, de forma que don Quixote non morre, o que permite a publicación dunha terceira parte (1695), atribuida a Saint-Martin.
A versión de Saint-Martin coa súa mestura de admiración, crítica e sentido comercial dá unha mostra da actitude dos ilustrados ante o Quixote. Os intelectuais renden homenaxe ao espírito satírico da obra, pero tamén destacan imperfeccións do texto. Fronte á primeira apreciación do Quixote de Cervantes como novela de humor burlesco encontramos durante a Ilustración un forte desliz do interese cara o potencial moralizador da sátira. Non extraña, pois, que o Quixote non somentes sirva como modelo á hora de ridiculizar as obsesións de todo tipo, senón que tamén se considere un remedio eficaz contra os efectos perniciosos das obras de ficción. Ese impulso didáctico encontrará unha prolongación a partir do século XIX baixo a forma de adaptacións xuvenís.
Ao longo do século XVIII hai cada vez máis voces que detectan no Cabaleiro da Triste Figura aspectos nobres e entenrecedores. A mirada da sátira se despraza da persoaxe quixotesca cara o mundo e o mesmo lector. A admiración incondicional por Cervantes incluso incentivará ao pastor protestante John Bowle a editar a primeira edición española anotada da novela (Salisbury, 1781).
A nova lectura do Quixote non se limita aos confíns das illas británicas. Irrádiase cara o continente e encontra sobre todo en Alemaña unha recepción aberta. Cos románticos, ese cambio de actitude paulatino ante o Quixote chega ao seu punto culminante. Para eles, os efectos da sátira se disolven, e o que permañece é o cabaleiro idealista que choca cun mundo inxusto e prosaico. Coa súa mestura de prosa e poesía, idealismo e ironía, acción, autorreflexividade e disgresións o Quixote se converte nun punto de partida da novela romántica: un texto total, ao mesmo tempo fragmentario e inacabable. Todo elo se reflexa na versión de Ludwig Tieck (1799-1800). O poeta alemán respecta o conxunto da obra, pero a súa prioridade é recrear o ritmo e sonido da linguaxe de Cervantes. A partir dese momento o Quixote é unha peza esencial do pensamento romántico, cuxas pautas dominarán durante case dous séculos tanto a interpretación da obra e o seu heroe.
A partir da segunda metade do século XVIII o número de linguas ás que se traduce a novela empeza aumentar cada vez máis rapidamente, incluíndo idiomas con poucos falantes, algúns con tradicións literarias ameazadas ou pouco desenvolvidas e culturas cuxas élites xa tiñan acceso ao texto porque solían ler noutras linguas europeas. Moitos dos países no norte, o centro e o este de Europa tiñan nese momento pouco intercambio directo con España. Non extraña, pois, que volvamos encontrar o fenómeno das traduccións de segunda man, cunha versión francesa que encabezará a lista dos textos de saída: a adaptación de Jean-Pierre Claris Florian (1755-1794) de 1799. Florian non abandona as prácticas dos escritores dezaoitescos, adaptando e cambiando o texto orixinal ao seu aire, sempre en busca da elegancia. Cando os lectores ao longo do século XIX se refiren a Cervantes e ao Quixote, moitos deles están pensando en Florian, en versión orixinal ou traducido. O caso danés, cunha esmerada versión completa feita a partir do orixinal español como primeira traducción (Ch. D. Biehl, Copenhague 1776-1777) representa, pois, unha excepción nesa etapa da recepción do Quixote. Máis típico é o desenvolvemento que se dá en Suecia. Aí aparece primeiro a traducción anónima dun fragmento da novela. En 1802 temos unha primeira versión baseada en Florian. Só en 1818-1819 se publica unha traducción completa, feita a partir da edición da Real Academia Española de 1780. Esta vez o traductor é un poeta, novelista e traductor coñecido, J. M. Stiernstolpe. Con elo, damos outra constante na recepción e traducción do Quixote: a obra de Cervantes é unha das lecturas predilecta dos escritores, así que encontramos ao lado de obras inspiradas na novela tamén traduccións firmadas por novelistas e poetas.
Moitas veces as versións en linguas europeas politicamente desaventaxadas cadran coa conciencia nacionalista dun pobo, a loita pola independencia ou nunha primeira fase da mesma. No caso do checo vese moi clara a función do Quixote e outras traduccións cervantinas no intento de construir unha literatura nacional. Aparecen ao inicio da literatura checa moderna, no momento da recuperación consciente desa lingua eslava. Como en Noruega, Finlandia e os Balcáns, tamén na parte de Bohemia do imperio austríaco o texto do Quixote estaba xa accesible noutros idiomas presentes na sociedade, como o alemán, o francés e o italiano. Por conseguinte, as primeiras versións checas da década de 1860 parecen responder a unha motivación complexa: se trata tanto de alcanzar capas menos cultas e de formar un público para textos na lingua vernácula como de reinvidicar un lugar nun mundo político en transformación, enriquecendo ao mesmo tempo a propia lingua mediante a actividade traductora.
É curioso observar cómo a interpretación romántica do Quixote lles permite aos lectores máis variados identificarse cos protagonistas da novela e incluso levar esa identificación a un nivel que trascende o individual. As meditacións da Xeración do 98 que parten do Quixote non forman, pois, un feito illado. Tamén os lectores xudeus da Europa Oriental identificaban o seu destino colectivo con don Quixote, aos lectores rusos do século XIX o fidalgo manchego lles proporcionou claves para reflexionar sobre a situación do seu país, e os armenios se consideraban o <>.
A recepción do Quixote fóra de Europa empezou xa en 1606, coa venda dunha parte considerable da primeira edición en Lima. O envío de libros a América continuará durante séculos. Somentes a partir de 1833 (México) o Quixote se imprime tamén en Hispanoamérica, tres anos máis tarde en Estados Unidos. A primeira edición sudamericana sae en 1880 da Imprenta da Colonia Española de Montevideo. Non temos noticias de traduccións a linguas indíxenas.
Para a chegada da novela de Cervantes a Asia a aportación española carece de importancia, a pesar da longa historia colonial de Filipinas. Naquela zona son sobre todo os británicos os que levan consigo as aventuras do fidalgo manchego, ao fin e ao cabo trátase dunha das súas novelas preferidas.
Na India do século XIX se establecen periódicos en urdu que se converten tamén nun medio de divulgación da literatura occidental traducida. Entre os textos traducidos encontramos, entre obras maiormente inglesas, o Quixote, recreado polo escritor Ratan Nãth Sarshãr e publicado en 1894 baixo o título O soldado de Deus. En opinión dalgúns críticos, a obra orixinal de Sarshar mostra unha clara influencia do Quixote.
O interese deste autor indio polo Cabaleiro da Triste Figura non é un caso illado, como testemuñan versións noutras das numerosas linguas do subcontinente, o guxarati (Bombai, h. 1880; 41 capítulos da Primeira Parte); o indostaní (Lucknow, 1883; probablemente unha adaptación) e o bengalí (Calcuta, 1987). A partir dese momento se seguirán as versións adaptadas en linguas como o hindi, marathi, telugu, tamil, oriia, malaialam e kannada. O Quixote se converte así nun nome familiar para o público letrado do país, anque somentes unha minoría moi pequena le a obra de Cervantes na súa versión completa, sexa en inglés ou nas traduccións ao hindi, realizada por Chavinath Pandey a partir do inglés e publicada en 1964, ou ao guxarati (1964, do hindi).
Xapón, Corea e China coñeceron o Quixote despois da forzada apertura cara o mundo occidental. Como reacción á nova situación política, Xapón iniciou en 1868 un proceso de reformas extensas; é o momento no que aparece o nome de Cervantes por primeira vez nese país de Extremo Oriente. En 1885 publicouse o que se consideraba unha parte do Quixote do autor francés Cervantes; en realidade tratábase da novela exemplar O casamento enganoso. Pero xa en 1887 saíu unha versión fragmentaria da Primeira Parte, feita a partir do inglés. En 1915 presentou-se ao público a primeira traducción completa no marco dun proxecto que incentivou a traducción das obras máis importantes da literatura universal. Hoxe en día, os lectores xaponeses poden escoller entre as distintas traduccións do Quixote, feitas a partir do orixinal; tamén dispoñen de versións das demais obras de Cervantes.
En China, a primeira versión publicouse en 1922 como Biografía dun espadachín cabaleiresco máxico, unha traducción indirecta da Primeira Parte. O final das guerras civís en China cadra cun auxe de traduccións cervantinas, interrompido brutalmente pola chamada Revolución cultural. Só despois da morte de Mao (1976) e a reorientación da política, a literatura china reanudou o seu camiño tamén con Cervantes e outros autores extranxeiros. En 1978, a escritora Yang Jiang presentou a primeira traducción completa do Quixote do español ao chino.
A boa documentación sobre a acollida do noso cabaleiro en América e Asia contrasta co que se sabe acerca das súas andanzas en Oceanía e África. Con dous países de forte compoñente anglófona, Australia e Nova Zelanda, é de supór que tamén alí provoque o <>, pero non temos información acerca de versións noutras linguas.
O caso de África é parecido. Existen traduccións árabes, e as antigas colonias dispoñen das edicións europeas nas linguas coloniais respectivas, pero non dispomos de información acerca de versións en linguas africanas nin acerca dunha posible recepción da obra na literatura do continente negro.
Non é posible esbozar un panorama das traduccións do Quixote sen deterse nas importantes aportacións que se deben ao entusiasmo de algúns homes e mulleres pola novela: se trata sobre todo dos coleccionistas a quen lles interesa todo o que teña unha relación co obxecto da súa paixón. Son os bibliófilos dos séculos XIX e XX, como Leopoldo Rius ou os Juan Suñé, pai e fillo, cuxas investigacións bibliográficas forman a base de todo panorama de conxunto, incluido o presente. Un dos máis curiosos entre todos eles foi o cervantista Carl T. Keller. Ademais de coleccionar edicións, encargou durante os anos 30 do século XX versións en linguas como o cachemira (trátase da primeira traducción dunha obra literaria occidental a esta lingua), o tibetano, o sánscrito e o islandés.
Durante os 400 anos da súa existencia, o Cabaleiro da Triste Figura e o seu escudeiro se converteron nunha presenza indeleble en moitas literaturas do mundo. Parece que estamos entrando noutro ciclo de traduccións, dándonos o Quixote da nosa época. En Francia Éditions de la Pléiade recolleu unha nova traducción, preparada por Claude Allaigre, Jean Canavaggio e Micher Moner en 2002 no seu catálogo; somentes cinco anos antes saíra a aclamada versión de Aline Schulman. A versión alemá de Susanne Lang foi galardoada en 2003 co premio de traducción de Zug, e no mundo anglosaxón o novo Quixote de Edith Grossman, prologado por Harald Bloom, causou sensación entre críticos e lectores. Para o ano 2005 está previsto a publicación da Primeira Parte en tailandés. A pesar de todo, pois, non lle faltaba razón a Filleau de Saint-Martin: é inconcebible que don Quixote morra.
22222222222222222222222
444
perdóame señor, se é que existes, perdoa polos xuros que cometín, polos que cometerei de agora´n´díante, polos que penso podería cometer e sobre os que ninguén descubriría, ponme ti ao alcance a Túa Sublime Sabiduría, faime rogar, chorar, sentir, non permitas que esta casa se afunda nese abismo ao que parece estar abocada, aquí, nestas 16.000 habitacións non hai xa un alma vivinte, aquí, nin cerca nin lonxe, non existe persoa ningunha á que se lle poida dirixir a palabra para sentar as bases dun posible arranxo dunha autodestrucción que eu non comecei, sobre a que xa non me quedan dúbidas será imparable, e, mirando para alá máis adiante, onde tampouco pode ver nada, esta urbe tan limpa e tan patrimonio, do que se ten un que sentir orgulloso, non ten... unha man amiga, unha oficina onde levar os teus asuntos máis sinxelos, os que de pedilos terían que traer consigo unha serenísima seguridade, cousa que, polo visto, só ocorre na mente destas mentes ingratas que se enfrontan a uns dilemas non creados por eles como se estiveran vivindo no principio dos tempos ( e fanse leis, leis, e ningunha está ao alcance) perdoa deusseñor se choro por min ou por calquera , se me deras unha espada e un inimigo a bater sabería a que aterme, pero así, ir esmorecendo, mentres todo arredor xira francamente, sen un atisbo de piedade, só mirando triunfar, ser máis listos que ninguén, arrastrarte incluso de forma colateral ás t
úas maneiras de entenderte co que che quede de pensamento e co que traballes , non , deus, tampouco voute acusarte, tampouco as forzas alcanzan para saber se ti es ou non culpable (supoño que terás unha oficina encargada destes asuntos) (supoño que a paciencia está por vir e que o único ao que lle podo gañar é á desesperación) virán máis adiante historias, pero o meu inimigo común non dá o seu brazo a torcer e a min non me queda máis remedio ca escoitar como vive irmandado á fortuna e que eses fados que propician a súa abundancia son asi mesmo os que a min me colocan no pozo negro
FGHIJKLMNOPQRSTUEDBCA@?>=<7
666
aquí te deixo mamá ires con papá parto a busca dos meus cadrullos de pan cegado pola luz
aquí te deixo irmán parto cos meus rumbos desfeitos ir polo que me dea de comer cegado pola luz
métome dentro todo está fóra e porén non está
cegado pola luz
todo está aquí e porén non está
cegado pola luz
cos homes deuses donos absolutos do que teñen
cos nenos homes indo para deuses
cos deuses bobos sen preguntas
oh si, cegado pola luz
ata onde chegues chegarei irmán
e estarei cegado pola luz
si, cegado pola luz
de qué árbore comerei?
onde atoparei a paz?
a quen lle debo que a perdera???’’??’’’?
777
raíz amargue do saber non recompensado, quen puidera namorala, quen puidera namorala,
cantou así brevemente Uxía nos meus oídos, coa vez máis regalada que un puidera ter escoitado, e as penas se me ían, o vaso de ron secábame a boca cada mañá e a lingua carrasposa apenas me deixa articular palabra, son máis rápido escribindo que falando, e tamén máis feliz, pois así non reboto con nadie, pois así as xentes que me multan por falalo abertamente non saben que así tamén me desquito, e que ao papel en branco pódolle dicir o que non me atrevería dicirlle as persoas, ¡que mala xente hai no mundo!, qué?, ¿onde viu vostede que aquí teñamos avanzado con respecto a aquel terrorista gobernador boneca matruscha, eco irrepetible dun tempo que pasou aí fóra onde os condeados só se podían entender cos demais a espaldas aos réximes que os alimentaba, galego, meu, ¿dímonos conta dos sacrificios que tivemos que facer tendo a todos os gobernos en contra?
E gobernadores deputados alcaldes señoritos curas pedáneos matóns e makarras veciños e empresarios putas e nós mesmos
Radios televisións periódicos revistas
Impostos e facendas
Nós, o pobo perseguido
X
888
Xan, dito señor feito a si mesmo na gran fábrica do amo, agochado na reserva á espera de dar o pau ao que considere denigrante, pasa (o amo-mao) por diversas incomodidades que lle fan a Xan ser como é, é dicir: divertido e señorito, señorito ao estilo de Gracita Morales ou, como unha vez me contaron, moito máis piolloso e molesto. Unha vez a unha amiga miña que contrataron para os labores domésticos puxéronlle na cláusula utilizar o uniforme baseándose en que a diferencia existente entre xente de alcurnia e dona nadie daba para o mangoneo, e quixeron facela militar, sábados e domingos inclusive, sen merendas, cando outros invitados viñeren visitar tanta potencia, con mandiles e coifas de bordados pagados do seu propio peto según deseño da dona emperatriz do marido imperio, regras de ora et labora según criterios inventados ao respecto, graves e onerosos silencios, improvisación sobre a marcha e consellas sapientísimas sobre os esforzos (según citas); tamén valía non pagar moito (non chegaba ao razoable e había dúbidas de estafar ou non estafar a facenda, según valía, houbo outras que nin firmaran, eran funcionarios da xunta, altos); Xan, risas en La Habana xunto a Bibiana Fernández, amaba esas cousas do entendemento entre sexos, non saberíamos dicir porqué era cousa da súa acepción ou da súa opción, o caso é que o neno saíunos da outra aceira. Explicara rabiosamente que todo o que quería dicir quedaba dito, e que explicaba así esas cousas do saber porque as matemáticas ou a física non eran propicias para espallarse en materia. Os nenos sabían (os que estaban pola casamatando o tempo), que tarde o cedo lles podía tocar a eles, e puñan o oído convincentemente, pero máis nada. Deles pouco poderíamos esperar, salvo que os alimentáramos, cousa xa emporsi, complicada. Eu facía nese momento parella de Eme Lúas, á que xa lle tiña feito as beiras que fixeron falta, e me nomearan, na vila na que vivía, O Tenente. Rochamor xa vivira (non sabía se tal vez habería que facelo de novo) coa súa Prudencia Abraldes, e tivera como resultado un morto: o propio pai dun, pero non era óbice para seguir vivindo. Un plantexouse a vida despois dicíndose que algún día tal vez tamén sufrirá esa sorte, e consolábase pensando e facendo cálculos sobre cántos mortos puido haber na Terra dende que a Terra era Terra, ou dende que temos noticias de que os homes morren (a causa tal vez doutros homes). Consolábase contando que o máximo de poboación que alcanzaba a Terra non sobrepasara dos cen millóns en cen mil anos, e que as cifras estas das superpoboacións só existen dende o século XIX en diante, polo que... uf!, un matemático, please... podería calcular o número de habitantes que tivo a Terra dende que hai constancia de que o Home existe? e os que haxa no futuro ata o comezo do cambio climático no que se reduciría? non, ben, os aztecas facían cálculos de idades en ciclos de 20.000 anos, coido, e non o facían mal posto que aos descubridores españois, deuses caídos de oriente, os calcularon exactamente polas datas no que o seu declive... fixo aparecer a uns homes barbudos e sen lavar en fráxiles cascas de noz mudando para (outros vinte mil anos?) o seu ciclo evolutivo (e iso que facían sacrificios humanos) (que non lles importaba deitar o sangue que fose con tal de permañecer no poder a costa da supersticción dos seus pobos) (poriso son republicano federal autónomo) eses emperadores eran todos iguais
Aquela moza era moza miña, e apenas me durou. Amou ao señorito neno un tanto por cento de seu e ao terlle entregado parte do sangue que antes compartira comigo non sei qué pasou que se converteu a esa extraña secta
A min non me tivese importado facerlle de chulo ou makarra se me explicase cales eran as bases sobre as que plantexaba a súa relación amorosa con tanto altruísto pero o meu cerebro non obedecía non obedecía, e á fin houbo que romper
Sei dela por oídas, e bon, non pasa mal. Xa abandonou a casa. Coido que agora fai oposicións ao Sergas.
zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz
999
Bau mir die Satdt aus Elfenbein,
die Silberflut umschäume! *
Durch´s Tor der Träume zieht man ein...
Bau mir die Stadt aus Elfenbein, ]
die Stadt der Träume!
Die ungebornen Geister auch
degehren ihr Gefilde. )
Erschaffe Welt zu ihrem Brauch,- ü
Die ungebornen Geister auch
begehren Weltgebilde. Y
Auf sieben Hügeln baue sie,
die Silberflut umschäume;
die Elfengeister –Kolonie-
auf sieben Hügeln baue sie, M
die Stadt der Träume!
Christian Morgenstern (1871-1914)
òóôõöòóôõöòóôõöòóôõöòóô
Û
un espazo tempo tiña un espazo tempo escala das miñas inquedanzas escala escada escaleira onde sempre está o galego? axuda o galego nunca está nas escaleiras o galego está de esmorga Otero Pedrayo inventoulle un mago anglófilo Castelao invitouno ir ás Galias as Irmandades eran organizacións jazzísticas de modo de emprego e o telurismo polo que sempre esta Terra estivo condeada ben podía subir á nube e estar con anxos e arcanxos fadas ninfas e cabaliños do demo eu non quero ser porción de nada nin nesta provincia nin na quinta tiña a raíz médica do desespero controlada e o que non había non o había salvo por aí adiante pero para conquerir iso había que saíre por aí adiante eu foi por que quixen non quixen non houbo predemitación estaba predestinado e collín as cousas así aos poucos porque non me apetecía roubar non me apetece nin tan sequera dar o salto acabo de descubrir que un pode ser homosexual con moitas cousas pero non coas mulleres polo que desboto a opción ser homosexual porque me incapacita para facer o amor coa rapaza do outro sexo
qué lles vai doer!:
Tandis que les crachats rouges de la mitraille
Sifflent tout le jour par l´infiniti du ciel bleu;
Qu´écarlates ou verts, près du Roi qui les raille,
Croulent les bataillons en masse dans le feu;
Tandis qu´une folie épouvantable, broie
Et fait de cent milliers d´hommes un tas fumant;
-Pauvres morts! dans l´été, dans l´herbe, dans ta joie,
Nature! ó toi qui fis ces hommes saintement!...
-Il est un Dieu, qui rit aux nappes damassées
Des autels, à l´encens, aux grands calices d´or;
Qui dans le bercement des hosannah s´endort,
Et se réveille, quand des méres, ramassées
Dans l´angoisse, et pleurant sous leur vieux bonnet noir
Lui donnent un gros sou lié dans leur mouchoir!
A.N.
Melucho, esvirillaste sen cesar...
Había unha vez unha muller chamada a fodona que moi gran pracer con moitos homes tiña.
Custaba crelo cando o contaban os amigos porque a súa boca nin siso nin lingua tiña.
Pero eis que un día pasou un cabaleiro con sona de musicano que as traía a todas pola rúa da amargura tan pronto as tiña.
Deu gran casualidade que a muller caera tamén nas súas redes e a fodona foi fodida esta vez sen fama e sen lle ver proveito no que tiña por dereito.
Dona e cabaleiro trenzaron a súa lide en ver cál dos dous resultaba mellor fodedor nisto das lides do amor.
E puxeron un árbitro na disputa que despois non saía de asombro e pena.
Que dicía el que se así o fixera a miña muller non estaría el tal que así, e outrosí, que si el fose de aguante de cabaleiro pedante se vería, que sería el mellor.
Que se as cousas da nobreza só fosen por pasar o rato xa sabía del da cousa un rato.
***************************************************
Por me pór a muller a picha fea
ando eu en moi gran coidado
pois que me cren coitado
por non me dar ren a cona
Que era dun
e anda agora noutrosí
por me ter a min coitado
e con gran coidado
Que eu saiba non lla debe
a gran señor, máis ca senón libra
de home e de treizón,
por terme a min treicioado
Ca había coita sen lóxica
e lóxica sen coita e sen razón
Así que por me pór a muller a picha fea
anda noutros capa e cona
e se esta non é boa
andan así unhas tras outras
buscando picha mellor
que se o palleiro tivese dona
non daría pallas mellor
Estes contos son o resultado dun desafío que me fixen en Barcelona, nun pequeno restaurante do barrio gótico
EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE
Agora ben, as cousas todavía ir a peor. O clima que se respiraba por doquer non era o máis propicio para tentar a sorte de calquera modo. Tiña un que sosterse en bases firmes e agardar, como unha cobaia nunha gaiola, que o investigador trouxera a remolacha ou a leituga. Isto requería un tempo, e unhas condicións. As respotas que a cobaia daba viñan dos impulsos aos que o investigador a sometía. Non sen excesos, as respostas podían resultar convincentes, pero tamén eran o que investigador supuña que lle ía dar a cobaia. O milagre, o milagre, bon, pois, habería que agardalo.
abba
císter ou benedictinos a función laborar e orar ou laborar ou orar non me diga que carece de importancia non me diga que é o mesmo facilitar unhas condicións de traballo ou outras sabendo que o que temos para vivir depende enteiramente de que cómo esteamos asentados, ou vaguemos, xa cousa moi difícil de ver no mundo actual por determinadas circunstancias políticas presentes, así, viva la virgen depende dun traballo estable, o señor pousado tamén, entre estas dúas formas extremas de ver o esforzo humano as variables que acuden a nós non nos deteñen, quizais sexa isto o máis rechamante, que véndose un á hora de establecer unhas pautas entre actividade e descanso, o que ten máis a man enténdese devén dunha relativa prosperidade que actúa de colchón para o menos ao mesmo tempo que lle dá ao máis, xa as conductas propias referentes ao vivir según o que entendamos por vivir dependen claramente dos medios que teñamos dispostos para elo, as conductas morais ou inmorais non se basean na explotación das vontades senón nos comportamentos sexuais de xénero, o que a importancia do traballo queda restrinxida só á producción, equivale dicir que se o esforzo é productivo a conducta queda nun segundo plano e os modos de reinvidicación tamén, pois, ao primar a cantidade sobre a calidade, o que importa non é do qué diaños esteamos feitos, senón do que sexamos capaces de vender, a moralidade desta forma de entender a eficacia non dirime baixo ningún concepto que sexamos como sexamos estemos suxeitos a limitacións corporais ou de saúde ou outras incapacitacións que nos impidan cumprir a raxatáboa co modelo stándar, o que é perigoso, pois o mercado ao ver unha melga na súa cadea productiva non reparará en gastos para substituir esa falta e acomodar ao seguinte á súa capacidade de producción, quedando, o enfermo ou discapacitado, a mercé dos elementos simplemente, o mercado non admite que a función caritativa sexa unha parte importante a xogar co resto da sociedade, o que admite que a relixión adopte esa tarefa dun xeito pouco profundo e a que aínda lle saca réditos, unha esmola é unha esmola, digo eu que aquel príncipe cando recomendaba aos nosos queridos súbditos as tarefas máis nobres da patria tamén estaba pensando en equilibrar os métodos máis drásticos da sobreexplotación coa liberación de pensamento que buscase cómo, na medida na que o mundo puidera ser máis xusto para todos, na medida na que o puidéramos crer e na medida na que o fixéramos
€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€†
Próxima Unión Eme Lúas&Rochamor:
Ao olmo non se lle poden pedir peras, nin tampouco un deses xoguetes de gama alta tecnolóxica que teña emporseu un mínimo detalle co que estamos vivindo. Descartados ambos logo, Eme Lúas e Rochamor casan. Está ben, está ben. Uns din que tarde, outros que cedo. Nunca falaran tan velozmente sobre o asunto, pero o interese é manifesto. Os problemas derivados da patolóxica lugaril está en albis ao respecto. Son cousas novas que lle ven e sobre as que hai que sacar partida. Tamén se puidera dar o caso que o enlace non se levara a cabo de momento, ata encontrar outra ocasión máis propicia. Xa temos sabido que á hora de plasmar ou dar remate a iso que intuímos somos máis torpes aínda, e que para saír do embrollo necesitaríamos espazos máis libres e máis solitarios (fala Rochamor), onde as testemuñas indiscretas que puidese haber non xogasen en contra (porque Rochamor sabe que o testigo tentará meter a pezuña en asunto tan delicado, que só compete aos dous, de momento). É así, se vas por aí, anque te vexa todo o mundo, permañecerás coa conciencia limpa a sabendas de que iso non molesta, pero cando se trata dun lugar coñecido, no que vives de sempre, a particularidade da cuestión actúa dun xeito repulsivo (cuestión da idade, supoño) que impide ir máis lixeiro, e, eis onde reside a miña torpeza, iso reprime, un xa quer algunha alegría, e non se pode ser claro a todos os momentos, ademais de contar cos gustos da parella, que debera entregarse sen chistar de todas maneiras, pois supomos que estará pasando polo mesmo. Ten tantas verbas o amor que se lle pode chamar de calquera modo, opto eu polo cariño que lle teño a Eme Lúas como lugar propiciatorio para desenvolver todas as facetas que a deusa Venus ten a ben dispór para o conxunto. Eu que sei se son retrógrado, pero, no pouco que levo aprendido, dinme que ande con prudencia, con galanteiría, formas que envolven os apetitos sexuais de siseza e que non deixan falar ao sexo ata que o sexo poida falar libremente. Os máis nestas cousas non hai reparos, salvo os do contrasexo ou o sexo do mesmo xénero. A miña definición sexual apunta a Eme Lúas porque ela ten algo empático comigo superior ao resto, algo que encontro tamén ás veces disperso entre tantas viaxeiras que se achegan a este sitio pero que manexa a vista, como nun xogo-vaiv.én que me di volve a Eme Lúas correndo e bótalle un pó, verbigraza, estamos sós no mundo e o sangue quere sangue e eu xa respondo polo meu. O papel aí de Eme é o da conforme, e iso é bo, non podemos estar sempre rifando, e un par de bicos e unhas caricias a tempo terían que ser a resposta a todo iso que non sabemos explicar doutro xeito, que tampouco queremos explicar doutro xeito. ¡Sapristi!.
Clown
Do que sabía nulha rem nom sei,
polo mundo, que vej´assi andar;
e quand´i cuido, hei log´a cuidar,
per boa fé, o que nunca cuidei:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
Aquesto mundo, par Deus, nom é tal
qual eu vi outro, nom há gram sazom;
e por aquesto, no meu coraçom,
aquel desej´e este quero mal:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E nom receo mia morte por en
e, Deus lo sabe, queria morrer;
ca nom vejo de que haja prazer
nem sei amigo de que diga bem:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E se me a mim Deus quisess´atender,
per boa fé, ữa pouca razom,
eu post´havia no meu coraçom
de nunca jamais nem um bem fazer:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E nom daria rem por viver i
en´este mundo mais do que vivi.
Xa é hora de que aprendamos camiñar sós.
Houbo un lugar no que estábamos presos. Obsesivamente presos, todo o mundo, que as oportunidades se medían según baremos que só servían para atarnos ás xentes que así nos dominaban. Confeso que por un trozo de ceo (haxa ou non haxa compaña feminina) sería capaz de ler ata máis alá de Orión, e que esas oportunidades que antes nos encadeaban (como persoa e pobo) xa nos encadean, e hai resquicios, cada vez máis numerosos, polos que sacar a cabeza e camiñar con ela erguida moi alta. A forza de dicir que non a todo o que nos ofrecían e escoller só o que nos ía favorecer, agora estamos onde estamos, e xa non nos pesan nin as arrugas, amamos, loablemente o mundo que nos pertence por dereito, e polo que somos capaces de morrer se o quixeran volver torcer.
Recursos do idioma que deben ser satisfeitos e sobre os que non é posible reclamar débeda:
Un pertence a un ámbito idiomático que enriqueceu con aportacións diversas de distintas linguas comúns ou foráneas, no que se desenvolve e propicia esta forma de entender a linguaxe da maneira expresa aquí remitida que nos permite ensanchar esas barreiras existentes a priori (xa por lei, xa por malos vezos adquiridos da copia insultante daquela raza que nos dominaba) e que extenden todo o que poden as liñas cognoscitivas dos mecanismos cos que o idioma se establece, se volve sentir unha liberdade sen precedentes no seu uso e sentidos que reclaman dos creadores ou dos falantes de a pé unha concienciación solidaria co que xa nos podemos ir dando os uns aos outros, a menos que queiramos índa afogar de noxo naquelas limitacións expresas tamén e recoñecidas que nos impediron durante tempo alcanzar a nosa verdadeira altura.
Eses trazos que vislumamos alá por onde se coa o que desexamos como pobo deixan ver que a estima que temos sobre nós mesmos nos volve pór no bo camiño, e que Deus regresa a nosco. Querémonos, e ogallá xa nadie nos tumbe. Que os días e anos vindeiros a mala fe desapareza das nosas vidas e o sol resplandeza.
E que vaiamos pondo as primeiras pedras de todo o que ergamos na nosa satisfacción. Quedamos para Seres un pouco máis do que somos, perder o medo, facilitar aos nosos ascendentes o uso do que posuímos de maneira que estes poidan continuar desenvolvendo o que os favoreza, incluso, facilitar os camiños para que a súa independencia logre o que supomos sería lícito, o que sería para nós máis xusto e tolerante, libre e solidario, fraterno e igualitario, tanto social, como económica e politicamente...
>>Entre as obras do home, en cuxo perfeccionamento e embelecemento se emprega lexitimamente a vida humana, a primeira en importancia é, seguramente o home mesmo. Supondo que fora posible construir casas, facer medrar o trigo, gañar batallas, defender causas e ata erixir templos e dicir pregos mecanicamente –por autómatas en forma humana-, sería unha perda considerable cambiar por estes autómatas os mesmos homes e mulleres que habitan actualmente as partes máis civilizadas do mundo e que seguramente son tipos depauperados do que a natureza pode producir e producirá algún día. A natureza humana non é unha máquina que se cosntrúe según un modelo e disposta facer exactamente o traballo que lle sexa prescrito, senón unha árbore que necesita crecer e desenvolverse por todos lados, según as tendencias das súas forzas interiores, que fan del unha cousa viva>>
>?@ABCDEFGHIJKLM>?@ABCDENNNN
ÑÒÓÔÕÖרÙÚÛÜÝïïïïïïïïïïïïïïïïïïï
estourando os sons das bells
mecanicamente o reloxio marca as horas, e as horas son o dominio das cousas que podemos ou non podemos facer; puidérase dicir que o que cabe dentro dun reloxio non son só doce horas, ou vintecatro, senón tempos prolongados de máis ou menos tempo, unha semana, uns meses, tamén anos; e vale tamén a conciencia de crernos en espazos de tempo que non manexamos a cotío, senón con outras frecuencias, tales como o eterno e o infinito, ou a opción do punto de partida, ese big bang ao que se refiren ultimisamamente as revistas de ciencia que pode encontrar simetrías co mesmo inicio dos nosos nacementos, ou os puntos de partida de calquera outra cousa que se nos ocorra iniciar, que, depende case en exclusiva, do que poidamos usar diso que denominamos tempo, e o tempo tamén, medida inmemorial ou división parcial dos nosos quefaceres, tamén nos procura tantas satisfaccións como enredos, e o que poidamos facer nel. Este ano os fogos de artificio daranse con tempo nubrado; hai un ano radiaban nun ceo despexado, e hai dous chovía a mazo. O tempo visto dende estes tres ángulos na mesma data non é cualitativamente o mesmo. Primeiro por ser tempos pasados sobre os que hai (ou non) un recordo. Segundo porque as circunstancias que nos permiten evaluar un transcurso son evidentemente fáciles de aprezar. O terceiro implica que se o tempo se cuantifica según esteorotipos claramente definidos poden ocorrer dúas cousas: unha, que os trazos nos atrapen e non deixen ver a realidade traseira; ou dous, que si, que si o faga, que sexa a marca de identidade pola que construímos nesa árbore da que falábamos antes todo o edificio social novo, o que implique o movemento, e, polo tanto, o que cuantifique en tempo real o que está aí a disposición noso a través dos séculos, do presente, do pasado ou dun futuro. ¿Pode alguén realmente dicir que é o xusto? Un pode encontrarse con principios, pero tamén pode que siga un camiño onde estes non existan, ou sexan tan pouco atractivos que non se lle dea importancia.
<>
Adán e Eva. A serpe partíu o epello en mil anacos, e a mazá foi a pedra.
ЁЂЃЄЅІЇЈЉЊЋЌЎЏАБВГДЕЖЗИЙКЛМНОПРСТУФХЦЧШЩЪЫЬЭЮЯ
אבגדהוזחטיךכלםמןנסעףפץצקרשתװױײ׳״
1111
aquel ano, nada especial ocorrera no bispado, e as súas ilustrísmas ían celebrar a cea de Nadal tendo en conta o especial da numeroloxía do ano. Como non era de nadie o saber qué podería cadrar cos catro uns, encargaron meditalo a un grupo de sacerdotes.párrocos da diócese crendo que a eles chegaría dalgún velliño ou velliña vellos algún recordo que os aconsellara por onde debían tirar a casa pola ventana, sabendo que os astrólogos eran da peor calaña e que só servían pra enganar a embustes aos das parroquias. Despois de moita búsqueda, as súas ilustrísimas a través dun dos seus presbíteros, atoparon, nunha casucha profundamente adentrada no monte, un vello que non acordaba a idade que tiña, pero que contaba ter bisnetos xa mozos que gustaban de andar tras as pastoras dispoñibles na comarca. E contaba o vello que el algunha vez fora testemuña especial dun fenómeno que deixara aterrada a toda a comarca enteira, tanto a señores como a vasalos. Tal día do primeiro domingo de cuaresma de hai 50 ou 60 anos, a Terra escurara, ata onde un home podía chegar empregando vinte cabalos en etapas de dez leguas, e que a cristiandade intuía que unha gran calamidade acababa de suceder. Os gritos de desesperación ruxiron en todas as gorxas escoitándose dun lado a outro dos vales, sumindo máis se cabe no horroroso a aquelas pobres mentes débiles que crían profundamente que o día ía acabar mañá. Contaban os avós dos avós dos seus avós, que a comezos do ano 1000, hai tan só 111 anos, as xentes estaban tamén así consumidas por esa terrible desesperación, pero aquela vez non fora un astro, ou unha sombra. Aquela vez os que tiñan o poder da palabra traían mil e unha verbas que conducían inevitablemente á fin do mundo. E, claro, dicía o vello, iso era para asustar ao máis pintado. El sabía que cando acabase o ano e empezase o aninovo a lúa se poría diante do sol, naquelas comarcas, non sabería explicar moi ben cómo, nin cómo un vello anacoreta perdido na metade do bosque podía posuír esa clase de coñecementos, pero o eclipse chegou, despois de agardar o resto do ano, e tirando durante seis meses os monxes sacerdotes a cas pola ventana. Aqueles famentos non volverían ver outras viandas parecidas en 100 anos, e o que máis e o que menos pensaba en cómo sacarlle partido a tanta sorte. Os responsables da diócese, entre os que non había nadie que puidese constatar o que o vello afirmou, sentíronse á vez entusiasmados e feridos. Non lle querían dar o papel de bruxo ao ancián porque bruxos na comarca non había, e se chegaba haber un, a inquietude que isto causaría sería perigoso para o cómo levábase a explotación monacal. Aqueles campesiños viñeran cos monxes hai xa 600 anos, e nunca se moveran de alí. O vello anacoreta explicou que o fenómeno na lúa se produciría tres veces, sen precisar os momentos nin os días, e que isto cadraba coa suma dos anos que transcorreran dende á fin do mundo ata aninovo, no que comezaría outro ano distinto. Serían eses 111 anos xa pasados, 1+1+1=3, e 3 era o número que se daría nas sombras o mundo e os días que necesitou Xesús para resucitar de entre os mortos. Había tamén outro 3, o que formaban a Lúa, o Sol e a Terra, e 3 eran as igrexas que se tiñan levantado arredor da casa nai. Había 3 pontes no río e 3 portas no recinto. E 3 eran as persoas de Deus. E 3 eran Xosé, María e o neno.
Dixo o prior: -¿E todo isto a que ven a conta?.
O vello quedouno mirando como se non lograra entender a pregunta.
Quixo continuar o prior pero non lle viñeron as palabras. Esbozou logo un sorriso a medias e apartou ao seu lugartenente a un lugar onde non os puidera escoitar o vello e díxolle:
-¡Iso que di o vello non se pode consentir que camiñe por aí, ao libre albedrío do Señor!
O seu lugartenente non comprendeu tampouco.
-Eses coñecementos que acabamos de observar son moi difíciles que os fieles os comprendan, polo que, ese mendigo, debeu de ser antes un gran cabaleiro ou tal vez monxe e que anda desa guisa debe ser porque anda proscrito.
O lugartenente seguía sen comprender.
-Se o apreixamos e o condeamos nun xuízo podería resultar o revulsivo que necesitamos para que a diócese se presente como unha sóa persoa e se acaben os pecados que se cometen detrás noso.
Agora o lugartenente comprendía menos.
-Nin tan sequera necesitas comprendelo. Arma a uns homes. Préndeo, e xa me encargarei eu de todo.
Así foi. Ao cabo dunha semana o vello ardía nunha pira e dos seus labios non saíu unha maldición.
A Comarca despois facía todo tipo de conxecturas, sen sacar nada en limpo, o que daba lugar a máis conxecturas. O prior, morto despois duns anos, tampouco explicou cómo adiviñara que aquel home era un perigo para a sociedade, o que, despois da súa morte, serviu para que a xente que alí continuou vivindo recordara que, naquel entón, cando o lume purificador conseguiu unha das súas víctimas, o demo ás veces tamén gaña, dicían que tamén que ás veces se escondía nas mesmas faldras da igrexa da salvación, e facía todo iso para manter vivo, o recordo imperecedoiro da súa inxusta expulsión.
2222
¿Porqué demos Cr´¡ptico lía sempre o periódico e non se facía preguntas a pesar de telas diante?
Porque Cr´¡tico meditaba
¿E en que cousas meditaba Cr´¡ptico?
Non foi ningunha falta
Coñecín moito martiroloxio. Unha vez, lin, alá en Siracusa, un bispo nomeado por Roma sucesor dos Evanxelizadores alá naquelas Terras, o propio apóstolo do Redentor provocara as iras
da poboación con toda clase de artimañas para perecer ás súas
mans como se buscase a condea, para logo así chegar a Cristo, porque naquela época estaba de modé, entre as xentes pudentes que gobernaban o lugar, SER Apóstolo do Señor, e non había casa na Comarca que non dese un fillo a tan loable aspecto
Esa cousa que se chama tamén predicar podería ter en conta xa que a única excusa que queda para romper o celibato e facer partícipe á nosa muller dos nosos pesares, xunto con Deus, tería que ter en conta que Xosé e María exerceron de pais, e que o de ser pai é moi difícil todavía, non hai esquemas
non hai equemas
3333
cada cen anos, cada cen anos un lembra a cachiños como transcorría a vida en cada determinado ano, a través das vicisitudes do aludido, mostra representativa da moeda de cambio, o cristianismo foi innovador, pero tamén estivo asentado no poder durante séculos, e foi inmovilista, non quería que nada mudase, Pol Pot buscou unha forma de volver ao pasado que custou a frioleira de máis de 1.000.000 de mortos, houbo guerras por esas causas que custaron o duplo, tripla, quíntuple, ata o oitentavo, e qué sería manexable na boca de Gandhi, a nivel mundial, bo exemplo a seguir para os anos vindeiros, a repetición por parte dos USA do logro dunha estabilidade global que nos deixe a marca dos 300 anos ou superior, erra en que a aposta que se fai para unir esa vontade en torno a un home só, recorre a aniquilación como posibilidade, e que eses exemplos que rematamos de mencionar foron incuestionablemente acaecidos habendo representantes dun goberno legal comunmente aceptado, e que a aniquilación supuxo a entronización dese xeito de vida que o susodito practicou, xunto cos seus conxéneres, o mesmo estilo de vida, o máis recordado, perigoso, moi perigoso, porque se nos colle no bando equivocado podemos ser unha das súas víctimas
As épocas nas que a Cultura predominaba o mártir era o escritor, posto que o escritor tiña recursos para facer a vida incruenta, axudado ou non (máis calitaria canto máis a axuda era cuantificable, pois os recursos do escritor se multiplicaban)
A súa exénexe podía percibir os latexos vitais viñeran de onde viñeran e pólos no lado da balanza convinte para que a perda fose a menor posible
Nese tipo de taxas, ás veces o convinte é pagar, anque quedemos nos sen un xurelo que levarnos a boca, porque a clase de alimento que un disfruta enche corpo e alma dunha substancia especial
ALELUIAS
un home sicomoro tiña unha vez unha tenda unha tenda de abastos de bo parcial, e a felicidade se lle notaba.
Aquela teoría do bo ladrón
Grazas a que, aínda o contamos, supomos que aqueles plans, que trouxeron ata os nosos oídos a ameaza de asasinato, fracasaron, e que polo tanto a nosa vida se converteu nalgo valioso, Sevilla va a los toros, ¿pezas claves do noso teatro?
A Cidade dos Soños. O Reino de Amidala estaba construído sobre retazos de Bizancio, Roma, Samarkanda, Alma-Ata, A Cidade Prohibida de Beixíng, as inclinacións dos picoutos da Tesalia, partes de Persépole, Damasco e Troia, e Eme Lúas o sabía dende o berce. A Gran Cidade dos Soños onde toda a Humanidade dormía non tiña coordenadas físicas ou terrestres e comprehendía todo o que se sabía do Universo. Dende o simple grao de area simple a operacións matemáticas complexísimas. Dende a máscara do actor á vida diaria na colmena. Estou falando dun sistema. Dun sistema completo de significados e símbolos que transcende o ámbito no que vive para actuar máis alá da súa simple existencia. Un sistema representativo da vida en comunidade impreso nos nosos cerebros como unha cadea de ADN na célula. Poristo A Cidade dos Soños permitía a liberdade de interpretación e as contemplacións máis entusiásticas. Quero dicir que a miña moza só era miña; a tiña realizada; os demos da obstentación ma perderon; foi culpa miña; de ninguén máis. Rochamor, francamente, o único que pedía era vivir en paz. As conclusións debidas aos estados de guerra facían do consello cousa banal, dificilísima de xustificar a pena de morte a pesares de que moitas das grandes potencias mundiais aínda recorrían a ela para eliminar máis prontamente o que definían como aberración. A calidade da vida humana só se podía demostrar se causas como as tristezas e as penas non puxeran o contrapeso na balanza da alegría e todos tivéramos o mesmo sorriso destemperado que só permitía vivir nun lado. Cheguei ao ano 78. Nese ano as cousas que recordo eran así, tal e como as estou vendo. Noutras partes da Terra as circunstancias era tremendas. E sigo chorando. Polos mortos que se foron e polos que van vir. Pola vida que se vai e pola que ven. Polas bandeiras que se levantarán e polas que caeron. Polo mesmo soldado descoñecido indignia de toda a Nosa Consciencia Universal. ¿Ignominia? Para remexer conciencias, anquilosadas nos pozos dos recordos. Unha militante de AMI, nun día aciago, que lembrará pouquísima xente, defendeu o dereito a ser diferentes, con pouquísimos* apoios do presente; algo había máis alá do que existía que quería demostrar, que se movía embaixo da urbe cosmopólitan que medraba a un ritmo vertixinoso sobre todas as extremas do seu posible crecer. ¿Acaso había un límite? ¿Podería vostede cidadán Jacques 2 establecelos? ¿Podería vostede parar agardar polos que viñeren? ¿A cántos deles en verdade coñecería de ben? ¿Acaso eses que viñan vindo non querían disfrutar de todas as comodidades ás que tíñamos xa acceso e ás que xa non poderíamos renunciar?
Todo London foi cazado cos pantalóns baixados
New york madrid el cairo
Todo o planeta está en grave risco
Que non cundaa o pánico
Fillo de xosé: 2Cal é o límite que podes sobrepasar e cal é o que non está permitidos? Qué desexas descendente de Abraham? Pódocho outorgar o mundo?
Hai algún misterio na Terra sen desentrañar?
Que poden dicir os fados sobre o que nos agarda?
E que algunha vez foi seguro o tempo?
fillos de Xoseph: caándo teremos a seguridade que pai nos dá?ou
cando vira ese tempo?
Coas Armas en Ristre:
As regras do Vento:
O 20 de outubro de 1827, en Navarino –Grecia-, unha flota combinada francesa, británica e rusa, librou unhA Batalla contra a flota turca. Foi a última vez que naves impulsadas a vela se enfrontaban nun gran combate e cerrou toda unha era. Os historiadores solen dicir que as primeiras grandes batallas de naves a vela déronse durante os combates da empresa de Inglaterra –a Armada Invencible-, pero non é certo. A primeira vez que dúas grandes flotas de veleiros se viron as caras fixérono en augas das illas Terceiras –As Açores- e foi a flota española, ao mando de don Álvaro de Bazán, un dos seus máis grandes capitáns, a que obtivo a victoria:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::>
Podíamos pensar xuntos que as accións e os actos fosen en senso de buscarnos, non por enfrontarnos, senón para entendernos, que as cousas evidentes que nos afastasen fosen usadas, como o uso da forza que lle dou sentido ao Buda, na práctica para deter os impulsos agresivos do “amigo” abusón e reenvialos ao modo do tesón, operando a súa táctica de vivos reflexos co fin de que a use en beneficio noso::::::::::::::::::::>
Parece a vostede que lle gusta agredir:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::>
::::::::::::::::::::::::> é desiluso
¡por non crer en nada!
T-1323-b (A Semente do Demo)[atopado no arquivo Coelli&Sílex c.1250 a.C.][Menphis]:
Os bandidos (recuncaban os mensaxeiros á Súa Maxestade dos Dous Reinos), asolaran a comarca do Libredom, preto do Río Sagrado. Mataran a homes, mulleres, nenos, animais e plantas. As almas entregadas ao Señor da Morte recibirán oportunamente axuda para residir nos Campos de Ouro do Señor, A Luz. Pero o que máis importa á súa Ilustrísima é o camiño que tomaron eses pillaxeiros. Onde se escondían. De quen reciben o apoio. Se volverán ás andadas. Se os sitios e lugares do Noso Amo poderán baixar a garda e adicarse ás súas faenas sen pensar nun ataque desas alimañas. Buscados os seus refuxios, os mensaxeiros “largáronno” por todas as comarcas, e agora en todas as comarcas onde A Nosa Maxestade manda, saben a que aterse. Proba disto é o acontecido recentemente no lugar de Pershicore. Un sitio recóndito onde habitan preto de 1.000 familias. Os decamisados, facendo acopio dos seus recursos, xuntáranse de novo en bandidaxe, e fixeron os primeiros movementos para atacar as casas máis débiles de defensa, coa axuda de algún que outro forasteiro. Así, incendiaron tres ou catro casais de Londro, e o medo, extendeu rapidamente a voz de aviso, e previdos en tempo, e axudándose mutuamente, se estableceran gardas e vixianza e atalaias. Unha noite, ou unha tarde, ou unha hora calquera do día podía ser a mellor excusa para levarse o triunfo, e a vida e as posesións das desprotexidas familias. A Súa Sublime Forteza foi informada a tempo de que estas cousas nos seus Reinos serían o corrente, por non haber outras loitas ou batallas nas que os seus fillos estiveran embarcados e se atoparan así ociosos, sen nada que facer, só adicados a fastidiarse ++++++++++++++++++++++++++++++++++gardar polos que viñeren? ¿A ca
@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
eseseseseseseseseseseseseseseseseseseseseses
porqué che intento vender O Quixote a sabendas de que ti tamén mo vendes?
EL: a fame mete máis medo ca o mar
O LETRADO: É que non sabedes ser ciudadanos.
O LABREGO: Non se pode ser ciudadano onde non hai xustiza.
O BORRACHO: homes!
... pra min cans
todo por oír unha voz de muller
[(hai moitos cachivaches por aí agora que sirven para “iso”)]
as imaxes do eloxio desapareceron das nosas mentes
hai “mucho tío bajeras”
bretaña
as accións insolidarias dos mesmos amigos
as operacións en curso
made in spain
a miña lubricidade a túa sensación de xaqueca hábitos que o español medio nunca abandonará
lindamente
supoño
yo lo tomaré como un cumplido
Daniel:
os acordos que o señor tomaba en cuestións de segundos non eran a razón humana capaz de averiguar asicomasí nin entregaba o Señor o don a mantenta
¼ o Señor bendicira á cidade e a cidade mostrábase con el agradecida
solta en imaxes do barullo as beizóns dos santos milagreiros
puro bosque de pedra
roto en silenzos de verbas
Próxima ruptura do silenzo das verbas:
Vindeira cita: o 25 de Xullo de 2008
Algo que vostede traga en dúas horas
Os esforzos visibles de certo tempo investido
Estes todos pensamentos resúmense en dous:
-O que cura de bo o malhumor
-O malhumor cura con bo humor
¡Quién lo diría! Pan, o vello deus, está encadeado.
Quen loar podia, com´ela querria, a Madre de quen o mundo fez, seria de bon sen
Ben pod´as cousas feas fremosas tornar a que pod´os pecados das almas lavar.
Quen crever na Virgen Santa, ena coita valer-ll-á.
Maldito seja quen non loará a que en si todas bondades á.
¿Por qué te recordo baixo unha choiva de Marzo ao saír da escola? Paxariña das neves te chamaban. Un interno douche a súa rosa. Logo se che caiu a pluma coa que escribo os versos. Tan pequeniña, e ti ¡sen sabelo!
»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»
Tan pequeniña e ti sen sabelo, se me foron os santos todos do ceo
Tan pequeniña e ti sen notalo, se me foron os santos todos a velo
Tan pequeniña e eu pasmarote, se me foron os verbos todos do seo
Agarimábame lenemente no teu colo e sorbía os teus recendos cando estabas próxima
As présas, Lela, non as teñen todas consigo
Notábamos rápido o eléctrico hálito que transpirábamos
A voltaxe era tan endiañada que o efecto atracción-repulsión convertíase en milimétrico
E os poros do noso pel transpiraban
E as suaves partículas de olor
Despois a vista
Detalles que comezábamos aprezar
Oído
As palabras
Os xemidos
Non había medo
‡¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬‡
Paisaxe Bíblico das Areas de Moab:
As xentes extendíanse por espazo de 1 km. dende un extremo a outro, nun ancho de 25 m. a proporción 15-20 persoas o metro. Un rover inglés con voante á esquerda dou rápido a volta ao párking da Praza da Galiza e estivo detido no medio da manifestación uns cuarenta e cinco minutos, cando xa transcorrera a metade e aínda quedaba a outra metade por transcorrer. O señorito inglés comportouse con verdaeira flema británica, pero todavía meditamos cómo foi capaz de non ver que aquelo era unha manifestación xigantesca e tomar as precaucións a ela remitidas. Podería ter ficado no cruce, diante do semáforo; non facía falta ser un lince para ver que aquelo continuaba. Tamén podería estar informado de que á hora na que el (e a muller que ía ao lado) ían sacar o auto, todo Santiago ía estar manifestándose, e que a esas horas o tráfico estaría restrinxido. Pola pinta que tiñan, o hotel no que se tivesen hospedado sería ben de 4-5 estrelas, o luxo no auto así o dicía. O señorito inglés, no té das cinco do día anterior, podería ter lido, anque fose no periódico, que o Día Grande de Santiago era tamén Día de Outras Moitas Grandes Cousas, e tal vez non tivese incordiado, anque, a alegría desbordante de todos aqueles mozos xoves non lle dou en absoluto importancia. Só houbo unha rapaza, supoño da organización, que se ofreceu darlle explicacións e a cousa rematou como eu non tería visto se non tivese estado alí naquel ángulo. O señorito inglés neste caso era o esperpento. O flamante rover non puido maquillar a falta de experiencia do conductor en situacións representativas do clima político aquí restablecido. Quizais bwana pensaría que estaba en África. Alí, sentado no oco que deixou o antigo edificio de Castromil, as cousas vense distintas, porque a carreira asfáltica que comunica un pasillo con outro, unha vía de entrada con outra de saída, é case unha testemuña parca, e as voces que se rouban de aquí e acolá, deste mundo e dos de fóra, nesa inmutable algarabía de xentes e trasegos que sempre foron as urbes, un sentíase como se fose dono de algo, un señor importante no medio de quen é como ti, pouco máis ou menos. E era así porque as xentes tiñan algo nos miolos que as facían parecer máis próximas, máis queribles, cando non se mostraban elas simplemente queribles. E un que estaba costumado buscar iso que agora atopaba pensaba que quizais iso agora non se marcharía nunca. Que a cidade tiña chegado a un punto que facía moi difícil o recordo doutra cidade anterior, excepto para investigadores, expertos ou curiosos; e que iso que ía tirar de nós, sería como un motor ao que habería que alimentar constantemente; podería ser cuestión de vida ou morte coller o carro e írense ata onde fose posible iren, o que, de todos modos, foi polo que optamos. E así, visto xa as primeiras páxinas da folla de ruta, o roteiro tería que ir achegándonos ao que pensamos somos, xa que somos, e como somos, temos que acordarnos delo. Poriso, cántas maiores sexan de amplas as coordenadas a seguir, cánto máis non poderíamos agardar de nós sós, de nós mesmos, de nós, o que éramos, o que podíamos mostrar ser, sen medo, como antes, ao rexeite e xenofobia e neopotismo.
،؛؟ءآأؤإئابةتثجحخدذرزسشصضطظعغـفقكلمنهوىيًٌ
vvvvvvvvvvvvvvvvvvvvv
qué flores temos que respirar qué aromas e fragancias olorosas qué nos traerán os Magos qué cousas pedides necios
♀ĜĝĞğĠġĢģ♠♣♥♦ĜĝĞğĠġĢģ♂ĜĝĞğĠ
♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀
Era xa o novo espertar
estaba aquí O MAÑÁ
2ª parte:
os tristes píos dos meus dous paxariños facíanme ver que algo pasaba entre eles. Eu limpáballe a gaiola cada día e cada día dáballes o alimento e a auga, pero xa ía un tempo que estaban picados. Fixen conxecturas a ese respecto e a natureza do mandarín australiano tal vez non fose compatible co natural das illas canarias, e así se vixiaban. Non sei tampouco por se un é macho e outro femia, o caso é que xa apareceron varios oviños chocos o que me dá a entender que do problema poden ser daí os tiros. Polo tamaño dos oviños eu diría que a femia e o canario, que ten ese corpo no que só caben ese tamaño de ovos. O mandarín é demasiado pequeno, e debe de facer de macho sen dúbida por outras moitas outras cousas. O caso é que o único que parece piar é el, e que a femia canaria, que cando era única trinaba que daba gusto, ficou case muda, cousa que atribuíamos á muda da pluma, pero que veu confirmar que si, que se volvera muda de súpeto, ou bota de menos a presencia constante do meu pai e os cariños que lle facía, coido que pode ser moi ben que note a súa ausencia, como a noto eu, como a nota a miña nai e a miña irmá, os meus outros irmáns e o resto da familia. Pode que tamén outro paxariño no paraíso do Señor, xente da que xa non quedan restos. Un móvese por aí e ve toda clase de persoas, alegres, tristes, feas, guapas, pequenas, altas, delgadas, gordas, silenciosas, ruidosas... e ve tamén case tocaios, cos que moi ben un podería pasar a vida sen máis outras complicacións. Un gusta de rodearse das persoas e ver nelas os anacos de espello no que se converte ou nos trozos que quedan ao romper. Máis alá diso un non levaría as pedichas, porque moi ben puidera quedar ese hábito que poderíamos dicir non é o máis desexable, anque por pedir non quede, e iríamos así polos pobos e cidades da Galiza lanzándonos contra as rompentes, escachando como as vagas nas praias, acariciando as copas das árbores no mesmo soplido que as move e sentíndonos outra vez na gloria do señor, anque esta noite non sopla nin unha brisa. Do fondo ven como un ruido musical que ás veces o vento achega ou alonxa, que a veces é inintelixible e ás veces se albiscan como verbas suxeridas, e que un as colle así tal como as veñen porqué de pequeno fixo votos de pobreza cunha María Celestial e Purísima que trata de rachar agora.
Tristeza
Yo, yo no quiero la luna, ni tampoco el oro de la abundancia, me llevo mal con ambos
Tampoco quiero seguir estudiándome como si fuera el primer hombre que lo hiciera o el último
Me gustan mucho las mujeres
Me gustan un montón
Y más me gustarían si empezasen una relación, ellas, por si mismas, haciendo ya caso omiso del viejo este de los caprichos con sus cuentos de sirenas que van a echarte a perder los sentidos
Si fueras más corredora (que no lo eres) lo sabrías apreciar en lo que vale
Si fueras más lenta tal vez necesitases trece años de noviazgo
Con consentimientos mutuos las suertes de las relaciones estarían echadas y uno no podría pedir más al cielo
Qué cosa viene al tiempo y se materializa y es algo nuevo?
Oh, reloxio, non marques as horas, que me vas enlouquecer:
E gústame mirar a velocidade das bicicletas, o seu ritmo monótono e áxil, as súas feituras, as insondables preguntas que levan nos seus radios, manillares, sillíns, cambios, nos seus neumáticos auxiliados por parches e pegamentos que che entregan a reviravolta da paisaxe de motu propia, teño que arranxar a miña e cismar unha aventura de kms. Entre eu só e a bicicleta. Entre o traballo e o descanso. Entre o poder e a gloria.
Entre o sabido e o consabido. Entre o discurso e o garabato. Entre o xeito de ser e o que non existe.
A choiva cae orballosa e aventanada, e as copas das árbores mécense cun lixeiro chasquido nas súas ramas. As sombras todavía non se disipan, e impera un gris airal, nubroso, propio de nubeiros e cronos. O que poidas facer hoxe non o deixes para mañá: e pola mañá teño que me achegar ao banco que me empresten 20 E para rematar o mes coa provisión de tabaco satisfeita pois todo se me esgotou. Quedan 7 días. Loxicamente, o mes que ven, pasareinas canutas, anque, bon, como estou costumado, supoño suplirei por calquera entretemento. Cara lá ía cando un auto se cruzou no meu camiño e case me parte as pernas. Atendeume unha señora moi amable que me levou ao piso e fíxome as primeiras curas, (era enfermeira) despois recomendoume que me atenderan as ambulancias que chegaran ao lugar do sinistro (unha moto arrasada por culpa dunha velocidade excesiva do auto e unha imprudencia por parte do das dúas rodas) o que non aceptei porque non pareceron despois tan profundas as feridas e cun pouco de mercromina no prazo dunha semana o pel xa estaría restaurado. Tamén saiu malparada a televisión que ía reparar no taller, anque era o de menos. O motorista estivo ingresado dúas semanas no hospital e despois tivo que ir a xuízo co do auto. A min non me reclamaron como testigo e non asistín. Xamais volvín saber nada do asunto, ata hoxe, que me veu á memoria tan nidiamente que non me cabe outro recurso que intentar plasmalo. A memoria, lugar do bo e do malo, lugar que existe somentes en nós, e coa que establecemos diariamente miles de millóns de tics que quedan compensados pola volta á rutina diaria, que se compensan con creces cando atopamos o segundo instante que repara o que tivera quedado insatisfeito, lugar de morada de amigos e inimigos, lugar comunmente insaciado, e insaciable, quedan miles de preguntas, ¿cómo é que o tempo muda? ¿cómo é que xira a roda? ¿cómo é que o tempo olvida? ¿cómo as cousas interesantes que nos rodean se perpetúan? Neuralxia. Deito na cama un pouco a causa do mareo e noto o perigo que acecha este sitio. Os refugallos da albada fan a consciencia que hai que levar o resto do día, e tamén sei que o meu sacrificio non será en vano. Que as horas que adique a este mester redundarán en beneficio propio, ¿quer dicir acaso que isto non resulta interesante? ¿Que o xusto ou inxusto non serán capaces de medir o que realmente vala? Nomporiso, nomporiso non nos facemos dano, nin tratamos de causarllo, a boa conta iso é o que nos ten, as realidades son distintas e a invención ten que se amparar dalgunha maneira que satisfaga as horas investidas na súa aprezación, que non é gloria nin respecto, tamén se di que
Fin da ponte;
O mareo pasou e o ceo ten xa outra claridade, anque non moita todavía; pola pinta vai estar nubrado todo o día. Faltan 3 minutos para as oito, e xa só me encontro a gusto co o ordenador prendido diante. O veneno que me calma tampouco me chegará para fin de mes, e como a miña predisposión de ánimo só consigue atrapar o que a súa inxesta me produce, deixarei pasar así 10 ou 15 días a ver se normalizo, e a sensación volve ser outra. Caricatus foi un poeta latino do século II a. C. que sempre recomendaba a paciencia e a tranquilidade para os arrautos, tamén recomendaba os paseos ao aire libre e visitas espaciosas aos lugares de recreo e lecer, e paseos serodios en lancha, barca, bote, nave ou buque en cánto tivéramos a menor oportunidade para elo. Xa sabía que o mar era o noso mellor amigo (faga como se non presentise o risco), e era marabilloso encontrarse así despois en terra, con todo en vértigo, non quererás ser esa horrible nai propia da imaxinación do fillo? Quererías ser nai se como fillo tiveras o que o fillo pode darche e ademais sentir o que sentías o que cómo exemplo de nena? Formada pero non feita todavía? Quero dicir, Eme, que se eu consentise, ou ti te dixeras a ti mesma que o que paga a pena ben pode ser tamén compartido, compartirías o que tes ou non saberíamos nada diso? Saberíamos acaso perder e gañar para un mesmo?
»Â¨©Ç»»»»»»»»
»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»
»»»»»
RICHARD BROWNE: We cats when assembled
1english part songs23
ÿ
”””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””
þþþþþþþþþþþþ
how many people there were
this makes for less work
OVIDIO NO TERCEIRO REICH
non peccat, quaecumque potest peccase negare,
solaque famosam culpa professa facit.
(amores, III, XIV)
amo a miña obra e aos meus fillos. Deus
é distante, difícil. As cousas pasan.
demasiado cerca os vellos abrevadeiros de sangue
a inocencia non é unha arma na terra.
aprendín unha cousa: non mirar
demasiado aos condeados. Eles, na súa esfera,
viven en extraña harmonía co divino
amor. Eu, na miña, celebro a música celeste.
GEOFFREY HILL (1932)
Fantasmas:
A alegría señorita ten só unha forma de comportarse, non é como a dos pobres, que se ten que ir adaptando. E isto, perigoso, porque a mecánica que a moldea pode romper en calquera momento con calquera tuerca. Humidade, óxido, corrosión, rompe un lugar da cadea e o edificio enteiro vense abaixo abatido polos mil disparos concienzudos dos que axiña quererán a túa morte. Habelos haylos. E, porén, o estudio das horas no que me embarquei vai pouquiño, téñenme xa abraiado con tal profusión de detalles que o meu cerebro aínda está feito un lío e non desaproveita a menor ocasión para o seu desfogue. E hai, hai contos que caen en saco roto, e hai contos que non, polo demais. Polo que a min respecta a altura á que un pode chegar non ven imposta polas drogas, nin polos coñecementos, senón polas preguntas que nos facemos.
Onte, día do Apóstolo, estiven sentado nunha das terrazas da Raíña tomando unha cervexa sen alcohol, distraído, marabillado diante dese espectáculo descomunal que forma a peregrinación nos adegaños da Basílica, pensanso quizais de onde procedía tanta xente, vendo, nesa diversidade cultural e étnica, un precedente aínda necesario, unha das bases do culto compostelán. Iso que permitía ver reunidos xuntos en paz e harmonía a xentes de tan diversos países era o que caracterizou a esta cidade durante séculos, e o que a sigue caracterizando. Alí ata min se achegou un home pequeno, albino, co ánimo de me realizar unha pequena enquisa. Parecíase a Cardenal en tránsito cara as súas fontes de repouso. As preguntas era sinxelas. De cinco respostas nun grupo de oito había que escoller a que máis gusto che dera. Entre esas présas que veñen ben para calquera negocio, o verbo señor canoso quedou co meu número de teléfono pra caso que necesitase un traductor ao galego do libro que pensaba publicar determinado escritor (do que non recordo o nome) nas vindeiras datas sobre o contido de frases con contido e que pegaran.
PABLO anda algo desarreigado
Pablo conseguiu atrapar a unha católica fervorosa crente que parece que o leva polo camiño recto
Hermi está descoñecido, moito máis intranquilo que o habitual
A Abdelalfatahh xa só lle quedan dous meses
Hussein toma agora as vacacións na segunda quincena de agosto
Pia sígueme fiando
O problema do xuíz creo descubrir cal é. Como teño o precedente da miña irmá, que non lle concederon a pensión polos máis insignificantes motivos, co que para principios do ano que ven intentaremos pedir unha axuda para coidadores de persoas enfermas, que xa nola negaron o ano anterior por defecto de forma (non entrou nos días hábiles que había para recorrer), e coa razón da nosa parte; o xuíz só ten dúas posibilidades, negarma ou aceptarma. Como o precedente da miña irmá conta que aqueles motivos que alegaba ela non eran válidos por causa de non ter máis ca un 35% de minusvalía, e eu tendo alcanzado o 65% o dereito xa o concede, co mínimo de anos traballados e por ser considerada a enfermidade como un accidente (ou acaso son eu o culpable de ter a enfermidade?)... O caso é que o xuíz debe estar buscando unha excusa, pois van alá xa 17 meses dende a demanda, e, como comprenderán, un xuíz non pode basear a xustificación dunha negativa (en caso de que o sexa) no tempo investido en toparse con algunha lei ou articulillo que invalide o que se xustifica como xusta exposición dos feitos tal e como transcorreron sen que haxa proba en contra algunha.
A historia non é diferente porque alguén diga este é máis importante que aquel ou aquel sexa máis importante que este. A historia continua pondo en solfa o Sistema de Caridade Público e toda esa maraña de intereses ocultos que o mantén.
Miserias. Miserias. Miserias. Miserias. Miserias. Miserias.
Nai da honradez. Despois marchei, cara abaixo, cara Correos, entre o refugallo do lixo aínda non limpo (a folga tivera á cidade unha semana en vilo) e cun cheiro superapestoso, que había tempo se tiña ido. Ese cheiro nauseabundo da vasura aínda apalpaba as ventaniñas do meu naso, e poderíamos dicir como Quevedo: os cheiros me casaran comigo mesmo. A ciencia de non poder explicarme certas cousas, viñeren estas de onde viñeren, as cousas sobre as que tiña experiencia, parecían, pois, as máis convintes de traballar, onde un podería atopar o prezo máis xusto, o equilibrio entre as luces e as sombras que ben puideran estar agora debaténdose en cruel lide, sen sabelo, ou quizais sabendo que hai cousas máis importantes, tomar estas pola nosa ventura, e deixar o espírito do fauno cariacontecido, supoño que brillantemente.
As pingas da choiva no alféizar da fiestra:
De pó es e ao pó retornarás, becho vivinte. A túa Nai e o teu Pai tíñante entón como a Alegría Reina en toda besta viva Raíña dos nosos días: Francine Gálvez. Tíñate eu, só, fermosísima beldade negra, uns ollos clarísimos, dunha profundidade branca case pura, ser o Tempo no que tiñas convertido a miña vida, que te miraba fascinado mentres as bágoas me corrían. Ti te estabas rindo. O xúbilo no meu corazón non cabía dentro. E eras tan distante. O aroma da cera me pecha na miña habitación e os meus ollos xa non poden ver outra cousa. Estaba pensando en terte en imaxes. Aquí, xogando co ordenador, podería sacar algún proveito da reedición do culto, e que mellor que alguén guapo, lugar do exótico, facéndome recomendacións sobre todo disto ou daquelo. Si, así sería posible a disciplina militar na busca dunha descuberta en tanto mar por inexplorar, e quedaría contento, pois os praceres da carne virían envoltos en papel celofán, métodos precisos para que o doloroso se afaste, lugarcomeprima de todo bo xoglar.
EIQUÍ AGÁRDO-TE
(Todavía me sintes a vergoña ao falar)
& Ï
Oh reloxio, ¿porqué marcas as horas?
¿Porqué os días de pasar teñen nestes folios o seu equivalente?
¿Porqué aínda sabendo que a morte nos avantaxará sacamos forzas das fraquezas e construímos sempre cousas fermosas?
Ilustración
va ga bun dos
do aire terra
tíñamos rematado co uso de todas as drogas “legais” coñecidas e agora só cabía
A MANUTENCIÓNlonxe de aqueles programas de reinserción que nos fixeron a vida imposible
un atopa no seu propio control tempo as formas máis variadas de axuda e non necesita daquelas terapias emocionais de choque que tantas desgrazas supuxeron
a disciplina na cura é como a universal panacea e sabe máis a conto chino
con isto non quero dar entender que se calquera encontra nos dominios do “Patriarca” bondades suficientes como plantexarse unha forma de vida alternativa eu non faría o papel de malo e o desaconsellaría, por deus bendito, cada quen chegou a un punto no que a axuda aparece da forma máis variopinta e por distintos e diferentes canles que non convén desutilizar, poriso todo ten que plantexarse dende a óptica que a cada un lle interesa, non pola fama que teña ou alcance certa preferencia sobre outra
e ese gran carnaval no que nos temos convertido non nos pinte como monos aos que haxa que ver no circo
Isto trata de se converter nun texto de lectura. As modas correntes costumados a ver tal vez poñan pegas a xeito tan particular, ou as propias leis de mercado (que eu non utilizo) poñan a un no sitio, aprazándoo para novos concursos ou sabe deus qué. Como coas regras sempre tivemos problemas, isto trátase de parecerse o menos posible a elas, e trata tamén de adquirir os réditos que sen dúbida lle corresponden.
Finalmente os de abaixo non deberan estar ,mandándonos, senón os capacitados para elo; grazas a iso moitos dos problemas de entendemento que instalaron ao noso redor, como se nós, ou o que teñamos conseguido ou saibamos, fósemos os causantes do que de certo só eles son os culpables.
Ese enquistamento que se produxera a razón dos símbolos do poder, dannos agora de certo o real, a dinámica da que se xera a nosa industria e a que a ampara, estando xa convencidos que os outros gobernos que existiron, nunca fixeron nada neste senso.
Tamén grazas a tamaño despropósito pasamos a nosa parte de culpa, estado ao que nos remitimos para saber con claridade que o que agora ocorre dimana dese xeito de ver diferente que se instalou no país.
Dende Ampuries a Fisterra e dende o Cabo Machichaco á Gomera os nosos ollos asisten
deslumados pola presenza auténtica dun auténtico poder, co que se pode dialogar, co que se pode ofrecer unha imaxe digna de nós mesmos e co que empezamos sintonizar (exhaustos dos pormenores que nos tiñan abatidos en cuestións tan prioritarias como o existir).
Dicía alqueloutro goberno que as teorías que manexaba eran o máis granado das élites mundiais,e que resumían sempre nun: encontrarás quen te mande, ou, o mundo se ve mellor dende a persepectiva do mando, cousa que xa se veu abaixo porque os moi ladinos só gobernaban no ingobernable; é dicir, sobre aquelo que non podería mostrar a súa disconfomidade co que trouxeran (fora isto da natureza que fora). Vivíamos o “seu” milagre, e, claro, o milagre só pode enxendrar milagre, que será todo o bonito que queiran, pero non sirve para encher o estómago.
Seguramente moitos proxectos ficaron exhaustivamente aparcados debido a que simplemente en España gobernaba ese partido, que, deixara claro, nos ía tratar como se fósemos as tropas dun exército pensando en conquistar o que non había por ningunha parte, salvo na casa, e poriso as pesecucións se centraron en saber qué tiña o veciño e alardear depois de sabido que se coñecía e que un poriso era superior. As mensaxes deste tipo inzaron a vida pública española de cabo a mar e de mar adentro e era dificilísimo non atopar a alguén “tocado” por esa característica especial que teñen os gobernos que basean a súa administración na contra dos seus propios administrados, anque estes sexan
dende hai case un cuarto de século os máis lexítimos representantes dese poder, que habería, según esa lóxica, de “pervertir” para lograr que as élites que se encumiaban grazas aos seus triunfos electorais, obtiveran o respaldo necesario para seguir consecuentemente con esa burda política. Desapareceron moitas cousas da escena política española, da noite á mañá, e unha das que máis chama a atención é a ausencia da voz do pobo en todos os espectáculos creativos feitos ao respecto. Estas formas acultaradas do mass media trataban de influenciar na gran masa receptora o que só a ela lle interesaba, que non era nin moitos menos o que interesaba, nin tan sequera o que podería interesar. Aquelas construccións creativas deseñadas co propósito de sentar a un ao vértigo estulto da situación fácil e relambida, levou por autobuses e taxis, por aceiras e bares, a un exército de rompedores dos discursos, ou das palabras, que nos facían sentir tan inútiles como se tamén non falásemos. Porque foi así: dicían que tiñan a resposta para todo, e que nada escapaba a tan fino oído, tan fino, que un xemido podería ser tomado como unha declaración de guerra e un insulto na forma máis bela de entenderse mutuamente.
siseando a media voz pola campiña:
éramos tantos os que nos sentíamos insatisfeitos con que a voz da nosa experiencia se perdese ou fose tomada como unha insignificancia que os gritos de: Acebes!, Acebes! pretenderon gobernarnos aínda despois de morto (ou coas súas funcións prescritas, o que nos deixou quedar mal sempre con incluso aqueles que amábamos. Ti dis agora que as palabras non foron a maiores, que nunca se sobrepasou o límite expreso do formal, ti detrás do teu seto mentres eu pasaba diante acorréndome, como se o teu seto e máis eu fósemos de todo punto incongruentes, seguindo a política de Custer: primeiro matar e despois preguntar, cousa que de seguida nos fixo ver que o que vostede en realidade quería era o facer patente a súa superioridade da maneira máis grotesca que advertise. En realidade o que quería é ter razón anque a razón non estivera da súa parte, ou estivera tan lonxe do que significa, que calquera discusión era válida para manter o conflicto vivo e esporear así aos que sen pudor dicía obedecer: para algo eran os putos amos. E vostede co amo non se levou nunca mal. E así foi como quixo extrapolar a súa situación persoal ao maior ámbito do social, onde as respostas tiñan que vir decantadamente daquela parte da sociedade que non ía aceptar de ningún modo que o seu estilo de vida imperase no que era con moito mellor liberdade. Ás claras estas cousas vense porque agora as xentes perderon ese modo-vixianza.alerta que tiñan respecto das posturas máis agresivas e violentas do único mando central e axéitanse con toda présa ás novas condicións de se sobrentender, que queda dito, o que de seguro só pode conducir a unha situación hipotética: que as xentes se vexan como partícipes do encantamento xeral (as xentes, e non o único), que de seguro abrirá moitas máis portas das que peche.
Unha tarefa así lle corresponde na historia cronolóxica do Tempo a un partido que naceu con ese claro propósito, e que tivo sempre entre os seus predicados o de culminar o cultivo desa sensibilidade con máis ou menos acertos, pero coa salvidade da súa existencia. Un non estaría contento se non advertise tamén que a forma de explotación da nación é diametralmente oposta aos anteriores exgobernantes, e que iso tense que notar claramente máis tarde ou máis cedo, o que non nos deixa de admirar, e de intentar achaar o camiño, para que, os sendeiros de diante non rematen outra vez en parte algunha, senón en zonas de melloramento tecnolóxico e creativo, que xa levan anos e anos así manifestándose.
Non os choraremos, pois, entre os seus máis altos méritos tiñan o de crer que ían resultar ser os mellores paladíns da causa relixiosa, un punto e aparte que merece máis dunha explicación. É ben sabido que a Relixión Católica é unha das máis Corruptas do Mundo, que tratar de meternos en pleno desenvolvemento postindustrial o reclamo das santas vontades de pedra nun mundo que se movía a pasos axigantados cara a perda de todo coñecemento relixioso, só podía obedecer a dúas razóns: unha (a que foi sempre a clase divisoria entre igrexa e home; e dúas (unha falsa interpretación da moral co que tíñamos que compartir os esforzos). Isto dou lugar a unha ceiba de sentementos moi contradictorios sobre o que éramos, fomos, ou puidéramos ser, sen saltarnos, claro está, as divisións do traballo establecidas a tal efecto.
Somos logo o que somos despois de ter pasado por esa amarga experiencia, que non conduciu a nada, salvo a meter ás xentes nas escaleiras, a modo de saúdo e de información. Máis adiante ata estas formas que responderon nerviosas a estes primeiros avisos dos exgobernantes anteriores tiveron que percatarse de que esa política só conseguiría desfacernos en base a posturas mantidas sen ningún tipo de discrección nos postulados máis aberrantes e indiscutibles, o que equivalía a sentenciarnos como pobo. Berraron poriso sedición, crendo que o medo actuaría ao seu favor e lles outorgara o que doutra forma non conseguían. E así foi ata que, paradoxas do destino, un temor maior mudou todo de maneira irrevocable de forma catastrófica que nos mantén agora nese impáss que o horror produxo pero sen a maledicencia coa que estábamos costumados a chocar. Os retos poden ser eses de aquí en diante, e poida que moitas das solucións ás posibles fontes de conflicto na España nacida nos 60 do século pasado, non teña máis remedio que acudir a esa óptica importada de países islámicos para facernos entender que aínda estamos xuntos. Que a algarabía democrática de institucións e representantes non se perdeu nese ámbito ciscunscrito á península e que mira tamén con contundencia nos outros países que poidan contribuir de algunha maneira ao noso desenvolvemento, tarefa nunca acabada que ten que medir ben o convinte e o inconvinte, e nos facer sentir a nós como se fósemos parte desa empresa conxunta, da que nos tiñan apartado. Esa causa común de todos se desenvolvería de moitas maneiras e terían como nexo a pertenza a un país normalizado, culto, ao que todavía lle quedaran etapas por ir enchendo, etapas que cumprimentar para as que sempre estaríamos dispostos. Por aí van vir os tiros.
Poriso desexamos volver camiñar no senso do inacabado como forma de dar co acabable, que será o que conforme a paisaxe que vexamos de aquí a 30 anos.
Que será o que nos faga sentir o seguir sendo activos.
Elementos todos estes que Eme Lúas vai traer consigo ao matrimonio:
A espléndida beleza que demostraba cada día era digna de gabanza, e a min escapábanseme os piropos de cando en vez porque non había xeito humano de controlarse.
Os desexos podían máis que as realidades, e os soños, unha vez producido o enfrontamento visual, reclamaba sempre algo máis, que ás veces un podía dar, outras non.
PPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPP
te amo
te amo
te amo
as cousas que podería dicirche
corren de présa na vaga do meu lume
e se consumen
e se consumen
Eu, Rochamor, puro sangue, corcel, galopante e galopador inimigo do daniño e perxudicial, dos abusos deshonestos, de todo tipo de autoridade, de desatinos insensatos e macabras ensoñacións,
case nadie, un nó na rama do bambú
certa cantidade de polen na pata da abella
un tornillo sideral
unha rá
píntega
ou cariacontecida vaca,
son tamén dono do abrigo que levo enriba, unha estrela fixa na noite da miña mirada
un cortexo de vagalumes arredor dunha nocturna fogueira
un sinal deixado nun toxo para indicar o sendeiro da carreira campo a través
un número chino inventado hai milenios que dorme agazapado xunto as demais pertenzas do emperador,
Rochamor d´Illa Soli
descendente de francos merovinxios pertencentes á Casa Ur
fieles conservadores das tradicións orais pasadas de pais a fillos e de fillos a netos sobre os misterios que nos foron revelados
agardamos tamén o tempo oportuno no que as cousas da vida sexan doutro modo
lacaios
señores
poder
iluminamos as nosas conciencias con todo o que recibimos do coñecemento para salvagardar este
e as formas nas que siga ensinando os valores sempiternos
da xustiza
e verdade
e das súas inspiracións máis altas
corno de boi
beche dunha cabra
pinza dun centolo
árbore na paisaxe
casa feita
é a nosa misión para os séculos
Eme Lúas encargaríase das súas Ciencias
¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸ as distancias a recorrer anque pareza que teñan aumentado en realidade diminuiron, e un só xa anda polas cercanías que é onde se atopa todo o que durante tempo buscou, mirando aquí e alá por calquera detalle que nos pase desapercibido nunha rápida ollada para tentar saber máis do que temos diante dos ollos, e ao que non lle solemos dar importancia
é así como non se me escapa unha casa no outeiro ou un pavillón de deportes ou como me aprezo do moito que cambiou Santiago cara todas as súas lindes
e é así como o meu espazo – tempo se reconverte tranquilamente nese novo ollar que estaba aquí pretiño
e cando o cazador encontre o sangue que busca saberá ser o máis prudente e o máis ousado, terá que mirar para as cousas feitas como se foran non foran del
como a presa encontra neses novos espazos vitais correspondencia
e como un trata de desentrañala
Mari Lú é case como unha brisa de aire
estudiosa, caprichosa, ousada, valerosa, destemida, síntese fermosa, sensitiva, psicologalizada, empresa, nai, compañeira, parella, amiga, compinche e nova protagonista na historia, capitana, lúcida, voluntariosa, apaixoada, reflexiona, agnóstica, válida, propaganda e panfleto, responsable, davidosa, amante, querida, lúdica, traballadora, ama de casa, dependiente, sempre do sexto sentido, visiblemente representada en todos os ámbitos do planeta, perseguida, maltratada, abusada, vexada, treicioada, mal pagada, un segundo plano, explotación sexual, traballos máis duros, roces continuos con outras conciencias, rupturas, voluptuosidade, desavenencias, a educación dos fillos, o cumprimento de todas as regras da maternidade, o demérito, a culpabilidade, as enfermidades, as íntimas loitas, espellos crueis, dogma, maniqueismo, moralidade, representatividade, as que sempre arranxan calquera problemiña, locuacidade, universalismo, empírica, metafísica
Eme Mimo Fillo da Rapaza:
e xa con todo feito, agardaron a vinda dos avós, que estaban ao caer esta tarde. Os avós, que nunca se foran por aí, que sempre se quedaran de auxilio, só pendentes de os axudar, os avós, despareceran.
A primera sensación foi deixalo estar, non se sabía moi ben que ocorrera, e non querían molestar a ninguén. Pero, aos tres días, os avós paternos non daban rastro de vida. ¿A onde foran? ¿Porque non falaran con nadie? Chamouse á policía que puxo en marcha de seguida un grupo de rastreo. Comezaron polos lugares que frecuentaban, polas rúas e parques aos que solían ir, pero nada. Cando a búsqueda ía rematar sendo infructuosa un veciño do lugar de Barciela, merodeando polo río, veu dous corpos colgados dunhas pólas, nun lugar moi escondido. Si, eran os avós, case en descomposición, os que se aforcaran. Seguiron buscando, nas súas roupas, na súa casa, unhas notas, cartas ou algo que delatasen porqué o tiñan feito, pero non encontraron nada, salvo os dous corpos balanceándose sobre o río como dicindo. Os nenos choraron aquel día por primeira vez e dende aquela xamais volveron facerse preguntas.
ARREDORDUN estaba o inomeable, a veces ata o impensable, tamén aquelas cousas que acaían de sorpresa, o feito anterior, o camiño que había que abrir diante. O esforzo de derrubar a muralla e abrir brecha pola que penetrar. Todo isto bailaba no aire. Un arrauto excepcional que moveu todos os piares da nai patria. Heille preguntar ao meu técnico en ordenadores se deixalo prendido e deixar que se apague só ou ir apagando cada vez que nos sintamos incómodos con el, heillle preguntar se resulta pouco caro. Ou se resulta caro vivir como un quere vivir. Rodeado das cousas que quere. Con cariño e amor.
A=N³-L*2/ [(4abc+¾²/µ7)*(±4444, 579*a7b-a/b)]
os réditos obtidos a través desta fórmula matemática equivalían ao que gastases no mes + a suma de posibilidaes de gastar máis, a conta de que un tiña montada a economía en función do que me pagaban, non do que pensaba cobrar
as onerosas imaxes redundantes da catástrofe case eran antónimas da miña persoa, e as caracterizaban un aspecto de repulsión nunca visto ata este entón
quero dicir que me acordaba cando vivía entre o millo e a pataca, os porcos e a parroquia, e aquela vida tan saudable, trae como unha inspiración que nestes aires insáns e polucionados, che sirve para ir desfilando detrás de cada un sen que se che caia a alma aos pés
a atmósfera de “the piper of the gates of down” encetan cun festival de sons en astronomy domine que en lucifer sam se volve rematadamente escuro abríndose ao final cunha especie de salmos (caricaturas salmódicas) renacendo de novo a luz en Matilda Mother, o incendio de Flaming, conseguindo unha chamada de inmaculada perfección sobre o que desexamos, un baile metódico sobre o que nos pulsa, sobre o que nos induce a elevarnos: a alegría, e a viaxe interplanetaria continúa con Pow R. Toch, Take up thy Sthetoscope and walk, Interstellar overdrive, The Gnome,, Chapter 24, Scarecrown e Bike, para cabalgar entre estrela e estrela á velocidade da roda (o mellor invento da historia) cucos no arame da foresta gorxeando as súas palabras de amor, mentres os palleiros se ían levantando, ou o millo caía un tras un detrás das mans expertas e incansables do labrego, as mans aceleradas na recolleita da pataca cheas de callos que arrincaban cunha forza medida a cada momento o recurso básico por excelencia, aos poucos estar xogando ao fútbol co mesmo entusiasmo que o dun gran estadio, 7 ou 8 rapaces, ás veces cadraba en impar a selección e tiña un equipo un xogador máis que outro, que equilibrábamos facendo unha mestura entre os que xogaban mellor ou peor repartíndose por unha ou outra metade; o mellor de todo era que non había árbitro, e que as faltas eran pilladas en situ e discutidas polos xogadores de ambos equipos e por algún que pillase andando na eira que se metía así nos entresixos do noso crecemento, bo, só era cousa nosa, e como pequenos gonomos actúabamos seguindo os instintos racionais da nosa pequena e verde raza (algúns din que son roxos). Alá no en tanto a medra era rápida, non se vaia vostede pensar. Un día tíñamos 6 anos e ao día seguinte tíñamos 15. O que non se tiña ben se sabe. Pero a veces podíamos comprar un bocata de queixo con anchoas ou ir polas fincas da Barcia roubar algunhas mazás ou peras.
Down
Eficacia que levamos sempre posta
De día a noite o altar era maior na paisaxe que nos muros pechados dos monumentos artísticos espallados aquí e acolá que nos facían sentir pequechos vivindo o anterior
As paredes da igrexa admitían só un rigor
A paisaxe era veraz, e o único inconvinte que tiña é que era solitaria
É dicir, a igrexa era un montón de homes e mulleres
A paisaxe era un espazo inmenso no que collía de todo, salvo a noción de sentir a homes e mulleres unidos
Ou quizais esa unión que se dá entre casas alonxadas unhas das outras tendo en base a piña do casal
Tendo en conta tamén que o fabril contaba con numerosísimas explotacións minifundadas e moi contaminantes, non é de extrañar que agora a única política que se poida seguir a resultas da sobrexplotación e oligopolio dos nosos avós sexan as industrias pouco contaminantes e respectuosas co medio e con nós mesmos
As excepcións que confirman a regra veñen parar outra vez a Pink Floyd: ummagumma
Astronomy domine. Careful with that axe, Eugene. Set the controls for the heart of the sun. A sacerful of secrets. Sysyphus part 1. Sysyphus part 2. Sysyphus part 3. Sysyphus part 4. Grantchester meadows. Several species of shall furay animals gathered together in a cave and groovins with a pict. The narrow way part 1......
As partes das fábricas maís contaminantes e perxudiciais para a saúde foron as primeiras en caer
Porque non tiñan xustificación
Caerán tamén os trust que incumpran os requisitos polos que nos medimos todos e polos que nos damos unha seveira educación
E quizais un se vexa xa como o que é
E non haxa ningunha outra maneira de mirar atrás ou adiante
Ou hai outra forma de volver atrás}
Y tu puňetera forma de entender la vida
A min me dixeran que así como un o vía non estaba mal, pero que nada mal, que había cousas, maría purísima, moito máis penosas, e que facer un mesmo os traballos era unha cousa dignísima, e só necesitaba uns mínimos apoios, que, no esencial, equivalía ao que che ía soster de por sempre, supoño, non poriso, exento das obrigas respectivas cos demais
Non me quero pór agora nun pedestal non sen antes explicar que o acontecido na miña vida foi consecuencia de dramáticas situacións debidas, e, que, resolvelas, formou parte sempre da utilidade do meu ser
Unha intensa vida que lle debo aos meus pais foi foron os únicos capaces de prestarme apoio verdadeiro, e todo o que necesitase, para que, un día, o que soñara, fose real, e fose o único que lle tivese que agradecer ao resto da humanidade
Non habería inmoralidade maior se agora o deixase
Nin tampouco ficaría a miña conciencia limpa
É agora o que se me ocorre facer e sei que non hai ningunha lei que mo impida
Iso xa botou a andar
Xa non é cuestión de sorte
En calquera noite sen Lúa se poden observar uns catro ou cinco meteoros por hora, pero as choivas meteoríticas ofrecen un espectáculo moito maior.
Cando un cometa emerxe das profundidades xeadas do espazo e se adentra no sistema solar interno, o Sol empeza quentar a súa superficie. Parte da códia xeada se converte de golpe en vapor que de inmediato se ve apartado da superficie cometaria pola radiación solar e forma un rastro de xeo, pó e graos de silicatos. Cando a Terra atravesa esta corrente de refugallos, as partículas se queiman na atmósfera e dan lugar a unha choiva de meteoros.
3ª parte:
todavía me dixeron: ben, totiño
a terapia mental que levas a cabo dá por fin os seus apetecibles froitos
e o ánimo volve reinar no noso espírito como se fose unha peza material da súa engranaxe
aí onde vemos que o reflexo só forma parte doutro reflexo que ven dun outro reflexo...
ata a dialéctica reinante
eu son comasí ti es comasá os demais soncomoson
e todo o mundo é diferente
migraña
as razóns obvias de porque te pos enfermo veñen dadas explicitamente polo que sana
así, sen prexuizo das accións legais oportunas, un está máis enfermo canto máis sana está a sociedade
tamén poderíamos dicir que a nosa apetencia polo traballo diario é proporcional ao gusto que encontramos no que facemos facéndoo como o facemos, e non doutra forma
Llorlli!: as casas de Alabama son suculentas, están inchadas de tesouros.
¡Corten!
As casas de Xeorxia son fabulosas e estupendas pero a min todavía non me invitou nadie pasar alí uns días con elas
Hai por aquí unha historia que circula contando que un dos Andrade, non sei se o dos xabaríns e os lobos, intentando un día ter tanto poder como o monarca, atreveuse proporlle un reto: o de mirar e comprobar se houber lugar á dúbida cál dos dous tiña máis limpa a conciencia. O monarca estivo de acordo despois de rirse del asegurándolle que non había invento na terra capaz de medir esas cousas. Andrade non chistou e marchou, e regresou ao cabo de quince anos, encontrándose ambos no salón do trono, congratulándose de que ningún tivese perecido. Cando o monarca ía responder ao saúdo de Andrade cunha escueta salutación, este fíxolle o recordo daquel reto que o monarca lembrou ao instante. Si, caro amigo, moitas veces lle estiven dando voltas á cabeza sobre iso de podela ter limpa. Acaso a Súa Maxestade non a ten limpa? ¿Tela ti, acaso, Andrade? Andrade quedou como pensando un momento, que respectou o monarca, e dixo: Recordaría a Nosa Maxestade ter algo na conciecia se acaso eu non lle houbese feito aquel reto? Pero iso non nos dirá cál das dúas é máis limpa. Por suposto. Hai riba noso alguén máis poderoso que ambos que ten el somentes esa potestade. ¿Porqué me acordas do Altísimo neste momento?? Porqué non habería de acordarse de quen dos dous seguro se acorda...
Salomé ofreceulle neste momento a cabeza de Xohán nunha bandexa ao gobernador de Xudea, e este supuxo que se facía un ben ao aceptarlla. Mais ben ocorreu que ELA estaría tentada por todo o que este mundo lle dá, neste mesmo preciso momento, no que se acorda de todo o que ten, e do que irá facendo co que gañe, incluso se minte, incluso se para dicir verdade ten que usar da vulgar mentira, incluso do que non estea obrigada facer, ou o que non lle corresponde, ou o que non está ao alcance das súas posibilidades, ou se está ou non está preparada, ou tamén incluso os pasos que hai que dar para que o que se eleve por riba da moral imposta faga o seu cometido, se as accións ou os actos non responden a nada, se todo é puro inventismo e o lóxico é pensar que estamos a anos-luz e baixo outras esferas que radicalmente imposibilitan que o esforzo que un fai para manterse cuerdo non hai diñeiro na terra que o pague, e que estamos moi lonxe desas disciplinas
así faría ata te sacar todos eses zumes tan repelentes, eu son o ánodo, ti es o cátodo, toda a forza interpretativa viría sobre o mecanismo que induce aos dous polos atraerse, polo que, ti como ti, e eu como eu, teríamos esa cousa de parte do que chaman liberdade como se fose un seguro
a lei da voltaxe indica ademais que ao existir unha primaria fonte de enerxía, o interruptor que podería manipular calquera dos dous, tería a función de administrar o esgotamento e o de repór as forzas perdidas
esta lei, común na electricidade, só é un dos aportes básicos que proporcionou a toda clase de relación mantida por dúas forzas contrarias, máis intensa canto máis fora a amperaxe
a bobina, inductora, envolvería o caos de materia física que lanzaría aos corpos a unha atracción permañente logo de compensar os déficits de resitencia cunha maior intensidade
e tería que facernos feliz ¡se deus non o remedia! porque estes principios rexen agora xa en todas partes
dende a punta dun bolígrafo
ata a polinización da planta
dende o adminículo que se pon como cumio en calquera mesquita
ata a fibela do cinto que te abrocha os pantalóns
dende os fracasos que colleitaches
ata os éxitos
repítete
άέήίΰαβγδεζηθικλμνξοπρςστυφχψωϊϋόύώ
4ª Parte:
Cando nas nubes hai tormenta/ sole tamén habela no peito;
mais nunca hai calma nel, ainda cando/ a calma reine en terra e ceo;
/ porque é entón cando torvos cal nunca
/ riñen os seus pensamentos
/ desbórdanse os ríos se engrosan a súa corrente
/os múltiples regatos que dos montes baixan;
/ e cando das penas o caudal abondoso
/ se aumenta cos males perennes e as ansias,
/ ¿cómo conter, cómo, no labio a queixa?
/ ¿cómo non desbordarse a cólera na alma?
/ Busca e anhela o sosego...,
/ mais... ¿quen lle sosegará?
/ Co que soña esperto,
/ dormido volve soñar;
/ que hoxe, como onte e mañá
/ cal hoxe no seu eterno afán
/ de achar o ben que ambiciona
/ -cando só atopa o mal-
/ sempre a soñar condeado
/ nunca pode sosegar.
Nunca, nunca poderei sosegar, estarei sempre condeado aos soños e aos soños converterse en realidades
Buscas cear para mañá
La Madre Patria Gallega
Le ponemos una Bailey?
Qué le ponemos al señor?
Unha azafata en prácticas de voo transnacional illas Hébridas-Nova Zembla
O duque de Enghien solicitou falar con Bonaparte. ¡Desexaba algunha cousa del! E non foi escoitado. ¿Quen foi o que dende o borde das obras fortificadas contemplaba no fondo daquel foxo as armas e os soldados, apenas iluminados por unha lanterna en medio das néboas e das sombras dunha noite eterna? ¿Onde estaba colocado o farol? ¿Tiña o duque de Enghien aberta a sepultura aos seus pés? ¿Foi obrigado tal vez saltala para pórse aos seis pasos mencionados polo duque de Rovigo? ¿É certo que se lle negou un sacerdote á víctima? ¿É verdade que só con moito traballo puido achar a unha persoa que se encargara de levar a unha muller a última prenda do seu amor?
Da historia da revolución rusa teño unha anécdota curiosa: eu merquei un libro titulado A Revolución Rusa escrito por Edward H. Card, que pensaba ler en canto tivera tempo, para iso o merquei, claro; pero, despois de varios intentos, nunca lle collía o fío, así que fun deixándoa, ata que hoxe me acordou. Non se pode falar de sorpresa ou algo polo estilo pero non só atopei A Revolución Rusa senón que atopei dous tomos: o mesmo, o 2.
Foi así como soñamos co advenemento da IIIª República, como soñamos e vivimos, pensando que, quizais, non estea tan lonxe como nola poñen. Se seguimos navegando polos seus arrabais poderemos vela máis nidiamente, de espaldas a esta tolería monárquica de Reino e Comunidades, Principado, Condado, Nacionalidades, Rexións, e Cidades Autónomas.
Tamén alí onde nada se encontra ¿porqué non vai estar o que busco?
Qué o impide?
Qué impide ver as cousas doutro xeito a como comunmente as vemos?
¡Dime ti onde prosiguen os meus pensamentos!
Ils convoitent la haine, au lieu de la rancune
STÉPHANE MALLARMÉ
Nada hai tan puro como o odio que verque esta fonte como dorada bilis e onde hai miles de flores saíndo da enredadeira cruel da nada, miles de tremantes lilas como mil mentiras. Eu son alguén que minte na tarde rubí nos ollos do sapo e espera que forme a cazata de cervos na noite. Porque o que son eu só o sabe o verso que vai morrer nos teus labios como o rincho que dá fin á caza.
LEOPOLDO MARÍA PANERO (PEDRA NEGRA OU DO TREMAR) [1992]
Era facilísimo falar de nada, do que sabías facer, do que tiñas aprendido por aí, das cousas que che gustaban, das molestias, das pegadas que deixaras nos camiños e das avalanchas, tamén do insecto, dos mecánicos chistes, dos grados de inclinación da carretilla eléctrica, do peso do meublé, da encargada de turno, das corridas de touros, da salvación do planeta, de como os ritmos estelares inflúen en cada un dunha maneira especial e privadísima, de como o mesmo movemento era teoría, había un porqué para que che gustaran as rapazas? de laiovento, de xerais, de galaxia, tal vez un día a aposta que facemos nos saia ben, qué poderían pór entón na nosa contra? qué non categoría alcanzamos? qué verbo dito?
As nubes do sábado non traen tristeza. As nubes do sábado non traen pesares. As nubes do sábado non traen penurias.
Traen alegres voces mozalbetas mostrándose os rulos e as peinetas.
Traen cancionciñas alegres de tasca e servilleta.
As nubes escuras do sábado non traen nin tan sequera choiva. Traen as meniñas dos teus ollos a ver se saes e o meu corpo agardando para os teus chistes.
As nubes do sábado sonche eléctricas que enchufan a luz para mellor velas.
Que din que é cego quen non apalpa todos teus sentidos e máis as salvas.
Que din ser prezo da túa tenrura, seino ben eu –bolboreta pura.
As Ferramentas:
Non íamos deixar o traballo sen explicar os utensilios que utilizamos para confeccionar o invento, que poden ser descritos como modos aos que apelamos para cubrir o déficit de imaxinación que observamos onde estamos, e que pode ser explicado polo pouco uso que fixemos os nativos dos nosos recursos propios, aos que consideramos diferentes por un clarísimo defecto de forma; a primeira das armas á que acudimos para defendernos despois do dano causado pola inclinación enferma do uso do significado, exponnos a unha clara fonte de radiación, que nos converte en heroes regordetes e simpaticóns, defendibles co Noso. Do que carecemos xa sabemos, pero do que podemos recabar, non. Poriso, Porque nos situamos no punto de equilibrio no que as cousas se ven como se inclinan a un lado ou outro, gardamos de certo as máis elementais precaucións con quen nos reserva o feito de chegar ser nós os mesmos, alá por arriba non hai nadie, a vida é desconsoladora, as accións verbas rematan por aburrir e non se pode extrapolar unha situación a outra. Miramos agora pola rendixa mirando quen ven. Se é ou non do noso agrado. Se o queremos ou non. Bon, eu non serei o parvo que diga que isto está mal, nin tampouco me atreverei dar unha alternativa á cómo levar a nosa vida diaria sen saltarse as normas non escritas. Para min que todo está ben. O que sempre foi pechado así nolo confirma. Ese aspecto cualitativo da nosa persoa-pobo non remata por romper. Cóstanos expresarnos. Convivir. Chegar a outro e ademais nadie nos di cómo podemos ser mellores. Como romper ese tabú. Cóstanos un ovo de Colón poder aseverar que o noso ovo é por nós. Non, vai por nós. É el o que debe o que representa. É el o que ten que velar porque ese pacto non se rompa. A nosa ignominia ven de que non sabemos quen rompe os pactos. Os nosos medios materiais non están en función de defender o que temos en común, senón na imaxe privada (e sesgada) que o triunfador nos reserva. Porque en boca dos triunfadores deixamos de existir como pobo. A única proposición que vamos recibir da boca e lingua do victorio é da gabanza de si mesmo. E nós desapareceremos como pobo. Como un conxunto de normas non escritas que nos caracteriza por igual e nos fai a vida máis fácil, dende o Courel a Vilagarcía, dende Ribadeo á Garda. Perdemos potencial cando a lingua está en mans dun deses pobo-traficantes e non nas mans dun defensor nato. E así parece que nos ten ido.
5ª parte
1
Eme Lúas está perfectamente casada, pero según me conta, as súas imaxinativas terapias para deixar o nocivo do matrimonio, empálmanme a min, que, sen comelo nin bebelo, véxome branco das súas asechanzas de muller, e claro, o puti-clube máis cercano custa 40 E cada media hora, a ocorrencia de desprazarse, e despois non rematar contándollo, o que deixaría sen efecto a causa pola que aínda nos alegramos un pouquiño. Eu era Lancelot do Lago e estaba no medio da ponte que conducía a Camelot, sen ter nin puñeteira idea do que me agardaba. Tiña oído falar de Artur, e do xuizoso e talántico do seu Goberno e conselleiros. Non era Artur quen me reclamaba. Eran eses honrados cabaleiros que se impuxeran así mesmos a tarefa de gobernar o Reino seguindo aos actos xustos e á sabiduría. E eu necesitaba esa misión. Noutros lugares eu como cabaleiro tiña necesitado o apoio que a Mesa Redonda ofrecía e non por elo deixara a un lado as miñas promesas. Esta era persoal. A única forma de sermes útil. E de seres útil. A miña vida ía nelo.
Eme Lúas era moi valente, e moi señorita. Xa casa non lle importaba (ou iso daba entender) que o que un pensase delo fose ou non fose o adecuado. Iso podería vir de que xa tiña o marido agarrado, como se sole dicir, e onde hai fabas... pero máis poriso non deixaba de ser menos interesante. Tiña unha media meleniña loira lacia e uns ollos picaróns producto supoño da paixón, que a impulsaba seguir xogos cada vez máis atrevidos. Un observábaa e non podía dar creto a como a rapaza que sempre veu nela se facía ata co control da situación e o manexaba como lle petaba. O seu sorriso ía agora de orella a orella. Os xogos de habitación parecían ser dos máis sutís practicados ata agora, e ela non daba facilmente o brazo a torcer, fora a boa escola, e iso se notaba.
O canuto abrira paso á heroína e a heroína traía (tralla) a coca (e todo isto era moi caro) había que actuar con coidado, se queríamos romper os tabús levantados a todo o seu arredor
dun as cousas parecían ires recompóndose non xa sen tempo e só faltaban unas arranxiños finais. O toque coquetón vislumaba a caricia das amigas entrevistas nos pasos de peóns, nos cruces dos camiños, topadas en calquera rúa, olladas no bar, a veces máis que palabras... que prendían nun amor extinto e apagado os doces xugos das paixóns por completo esquecidos
dinusiña, nesta silla me paparás enteiriño, sen que un só fío se escape, antes de me botar a perder de novo, sen que as palabras avesas da torcida, volvan incorrer no grave desacato cometido contra á túa moralidade
que xa sabe un máis de vello que de mozo
e os golpes que a vida nos depare
estarían en función de desentrañar as raíces e o pouso do noso Amor
querido Dylan:
encontrei unha voz agradable en Alanis. Viña de escoitar a Jewell e o doce sabor de boca que me deixara foi interrompido pola perda da fortuna que drasticamente rematou o noso noivádego por razóns maiúsculas, pero todavía conservo varias citas do intelecto, e a música sigue convencéndome, e me arrastra pola sonoridade temporal do espazo reducido a claves musicais de harmonía e comprendo adecuar os efectos (bos) que me producen co resabido que é o ter sempre a mesma visión diante dos ollos. Así me permito escapar.
Quizais vendo o sosego dos cipreses e os álamos arredor do lugar onde repousan os restos de meu pai me traia esa maior tranquilidade que me daría mellor visión e máis certeira punteiría. Que a observar non me gaña nadie. Observo isto. Observo aquelo. E se me aquelo é polo novidoso do asunto, que, anque fai anos que está composto, aínda observo detalles que podería definir como “insatisfeitos”, volvendo a caer unha e outra vez na tentación de sabelos todos a pés xuntiñas, loable parella, así tamén me ocorre con Pink Floyd, ou con Triana, o jazz, o minimalismo e toda obra creativa que invoque unha máxica autoridade para seguir sendo, de certo, o máxico.
ººººººººººººººººººººº
a muchacha loira mirábame con bos ollos
estaba no bar radiante
¡raios e centellas!
Chamcha-Saladin qué clase... os países das Ribeiras do Golfo son riquísimos a 50º C de temperatura o asfalto das autovías que van de bagdad a omán está recubertos de partículas refrescantes que impiden o requencemento dos neumáticos e a máxima comodidade á comunidade propietaria de camelos en familia “O grito de Alá”, aleluias en réquiems en branco, chilabas bordadas en finísimas sedas e haréns fidelísimos, onde a sharía só se aplica no capaz de rebelarse, viva acción dende Haffa a Cachemira, dende as sureñas estepas siberianas á embocadura do Índico- Chamcha que cae dun avión nas páxinas iniciais de Rushdie, que traducirei gustoso porque ¡todo iso se nos ven enriba!, Chamcha que non vóa como Ícaro e ten un Supremo Afán Destructivo como Causa
Inxustificable – Occidente
Mañá Mesmo
nós damos serodios paseos polos xardíns e a egolatría dos sultáns non coñece límites
conseguiron sementar a semente da discordia baixo falsos pretextos de colonialismo
e atesouraron un odio abisal
do que emerxe todo o Orbe
-contando tamén coa retirada das Forzas de Ocupación Norteamericanas e Inglesas-
o síndrome Islám
o síndrome católico-protestante
paisaxes para unha posible escapatoria:
Xa non mana a fonte, esgotouse o manancial;
xa o viaxeiro alí nunca vai a súa sede apagar.
Xa non brota a herba, nin florece o narciso,
nin nos aires esparexen a súa fragancia os lirios.
Só o cauce areoso da seca corrente
lle lembra ao sedento o horror da morte.
¡Mais non importa!; ao lonxe outro regato murmura
onde humildes violetas o espazo perfuman.
E dun sabugo a ramaxe, ao mirarse nas ondas,
ende en torno da auga a súa fresquísima sombra.
O sedento viaxeiro que o camiño atravesa,
humida os labios na linfa serea
do regato que a árbore coas súas pólas sombrea,
e ditoso se olvida da fonte xa seca.
Que ao mirarse mundo e home, home e mundo, só se encontran, só hai este espazo inmenso para sentirse, e os ceos non importan, nin importa o musgo, nin cómo as flores brotan; nin importa que te queira ou non me queiras, o especial é sentirse; e este mundo ingrato que todo o pena, non sabe por onde saírse, e quizais sexan negros pesares, ou mañás en sombra; quizais nos veña a Terra toda enriba reclamar un lugar no limbo, e non valan de nada ninfas nin sílfides, fadas ou gnomos, música e tristura, só soñando, vida perfecta para a Resurrección na Catacumba. Vostede sabe que a paciencia é un dobre-mérito, que este planeta indelicado ten que aprender de novo agardar por algo, que a cura que ofrece é insegura, e que a inseguridade aumenta cada vez que transcorren os minutos, algo ilóxico, si se ten en conta o nivel de desenvolvemento alcanzado, e de que non hai segunda volta, que a civilización está nun punto culminante da súa Historia, e val agocharse, ¿porque o mundo non me entende?
Arabia
J
o segundo seguinte tal vez non exista nunca
(anónimo)
iso cre el (ou ela) quizais inspirado por un vento redentor capaz de ampararnos (pensándoo ben) ou tal vez buscando un dano maior (levado tamén) por unha inspiración a boleo de cómo deberan ser as cousas neste puto mundo (faceta dunha humilde moralidade que impide empresas maiores) e maior desinterese (e unha anguria-fobia) propia de toda mente case diciplinada na busca da ausencia e do indoloro (motivo polo que suicidou Kurt Cobain) (chamado Johnny Rotten) into de blue –cabaleiro universal tirado ao seu antollo nas miasmas do infrahumano (teas de araña símbolos dos cazadores máis violentos que a Terra dou) notados tamén neste notabre paraíso, cos recursos semiexplotados, coas bandeiras-cruzadas, a inexistencia dun poder central que organice de novo as aspiracións máis significativas do noso Benestar Común (se é que existe) (e non é un plan de pensións actualmente actualizado que contan esbourará no 2015) (conte cunha financiación privada para esas datas) nós (perdoando usar o vostedes como se fose o meu eu) quereríamos crer que os que máis tiveran máis pagaran (que iso sería xusto porque atendería ás necesidades doutras persoas e sería ata pagable) coido establecido un senso perverso na vida pública-privada que non atende a estas razóns (e que busca, someramente, dar máis ao que máis ten, e menos ao que menos)
[...]
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
pirixel colorado
e candil sonnolento
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
o ermitaño se durme.
se durme
a princesa, se durme,
¡o mesmo conto!
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
****
¿Qué rumbo siguen as estrelas e porque nós as vemos?
¿Qué rumbo siguen os planetas e porque nós o somos?
***********
can:
entre os nosos paisanos deu lugar a moitas crenzas entre as que se contan a de ter por certo que cando ouvea é que venta ou agoira a morte dalgún veciño do lugar que estea doente; o feito de supór de bo agoiro a súa aparición nocturna como can branco ou, o contrario, como funesta si se presenta como can negro; a de crer eficaces os procedementos empíricos para curar a mordedela do can doente, e a de dar por segura a existencia quimérica do can de mar ou urco. Por contra, consideran moi axeitada a lingua de can para a curación de feridas e poriso deixan que estas sexan lambidas por el a fin de que cicatricen máis pronto.
A potencia de destrucción dun buque como o Prince of Wales equivalería a deixar en ruínas 10 campos de fútbol completos (bon, isto nunca se mediu) Calculando que o Marqués de la Ensenada cargaba sobre 100 proxectís de munición o poder de devastación dun buque moderno é dun tamaño inimaxinable
Como a consolación non ten prezo, debemos de pensar que será moi difícl que ese poder se use para tamaño propósito
¿Cómo os destas Terras somos máis pensativos que o resto das Españas e cómo somos de pensativos? ¿Somos consecuencia directa do pensamento máis superficial do resto e vértebra da súa columna ou somos algo esgazado acurrunchado neste curruncho que vai por libre? ¿Cómo somos de libres abocados ser máis pensativos que os demais e en que maneira esa liberdade nos permite ser aínda máis pensativos? ¿Somos bos ou malos pensadores? ¿Os nosos pensamentos tradúcense en bens materiais que nos fagan máis levadeira a existencia ou somos austeros porque somos pensadores? ¿E porqué un viño de barril non ha ter uns excelentes pensamentos comparables ao old whisky escocés? ¿Somos como os escoceses, galeses, irlandeses, bretóns? Isto é chiste pero xa podíamos estar batizados como ESGAIRBRE, porto malecón celta dos nosos buques antepasados e as súas escalas, que viñan de regreso case na mesma era de tempo? ¿Poriso somos pensadores? ¿Porque tíñamos un amor en cada porto? ¿Somos ademais axeitables, reformados, laboriosos e insignificantes xemas da xoia en bruto? Enfrontámonos a ostentóns, grupo caníbal terrorífico que se come ás súas propias crias. ¿Somos da altura do pensamento que merecemos? ¿Hai algunha forma de romper esas barreiras? ¿O grupo maioritario demográfico en materias globulares inclinouse algunha vez cara calquera disquisición que plantexara a riqueza de medios e usos compartidos na tarefa exacta da que nos fai renegados? E se foi así ¿cómo non nos enteramos? ¿Temos chegado ao punto no que non queremos saber nada máis de nós e porén só estamos conformes con nós mesmos? As xentes doutras Terras explican con rotundidade, se quer, o factor que o domina nese momento. É algo que induce pensar que o rotatorio de tan preguiceira maneira de pensamento mantén viva a roda da noria que nos consigue apagar a sede, ademais de cultivar os campos. Pero, se somos pensadores, ¿para que nos fai falta unha noria?
Extrañas ensoñacións recordábanme gota a gota máis extrañas todavía teorías ou lendas sobre a marcha do Paraíso Perdido e eu non me podía crer que estivera nese trance, despois de gañarme a pulso o pan que comía con monstros máis terroríficos que os detallados polo autor do Divino Sainete. Entre curas anxos e demos o país se atopaba onde se atopaba, é dicir, non máis alto.
Ridiculizados ata o escarnio público, as autoridades deste país foron protagonistas dun espectáculo bochornoso que impregnou de escándalos diarios a vida nacional que foi tomada a broma (máis baixo non puideches caer, Herodes). Non nunca Máis.
Nunca máis volveremos saber das túas feitorías. Fican gamberros que cren ter todavía idea de política pensando que a súa única utilidade é a de inflamar o tecido empresarial na vez de concienciarse en adquirir hábitos de traballo distintivos e lóxicos que corresponderían co tempo adicado xa ao labor ou á súa permanente transformación nun Ben Común. O afastador cre superar a tesitura institucional levando a cabo unha tarefa de desgaste que lle proporciona unha cohartada para practicar con saña o disgusto, do que, se non está mal informado, non ten culpa nadie, a menos que demostren o contrario. E menos o goberno, por suposto. Son eses señores demodé que incitan cordialmente ao divertimento dende os seus púlpitos de bispos tomando sempre como añagaza a visión particular do “maldito” asunto. Entre o que hai debaixo da faldra de medio país e o que iso bota fóra, España está coxa, porque a particularidade que esgrimía para sentirse veterana queda ventilada por dúas frases de alcahueta que nos despachan directamente cara outra cousa deferente. Loubado sexa quen estas palabras escoite porque así saberá que a Historia non ten Fin, a pesares deses señores demodé que puxeron ata punto e final a iso.
�
Os cans abandonados á súa sorte ladraban no alto do outeiro as bágoas que os homes non podían botar; parecían magoados, e os seus oubeos eran lastimeiros, como si se deran conta de que perdían algo que antes tiñan e que agora botaban en falta. ¿Qué era? ¿Onde se tiña ido? ¿A onde nos conducirían os seus avisos e os seus traumas? Nos salóns ridículos das casas fetén de chuchipendi estaba claro que non nos botaban de menos. Os cans parecían presentilo. Os cans, máis cerca dos homes que os homes mesmos, sentíano. Non era como circular pola AP-9 cara Vigo e tomar alí un café, facer o negocio e esconderse. Os cans parecían diciren retos cuánticos de relatividade no espazo vital que os posuía. Xa non había cans sen donos. Os cans de palleiro desapareceron todos. Eses mamarrachos agresivos que se crían ata por riba de ti, acusaban tamén o gran golpe mediático, o que puxera nas 625 liñas a un número determinado de “neoburgueses acomodados” donos intrínsecos dos seus petos que utilizaban o diñeiro que tiñan para aparentar unha forma de goberno, sobre os que nada tiñan, sobre os que nunca ían ter nada, baixo uns aspectos alucinatorios psicofónicos que empregaba a voz no mesmo momento no que era dita para facer palpable ese dominio, que, nun país que se dou a se mesmo unhas liberdades para ser usadas como mellor nos conviñeran, levábannos directamente á guasa ou a guata de lamé desas alegres floreciñas. Os cans, facendo uso do seu libre albedrío, ergueran ao meu redor unha lenda misteriosa que envolvía os meus pensamentos e case os meus cabais. Non podería dicir con exactitude se o meu pensamento pertencíalles ou me pertencía. Pero eu entrevía neses lacónicos ladros un ánimo superior por desembarazarse do caciquil e do führértico, que aniñaran nestes andurriais porque eran un bo caldo de cultivo para o bruto e o, simplemente, abandonado. ¿En qué cona de sitio se acordaban de ti, memo? ¿Poderías dicilo dalgún lugar da Terra? ¿Porqué eses neoconservadores ideolóxicos despois de nos vender a súa esperanza daban marcha atrás e nos acribillaban a tortazos? ¿Porqué nos cuspes, neno? ¿Qué demos te fixemos? A clase de cera que taponou os teus oídos non permitía xa escoitar os berros agudos da dor da humanidade enferma, pero co médico do hospital ías de amigo, fardabas de que o coñecías e de que a túa relación coa sociedade era perfecta. Claro, nós non podíamos participar das túas risas cos teus amigos porque os teus amigos e máis ti en pleno ataque de risa sacabas o revólver e o sangue que saía pola sen era causa de risa maior, da que un, como morto, xa non... Ti... ¿Escoitas ou non escoitas o ladro da humanidade? ¡Ládrache a ti!
O porquiño valente:
Meu amigo Teis tivo unha avóa, unha sóa, a que sempre ía visitar alá Á Muiña, porque aprendera querela, e tamén escoitala. E a avóa do meu amigo Teis non era unha avóa calquera. Polo pronto, viaxou, estivo en Cuba, Arxentina, Brasil e finalmente na Coruña, na cas dos fillos primoxénitos que a coidaron ata que pereceron nun accidente de coche. Teis foi a única familia que estaba preto, e que podía coidala, pois todos os demais tamén se foron polo mundo adiante facer as súas vidas, incluídos os pais de Teis, que o deixaran ao cargo dunha Tenda de Música. E coa avóa. A avóa tiña un porquiño. Un porquiño que mercara en Amio porque a compaña do seu neto non enchía todo ese tempo que permañecía sóa, e a alguén había que coidar, para sachar na pequena horta que tiña a casa á que foi parar non tiña o corpo predisposto, moitos achaques, e coidaba do bácoro, 4 meses e engordando, nun pequeno curruncho da parte de atrás. Teis tamén quería ao porco, que era un animal moi dócil e se deixaba acariñar, e non moi suxo, debido sen dúbida, a que o espazo no que o tiñan, era fácil de limpar e así o facían. Un día a avóa levou o porco á cidade, atado dunha correa e recén aseadiño. Camiñou tres leguas, pois o conductor do autobús non a deixou subir, e fíxoo con presteza, pois aos 10 minutos xa camiñaba polo centro da alameda baixo as miradas suspicaces dos demais viandantes, e dalgún que outro taco solto e dunha advertencia por parte dos municipais. Ela o vira na tele. Na tele había unha baronesa ou unha duquesa que tamén tiña un gorrino como animal de compaña e o levaba a saraos e festas e as grandes fortunas do sur non se escandalizaban. Despois de dar dúas ou tres voltas ao paseo, sentou nun banco descansar mentres deixaba que o porco andivera ás súas anchas entre a xente tendo coidado de non perdelo de vista. Xa se sabe que os guarros son moi despistados e en canto lles dás manga ancha cruzan ata o canal da mancha. Pero neste caso non. O porco estaba ben adestrado, e iso nun marrano se valora. Á fin, ao cabo de media hora de estar alí pendente do animal e disfrutando coas pombas, Teis, na Muiña, botou faltar á súa avóa. As primeiras chamadas foron á policía e a garda civil, que puxeron deseguida varias patrullas ao deber e deron aviso a todas as garnicións das próximas comarcas, por moi lonxe non debería andar, ademais de estar vella, e facer tempo que non se movía da casa, na que xa pensaba chegar á súa derradeira morada. E o móviles e os teléfonos non se paraban de preguntar ónde, ónde podía ter ido unha vella e un porquiño, que tamén Teis botou faltar. Mentres, Leila, estaba na alameda, e xa escurecía, e non tiña ningunha gaña de se mover de alí. Cos primeiros trebóns dunha noite que ameazaba máis que chuzos, Leila ficou dormida cos paxariños como compaña e o seu tenro porquiño, que ía e viña, fozaba aquí e acolá, tiráballe da saia, en fin, o que solen facer eses animaliños cando son convertidos ao título de animais de compaña. Non, non espertou. Os transeúntes, os poucos que ficaban, xa nin lle prestaban atención ao porco, metidos nas súas présas de sempre a aquelas horas nas que por alí andaban. Mentres Teis, seguía por outra parte. ¿Cómo ían supór que se morrera na cidade? ¿Que fóra alí reunirse con Aquel que está no Alto e que sempre foi o noso mellor compañeiro?. Non, Teis, e a policía e a garda civil buscaban polos montes, polos regos, polos prados e xa tiñan explorado palmo a palmo ata dez kms. á redonda. Xa medianoite, un borracho que tampouco tiña sitio onde durmir, ao parecer, tocouna no ombro, e ao ver que non se movía, zarandeouna para ver se espabilaba. Pero, ante o seu asombro, caeu do banco ao chan en apenas unha décima de segundo, tempo no que puido pensar: está morta. Sen saber moi ben qué facer (iso contoullo máis tarde a Teis) emitíu un brevísimo e ridículo grito de socorro. Era improbable que nadie o escoitase. Despois fixouse no porco, que quedara quedo aos pés da súa ama e amiga e que non quería moverse. Tal vez o porco doulle a impresión ao mendigo de que aquela señora debía ser alguén importante, e que tal vez recibiría unha gratificación se el se impuña o título de respecto cara a defunta. Así que non o pensou moito. Agardando que outro antes non fixera o mesmo, foise buscar a unha autoridade, que estaba aparcada alí diante do Franco e á que referíu con detalle, unha e outra vez, despois, tamén en comisaría, como dera con tan fatal descubrimento. Unha vez enterado Teis, acudiu presto ao hospital onde xa a tiñan depositado. En agradecemento ao favor recibido, regaloulle ao mendigo o porco, que tamén fora requisado pola policía local. Xamsi, dixo chamarse así, preguntouse qué diaños ía el facer cun porquiño, pero a Teis xa non lle interesou. Só despois de pensalo moito accedeu telo no mesmo lugar no que o tiña a avóa, e que despois, cando o cebaran ben cebado e fora destinado á matanza, xa se podía facer cargo del. Xamsi ía cada día (non ficaba lonxe) ver cómo estaba o seu porquiño, e este, que curioso, tamén se fixo pronto amigo del. Teis necesitaba a alguén que coidara da casa, pois a Tenda de Música leváballe todo o resto do tempo, así que Xamsi comezou por facer pequenas tarefas aquí e acolá e despois xa lle facía de fámulo. Sacouse da bebida por un tempo e quixo ser un home de negocios, polo que plantexou a venda do animal e co capital mercar dous máis pequenos, ou tres, engordalos, e vendelos de novo. O mercado do porco estaba moi acaparado, e el só o podería facer con aquela xente que ía coñecendo de traballar na casa de Teis e que tiñan algunha relación con el. Así o fixo, e en dous anos, que se levaron ben, o mendigo Xamsi xa tiña uns aforros, ademais de lle ter valido de consolo a Teis e servido para ter limpa e aseada a súa casa. Pero Xamsi non era de aquí, e como todo o mundo sabe, as persoas como el son cús inquedos, e así foi como un día desapareceu, cos aforros de dous anos de traballo ben pagado, os rendementos da súa pequena industria que tivera o beneplácito de Teis, e outros aforros máis grandes e avultados, os do propio Teis, que descubrira un día por casualidade e que romperon toda a forza daquel encanto. Poristo, e por outras moitas cousas, din as xentes non fiarse de ninguén, a sabendas.
A literatura galega, en qué escalón está? A quén lle pertence? É o mesmo módico prezo que en todas partes? Os seus lectores, ¿son ou non son especiais? ¿E qué producto requiren? ¿Sabería un atinar no gusto de miles e miles de lectores? ¿Ata qué punto iso é posible? Eisme enfrontado á morte, sen un triste testigo, coa romaría desfilando por diante da miña casa pedindo.... pedindo... favores... á Virxe... Estas cousas de sempre... Un dixera para si mesmo que a anguria producida no facer ou non facer, a resposta se decantaba sempre polo facer. E que aquelo que retrasaba o teu desenvolvemento vivindo a conta túa como a rémora do tabeirón, podía satisfacer as dúas caras da mesma moeda: a utilidade da rémora e a utilidade do tabeirón. ¿Poderían vivir unha sen outra o outro sen un? Tamén, aludindo a Kant: o sobrehumano supón un esforzo encomiable, non exento de perigos, aos que habería que domesticar. Na liberdade, tamén nas formas humanas que a representan, as ligazóns co Tempo adscrito á tarefa de desenvolver un programa de goberno contan cunha axuda exemplar na Libre Creación, e que iso, recoñecido de facto, non mudará un ápice do que teña que ocorrer.
Ui, púxenme nervioso sen saber por qué...
Eu con ese que acaba de mentar trátome de aplicar a teoría simplificadora da parella estable, non é certo, é pura comenencia, todo o que se diga (se hai alguén –que haberá- que se lle ocorra dicir que entre meu e seu non aplico tamén as regras básicas do cristianismo, que poña a man no lume, pois, ese complemento da vida que é a amizade, ben vale, esa tamaña complicidade) será a mantenta, pois o seu uso indebido non nos alegrará moito. As táboas ás que se pode agarrar un son moi escasas e un ben precioso, poriso o coidado que un obsequia a todos os que isto lean, será boa parte da aventura que lles espere, unha forma de lidiar todavía co anverso e unha teoría única sobre como un se fai impotente. Amable para todos. Exento de perigosidade. A conciencia limpa.
Rochamor abstívose así de lea, e mandouna a paseo
Os lugares do meu recreo volveron aparecer como se me estiveran agardando dende sempre
Apetitos sonámbulos
funambulismo
caminhar pola linha recta sem dar un traspes
a máquina é inmune
recordo ter visto nas páxinas do “El Víbora” un aparello do que se dispuña así: el sentaba a un lado con todo preparado para funcionar; ela sentaba no outro aberta. Apretaban un botón é...
avisadas
os derrames cerebrais producidos pola visión do irte sen que nadie actúe causan tanto dano como o de eme lúas buscando noivo
Tiraches o Nou Camp abaixo. Agora que te ature Rita!
Grazas a que a televisiôn permite revalorizar o que un considera de interese xeral , salvámonos asíi das escravitudes diarias e permañecemos atentos ás nosas pantallas
E L I x i r d´ a m o u r
6ª parte:
o que corresponde coa utilidade non sabería dicir se está na pura profesionalidade ou no puro invento. Supoño que cadanseu terá que apañarse como poida. A miña muller protesta. Hoxe non sacounadaenlimpo. Case monxa pórtase moi ben ultimamente comigo, sobre todo porque non lle insisto niso que ela considerou relativamente fácil cando o fixo por primeira vez, e ao que agora é renuente. Máis aló de toda explicación razoable, ela afirma ter razón, xa non somos nenos e non debemos xogar. E así volveuse máis incómoda, máis difícil de tolerar, pero, bon, como é a “paca”.
Vinme saír en ambulancia tal día como hoxe nun verán de hai quince anos, quince, e lembro vagamente como o hospital quedaba máis preto que a casa, e que ao andado dende aquela póñolle un mérito notabre, que satisfán poucas cousas; unha, a pura e llana investigación.
Como afeccionado á física as reaccións que se poidan dar neste eido serán suculentas contratas a tempo parcial e fixo que revertan no beneficio de ambos
poriso a medida das cousas debe impólas un mesmo
porque ninguén che fará ese traballo
Así o meu Graal é evidente
Esa tarefa pode resultar entretida ata o fin dos días
Como os vagalumes estelares que me proporcionan aínda información sobre cómo o mundo evoluciona, as garantías e o aval quedan dende este instante subscriptas
Vin a Marianne Faithfull paseando o outro día por Santiago. Lanceille un bico cando non me vía e fun tras ela polo Campo das Estrelas. Nunca quixen facer dano. O primeiro experimento deste tipo foi teorizado pola miña persoa, e case acabei víctima de min mesmo. O Proxecto Home é dunha formación tan elitista que as recomendacións nese sentido non surtiron efecto. Tampouco surtíu efecto a alteración de todos os meus plans de progreso por parte da máis modélica fábrica da redonda, cousa que non sei se lle agradecer ou suplicar. Tamén alí, na gran teoría conspirativa do mundo fun un don nadie, e púidenme recoller a tempo sen caer na viva tentación de marcharme a outros mundos. Gary Cooper así o fixera en Adeus ás Armas. Bebo quintais de auga mineral, dúas cervexas sen alcohol e dous vasos de ron, aparte de dous cafés diarios, un unha taza, non me sinto un anxo caído, despois do desterro, ata o Libro de Buen Amor me parece recomendable, me parece tamén unha prolongación da Nosa Historia polos medios dos que dispuñamos, e que ese labor vai ser loable, Saladín ameazará dende onde se agoche esa palpable evidencia, o pasado non é un bo refuxio,
Dor de cabeza, dor de móas, lixivias, virutas, cal, retellar, trabes de castaño, o afumado dos chourizos, o goloso coitelo do matachín, ensaltación patria, primeiras comunións, vodas, banquetes e batizos,
Hai unha camada de jatos aí no prado...
Me acaban de montar una escena
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
i a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no povo descanso.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
i as estrelas reparto.
Estou cos sófridores,
vivo cos desherdados.
Pelexo contra a noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso:
Dille aos meus irmaus da Terra
que é moi triste o País dos Ananos.
Esta lingua, que é tan cruel, maliciosa e eibada, é tamén a Lingua que queremos, a que máis nos custa, GUERRILLEIRO CURTO, PRESENTE!, toma invasión alieníxena, esas perlas de Praia Cristina que non se sacan nin cando o calor chega aos 40º, como se fosen poderosos conxeadores, amigas de todo o mundo, preparádevos, que difícil resultou incluír esta perífrase verbal no medio da nada, acudide a min, pirañas do Amazonas, soltai a pasta! Rápido! Criminais gambusinos sen tela que perder asexan ata última pescuda: os raviolis
Qué pouco me gusta a pasta italiana! Só tolero os canelóns, os fideos e os macarróns... tamén
vale, hai boas persoas
como todo o día me tratan de contar a verdade, supoño non tela oído
cada vez máis baixo, máis baixiño se fai camiño
tal vez estea aquí ese recambio poderoso que todos necesitamos
me quedei sen aire
my girl
my bad girl
my crazy girl
Jimmy Hendrix que estás nos ceos
Hai anos escoitaba en todas partes o mesmo consonte que o mundo de hoxe usa para agruparse, idéntico, non varía en nada o que, de pequeno, pensaba como debían ser as cousas, como debían de levarse, como había de sufrilas
Un pensaba que facer diñeiro fácil non era un bo camiño, e se consideraba un corredor de fondo cunha meta que alcanzar, pasados xa as enfermizas e delirantes versións da vida que se viñan ofrecendo como modelos a seguir
Un agardaba
Que caeran todas esas variables
Hai Mortadelo
—
Vista de la habitación de Agrado Por cuarenta mil pesetas de las de antes, al mes, no se puede pedir más
Columnas del Pallau
Acabo de morrer
7ª parte:
Existe vida despois da morte.
Falan das nosas particularidades con tanto descaro que parecen non ter nin puta idea do que falan.
Imagine?
Igualiño que nos roios eses entre ángel cristo y... victoria vera?
picaches?
A parvada tontería nacional é tan exhultante que se olvida a tontas y a Y los picapiedras se baban delante del espejito repitiendo lo estúpidas que hemos sido al dejar el pueblo por la gran urbe
Todavía
Cuando as meniñas tolas –dicía o refraneiro-, recuperan a cordura, máis vale estar lonxe
Estes pichas bravas que as consinten o que queren
Bogar á bolina
indiscrecións
tamén a vida de fulaniño/a en solfa
¿Quen me engana na noite, e oubea
pedíndome que saia, que saia á rúa e camiñe,
e corra, e atravese as rúas como can rabioso
as rúas desertas en que sempre é de noite,
buscando loucamente o baccarrá na noite?
¿Quen me esperta, qué femia mortal ou paxaro, para dicirme
que aínda vivo, que aínda desexo, que teño
todavía que imprimir un último enderezo aos meus ollos
para buscar o baccarrá na noite?
¿Qué uñas escarban a miña vellez, e qué man que non perdoa
tortura a miña moneca, conducíndome
como a un lugar seguro, ao baccarrá na noite?
¿Qué man de nai, qué oración susurran
lúa tras lúa os labios da lúa
gritando no medio da rúa a sóas
descubríndome na aceira, denunciando a todos
o meu testamento secreto, o meu pavor e o meu medo
sen descanso de encontrarme, non sei se hoxe quizais, tal vez mañá, xogando
xa para sempre ao baccarrá na noite?
Vin ao nazi tratar de xustificar seu crime. Non vexo
problemas en tratar de defender a un narco.
Os dous teñen o mesmo número de iates.
Que ben oles! O recendo do teu sexo xa chega a min e o desexo inflama, pero aínda teño que agardar, Keto, anque as ansias me consuman, todavía non estás disposta, xa dixer eu de iren mar adentro e comezar sortear as sirtes e facer caso omiso do aviso das outras sireas, o tempo xoga, e ti non estás a man, estás dabondo lonxe aínda, gústame entreterme así, imaxinando unha escena na que nos puidéramos abrazar, un bo terreo gaño, e que non se che fora a sonrisa nin a intelixenxia a motivos nos que eu non tivera prudencia ao considerar que as posibilidades que estou soñando, non se vaian ao traste aínda antes de comezar; tamén diría dos acompañantes indiscretos ser eles a chanza e os burlados, a for de saber que, nas motivacións que un busca caben perfectamente os mesmos motivos dos seus particulares disgustos; así serea o día.
With at help of the my littles friends
8ª parte:
Hai moitos tipos de delictos, tan repetidos que nin nos damos conta, que acaban sempre coa aquela famosa frase da lei: a falta o único que consigue é perxudicarte a ti mesmo. Non poriso o abandonamos, nin deixamos de recorrer a el cando, por ocultas razóns, o necesitamos.
A moralidade (moi poderosa nestes tempos) escóndenos tantas cousas como cousas precisamos para vivir.
Non se trata de xustificar a inmoralidade, pero o talento (outra moeda) ás veces recorre tamén (propóndoseo ou incosncientemente) á hora de xustificar un fin.
E, según a lei, as cousas só se moven si se move a lei.
Para mover a lei hai que ter constancia de que existe (física e intelectualmente), e ser consciente, supoño, dos riscos que iso supón, supoño.
Esas incomodidades ás que nos envían se nos pillan in fragranti teñen o dobre aliciente do prohibido, a veces, suficiente motivo como para non pensar en máis nada.
Por consella terapéutica ineludible á miña investigación sobre todas as enfermidades posibles e a miña en particular, a man esquerda resolve tirar para diante e sexa o que deus queira que sexa, que, volvo supoñer, é dabondo.
O que non me incapacita para seguir abordando o tema dende os ángulos que me sirvan.
Noite
Estrelas amestradas.
Circo azul.
Dona Lúa sorrí
(Salomé centenaria).
Venus ten un penacho
de plumas.
Area de néboa.
Lámpara de soños.
Cabaliños luceiros
van e veñen
salpicando rocío
e luz de amencer.
¡Oh corazón meu,
corazón con áas,
dá o teu salto mortal
sobre o arco da noite!
R.E.M: da nada ven o vougo como do vougo ven a nada e as avionetas planean e hai pizpiretas rapazas loiras propias para o Amor e luces de cores brillan no meu coraz'on algu'en me amarga e do meu amargor sae o meu coraz'on brillan estrelas no meu coraz'on
britishbattleship U.S.S NAVY
concert´s for the strings strong´s
harpas e violonchelos
a miña máquina de matar
docemente as horas pasan
e pasan as horas e docemente pasan
e pasan as horas pasando pasan
e pasan
fábricas, homes, inventos e taifas
pasa o zéxel e o endecasílabo
o romance e o épico
e pasan as horas da tarde pasan
pasan as horas da noite pasan
e veñen os días os días
e veñen os días todos os días
veñen os días veñen
e á hora de ver o final
os días pasan pasan os días
e nunca se ve o final
B-52
Texto referido á Presunción de Inocencia e aos Malos Hábitos de Pensamento:
(Encontrado na Casa de Contratación do Arquivo de Indias de Sevilla oculto tras un remesa de papeis novos e cuxo autor se descoñece, baixo o epígrafe B-52, escrito na marxe esquerda con rótulo roxo, algo decolorado pola gran presenza de auga que chorreaba naquel ricncón)(como se fose sangue –resumían algúns testigos presenciais, e outros moitos, que dicían telo visto antes, ou que lle acordaba velo aí pero ao que non lle emprestaron atención)
Durante 15 anos non vimos a TVG porque estaba claramente identificada con todo o que era malo para o noso pobo
Durante 15 longuísimos anos non puidemos deixar de asistir a ese constante atropelo por parte “deses” que se dicían “as nosas autoridades” sen que os esforzos para levantar a alma que nos caía aos pés fosen vistos como “o seu problema”, non o noso. Nós xa sabíamos que estábamos condeados a sufrir. A maldición ven dende Adán e Eva, pero o que do que non podíamos mentalizarnos era de que os que se dicían o noso goberno traballasen para nós vendo claramente que era o contrario, demostrándoo todos os santos días, con pelos e sinais. E o que parece máis escándaloso, que o día que entregan o goberno fixeran alusións a seguir maltratándonos como se para eles nada ocorrese en realidade, como se isto non fose o Soño longamente esperado e a culminación en parte de todos os Nosos Desexos.
O hórreo-tecido do PP asubía en seguida, é o primeiro que se lle ocorre, como se estiveran saídos de nai e non houbese na Terra nada capaz de facelos volver ao redil, tratándonos de ameazar con guerras descalificantes e faltas de respecto continuos á nosa persoalidade, que, a pesares de tela amado tanto, porén desprezan. E como a outra Nai Patria está ocupada noutros asuntos, como non resolvamos aquí o que nos pertence por dignidade, eses “feros corvos do Xallas” voarán máis alá das terras que voaban e ao mellor ata nos vóan a nós. En miúda vergoña allea caimos.
Este día que é grande, que debería estar toda a Terra alborozada e arrebolada, as cousas que nos son propias redúcense a unha emisión da toma de posuimento do Novo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que intentará abrir, neste pobo senvergonza, o espírito que impulsa ás grandes nazóns sen protocolo, cara resultados que se palpen en materia de sociedade e dereitos. Lonxe da tutela dos nosos irmáns maiores ou menores da Península e doutros inquerimentos que non estean dados pola liberdade de mercado e a libre expresión dos cidadáns que viven, veñen e se falan aquí, afectándonos iso da maneira que nos afecte e supóndonos co siso suficiente como para encetar xa esa carreira que en mans do ex quedara empozada, relegada á creación de riqueza por parte dos que máis tiñan e ao empequenecemento das cousas que nos facían sentirmos orgullosos.
Que as liñas fácticas dos que deseñaron a anterior política da Galiza non actúen agora como rémora á que se lle deban favores impagables e non nos convertan a victoria en papel mollado.
Coñecín así a unha muller que logo dunhas palabras dicía este é meu, ou algo polo estilo. Ao cabo de catro meses coñeceu a outro... aínda llo vai dicindo.
Asusta todavía ver un panorama tan huraño como o periodismo en galego en fase de expansión
-facía así o Sir, con toda a intención do mundo
-a nós nos fai chorar, pero como non é noso...
-son palabras moi duras
-máis dura é a realidade
-pero apenas é crible
-poriso vai sendo menos aceptable
*******eu son honrado.
(Nunca pasei fame.)
Ti eres honrado.
(Nunca pasache fame.)
Ai, a honradez conxugada
en verbos satisfactorios,
nutridos, lustrosos, fartos.
Ai, a tripuda honradez,
a lealtá do cabalo,
o labourar das formigas,
a virtú dos funcionarios,
a estirpe dos ben nascidos
netos de nobres criados.
Pero cando soporto as inxusticias
coma coitelos hirtos ao meu paso.
Cando de noite
os meus ollos perfuran os tellados.
Cando o vento me trai unha cantiga
até o sono isolado.
Cando o pan faise estrela
e o medo crava cravos
no latexo sin fin de cada día.
Entón eu xa non son tan honrado.
Cando o tempo se chama economía
e trócase o diñeiro por traballo.
Cando en cada letrina unha sereia
vende ilusións por cartos
i as máquinas potentes esmigallan
pernas e brazos.
Cando a ialba indecisa chega ao mundo
e vai de frol en frol, e faise pranto,
ou convírtese en lume sin borralla.
Entón ti xa non eres tan honrado.
CELSO EMILIO TE CHAMAN,
CELSO EMILIO FERREIRO
74
Me dijo la sor a los 13 años, vete ya pués, hijo, tu vales para muchas cosas
Acabo de acordar que cando marchei para a mariña, con 17 anos,,,, bueno, con 18 xa estaba recorrendo medio mundo occidental, pero non en plan “dominador do mundo”, senón media potencia
Había homes que aínda non se lavaban!
Os chicos de Internet posiblemente si dominen o mundo nos 2015
Posiblemente no 2015 me encontre vivindo en Nova Iorque nun lugar de casas de dúas plantas, de madeiras, coloreadas, e con xardíns a medida, tal vez Miño ou Cabanas, non moi lonxe da autoestrada a 5.500, vulgar home de negocios de autoescola de idiomas, diabete incluída, causa dos meus estragos,
TRISTE Ramón de Sismundi,
sempre pechado en ti mesmo,
hoxe xa dono da tenda
basoiras soio pra dentro,
basoiras prá caixa forte,
basoiras cobros i arrendos,
pois o pó da estanteiría
basóiracho agora un neno
fillo da rúa, nacido
nas favelas de Palermo.
TRISTE Ramón de Sismundi,
sempre teimoso e segredo,
basoiras terra galega,
basoiras amor e vezos,
basoiras xabre de angurias,
basoiras cinzas de esquezos,
borralla de lonxanías,
estrume de sentimentos,
basoira que te basoira
na dura roda do tempo.
Galicia, probe e borrosa,
xa non che turba o silencio.
Deus, aínda a amo! Doncela moi travesa que se move rápido polos cumios dos mares en ciumes e... rapazada, ela, seino de pequeno, síntese moi lista, e como todo o mundo sabe os listos sempre buscan aos listos e que tamén iso certifica
un outro plano
estarei dicindo a verdade?
nin eu mesmo o creo
loriga no peito, amplas calzas, Valentín Paz Andrade, as lembradísimas flores de San Xohán que agora pasaron a outro plano da historia
máis violento que o sinxelamente verbal
con máis síntomas de ter recoñecido a súa propia capacidade máis limitada
hierafontes no poder
o Anxo Caído de Bellver
están ao seu
getz superconfiado sóa suavísimo no plano transversal ao cerebro e ás músicas matemáticas acertan unha vez máis no prodixio milagroso do producir pracer
agora insúltame –cacho cabrón!
recorrín cacho pasquín que non sabía eu en mans de quen poñerme e afundido e todo non lograba sobreentender a mensaxe supraescrita en brandas nubes e horizontes moi fermosos
valquirias con trenzadas cabeleiras gritaban dende o escenario ao foxo foxo se máis foxo se máis foxo profundo
profundo profundo profundo
e finalmente
animas lucuus de profundis
a camareira, alí en Benidorm, viña co vaso da bebida coas súas cimbrantes cadeiras sobrepasando os obstáculos do enorme comedor exóstico ata a altura dos meus ollos
parecía que alí ía ficar, pero, ao levar a man ao vaso a bandexa tremelicou nas súas outras e tamén se lle fixo un nó nos pés, vencéndose cara min, que estaba como tomando o sol, e alí quedou, de xeonllos, entre as miñas pernas, suspirando pola beberaxe seguinte (lástima de que houbera espectadores)
agora que acordo, tamén, alá nas Palmas, estaba tomando unha cervexa baixo aquel calor que non te empapaba pero que tampouco xhe deixaba sentir outra sensación, e alí, tras Santa Catalina, detivérame un da pasma, e tíñame alí de pé mentres parecía que ía por outro/s, e a multitude hala a berrar ¡escapa!¡bota a correr!, mentres o carabinieri púñase máis firmes como sinalándome e eu tremaba porque non sabía qué fixera
así que dende pequenos non tomamos as institucións en serio ata que nos fixeron falta
mayday!mayday!
ochodeocho
futuras aparicións desastres:
conmoción-violencia
eses aparellos electrónicos malusados por unha xeración que non papou o mellor da aula:
como a entrega aos demais habilitaba tamén outras formas estupendas que ás veces eran máis entrañables que os cotidianos contidos
os lugares da imaxinación na que nos encontrábamos xentes “realmente” distintas
alxebraicamente falando a t.v. de hai dez anos estaba chea de adiviñadores e parasicólogos que teceron como unha malla repulsiva cara o erudito propio de xentes do peloponeso (de esparta.c-o-ido) afundida agora por esta xeración presente noutros arcanos supoño vidos das converxencias entre as constelacións favorables e os astros pertinentes, o número do noso nacemento e a data máis recente da desaparición dun familiar cercano
con iso pretendían (e coido que o conseguiron) entreter a vinda do futuro ata hoxe mesmo, que viu, e alá onde as astronómicas do firmamento se conxuren a prol noso, o que sería desexable nun grado non moi extremo, pois a cousa está que arde, e nos movemos en centímetros/cuadrado, do que resulta unha exposición caótica e nada pragmática en empresariais, que supoñen que a oferta sexa superior á demanda, e que poriso o noso peto se resinte, non sabéndollo se achacar ao valor do mercado ou á nosa falta de autoestima
non, non te quero enrolar nun autodocumento de descargos que se inicien agora mesmo ou quizais se deixe para outro día
pero necesidade obriga
ese valor que supomos ten no mercado
esa “cousa” que se ve
deixemos xa dunha vez as cousas claras:
eu non podo ter nunca a culpa porque sempre estou no lado da víctima
sexa cal sexa a súa circunstancia
que desapareceu da fonte de atención como por arte de birlibirloque
acordo dos programas “solidarios” da Gemio e do marido que deixou atrás
¿cómo puido esa “putona” cambialo senón por un cubano máis xove ao que tería que coidar?
Pechadísimas favelas-mansións por todo o redor repletas de tesouros e riquezas (a primeira vista)
para as que terei que traballar algún día
Os estrondos da estrada á Coruña chéganme aos oídos traspasando a barreira que o monte pon polo medio e a distancia da que me chega
Din que todo iso desaparecerá algún día
Que aplanarán o monte e Frisco non poderá correr ladeiras arriba e seguir conservando esas marabillosas vistas panorámicas de Santiago, con 75 aumentos poderíase recoñecer casa por casa
Nestes aspectos a movilidade non é combativa
É case indecente vivir véndose o que se ve, as canteiras de onde Espartaco saiu revestidas con cores psicotrópicas, psicodelias e presencianismos non desexados deitados a vulto da gran masa rubia que se move a golpe de tortazos e que xamais reivindica nada que non poidamos facer o resto
Á miña idade estes soños son treicioeiros e nada positivos, lugares nos que non nin existe nin a máis mínima educación e tolerancia, deixándome, o que queda de mundo, que mas apañe como poida, por non dicir outra cousa, e que me manteña fiel a ese grave espellismo que transluce unha falta de pericia tal, que se non fose porque está todo o día berrándome ao oído cousas desagradables e facendo acto de presencia, (non sei qué reclama que lle pertence a el –ou eles-) daría eu agora o soño este a outros se os outros fosen entendibles, e volvería durmir no regazo da casa dos meus pais, que sempre me serviron de amparo, para non escoitar nunca esa forma ridícula de existencia
Tíñamos chegado a un sitio onde ata o nimio parecía adquirir máis importancia que o que un puidese pensar noutros cen anos de existencia se a tivese, por iso faise máis intolerable escoitar as expresións de mal gusto destas xentes que se din donas ao mesmo tempo das nosas posibilidades de desenvolvemento, e é pesaroso non por que un non teña coñecementos para desenvolver si se dera a ocasión, senón por que as referencias que nos podían validar como xa adultos, permañecen na opinión de quen nunca tivo ese gusto abocándonos a gritar, gritar, estar todo o día gritando, porque se non ata os propios pensamentos tentan facerche dano
Grito e non son tonto pero grito porque me gritan e o grito que me gritan non é o mesmo ceo son as imaxes máis próximas do inferno no que os demoniños superiores fan o que un pensa que é un demo: acariciar a túa mala sorte e utilizala para inocularche máis sufrimento, ou un sufrimento engadido ao lume que te consume, lume co que naces e do que nunca te dás desprendido
Lume quente, aburador, impaciente, destornillante, gravoso, farsa insuperable para as tenras aveciñas do paraíso, ollos de polifemos
en covachas inmundas e insalobres intentando destrozar a todos os Ulises do mundo, ¿qué che fixen eu, vello presentuoso, para ter tan malas intencións ao respecto? luxurioso rematador de tiros imposibles de facer, de tortos dereitos que descoñeces, dun falso pragmatismo que cheira a sacerdocio, dunha posición cómoda alá no alto do cómo un señor que gaña máis de 200.000.000 de pesetas ao mes pode acudir aos servizos médicos de saúde do SERGAS porque é gratis e el non ten porque pagar un duro! meu pai era un cabaleiro, os inicios de verán agoiran un estupendo inverno, as luces da cidade a carón, en inversos propósitos iguais ou parecidos, buscados con afinco por milleiros e milleiros dos seus cidadáns, fillos daqueles burgueses acomodados aos que todo o mundo se refería cando eran o non vai máis da cultura, deste país e doutros, cantidade de aventuras, dispostos colonizar o que faga falta, amigos dos seus amigos, e, perfectas lexións móviles de combate, últimas perfeccións, a perfect day, lou reed, ligaduras de trompas, baciado de matriz, constancia omnipresente do anticonceptivo, ilusións de prestidixitadores, falsos meigos do benestar, tonete, canas e barro, bilinia acepta manter relacións co referido se este... bilinia non desexa ter relacións sexuais,... a menos que... a menos que vostede sexa superior a ela e llo demostre: teoría da demostración:se un suxeito aludido non se dá por aludido é que o suxeito aludido en cuestión non está aludido, motivo polo que a treición poida ser máis rápida aínda do que pensas, o que implica unha debilidade non desexada e unha falta de protección tamén evidente, que según o extremo máis dereitable da dereita en españa é para que te metan no manicomio, non PARA que fagas esas suxerencias que nos varren a nós do mapa, o cal non é menos escandaloso do que toda esa “merda de xente” fixo no goberno durante 8 lóngos “secúlos?” “ou máis?”, en qué época da Historia da Humanidade tivemos un goberno de esquerdas estable? Todavía hai que seguir batallando sobre o que nos legou en herdo porque os sempiternos espíritos rebeldes siguen campando ás súas anchas, agora axudado polos descamisados do antigo réxeme, que semiinducidos pola falta de perspectivas no traballo seducen a deus baixo o símbolo da treición (a de Xudas), que aceptan como bos cristiáns que son, e remiten ao facelo ti mesmo, porque aí nadie se moverá por nadie, é a Voz do Amo tan poderosa, que se te ve con outro, te declara infiel, e practica contigo unha especie de guerra santa, sabéndose gañador do paraíso, que tampouco está escrito nas sagradas escrituras me está lapidando el de la sábana santa, a súa característica xenreira ao “galego” xa a puxo de manifesto, ¡coidado é que non falo en broma! (chegou sacar á santiña como símbolo dos seus hábitos protectivos a claro, ver quen era como os de ¡¡¡¡escaiola!!!) dicía un: era oficio de bo ladrón o de non darse nunca por descuberto, era, ademais, probable, que o mítico Caco estivera durmindo con nós, co que aquelo das máximas proteccións sempre eran poucas, o extremar a precaución cando conduces, a posibilidade de que o auto sexa teu e necesites un conductor que le leve a casa despois de pórte ebrio e xa esteas consentido,
variopintos eu converténseme en avogados defensores salientando neste proceso que a razón forma parte de moitas outras e que a voz que un utiliza para saír tamén xogan coas súas vontades
o interese particular de cada quen traza a liña que non se debe traspasar
e poriso, a paciencia, que teño que ter diante do xuíz que leva a miña causa por unha vida xusta e digna, lonxe dos variopintos perigos que acechan a un cidadán de ben en calquera sitio ao que vaias, non o saben aínda solventar homes de 80 anos, ou de 60, o que me leva pensar que os productos da miña imaxinación, cunha estabilidade económica xenerosa, poder
ían alcanzar froitos que vexo xa aí diante dos meus ollos, que podo palpar con só estirar a parte do cerebro que é o propicio, o propio, o causante dos equilibrios-desequilibrios diarios aos que me someten, non encontrando fómula mellor para someterme, que é o que trato de explicarlle non comprenden, a parte sometida da miña cabeza sometida é parte sometida da súa cabeza sometida, e causa colateral do meu posible dano- {pai mandou noutro mundo}{se quero parecerme a pai terei que traer os seus hábitos de conducta a estes tempos presentes e actuar como se fose o seu delegado}
1ª fase:
estudiar elocuentemente todo o que nos é prexudicial
2ª fase:
seguir mantendo vivas as esperanzas
3ª e última fase:
localizar punto por punto o que nos prougue
olvidamos pasados, presentes ou futuros?
tamén sabemos que o que aconteza non o defenderá nin deus
Eu acordo cando o periodismo de Ana Rosa Quintana se preguntaba qué facer con tanta persoaxe, cómo saldar as débedas contraídas, os favores comúns, cómo “entrevistar” sen saltar ningunha norma non escrita tendo en conta a repercusión que alcanzaba de inmediato, o “lugar” no que puña un cando o presenciaba, se todos éramos partícipes de tal entretenemento que puñan comodamente nas nosas casas a prezos de saldo ou se eran contrapuducentes, se aquela calidade era “exportable” ou só o negocio do século, milagres incluídos, se de tan barato como saía os homes e mulleres de España non tiñan máis que facer que aparecer diariamente no aparello contando as súas cuitas, se iso era ou non era negociable, se os dividendos que reportaba satisfarían por igual ás partes, se entre esa madeixa de intereses había algún “común”, ou algo parecido “ao común”, se a crítica era traducible en cartos, se os vellos e vellas de españa se enterarían algunha vez que este país é un sitio distinto, se a loita entrecortiniñas se transluciría ao público e este vise o tamaño da farsa, a de levarte a túnez e facerte miss do universo, graciosa tarefa para tan innobres señoritas, se algunha vez interese e intereses cadrarían (cousas máis marabillosas buscou Xasón e os seus Argonautas)
E os límites así da empresa están traspasados (como un corazón por unha frecha) entre o que non existe e o que si, que son os motivos polos cales domina ou non, é un virtualmente o ollo da agulla pola que ten que pasar a cidade para chegar ao ceo, tomando moi libremente a frase biblíca e traspolando o papel do universo que me encerra, ¿qué buscan en min? ¿qué busco eu neles? ¿qué cousas me van dar? ¿cáles vou coller? ¿qué é o que me levan?
¿porqué a teoría máis arcaizante da sociedade tomou raíces? ¿porqué estas pobres xentes de pouco pensar e máximo expoñente da ruindade apelan aos santos miserables, miserables donos de si mesmos, créndose amos entre tantas inxustizas? ¿porqué houbo unha persoaxe bíblica que tragou unha balea e urdiu un compló nada máis pisar terra firme? ¿porqué a distancia entre o pecado e o pecador é sempre tan discutida? ¿porqué mentía pinocho? ¿medroulle de súpeto o nariciño?
Despois deses rumbos etílicos da masa (multitude) non lle vou vender estes versos ao presidente dA Ford, seguramente, tampouco teño intención de ser un máis dos seus traballadores e admitir con elo que as diferencias insalvables deste mundo teñen aberto un voquete no gran Bloque da Humanidade e tratan por aí de debilitar as súas defensas e impór de novo un espírito errático a través dos próximos vindeiros séculos, unha lúa de mel augada polo maquiavélico proceder das forzas da oposición impropias de cabaleiros tan sagaces que apelan sempre ao espírito xeneroso do home para encher ao verdadeiro home de inmundicias o home aquel do pasado xa non existe é unha sombra nunha aba dun outeiro ás veces en forma de can que pretende preexistir sen que as cousas deste mundo o melguen nin o resto dos homes nin os homes-peixes nin os homes-tempo
encóntrolle agora gusto beber a cervexa de onte polas mañás cedo denantes do desaiuno
a proposición que fixen foi respondida esplendidamente
tal vez o carácter non imaxinario das cuestións que aquí se reflicten necesiten outro cambio de tuerca, ires cara un lugar onde te deixen, estar, só, incluso, como único testigo, para que os dedos voen rápido sobre a páxina do papel e o bacío mundo se encha co que che pertence e chamas, co que queres realmente, co que di a ciencia onde debe estar o coñecemento, por riba da cúantica e a relatividade, teño terror aos castigos físicos-mentais, aos termos nos que o psiquismo abriu a miña cabeza a tantas outras xentes e tan diversas, que me reprego, porque a avanzada é máis veloz ca o que existe en calquera lugar e temo quedar só, horizontal, e para sempre, a miña verba é encendida é revolucionaria, e as tropas necesitan consellas seguido sobre o cómo actuar diariamente, verdadeiramente, un obstáculo ata para si mesmos
seguidasmente o espazo da risa atráncame o ordenador e colga sobre este vidente raíces e pousos que tratan de desenvolver o camiño a percorrer aínda que este estea moi adiante
a manuela é á única que escoito
nos camiños retorcidos do chiste fácil aquela separación imposta aclara agora que o tempo trasncorrido é igual para todos e que a todos acai sen que lle deamos importancia
sen embargo, o noso corazonciño inda sigue buscando eses oquiños por onde romper as impertérritas variables e permañecer aínda fiel aos seus propósitos
lugares da eterna desilusión dos mundos
presentes en calquera situación
por desgraza
LANGUIDEZ: (a Georges Courteline)
Eu son o imperio ao fin da decadencia
que mira pasar aos grandes bárbaros brancos
compondo acrósticos indolentes nun estilo
de ouro onde a languidez do sol danza.
Soíña, a alma se marea nun denso fastío.
Alí abaixo, se di, hai combates sangrentos.
¡E nada poder, débil con desexos tan lentos,
e non querer florecer un pouco esta existencia!
¡E non querer, ai, e non poder morrer un pouco!
¡Ah, todo está bebido! Bathyllo, ¿acabaches de rir?
¡Ah, todo está bebido, comido! ¡Nada máis que dicir!
Só, un poema algo bobo que tiramos ao fogo,
só, un escravo algo xoldas que vos abandona;
só, un tedio de non se sabe onde, que vos aflixe!
Á MANEIRA DE VARIOS
Paul Verlaine
Nada nos chama, parece, nada nos estorba, nada nos reclama, nada, estamos abertos, nada nos di que sexamos, nada concirne a isto, nada, nada nos avolve, nin nos entolda o ceo a distancia, nin nada do que exista, sós somos, na nada, na nada vamos existindo, traspasando lugares e fronteiras, na nada, na nada vamos instigando, na nada vamos aparecendo, ao mesmo tempo que a existencia, nos lugares que coñecíamos e a onde imos á busca do que a nada nos pretende
naraná, naranara, naraná
onde sucumbe a lúa
e os galos de pelexa acosan coas súas agudísimas espunllas
sucumbe o sol
e a ciencia se mostra
as notas do pentagrama decorren polas nubes dos pensamentos
transmitíndolle
case foi onte
á luz dos vagalumes
e das areixas
e a morte é inconcebible
e un trauma
o máis grande
universe-beat-qué problema hai con escoitar aos demais?-all right-os hippys dos sesenta- mayflowers-republic-street legal-into the spaces
puro negocio
acción-inacción
o que se move arredor dun
lugares descubertos-indescubertos
follas dunha árbore que medra cara arriba e que expande as súas ramas mostrando
a delicadeza dos seus froitos
árbore ababol corrupto sangue desprazando a todos os seus opoñentes a miles de kilómetros de distancia, desprovistos do home-lacaio, só a base do noso esforzo, dicindo por aí a través da radio ¡queremos ter criados! e a constancia innata neses xoves adolescentes da treición a todos os espíritos da convivencia, se meterán anos e anos na casa dos seus pais e teremos a súa impúdica ideoloxía, arrasando cos making-off gravándoos, deixando o verquedeiro como aplauso, non, están insensibilizados e nunca verán ao sol poente descubrir cando se agocha aquelo polo que é astro
nenos ideóloxicos idiotizados pola t.v.bastarda-comedores de todos os froitos da terra-corrompidos no seu berce-¿qué clase de vida nos daremos a carón senón esta?
¿de qué clase de vida dependeremos se esta di non querer saber nada do asunto?
¿cándo sexamos vellos e esta xente non estea tampouco da nosa parte choraremos amargamente polo que desexamos e polo que tiraron abaixo?
¿tampouco teremos da súa parte a confianza para ser cómo somos e non doutra maneira?
¡e a falta de apoios que diariamente manifestan será o pan noso de cada día a partires de agora ata a nosa morte!
Hai en nós, do que singularmente pode haber, unha certeza especial cos asuntos relacionados cos apoios que brindamos aos que nos defenden ou nos atacan. Porque eis que as dúas circunstancias son posibles. Un non tiña caído ata o de agora levado por un puritanismo místico que buscaba as orixes da harmonía entre o que un é e o ouro que forma o conxunto, tratando de equilibrar ou compensar as xenreiras características que acompañaban ao ser coñecido-descoñecido, e ao arbitrio que as xentes tratan de impór sobre o que coñecen-descoñecen. Esas causas-defectos que converten en virtudes sen sabelo, esculcaba a posibilidade material de vivir como a un lle prouguera, sen deberlle nada a nadie, como bo cristián, se diría, e a forza de buscar esa paz interior, que un tiña, encontraba, non sabía moi ben se en relación ao propio eu o contrario ou en relación ao que os outros eu tiñan co que formaban, que a veces era como unha gran ventana na que se vía o todo, en grande ou pequeno, e a veces como un porche, onde o propietario se puxese falar de todo o que lle concernise, buscando nos sabemos qué, se ofendernos ou ofenderse, e estábamos así máis adiante cando a proposta do recibido puña en solfa todo o que era mensaxe, que un entendía con amplitude, e que axiña se ocultaba nese mar de espuma que eran os días, ás veces ata perdendo eses sentidos especiais que adquirían os seus matices e trastocándoos noutra clase de palabras, ás veces, tamén máis que palabras, ás veces tamén o noso propio alento, que había como un conciábulo nacional para que o triunfo persoal non chegase a certos límites, nin a certas persoas, que o rexeitarían ipso-facto deseguro sen nin tan sequera preguntarse o porqué, ou tal vez levados por esa ideoloxía oculta que pugnaban por transmitir, e coa que se coligaran, como se formasen un tremendo lobby de opinión que impedía a diplomacia e o bon facer cando a mensaxe daba con acerto na liña da retórica imposta, a que víamos cotidianamente, e da que os seus máis radicais defensores, supuxeron ser o embigo do mundo, apartando sistematicamente de seu o periférico, o autonómico, o laboral, e ata incluso, ás xentes que neste país teñen outro modo de vivir ou estilos de vida contrastables, que os suporían nunha xigantesca pirámide símbolo da que todavía o poder (anque fose o socialismo) estaba en entredito polas eternas presencias do antigo réxime, da España de sempre, a do musgo no Escorial, ou no Val dos Caídos, esa España tremebunda come nenos que non quería renunciar aos seus antigos privilexios de caste e que circulaba por aí a través de sobriños netos que levaban o confor aos resabidos e o desconsolo a quen cría sinceiramente que iso desaparecera coa morte dese “simpático Caudillo” de “unha, grande e libre”. Unha era. Grande xa nin dende os libros que rememoraban aquela imperial tarefa. E libre era, a comenecia dos que así dicían aínda, ser o esteorotipo da España que non se resignaba a morrer sen darnos máis alegrías que os sustos cotidianos, ao ver esa impúdica perversión instalada nas Casas de tan Ilustres Hóspedes intentando revivir de forma particular e como nunha xuntanza, aquel tempo que non recordan nin os seus tataravós, e que todavía é un cruel impedimento que se nos pon diante grazas a unha serie de productores da clase media que buscan nesa clase de público nauseabundo revivir aquel tempus mimético no que o señor era señor e o lacaio lacaio, sen que outros ordes da vida pintasen nada nin tivesen nada que facer, salvo o de permañecer en stand-by para repudiar ou aplaudir á todavía “obra”... á única obra que os unía nunha esperanza de por vida, por riba incluso do estatuto especial do estado democrático, que vían cousa menor, e “asuntillo” doutras clases, ás que consideraban “inferiores”, incluso “malos gobernadores”, e tamén, “incapaces” de solventar ese problema que se plantexou en España dende a xeración de 1898, do que o “asunto Perejil” foi o aldabonazo intrínseco a esa maneira de ver, o desenvolvemento dunha España intrasixente, a máis non poder, que nunca, nunca, poderá reeditar aquela política da que se quere facer herdeira. Imposible prever o dano interior que pode causar esa crenza desmedida e irrazoable naquel pasado tan lonxano no que éramos os amos do mundo e enchidos da gloria dos nosos soldados perdíamos homes en Iraq sen motivos aparentes e nos convertíamos en branco do terrorismo internacional porque o dexgoberno xogaba tan alto as súas cartas que nós, o pobo, pouco importábamos. Tíñamos que ser necesariamente arrebatados pola maneira de gobernar do “romano”, que xa non vía outra cousa que facer na “España va bién”, que matar inimigos, que tiña, a pesar de que estes non lle fixeran nada, sendo por isto polo único que será lembrado, e tamén polo clima enrarecido no que sumiu ao país e polo que sigue clamando. O espírito belicista dos españois chegou combater aos mesmos españois faltos xa de inimigos exteriores e aínda está nese trance, e parecen que o pasan ben, porque como as víctimas quedan ao lado, non pode ser mellor divertimento nacional e símbolo das súas esperanzas. Tan é así que, cando, por algunha “escura” razón poste falar con algún amigo e sae a problemática a relucir, a resposta máis convincente será á do que lle escoite ese momento dicir, se tes ou non tes razón, que prolongará ese desasosego especial polo que atravesamos dunha maneira revelante (as veces basta con calar e ser testigo do que pasa entre dous conversadores e o resto dos transeúntes). Ese clima enfervorizado sobre o que somos e o que non, pode que sexa a cabeza de touro que teña na parede do seu chalé da Moraleja como trofeo do que España lle dou, pechado neses muros de 4 metros de alto supoño que reverdecendo tanto honor e gloria, amén.
Isto é tremendo: que non se encontre unha función complementaria á responsabilidade desempeñada ao longo da vida e o presente nos “aparte” como se fósemos apestados ou causásemos un problema maiúsculo, función que un trata de representar seguindo as consellas oídas e elevando aos deuses os pregos necesarios para que a choiva regue os campos e siga habendo abundancia
na nai Terra: exeria está saída, e os crios desesperan, non teñen nin a máis mínima paciencia e parecen todos a xeración boluda, tan boas escolas como se erguen arredor e os mois fillos de puta son máis negros que o carvón, en sentimentos,
para divertirse utilizan a versión máis desesperada do egocentrismo e aplauden cousas “raras”, que cando as escoitas se che poñen os pelos de punta, din que é por divertirse
tan malos deus os fixo, ou faltos de líderes competentes, que é desesperante encontralos todos os días na rúa tirados como os trouxeron ao mundo créndose o centro do universo, pasando por “desenfadados” e outras troulas ilustres, sendo máis serios que o papa e moitísimo máis tremebundos que o lápis do apuntador que pon nas súas bocas ese ensino do que case todos carecemos, e do que fan uso ao seu antollo, sen ter a case nadie en conta
¿ti oíchelos algunha vez mencionar a alguén a parte de si mesmos?
outra nefanda estadística que engadir ás nosas preocupacións: se tal como se ve nas zonas máis representativas do ocio deste verán, ¿cómo esta xuventude –que xe dixemos levar unha semente inapropiada (maquiavélica cara o fondo) pode esixir despois moral, disciplina ou hábitos extremos no traballo?. (Sabe de antemán que están cubrindo os seus desexos máis “inconfesables”, que utilizarán máis tarde, no horario laboral de outono, inverno, primavera, para satisfacer as máximas-mínimas necesidades de empresa, da que se sinte unha fiel colaboradora que espera recibir as súas compensacións a base de entrega, falta de crítica e auto-complacencia, que redunda na creación dese espírito social insolidario que lle asoma ao pasear as súas relacións máis íntimas por aí, por outros lugares nos que a vida ten outro sentido, que non é o que outorga a primeira noiva ou a primeira esposa, e o ridículo é maior ao se crer con razóns e apoios suficientes para que ese apetito discotequeiro rompa con todo no que o mundo nos rodea, animados por esa raquítica forma de ver o seu teatro, do que cren ser o maxinable e o sostén, agrupados en tres aspectos básicos: familia, traballo, e falta de comprensión ou insolidariedade con quen así non o ve. As zonas costeiras están cheas a estas horas desas unidades indivudiais que teñen ao seu cargo determinado número de fillos que o único que buscan e traspasar o papel de papá e mamá para tentar imitar, cando obteñan a independencia, ese esquema tan sinxelo e vido dende hai moitos séculos atrás, que agora revive, entre outros aspectos, o rol home-muller como máxima imperativa defensa ante o ataque doutros conceptos nese mesmo rol, e eses aspectos básicos home-muller que constituían o entramado social máis potente da civilidade agocha, coido que sen darse conta sequera, ese xerme de obediencia que os outros aspectos quererían desbotar da relación, o que pon en bandexa do extremismo a numerosas familias monoparentais ou cun só fillo en mans das extravagganzas ideolóxicas, que buscan os seus apoios non na factura de resultados creados por eles mesmos, senón na explotación práctica do que hai (ou se creou ao amparo dese baleiro de poder, ou regularización) que recorre a unha imaxe tópica da familia dadora de vida e polo tanto esixente co resto, dos que non son aínda familia, ou dos que xa sobrepasaron o termo familia ou incluso dos que renegan dela (mulleres sóas e independizadas, pais ou nais solteiros, divorciados, viúvas, orfos) ou pretenden establecer según os seus propios criterios, sen que interveña nada do que ata o de agora a facía responsable do benestar común, que quedou supeditado ao valor de quen asumise esa circunstancia xerada polo Estado e fose capaz de facer con ela algo máis do que o natural crea por si mesmo, tarefa nada compensatoria, e loita de titáns e menoscabos
estanse buscando as razóns da gloria (algún día se tivo, outros comezan, os demais xa están rodados) que é como entrar no bar (de sempre) cada día e atoparse cunha cousa nova,
tamén é diaria
luceciñas académicas de estilos diversos que o fan a un actuar según
os factores que veñan
cousa misteriosa (absurdo) que mantén vivas as esperanzas de moitas xentes
e que a movilizan
segundo a segundo
según as súas mesmas ideas
á hora do combate a física corpórea non pode máis que a mente
o único ao que aspira é a dobrarte coa axuda da forza bruta
pero hai moitas máis forzas
e moitas descoñecidas
o cerebro, ao coñecer o debilitamento producido por ese instante no que o que che golpea pretende ser máis forte que ti, actúa rapidamente e se o dano non é a desaparición eterna, aprenderá e saberá como compensar ese saibo á victoria no máis famoso contricante e emprender unha guerra fría co ánimo de se facer valer, que era o que o contricante máis bruto che nega (cando te pilla “digamos” esa debilidade)
Elisabeth Taylor: o dano sintomático na ausencia de respostas atribuise ao tempo, que circula máis rápido do que un pode circular, por moitas causas diversas das atmósferas e o cambio continuo de hábitat, que ao querer levar a cabo unha parecida proposta incorre no que se coñece como “interrupción” que impide que a corrente circule adecuadamente polas canles que ten establecidas para elo e forma como nubes de intensidades distintas, que actúan sobre un de moitas formas diversas
Casa Caietano coa Koplowitz (Caietano o Maior)
“todo necio
confunde valor e prezo.
LXIX
Veuno pasar en soños...
Bo cazador de si mesmo
sempre en acecho
LXX
Cazou ao seu home malo,
o dos días azuis
sempre cabisbaixo.
LXXI
Dá dobre luz ao teu verso,
para lido de fronte
e ao sesgo
para odiar o verso xa hai que ser monsergo
e pouco lisgairo e espilido de tal valía que a lidia e papaventos poeirento e acabar facéndoos
09/08/05 14:51:39
Aquí viveu Vidán e parte do
Camiño Novo
Os longos ollos da noite me esculcan
e trazan arredor arGüires
estiven inspirado ata o de agora
A LÍSTER: XEFE NOS EXÉRCITOS DO EBRO; a túa carta –oh nobre corazón en vela, español indomable, puño forte-, a túa carta, heroíco Líster, me consola, desta, que pesa en min, carne de morte. Fragores na túa carta me chegaron de loita santa sobre o campo ibero; tamén o meu corazón espertou entre olores de pólvora e romeiro. Onde anuncia mariña caracola que chega o Ebro, e na pena fría onde brota esa rúbrica española, de monte a mar, esta palabra miña:.
Los asuntos del señor están en casa
Otro día mañana, antes que fues de día,
movió con sus mesnadas Amor e fue su vía;
dexóme con cuidado, pero con allegría:
este mi señor sienpre tan constu[n]bre avía.
Tras os vidros das fiestras hai prantas e hai insectos, hai microbios e croios, hai terra que arrinca a chuvia e cans esmagados nas estradas, hai xemeres de dór e chamadas de amor a milleiros.
Está a paisaxe vivida, profanada, intuida ou cecais maxinada, lembrada, invocada, humana ou rebelde, marcando a continuidade dos nosos latexos: de corazón a corazón, de anceio a anceio, de seme a ovo, de vello a meniño... agardando que un día reparemos nela e descifremos nun intre a mensaxe escondida i evidente no alfabeto das herbas e das estrelas.
Cada día aprendo algo novo: un lugar distinto, xente nova, quer?, alegrías para fincarlle o dente a un becho largo, todo marabillas: The House of the Rising Sun, o riso de Chamcha no país dos aiatolás, unha liña fronteiriza, I in New Orleans: EU en galego non tiven escola, a voz do medio non existía, music the camera
Agora comprendo o sentido anverso-reverso dos aplausos go home song the silence of the womans In New Orleans the house´s son de caobas exquisitas
escoito de novo os mesmos violíns e os silicatos de ácido bórico facendo a mesma conductividade
un soño: recibir aplausos (como se fora recuperar a pureza espiritual accidentalmente)
unha práctica: recuperar a práctica do preacher
en maio as flores (xa vin os campos volvendo ás sementes) os aires do meu propio pai, vaia, vaia
vaia ataque de tos
las luciérnagas de la noche fieles avisadores nocturnos de la mala sombra
los diurnos
os conductos auditivos tiveron un nivel de decibelios altísimo durante moito tempo e procuraron a súa beleza
e o seu desinformismo
desinformal
de onde saiu o lobby de gays e lesbianas?
de ónde
por exemplo
se criou musgo onde había malvas
a miña irmá entoa xa un novo imposto Padre Nuestro
o a non é o deus ese que inquieta a miúdo coa cuestión de que a existencia non é problema ata que se converte en problema: un problema existencial
y un gila del sexo?: desafección voluntaria
non é un problema de sexo!
Un “mal” galego‰$Æ™&˦ΘЩѨॠੴଇஜఝ
Stymie:
Estimia non ten a ben mostrarse sóa e aínda quer vir coa trouppe ao casoiro
E ti xa sabes o que din os seus pais:
Que os ature rita
Paisssss!!!
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Puritito Demo!!!!!!!!!!!!!!!!
Linguas de Eixola
LingƆas de Lambetadas
Linguas Acción-Facción
Linguas Unión do Estado
A vara de medir que mide a valentía medible de cada quen
¿quen a inventou?
¿Quen inventou a máquina-espazotempo ilusión dos mellores guerrilleiros da Terra?
Faladurías da xente reúne en cada curruncho multitudes de Adeptos e Iniciados
que xustifican
a cara máis amable do mundo
aquela na que as sutilezas das guerras cotidianas non supoñen unha carga pesada de levar
toma: un valley
o socromonte
río cadrado, monte de arriba, parroquias de guadalupe, vite de arriba, polígono de vista alegre, burgo das nacións, facultades de periodismo e filoloxía galega, económicas, auditorio, colexio maior
en liña recta pendente abaixo cos edificios da xunta, unha valgada, un parque Pablo Iglesias, un inaceptable retraso ideolóxico,
tilleiros, carámbanos, é a lúa, é a lúa, na quintana dos mortos
ai bailar hei beilar aites na quintana dos mortos
dado que as descargas producidas polo pensamento se traducen en conversacións:
un puzzle
brother
están fotografiados os nosos mortos
65 anos despois aquí están vencidos
galego
¡e non me paso coa bebida!
אבג
parece a guerra xudea
símbolo da guerra perdida
aquela que non fai ningún favor a nadie
recordo a guerra civil española no plano das letras e a bibliografía penso que tamén nos treiciou. Consideránonos vencedores morales, o que dá a pé a que o victorioso no campo de batalla a través dos seus descentes sigan contándose a mesma batallita como volvesen recuperar o alento e nunha especie de xustificación xeral consideren aínda indignos de saborearnos
miúdo bluff
elegantemente o pel do touro queda liberado a ciencia de saber que se os inconvintes que nos poñan vaian a maiores, a súa lingua será arrincada e exposta a espectáculo público
e a contracorrente
ao nivel que a carga eléctrica circule polas súas veas
brindadores e gaiteiros
é tamén duende
1º ciclo hororal do reloxio atómico
que sexan as mesmas mescolansas, vaxinite
que as horas do atardar longo e distante leven as mesmas horas que os crie e os mande facer puñetas, lixeiro orballo de fume de nube, tronón, lixeira barruxa nos cascos, música litúrxica, ridiéz, lugar encantado, miscelánea de sombra e luz, paisaxes nevadas, misteriosas habitacións no outeiro, golosinas, libérrimas aveciñas do paraíso, gatos á xaneira, revolcóns a anos vista, zaragalladas, finchamento excesivo do poder do pulmón, osíxeno intoxicado, ok.
irrepetible k.o.
teño mal agora ata Platón
a quen cona lle manda vostede crear un pr-
oblema engadido: ¡as solucións a satisfacer serán enormes!
Hércules era un heroe mitolóxico que emprendeu doce tarefas:
¡pero vostede non quere emprender ningunha!
Eu estaba facendo caso ao todo o mundo e a propia lingüística me acusaba de corromperme e me volver corrupto
e, a ciencia de sabelo, consentir o inconsentible sempre e cando non me perxudicara
eludindo dar respostas en sentido afirmativo ao que quería rematar o que cada día inicias
facendo caso omiso de que iso é un gran delicto
tratándolle de vender
que o rostro humano ten centos e milleiros de facetas
e que é moi difícil calcular cál é a culpable
AFONSO X O SABIO:Vi un coteife de mui gran granhon,
con seu porponto, mais non d´algodon,
e consas calças velhas de branqueta.
E dix´eu logo: -Poi-las guerras son,
ai, que coteife pera a carreta!
Vi un coteife mao, val[a]di,
con seu porponto –nunca peior vi,
ca non quer Deus que s´el en outro meta.
E dix´eu: Poi-las guerras [já son i]
ai, que coteife pera a carreta!
Vi un coteife mal guisad´e vil,
con seu porponto todo de pavil
e o cordon d´ouro fal[so] por joeta.
E dix´eu: -Pois se vai o aguazil,
ai, que coteife pera a carreta!
999R-ŽUøá––––
miscelánea culpable?
As liteiras do D-65:
¿porqué o mundo habería ser distinto?
vaia pregunta me fixen naquel entón:
non valeron as seguridades militares de carreira para reter a seguridade dun mundo mellor intuído no que cada un podería facer de si mesmo
tanto bohemio arredor non podía exercer outra influencia en min máis que a de “viaxar” e cumprilo
terreo no que me especialicei
apoiado por National Geographic
e os aventureiros de AO filo do imposible
news spaces
the dark side of the moon
mistela
e tumbas
uhmmm
adrenalina
still
dolo en ok corral
eu era dos nenos que ían polas pólas para que se queimaran na cacharela
ese instante en chantada a máis de media noite no bar aquel co fogar en lapas e o vecindario reunido en torno a el diante das vitrinas do supermercado
lavavajillas conejo
me apetece mujer
jichos hai lelos
sei ben o paro
algúns nihilistas rusos usaron da escritura para negarse a si mesmos
antisedición
anticiclóns
eu todavía non vin bailar a ninguén nun enterro
anque con músicas xa teño visto algúns
¡polos funjos de San Pedro!
Alcíades predecía a chegada de Pericles
co mesmo ardor coa que foguexaba na batalla
cidadán da Hélade democrática
panchos villas
xílgaros na gume da folla
pingas de xiada
alicerces do mundo de arriba
nubes
e chorimas
empalado baixo o ceo de Chihuahua
-dun bo soldado
sitiada a tenda de Holanda
madremía de guadalupe
colección de insurxentes impagos
el vapor de Huerta
a rexión dos hipnóticos acaba de establecer un pacto de amizade con México
shubibiulima delegou no seu fillo mursil os himnos ao Sol
e a caída dos deuses imposta por Wagner non fixo senón en incidir nun partido iniciado fai aproximadamente cara os 6.000 anos
que desceu inmediatamente das alturas entrevistas a niveis coloquiais despois de moitos idiomas
e o goberno de hoxe en día só coloca
o atentado do 11-M foi contra o Estado e costoulle ao presidente Aznar a caída
e unha situación de involución que se percibe claramente
riff´s prolongadísimos e delicadísimos que deixan o cerebelo ultraexposto a ciruelas e agradables montaxes
revisitados claramente cando un pon o lúdico a funcionar e a axuda dos seus happy friends
fai que o sangue calle
cara o lado onde o río decorre corrente abaixo o cicel performance é a mesma reviravolta
o remanso
o lado do ser que solicita un benestar maior
belle de jour
unicamente cara onde os ollos da estrela nos guía e a variopinta paisanaxe nos deixe ficar
cara onde se deteñan as nubes
e as alzadas sobre o natural eleven o espírito a compoñentes retortos que nos obriguen funcionar
a propósito da enmenda xeral a tal punto
e en mellor coñecemento dela
a velvet underground
¡hai xa historia na música!
Odio la Radio
Porqué languideces oh país e non acabas de sair das postracións nas que te sumiches?
Porqué che asusta o fermoso?
Porqué?
Elixir del Polo
de Xoán: ¹o batismo de lume
prendeu na coroa do bebé e este chorou a pesares das caricias de auga
e do nivel subxectivo do subxecto a discutir
que nunca se presenta en primeira persoa e elude transmitir os seus coñecementos básicos da súa práctica
o que cosntitui un elemento xa emporsi estorbo en calquera conversación seria
redundando sen cesar no mesmo pensamento polo que o burro move a noria
incesantemente
baixo a atenta mirada do seu amo
e conductor
chirría a casette da fita mogollón de veces usada porque os ánimos novos cren que só no deles está o dilema
¡vaia hostio nos dás!
¡que tal que haxa unha fea!
niágara
os grandes lagos cruxen nese punto e parece mesmo que a Terra xeme
que a fractura provocada polas distintas alturas dos leitos
sexan unha catástrofe permañente
e os barcos de turistas no cauce
unha breve misión do home
tamén na lidia
o pase curto ás veces sirve para atropelar ao matador
o que nadie considera síntoma de que a lea sexa
inxusta
hai un can ladrando no outeiro por que quer
unha voz esquiza dicindo que é un fillo de puta=
unha madre comadre sogra dun solteiro=nunca fan dano a nadie≠
a unha mai cariñosa=a forza a sotavento=vento de popa
niezstche foi o derradeiro dunha serie de homes que culminaron unha misión comezada ao amparo dos mosteiros e que culminou no celibato impíxero que podía rematar en voda en calquera segundo
o que provoca un arrepiante e insostible estado de nervios que non caracterizan a un bo cabaleiro
non saberíamos dicir ao día de hoxe se o imitable está no imitado ou no imitativo
en todo caso o imaxinable está no oído
e o interior o debulla
como se fose unha espiga
boooohhhh
whitman
lorca
?
os elementos do enredo dispensan á vez de liarnos a tortas
o que sería moi aconsellable
sentado ás beiras da verde eire e co clan dos irlandeses sublevados contra o Imperio Británico
o desembarco en +-1600
a axuda bretona no século VI
a paralaxe política Irlanda do Norte-País Basco
encubricións a parte e boa parte do que queda por resolver nas mesas xa dos despachos dos nosos máximos dirixentes
a aplicación máis pragmática que se lle pode buscar á vida
e o disfrute
e nese xogo máis importante
un inclina como un sabugueiro as pólas para que tomen directamente o calor do chan
ou submiso diante da libre creación
ou ruptura cos límites impostos
tamén raio
michael ende
as funcións dos homes grises en momo estaban gañando terreo ao propio cronos-señor do tempo-que era o que querían dominar
para arrebatarche a vontade de ti mesmo
nun xogo máis sutil que o palpebreo
ou a clara inocencia do rubor colorete
henna-piercing
feeling
hiena, sae pola carroña
atréveste co cadavre do antílope degolado polo león ou o leopardo
cuxo sangue mana burbulla
e a vida transcorre nun minuto case como un tempo que a sabana escoita
xuramentándose para que o culpable
non volva repetir o delicto
e así a soidade
haragáns
lucidíos vestidos de festa impólutos na urbe circulando a toda présa de igrexa en igrexa
buscando o mellor día para a cita
-a cegas
ou todo/as casan sabendo?
como casan tamén sen saber
e querendo ou non querendo
isto é o punto álxido da cuestión iniciada hai 10 ou 11 páxinas que queda todavía sen responder
tal vez o hermetismo do escrito non poida clarificar moi ben nun senso ou outro as ideas preconcebidas de cadanseu
pero algunhas interrogantes aparecen claras:
pór de manifesto porque a función violeta do sistema aínda non chegou ao seu punto de máxima resolución
nin que aparentemente esa tal cousa chegue nunca a producirse
pero
a idea base era partir desa clase de unión entre homes e mulleres
a idea base baseábase no non cambio de tristeza nin do producto típico galego nun deses extravíos que ao que a Historia recorre de cando en vez crendo ser ela a protagonista e a vida miniaturizada con ornamentación dorada non preténdese outra cousa que preservarse
como se esa idea base estiver truncada
ou obstaculizada por algún ridículo afán ou se desvirtuase por outra clase de imaxes que tivesen de seu o dereito a manifestar outros intereses
calquera que este fose
e non caíse que a vida é un permañente comezo
hai un arte superior que sempre se malvende no mercado
moi pesaroso
e dramático como a mesma vida
pouco sagaz
misterioso e profundo
dono libérrimo dos seus actos
que pretende á mesma vida como noiva
sempre humillante
unha débil raiola nos escuros presentimentos da Humanidade que mantén a tea acesa
unha débil esperanza logo
entre todos eses tráxicos vivires que acontezan ou que aconteceron
débilmente
as lapas que alumean no fogar son un voto a Xúpiter
dun devoto da Sublime Paciencia
unha culminación do espírito que alcanza ata os mesmos alicerces da memoria non escrita
mañá tedio
mañá filamento
os duendes aos que pido auxilio xa comezaron moverse polas covas recónditas
polos rañaceos dos 316-avo piso
polas portas sen ascensores
polos brillantes e postálicos palafitos da costa índica
pola preguiza do boi e a chuvisca
polos ramtampláns e as indias expósitas
pola tuerca engastada nos eixes prehistóricos e as bolas de billar
polos glucemas e globulitos
razóns ásperas da sagrada conciencia
intocables follas de azafrán
viva puerto rico
alí na nai matriz o blog fixo acto de presencia e ocupa toda a contraportada como se fose underground
ou piso sotérreo
supremos idiotismos
ata pensei que pensaba comigo
artículos
o dereito inalienable á liberdade de expresión só alcanza ámbitos moi reducidos e pouco utilizados
uns cantos borrachos de aldea reunidos nun xantar a cantar cancións de lembranza e camaronga non os van nin sospeitar
pasará o coronel por diante dos seus ollos e a vista longa dirá inmediatamente firmes ou descanso
é triste crer que un boi é o prototipo da nai terra
pero é máis triste non ter nin sequera boi
o vento dou xa a súa primeira racha
os sonidos cascabeles me invitan ao centro da cidade e aos ratos lánguidos nas conversas das xentes
o único sitio onde non teñen gañas de rematar
e onde as guapas mozas brillan como bolboretas
onde os signos non te poñen sobre os ombros as pesadas cargas necias nin o botarate
nin tampouco igrexas que non existen
a alma xenerosa será engordada e o que liberalmente rega tamén el mesmo liberalmente será engordado
porque con regocixo sairán vostedes e con paz se lles fará entrar,as montañas e os outeiros se alegrarán e todas as árbores do campo, en vez do matoxo de espiños subirá o enebro. En vez da ortiga subirá o mirto
ves á humanidade desconsolada cando se lle afunde un submarino?
Sabe falar? E con quen?
Bohemia tivo un conde exquisito, digno da Maxestade dos seus Súbditos, rufián, mulleirego, lacazán, proletario, carvoeiro, volunteer, vutre, maleducado, soeaszo, karpinski, vitriólico, minibar, festeiro, alegricoso, fundamenteiro, langrán, pouco amigo dos seus amigos, pertinaz, desmemoriado, chulo, pouco amigo de sentencias, west love history, necrófilo, esbardalla, confidente, repudia, pronto a aparecer e tardo no irse, dono da súa historia, morcego, vaia fillo de puta, elucubra no verve amoral e guitarreiro? Nazón: un pano de bágoas, detrás da barra do bar, interese desinterasado polas cousas, finalmente: suicidouse, e tirouse polo barranco que caía a pico polos muros do castelo de Sweizheinbërg, acosado polos mesmos Súbditos que o adoraban, destrozando o seu corpo desfeito polos praceres contra as rochas, perdendo con elo a súa independencia; os seus Súbditos organizaron un enterro que durou un mes, traspasando tamén o umbral entre o que é posible e o que non, e nesa liña imaxinaria, a cabalo do bacío deixado pola súa ausencia, nunca me pasei nun mesón, sempre había mellores cousas que facer, cantar unha canción, beber un vaso de viño, mirar tardes e tardes as paredes e a fascinante noticia da presencia de avelaíñas asolagando a chegada dos visitadores, a lúa no ceo, marta chávarri, ella era así, a imaxinación vóa, detectas, ulisqueas, cheiras, aromatizas, cres con elo ter o corpo do teu amante, e dicir este é meu, huelga, bonitas historias che conto, a fascinación de pequeno pola cor laranxa dos micropuntos facíame ver escaraballos nas tuberías militares, e un estaba costumado dende máis pequeno aínda á presenza deses pequenos bechos, aos sulfatos, están dando un espectáculo público, ás veces, miras polas varandas e non ves nin a horta, o desinterese que mostra a multitude polas cousas de casa é abraiante, costumados a pós estratosféricos en iates de recreo de 120 metros de eslora, erran os ecoloxistas ao querer rabenar a captura de peixes e mariscos da nosa economía pola falta de recursos dos sobreexplotados caladoiros?, marisco na redonda, non hai elementos épicos que dramatizar nesta historia, co que o carácter autobiográfico do poemario se incrementa, alá nas beiras do Pico Sacro as montañas que suben polo Ulla arriba case son mudas, e a montaña cae, e Sísifo volve subir a pedra, despos de lustros de inactividade a actividade natural reanuda o episodio onde o deixou e rexuvenece o lugar ferido, as casas-pobo do burgo das nacións no monte do gozo parecen agora máis ridículas que cando tiñan menor consistencia, me envolven peregrinos, hai unha manada de bois e vacas alá na ladeira de enfronte ao recinto que ás veces sae a pastar e son sempre ese espectáculo gozoso do propio espectáculo, chaleciños destes de 30m² auspiciados polas circunstancias económicas de moita xente, e ¡albricias! grazas a que os fan, dende todos os ángulos das traxectorias, sería unha problemática máis que engadir aos resultados catastróficos do anterior ministro de economía, a aqueles grandes escándalos financeiros que camparon polo país non fai tanto, ou moito, se se pensa ben, celas excell que todavía teño que aprender manipular, ferramenta eficaz esta do ordenador, así é ao único que lle mandas (manadas), vexo bela e fermosa a paisaxe coa miña irmán, agustina de aragón, a puñeteira exconselleira de saúde e servicios sociais impúxome unha multa moi seveira, aínda lle teño que recordar os anos pasados baixo o seu liderádego, jady mitchell, divorciada despois aos tres anos, a creación de problemas é unha especialidade que non se adquire nas universidades, e cómo resolvelos, tampouco, tampouco se adquire sentándose no despacho ao seguinte día de ser elixido, necesitas uns tempos, pero non establecidos por eles, necesitan unha madeira onde apoiarse, tampouco os problemas non creados son relevantes, as solucións xustas aos problemas sobreescritos só poden darse en igualdade de condicións co que o atinxe, e o herdo cultural manifesta claramente a vontade de dividir a herencia a partes iguais entre cada un dos fillos, sen atender a razóns ideolóxicas de ningún tipo, só á xustiza, feita así a través do paso de séculos e séculos facéndoo, nunha realidade que se plasmou entre o ano de nacemento do pai 1923-2005 ano era, todo moi relambido, eu aínda recordo o toxo ser conselleiro de cultura, milagrosas aves de presa andaban á captura do jmer,
Agustina de Aragón en Laraño, mes de navidade de 1967, unha noite moi profunda, ía utilizar o conde para a Causa, verdadeiros problemas de cabeza mo impiden por esta vez deixando para máis adiante as cousas
Eu estou escribindo para o editor:
Está prohibida Madonna
E materialmente está prohibida Madonna, está repleta de chismes, algo que contravén a moral pública
a ágora
o foro
as ninfas
seliéucidas tratando de arrexuntar o sultanato de bagdad a toda costa
soldados universais desmoralizados
un bo bufido
agora a verba era a miña
a loita preséntase polo bando do atacante con sentido estratéxico apelando a todas as triquiñolas posibles
polo bando atacado: as cousas son distintas, e tanto, que son difíciles de comprender
entre o desexo que hai en todos de deixar en casa todas as tristezas e a outra de abandonarse ao mundo
memento que é xa outro memento
memento dobre
lugar cómico por excelencia
unha aria de ópera lentíssimo
enfermo
lucifer anda de rolda
animais ñaña
vincitores!
Hoxe escríbese tan de présa que o pánico parece emanar de cada páxina escrita, e que a boa virtude da observanza (vituperas vituperandi) a boa virtude da observanza é unha das primeira regras en ser incumprida, alí nai, platón, sócrates e aristótoles, presentidas traxedias sófoclicas, en lugar de fermosos narcisos, e lotos que un contempla trasladarse dun lado a outro coa mesma rapidez coa que canta un galo, non son espírito chivato, é aire san respirado a pleno pulmón, unha campiña de atrás da casa que sirve de refuxio como a Toscana servía de refuxio a tan grandes viaxeiros, Conrad mirando pola fiestra un mediodía tardo, cos raios do sol xa apuntando o seu declive, e as ásperas e tranquilas noites asomando, ¿quen domina? ¿a quen lle quer botar vostede as culpas? ¿cántas cousas pasaron ata o de agora e nin tan sequera nos dimos conta? ¿é preciso recordalas? algúns alumeamentos son así de doridos, tamén a muller conta, alí embaixo a carón do estanque florido, enardecen de gozo as ánades e os gansos silvestres, visión aínda terrorífica presentida en Rambo, cidades convertidas en surtido de xénero da violencia gratuíta do señorito, lidias sempiternas prometidas, cabelos lacios, media melena, tinte de pelirroxa, agora se levan as morenas, luthers de deustchland visitantes ilustres, afección á provenza,lugar lúdico por excelencia, a maioría dos casos resoltos cunha fermosa noite a carón do querido, ecos de todos os chismes do mundo, bo observatorio cinexético para a contemplación das diversas especies, aquí, como nas Galápagos, a fauna e flora específica atrae a vista no naturalista que pretende descubrir á posible solución do enigma creado pola publicación de Darwin: “a orixe das especies”, creándose feroz combate entre os detractores, que se apurran uns a outros tratando de ser a resolución definitiva, son os que levan a cabo unha política sistemática de aniquilación do considerado máis débil e sobre o que cargan as súas tintas, nun escenario wagneriano : “O Ocaso dos Deuses”, tendo por testigos á Fragua de Vulcano e á Mesa do Banquete de Baco-Dionisos, mentres os emisarios tratan de captar para as bandas “foraxidos sen lei”que non coñezan ningún principio, “bandoleiros-lei”que actúan seguindo o coñecemento expreso da mesma e da que aplican os riscos, “mercaderes de traballadores”que arriscan só capital humano, tención á Rexión de Babia, repousa cabezas dos Reis de León, quebrantaósos nas antípodas do mirado, e delectido, distinta a verba oral da escrita, leis moi rigurosas, de xustificado cumprimento, toda a tarde manifestando a miña predisposición ás materias non escritas, lugares que non se coñecen aínda, maxia potasia, barbilampídevos orates queimando o asfalto ata altas horas do mencer, magníficas barcas para pasar dun mundo a outro, lugares desa noite evocadas en calquera punto da xeografía, nobres, autosatisfintes, filosofía arrastrada e moitas horas no taburete, carreiriñas, carreirolas, carreirazas, hipólito de sá bravo na súa historia do monacato parodiu con precisa exactitude os excelentes momentos que as colleitas daban saborío aos bispos, extensos como latifundios, levados con man de ferro, cargar cos mortos, facer un feixelo, botalo ao ombro, e pasear ao Cabaleiro da Triste Figura polas aureolas dos nosos sentidos, ¿somos cabaleiros á súa usanza? maragatos sofía ñam aí na terra o olvido, miss gráciles balompés non durarán nin un bocado na súa gorxa, a contemplación satisfeita en todos os sentidos daría áas aos meus caprichos e confuciosamente a alerta falaría de ata ónde nos poderíamos tocar ata ónde ese ónde sería posible, lazio, biribiri, eses ollos picantes e ese corpo estilizado supoño que desexo, écixa, temperaturas extremadas en verán, unha pota térmica, o calor estival no inverno do algarve, alá xunto a Enrique, O Navegante, na punta mesma do Cabo San Vicente, dende aquel promontorio ao extenso atlántico, ves a troposfera en días despexadísimos con Venus relucinte, saíndo da Concha amodísimo, como calquera exquisito percebe, tamén Nadja, e Antonin Artaud, e a copa de licor, areas solitarias areladísimas, un soño irrevelante, un vulgar soño como os que aprendemos a tecer dende nenos con estrelas do celuloide e mercadillos, fabas contadas, facendas filibusteiras, arriscadísimas maneiras de comportarse sen ningún tapuxo, outra vez o mercado dos soños se move e o aire aquel viciado se despexa, enerxías renovables, partes helenísticos, fianza, sutil o transcorrer das horas sen sentido, refén un dos elementos impositivos aos que teño que facer fronte porque é aí onde está a salvación póstuma
Ao delicto haille que contestar co mesmo delicto?
Agora o vento, que non move nin unha folla, nin unha simple brisa aparva ao infinito horizonte, como se presentise a miña queixa o deus Eolo mandoume un recado, neste baile imperfecto da creación que cantaba Bloque, as iras estaban enfocadas cara ese patrón típico, o verdadeiro cabrón
Irmadiños en Acción
As formas enfitéuticas de salvgarda da propiedade están eficazmente instaladas nun amplo sistema de abusos perifrásticos e tecnoloxía punta
¿Con quén mo monto eu agora?
Dagoberto asumiu o seu papel presente e foi ás súas anchas mentres lle durou, agora deixando os despachos desocupados a perspectiva é distinta e xa se ve doutra maneira. Aquelas prerrogativas do cargo hainas que deixar esquecidas no baúl dos recordos e contarlle outro conto a Alicia. E alí, onde Alicia se encontre liberada das trampullas coexistentes, plantexar tamén se foi verdade todo o que contamos, e algunha puntada deixada ao azar non nos desfai o vestido, o edificio ou o noso singular retiro. Se hai alguén que nolo descubra e nos traia a paz que nos buscou de volta, auga de limón para a seca da boca, infusión de t-e, eh!, aquí remataríamos, non lle debemos nada, a estela do avión pasa por riba das nosas cabezas e os mundos entrevistos estaban claro que non eran para vostedes, que habíaos que entregar ás xentes con experiencia verdadeira, non a esa cova de farrapentos roñicas que non soltaban prenda
ѨѢѤѪѬњӸԹфՔ۩आईख़ঝঊॠॐহਊਔઊૠ୪ூஇ
Non podo ser máis sanguinario e destrozo así a lingua para que lle chorree o sangue ese vermello que un día quixo ser azul
Tampouco nadie sabe defenderse
Coñecín loucos no Psiquiátrico de Conxo que por exemplo ingresaban por pasarse co costo
Ingresaba cada día bens e raíces
docemente, como se fosen brisa, detalle do mundo non vencido, tamén ciencia dos meus ollos,
o único que encontrei para estudiar: collitus nefriticus
e fux i ría rápido o máis veloz que puidera todo o que pensase para que rematase rápido porque o rápido era o fotógrafo da familia
os efectos sonoros non consiguen a atención preventiva do método auditivo porque os oídos se encontran moi desenvoltos e o rebote da onda colle xa frecuencias inauditas, irrepetibles, a fumigación dos meus pulmóns prosigue a ritmo tamén pausado, nunha loita sen cuartel co movemento, que trata de domeñar para que corpo-espírito vaian ao compás e, atención as reviravoltas
a min estábame tratando de buscar “o accidente”
hai anos, mirando para a cuberta do Enterprise en augas de Mallorca, aprecieino como unha mole no horizonte, preto do porto, envolto polas nubes do Mediterráneo fantasmagórico como o espellismo; esa noite dormín presentindo, a aló á mañá, cando espertei, a nova xa correra por todo o buque, alguén se suicidara, as labores de busca e salvamento tiveron que ser supendidas ao non encontrar o corpo
á mañá seguinte
sempre á mañá seguinte
uns pementiños de padrón mañá ao mediodía
¡miúda lambetada!
O universo tempo volveu pararse: as escuadras invictas derrotaron outra vez á linguaxe do medo e alí onde os grandes outeiros onde ondean a media asta os principios éticos da nazón
requebrados por este señorito
como Xoán de Inés
necesitarás a moral da trotaconventos para satisfacer todas as débedas de honor que truncaches
todos os idiotismos que cargaches no meu haber
estúpida vinganza
arévalo
o bilingüismo é un preedicto teórico que impuxo a folla de ruta en nós hai tempo
as razóns básicas polas que a lingua utilizada vai en contra dun ou outro
orixe perenne das nosas mesquiñas e máis malas intencións
orixe tamén da construcción moral das nosas inquietudes
o bilinguismo
que non temos superado por ningunha outra estructura práctica de utilización da lingua
vista como o edificio simbólico da actualidade presente
razón-luz do máis próximo
as perspectivas económicas a longo prazo tamén se fan necesidades evidentes
como o de mirar aló do horizonte
interior
os esquemas privativos dos elementos constitutivos dos seus estados materia
como se fosen partículas de ADN estructurais precisas que constrúen “celularmente” o edificio posterior
tarefa na que se solen sacrificar as partes máis vindicativas e rechamantes
os paxaros de cores
as froitas exóticas
as orquídeas tropicais
e os anxos do ceo cando perderon o tempo para calquera cousa
xamais
natureza podre
cúmulos e nimbos protexendo xa as moradas celestes
o espírito do creador entre as nubes espesísimas cubre o planeta agardando a súa volución
que remata convertendo a mirada nun cegador e esplendoroso sol
friuburgo:
as torres pináculas da sé apostólica olladas con respecto parecen así como que se inclinan cando as miras dende abaixo ata onde o último grano se funde coas nubes
alí nese espazo no que se tocan
hai tamén como unha ruptura
tamén no dedo (¿quen pintou a Capela Sixtina?) no que deus infunde vida ao home
e no momento no que este se xunta a outro
e tamén na órbita celeste
un espazo suspendido que une-afasta
na composición do átomo
unha ligazón-desligazón perpétua
a composición tamén agrega:
que elementos discontinuos da táboa periódica
que parecen ter o seu nexo-desconexión no argumento que realmente os une
tal vez un estado superior de estudio
porque o universo estase compondo-descompondo a cada segundo e a lei de gravidade xa non explica cómo podemos saltarnos a súa constante rigurosa e achegarnos(como nun salto do tempo) a outros mundos máis alonxados onde a técnica terrestre aínda non chega
elisia froita de acontecer maduro desexable caricia dun amor máis puro parvadas de soñadores multa doutros animais instintos concordancia paridas de preñadas manifestaciónpola dignidade
Humanidade humana
grazas zorra
filamentos acesos reclamando a fin das cousas
escachando co uso prolongado dunha situación
introducindo novas roscas
metálica
news heavens tears
a paciencia absoluta que reclamaba a man engastadora do mecano descubriu unha forma menos dolorosa de levar con si mesmo os seus pensamentos-ataduras
e traduciu esporadicamente toda esa exposición que sae do cliente
e do que se vai vendo milagres
tampouco isto o sabíamos, pero o que
está diante da porta ofrece sempre os seus servicios e iso non hai maneira de mudalo, suporemos que acabamos pagando ao mellor postor, e que os detalles melodramáticos dos que se dispoñan porán beliscos de alicientes no acontecer particular de cada un, o xeneral non ten quen lle escriba, nun lado do magdalena, a facenda baixo o sol invicto do trópico traía unha febre distinta, hoxe en día descafeinada por esa plaga de humanidade que se ten que mover sempre, e que vulgarmente se chaman turistas, nós, no diario, deitados no leito do enfermo, baixo unhas decepcionantes condicións médicas, aspiramos glorificar o que nos reste do asunto, cousa na que investimos o noso sangue e o noso suor e as nosas bágoas, e tamén a axuda de entes sen especificar que poñen a nota árbitra, aquí nos ártabros, miña vela papavela, o reloxio dos tempos, a cándida luz na que vimos a este mundo, coroas berenices, legañas xa nos ollos por terme levantado ás seis da mañá impulsado por este desexo vehemente de expresar (e delatar con elo) todo o que acontece ao meu redor, un lugar Heilderberg que aspira á unha República Weimar, aspira ese aire na Terra e empápate del, aspira o recendo das especies que veñen de fóra e empápate del, aspira o aire furibundo que nos traen e que seguramente acabarán con vós, a extrema lentitude, TODO SOBRE MI MADRE, elefantochos buscando a súa senda, aínda nos queda unha revolta, miña nai en cuarentena, alí nas capas altas das nubes os ceos que se ven entoldan todavía máis a superficie: tomade sóviet: a partición do país por parte de cada elemento líbranos un pouco do amo, e só a nosa torpeza fai que caiamos nas súas mans, é a man, a man de deus, filtros de cores ai nas súas mans, filters of coulours ai nas súas hands, ai, ¿e se me trema o pulso e fallo nunha medida da composición? Et amén
¿porqué porqué o pato lucas era ata logo lucas? ¿somos malos logo nós por elo? ¿qué idiotez se me acaba de ocorrer agora? cabalos no pescozo O mundo medicinal puxo sempre de manifesto a diferencia que había entre a propia curación e a curación que a facía efectiva
non, despois o comercio trouxo tamén
barreiras que escondeu dun plumazo ao darse conta que era realmente de imbéciles non velo
e a apertura democrática vai facendo o reto resto arresto do que quedaba en man común, tamén chamada pública, e amais, privada
persoaxes: amadís de gaula, novo mester de clerecía, cabaleiros de bonaval, saritísimos, mike olffield, miña curmá en oriente, o excongo belga, taekwondo, mananciais da preguiza, rúbricas no altiplano, un país dividido en dúas partes igual de testáns, bromos, cromos, dromos, soliloquios, malestar en manoel antonio, san andreses de teixido, bufardas áticas, cartaxineses novos, ríos descoñecedísimos lugar onde prougue falar d3 todo un pouco, case recén metido no meu niño, os anxos e arcanxos divértinse ao louco, sen saber, o remedio para tal cura, que din eles que a cura é o mesmo remedio, vin sacerdotes entusiastas no corpiño alabar a deus con misericordia, vil desprezo da tolemia, a tolemia, volvo repetir, isto non é alcohol, duende de Irlanda
a prostituta non quer dar om primeiro bico, o do
sinal, aceléraseme o pulso metódico e a razón me impón unha seveira observanza, oro et laboro, mecachin ros que non val, que non río, que non fonte, que non carballo, carballeira, piso odiado, a bris da tarde acariciando as túas meixelas, facendo voar os teus mechóns de pelo, qué circunstancias, qué sobredito, qué expulsión, qué fianza, qué queda dito e qué non, aconséllome mulleres, eu coido que foi a prensa a que perdeu o norte e que foi a mesma prensa a que se puxo en situación de norte, relativo a adquisición de bens o único brazo que hai é a torcer, e a torcida esixe, quere ver as cousas xa feitas, o tempo-espectáculo pasou de moda e as correntes telúricas que din que non vaiamos moi de présa, tamén aconsellan unha vida variada e predicamento, non serei eu quen non me poña sobreaviso, tendo, xa costume, de idealizar a situación levándoa a cuestións que só me atinxen, poriso só cuestiono que outro faga o mesmo, o que non sei qué vou gañar con elo, non o teño tan claro, non sei realmente se é unha mingua no meu dereito ou unha axuda espiritual tipo Santa Tareixa, os irmáns xa deixaron o lar paterno-materno, anque aquí sigan vindo, supoño ser a parte material do fogar que dá unha idea clara da súa situación no mundo, ou mellor, palabras que me teño que tragar e considerar a opción outros como sinónimo de camiñada, andaina ao tempo que vostede, lugares da imaxinación reais ou ficticios onde se coloca a mente ao agarde das disposicións adquirintes, tamén mo teño que tragar, supoño que o próximo Roland Garrós terá a solución do dilema
o dilema
segun ti non podemos xogar coas letras
as letras non son propias para ser xogadas porque o manda vostede
e vostede é aínda relativamente autosuficiente en relación á moral pública
tamén amplamente bastarda co que reclama de seu
e, supoño, co que ten realmente dereito a reclamar
sexa pouco ou moito
¿realmente ten dereito?
¿en ónde
ai comigo fale en total liberdade
a vicepresidenta primeira da mesa de deputados tivo unha consellería de relacións públicas en santiago
e ía á mesa electoral dar bicos e tenruras
(¿só aos seus amigos?)
(¿maldito schindler?)
as modelos nas páxinas centrais da sociedade
tal y como lo veo
bueno, a perífrase verbal galega estaba levantada sobre un edificio de nova planta e pouco podía dicir a prol seu
supoñemos que estas cousas cambian (non teñen que cambiar en España, sirve con que o fagan aquí) s. S. S. S. S
A MIÑA LINGUA MAI ¿está en mans de orates?
só se me fixo a boca auga
termos que non existían dende a época do cine de destape
arredor todo é explotacióőn
a culminación do capitalismo
(non éé como asistir á función de teatro)
(os estudios non poden ser máis rigurosos)
la revista: diadorama. Cinéfilos en apuros.
“a letra pequena con sangue entra”
na rivière agora os papparazos están de estío
a pureza da páxina non ten nin volta de folla
⁸⁸ ⁸⁸
88
88
88
88
É o delicto máis rápido. A humanidade unha cousa risible que nin colle no telediario. Veñan vir burócratas dos medios, dos medios burócratas, solucións prefixas de todas as nosas apetencias, ¿a ónde vamos? ¿quen somos? ¿Qué Quen Somos? QQS´s?
A lingua arde e xa deixa atrás a crista da espuma. Estarei só como o papaventos rompendo na inmensidade dos mares. Guiado por un universo cambiante ao que miro sen cesar preguntándome se o acaso...? que me dirá o acaso? tal vez inconvintes? qué agardan encontrar no camiño dunha estrela? un discurso incoherente?
Broadway:
O alegre casino estaba cheo a rebordar. A bingomullercantadora facía coa voz o que lle petaba. ¿Liña?. Daquela eu tiña cartos para ir ao bingo. O bingo era un sitio encantador. Bebía botellíns de champagne non me acordo a qué prezo e remataba ás seis da mañá bebendo torres 5 na república do salvador, mentres a mañá descubría e os amigos se ían para casa.
O vento xélido sopraba na mañá. Os lobos acometían as súas primeiras presas, ás que intentaban rematar pola noite. O sol apenas supuña unha tenue cor gris na mirada. Espertara e tapárame cunha manta. Os cartos escaseaban. Era realmente como estar noutro tránsito, como se souberas que ocorrería algo que ía supór unha certa estabilidade económica para longo prazo. As cousas da corte así o predicían. Todos os demais agoiros. Só me ficaban por estudiar as filosfías orientais. E facía máis frío. Estes do tempo non se equivocaban. Estábamos en Agosto. Xa había catástrofes no cine referentes a episodios de glaciación en Nova Iorque. En Agosto, reino do orballo. Coa manta non estaba ben, teño que pór algo embaixo. Tal vez así recorde porqué escribo. Os Diplomáticos do Monte Alto de Monte Ajurra. As reservas rotas no Estatuto serían máis dereitos e máis salvagardas económicas. A oligopédica Galiza rumiaba vinganza. Os altos xerarcas se deitaban ás sombras dos Grandes Mosteiros qué luz tratando ver? Qué cousas hai aí diante?
Crack na bolsa?
Medo. Os lobos metían un medo tremendo todas as mañás créndose tamén a salvo. Vendo que podían morrer tranquilos.
Aquela selva do amazonas que reducía á cabeza dos homes xíbaros era para porse á súa altura, sempre seguindo as regras que se poden salvar do estado de excepción, tratando de pasalas ás liñas para que rompan dunha vez por todas o cerco, alí os broncos eran os que máis berraban pero non os máis eficaces, o madison square garden estaba enteiro tocando polo país adiante en cotidianas xiras radiofónicas, algo ao que non estábamos cotumados, o salvaxe era o xentilicio, o´, e alí na mamá selva onde unha cervatana todavía era eficaz e case indetectable, buscaba o veneno do seu dardo (carod rovira) para utilizalo contra algunha xente, mittle-europa estaba queda, como unha espiga dun milleiro mecida á brisa constante da colleita, os accidentes xeográficos que había que salvar, eran apaciguados polo senso do intercambio, do máis puro troque, comunismo libertario, osdedosnomeuordeanadordéixanmepóraletraquequeira sssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss
¡Ai que traballo me costa
quererte como te quero!
Polo teu amor me doe o aire,
o corazón
e o sombreiro.
¿Que me compraría a min,
este cintiño que teño
e esta tristeza de fio
branco, para facer panolos?
¡Ai que traballo me costa
quererte como te quero!
Polo sendeiro que había detrás da nube as pernas tiñan xa dobrado aquela reviravolta un par de meses. Era mesmo idéntica. Como unha pequena encosta diaria, da cesta da compra, da dor dun ingreso nun hospital, da tristeza dunha partida, da perda dalgúnha ocupación... esa manada de cabritos despois de comezar a guerra quería sempre esconderse, e si non a comezaban, queríanche dar a razón como se dá a razón aos loucos cando siguen coa súa teima. E o que era curioso é que coa súa teima seguían, pero non agora cruelmente supeditada a un concepto de superioridade que non existía, en ningún deles, e razóns non faltaban para dicilo. Si, ao fío da suposición o máis espléndido deles só atacaba á mouramía, deixando o resto para o resto dos profesionais que así comezaban declarar. O Profesional Panadeiro. O Profesional Agricultor. O Profesional das Ondas. O Profesional Escultor... Había aí na nube como unha mancha, algo suxo, que os tocaba a todos, nin tan sequera os nenos na escola conqueriran aplacar a súa ira, que rebordou polo outeiro abaixo como un río-riada que deixou a toda España noutro sitio, descolocada, nalgún lugar de Extremadura, supoño, na tenza aquela de Delibes na que Paco Rabal facía a miseria el soíño, esa miseria presente da que intentaban escapar como se fosen donos dun máis que pútrido negocio, e se preguntaban, despois, cando xa temos seguridade de que nada nos falta, falaremos disto e distoutro, porque parece ser que a miseria non era cuestión de falar, que tiña o nó repetitivo, e sempre se baseaba nos mesmos puntos de vista: que si o can era maricón, e xa lle notabas ese regusto ao leite que tragou, que... ¡aquel outro era militar e quería operar en terra firme! –vasura, e ademais a televisión facía o que lle petaba, sacaba das súas entrañas calquera experto que coa súa sabiduría deixábache sentado e submido nas máis inquietantes preguntas: ¿sería isto xa como as visións da Apocalipse de San Xoán? Quero dicir: ¿non existía outro mundo con outras palabras máis amables e doces? ¿como é que eran tan intransixentes? ¿debíase ao estado da alma? ¿sería realmente distinto noutros lugares ou sería como así xa o aseguraban?
mira un sij a barlovento
alto nivel de vida, guapote, con cabeza de serrín, e sedicioso
buscando unha guerra civil que preexistía no seu calote e da que nos quería facer a todos reféns
misil gato con botas
as terras antárticas aínda necesitan mariñeiros que saiban explorar as súas riquezas naturais, e ai, si, no frío polo, aí si está ben, facendo de conto, aí lonxe, sempre lonxe
saca sempre seu eu como se a seu eu lle tivésemos que facer o reporter
como teñen a un enfermo ao que ofender aínda siguen dicindo que son de dereitas porque están sans, sen ningunha outra excusa coñecida, tamén dise de dereitas que ten unha palabra máis alta que a outra, e tamén, suxeitos vagabundos sobre os que aplicar... cómo lle chamaban? ... a lei de vagos e maleantes? También pejito se la ofrece a duras Nós non sabemos se pican ou non E ademais aquí hai moi pouca xuventude, como case en toda Galiza, volvemos ao lugar da emigración:
os fillos téñense que ir porque na casa dos pais non hai recursos de ningún tipo
o son monocorde así o parece anunciar:
os nenos son os grandes sacrificados Abraham
deus puxo nas túas mans o coitelo polo que cortarlle o pescozo Isaac e no derradeiro momento te detivo
historias distintas non ese aburrimento consubstancial ao seu sangue inmovilista fágase á idea de que isto xa é así en todas partes
os fantasmas que quedan na tenza dinse con dereito levar as súas propias cadeas (máis dereita) posto que eles todavía non contemplan o traballo conxunto como un símbolo de benestar para o país enteiro
e ameazan continuamente con pragas bíblicas que metan medo nestes xa corpos de adultos como se a eternidade non estivese descuberta e como se fosen alumnos malísimos do que aconsellan
mala escola, peores ideas, nada de luxos, todo pobrísimo
correndo diante da vara de Moisés que cha puña nas uñas e doía a deus dar
d. Gonzalo tamén era de habelas criar
e D. Xosé...
e D. ...
tratando de autocorrexer: a simbiose do látigo entrevisto en apariencia ceibou un mal olor, que sabe deus de onde viña, tamén un claxón, non hai nadie no redor con quen se poida falar con rectitude, eu son o fillo menor da familia, as leiras da herencia non son productivas, habería que pór un torpedo na base do edificio e afectar profundamente á súa liña de flotación (ataque que posiblemente tería éxito se o lanzatorpedos se substitúe por un lanzagranadas –baratísimos no mercado-
e consegues britar algunha fachada superior) miúda merda de guerrilleiros
a porta do CEGO VISTOSO non fai máis ca reclamar a algún así e o foro veña negarllo MPLA lady di antiminas
As palabras-féminas son as primeiras en porte no teu sitio
Despois da longa viaxe un parece rematar aquí, nos abrazos das encantadoras sireas, que provocan cos seus máis perversos cánticos que a miña alma trastabillee
E queira xa os froitos dela
(¿da miña alma? ¿da túa?)
leron o ambiguo
(isto soa a ameaza pero non o é)
a sirenas xa cren controlar todo
yo me fumaba ahora un chino
¿non sabía como era o dictador?)
a corte corsa
os mellores corsos son agora nazioalistas
Napo-león
tamén quixo acaparalo todo
trouxo as liberdades de Europa
ao contrario
que todavía persiste
últimas noticias:
a perda de honestidade é o seu máis fiel aliado
limpamente claro gótico:xa o teño:determinación
imaxes iconoclastas
da virtude
a democracia supoño non será cousa dun día
D
aconsella: dea, dea, dea
ya está ya otra vez yo con el yo de los cojones
out-line:
alberta heavy
bolxois imanentes do dánzo, consumado bailarín, torpe sempre nos seus primeiros pasos:
expraiese a gusto
limar asperezas
ausentarse de todo o que estea facendo
como lanzar unha voz cara o eco do precipicio
e estar rebotar en mil voces distintas cada unha co seu ton
tom? A cabana de tom sawyer?
Huckleberry fynn?
Non había un lugar da paisaxe que fose idéntica, atropelada agora por toda sorte de máquinas e obras
Bobby pin
Bloody Sunday:
Postas xa as pistolas nas túas mans, mans limpas, rexeitas os primeiros balóns, como se foses un prófugo claro, tan propios do laranxano oeste,aiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisaisisaassaaaaaaaaaaa
O propio peso das cousas caen as cousas polo seu propio peso Newton
A lei de Murphy
Pétalos de rosa esparexidos por todo o mundo
¿vou ter eu medo dun par de cativos?
Agora os domingos fan misa entre as 4 e as 9 da noite no piso de abaixo seguindo as últimas modas de Texas
Abxuran todos os días de alcohol, sex and drugs e as súas oracións melodramáticas cargadas de certo divismo (agora alónxanse) era un problema de pernocta
(agora aparecen como se non houbese nin un síntoma de vida no mundo e véselle que queren montar unha traxedia)
o vello tren do cáucaso cabalga rebenta o pó das chairas e pouco importa xa o que empoeirices: os vellos recordos, o vello aprendido, a lingua que non está morta, pecaminosos procederes na nai natura que non se rexen polas leis universais da atracción
totalmente olvidadas
as refrescantes polucións dos “Vigilantes en la Playa”
sttefany pamela chi-li (acorde,acorde, para iso está a televisión) ¿tampouco lle refrescan a memoria? Valeria ía sen bragas á cara de Antonio e Antonio tiña que mirar para outro lado (nisto do sexo é todo tan incrible) as bragas de Marilyn eran como as de Bridget non sei qué que eran como as bragas sin de Sharon Stone ou como as bragas plem de Cuentos Inmorales que son como as bragas tin da pepeira máis pepeira do pp bragiñas roxigualdas estampadas como un sinal no fronte treidores á patria galega en bromo verve sinfónica inexistente (polo que se caracterizou todo aquilo que se dicía ampararse baixo aquela bandeira desfeita agora en mil cantos tenebrosos sobre o meu porvir – raíña urraca – este mundo dos mozos que se chaman modernos cando non hai nadie descoñecen amplamente a palabra contradicción e chocan nada máis velas) a cascalleiría do señor maricón do outeiro tamén fai como o resto: contar a historia como ven, cronoloxicamente (el o intenta minuto a minuto) (cada carga de profundidade nas vías posibles son unha carga de profundidade que rebate un cartucho de dinamita nos seus mundos cimentos) (o que dá pé para proporse filosofar sobre o existente) (¿é deles?) (¿de quen é?) (eles afirman que deles) (qué pasa ¿non teño ningún ben na casa?) (¿e iso quen mo defende?) (¿algún partido en concreto?) (¿a xeralidade dos principios constitucionais existentes?) (y no sabe hablar con mujeres) (se le ve descaradamente cuando las corteja en televisión) (¿hai espíritos?) (la señora bescansa tenía maleducados todos los días en casa) (¿quién era la señora bescansa para tener al mundo a su antojo?)
e as historias que a min me contaban non paraban nin nunha noite vellos silabismos do concerto (e así de coñocerto) mamá lista como un esquío trepaba pola tronco e a árbore era toda coñecida
roma a roma
kiloxulio a kiloxulio
atmósfera respirada con atmósfera respirada
e así as ruinas do pó
a morte
circundou unha hora máis a miña vida
me cago en tu puta madre
as meditacións do quixote traducidas ao galego formas parte dun paquete de necesidades básicas para seguir manténdose con vida
non para seguir manténdote con vida
e finalmente a estreitez de miras púxose de novo de manifesto
eu non son tenente
non escribo poemas para que el se enfade
Nins
A man do Señor sempre se mostrou pródiga e feamente, pero chegamos ata aquí (a Pemán o insultan por falar galego) as discusións baratas por determinar a quen lle pertence o honor é igual que a de Medallín, en Medellín atribúenno ás bandas, os códigos de conducta están tan relaxados que o honor caiu tan baixo que non o notas
Tampouco notas
A nota musical envolvéendote
Arrediós que quer ter razón
Y yo porque le tenía que contar as mis padres lo que solo hacía contigo?
A mi me llega ahora un no se qué
Hola Ágatha: se riñe por menos
Hola Davis: reconhezo que o teu carinho mátame e que os que vexo ao teu lado tenhen moitas ganhas de vivir. PARA min esas cousas non són moi interesantes. Horrorizanme
¡Espero que haxa leis para o que se me ven enriba!
Muda
As doce da mañá do lúns, 15 de agosto de 2005:
Os señores de media europa
tiñan xa a enchenta no bandullo:
os seus oídos facíanse xordos
aos clamores populares
e a miña nai morrera con toda clase de atencións médicas
a ola do cura pasaría o tazo
e,
¿cántos mortos máis no seu haber?
¿servían os mortos para algo?
Yo quiero que a mi me entierren en una vasija barro en la tierra obscura y fresca como a mis antepasados
en la tierra obscura y fresca
de también mis antepasados
de también mis antepasados
،؛؟ءآأؤإئابةتثجحخدذرزسشصضطظعغـفقكلمنهوىيًٌٍَُِّْ٠١٢٣٤٥٦٧٨٩٪٫٭پچژکگیە۰۱۲۳۴۵
Ẳ ẄởỷЋНŸĽå ˜ rip up
ЁЂЃЄЅІЇЈЉЊЋЌЎЏАБВГДЕЖЗИЙКЛМНОПРСТУФХЦЧШЩЪЫЬЭЮЯѤѦѨѪѬѮѰѲѴѶѸѼѾҀ҂ҐҒҔҖҘҚҜҞҠҢҤҦҨҪҬҮҰҲҴҶҸҺҼҾӁӃӇӋӐӒӔӖӘӚӜӞӠӢӤӦӨӪӮӰӲӴӸ

ti
ti
hai espíritos, azul, bos e malos, ás veces caes de lado dos espíritos bos e a vida che sorrí, ai, pero cando os espíritos son malos...
aínda é pronto, pero unha terrible sospeita abríase paso entre os nubarróns de consentidos que dicían moverse ao meu arredor. Culminaban case sempre falando sós, entre dentes, deste tal, que dicían amais señor, e logo, cando as reverencias e os detalles primordiais, víanse ben pronto por uns arrautos escabrosos de furia, que case sempre remataban en insulto, ás veces só por te saber deitado no leito do repouso, a vontade máis desesperante do mundo. Ti mirabas para Reykiavij e as musas dos xeos tiñan un tecido branco, dun cadáver aínda, polo que case nadie xa gardaba respecto, alí rodeadas polo inmenso océano tampouco se sentían a salvo do que ese mundo que dicía vivir a teu redor dicía, de ti, dun, ese mundo era un inmenso espazo de corazóns rotos que xa olvidaran o cariño, e ese mundo era o que viña, enriba, dun, dicíndoche que estabas equivocado
ti
ti
ti ti
ti ti
ti ti
tititititititititititititititititititititititititititititititititi
crótalo
crótalo
crótalo
escaraballo sonoro
na araña
da man
rizas o aire
cálido,
e te afogas no teu trino
de pau.
Crótalo
Crótalo
Crótalo
Escaraballo sonoro
‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡‡
Mamá: eu quero ser de prata. Fillo: terás moito frío.
Mamá: eu quero ser de auga. Fillo: terás moito frío.
Mamá: Bórdame na túa almofada. ¡Iso si! ¡Agora mesmo!
E alí vai a Aurora coas súas cores de medianoite, cos seus visillos polos que se ve o Universo, pendente de non traspasar o seu tecido,
Pendente de non lle arrebatar a nadie o seu honor e a súa gloria
Na honra da miña nai tamén un minuto de silencio 16/08/05 0:20:50
Ao compás das horas que pasan a urbe achégase alónxase según a vontade que se aproxima
E nesa continua tirantez un fai o posible por chegar a cordura
Nadie máis lonxe de min que estes que están próximos agora
Todo o meu mundo queda agora soterrado nun curruncho de Boisaca preto de dous corazonciños
Dúas persoas que se foron en pouco tempo e que son o que máis cerca tiven nunca
Os mamóns eses do semimundo cren controlar a mecánica nacional do movemento e só son dous palurdos que se pelexan por se Franco está vivo ou morto
É iso foi ao que chegaron
Dentro de dez anos
cando a terra mude
todavía discutirán se é ou non é elegante o senso elegante
alí onde non hai nadie cun fusil co que dispararme
alí onde me abran os brazos e me deixen ir todo xunto
sen discusión vanas sobre o dominio dunhas xentes sobre outras
alí onde a verba paz sexa a verdadeira orixe do noso drama
(mira que ven o pasa Castela cando nas autonomías non hai problemas)
(poriso está Franco de moda)
(como sempre El é o Único capaz de rematar coa Nosa Unidade)
(tendo en conta que meu pai e miña nai foron nenos durante a República a Única Unidade que nos ensinaron foi a que aprenderon durante ese breve periodo republicano)
O MISSISSIPPI NA BARCIA
AP-9
¿Estiven pensando ou quizais non? Algúns afirman que o tempo que un adica a este mester se non o enches con, digamos, o que dicimos pola boca, non é pensar, porque ao non plasmarse nun formato ou ao non obter respostas, digamos, doutro/os-as, pois a opinión máis extendida é sinxelamente, que pensar se calas, e como non pensar, o que é moi erróneo e moi controvertido. Porque a verdade máis extendida é a do parolar, ás veces sen causas nin razóns, ata os límites do absurdo, ou tamén emitir toda clase de gruñidos aos que se lle quere encontrar explicación nas sensacións que causen no que teñamos de convidados. Claro que isto responde máis a esa necesidade perentoria de satisfacer inmediatamente a nosa necesidade máis inmediata de desprendernos do que teñamos atrapado ao estar a carón do outro que dunha explicación apoiada nun razoamento que nos explique paulatinamente o primeiro. Pois non, ás veces pensar non é dícir, e dicir, ás veces, a maioria, responde exactamente ao contrario do que pensamos, que tamén vale para explicar porque ás veces calamos o que non pensamos e ás veces dicir nin o que non sentimos. As ideas nacen dunhas fontes nas que mamamos dende nenos e que necesitan unha transformación. Os medios polos que adquirimos esta nolos dan diversos factores, pero, non todos son nosos, ousexa que non podemos afirmar con rotundidade que entre o oficio de pensar e o simple dicir non haxa nada que non poida ser correspondido cunhas maneiras ou un protocolo que non nos distinga. Efectivamente, haino, pero a maioria non accede nin pode acceder a ese complexo sistema de corresponsabilidades que o pensamento establece entre a orixe e a causa. Se a orixe é o verdadeiro dimanante deses signos a causa non pode facer como a orixe e reclamar para ela o que non lle corresponde por non ser ese referente. Isto é moi complicado. Os sistemas de signos son linguaxes abreviadas ou orientacións dunhas linguaxes máis complexas que non sempre reparan no que un pode ou non pode comprender. Os signos máis elementais que un usa para comunicarse dependen do aprendido, do que se coñece, do que a fin e cabo se quere dar entender, e atopa nuns medios máis facilidades que noutros. O pensar iso, darlle un soporte mecánico (según Descartes empregaba a noción de mecánica) supón transcender da oralidade ou palabreo e buscar neses medios que dixemos o apuntalamento vital. Isto non é tampouco fácil, nin sempre corresponde coa visualidade da lingua. A lingua transformada de pensamento en palabra a través dun soporte mecánico supón un esforzo material de moi elevado coste, e as súas razóns están moi por riba dunha conversa ou da simple transcripción fonética dun suceso; dun ti a eu ou dun eu a ti; dunha impresentable parodia do coñecemento ao que imos de cabeza irremisiblemente por necesidades de tempo dos medios dos que dispomos, e por unhas necesidades ás que lle debemos unha saída por mor doutras necesidades non satisfeitas polo que di cubrir ese senso que di lingua xa formada ao chegar a un desenvolvemento e que non atopa esa sorte na que se expresar. Pensar así, se un o fai para seu, non atopa maiores inconvintes, e o silencio que descubre o punto seguinte, ou a coma, non é fácil de usurpar do sistema xeral no que se integra, o pensamento que un utiliza, para comunicar de xeito independiente, o que os problemas da sociedade reflicten nun.
Pensar e falar ás veces é o mesmo, pero ás veces non; e cando ese non impera máis que a satisfacción básica de expresar por medio de palabras o que podes chegar a sentir en determinado momento do día, a necesidade de encontrar outras palabras que expliquen o que o non quere dicir, esa necesidade volve a un cara o problema que o crea e faino atravesar pola busca externa deses signos que expliquen o que o non lle di que falta. Ao existir un non tamén existe a constancia de que algo parello a el existe, ou esa existencia adquiriu a categoría dun rechazo, o que crea á súa vez unha dependencia, que os partidarios da non existencia tratan de atribuir ao que non ven, de ningunha maneira, e que un, ao cerciorarse, quere desatender. Se o que di que non é consciente de que a súa existencia en nós non vai darnos nada, tamén debería ser consciente de que si nós notamos que a súa existencia para nós forma parte do conflicto. Nós, que somos intelixentes, admitimos que para vivir debemos manter o equilibrio entre o que nos acepta e o que nos rechaza. Pero aquí radica a lóxica dos que nos rechazan, porque ao albiscar que o seu rexeite produce en nós sensacións ou sentimentos contrapostos, a súa teoría baséase toda na comparación do grado de aceptación e rechazo. Se a aceptación outorga unha sensación de benestar e unha alegría, sabemos que a quererá utilizar para impór sini die esa categoría de relación, e que utilizará o rechazo para quererse únicos, para tratar de someter ás súas especiais características de consello a drástica separación entre o que pertence a cada un, ás veces sen motivos, como non supondo que nos descoñecéramos que o que lle pertence só lle pertence ao sumo ata o que lle pertenza, ou sexa, ata que non entra en colisión co que nós temos, que só acepta dúas variables, a maior ou a menor. Se é máis, o tío achanta. Se é menor prodúcese por arte de maxia o rechazo. Poriso dicimos que se pensamos pensamos para adquirir unha vantaxe sobre o que coñecemos, que a veces está ao lado e que a veces nin tan sequera existe, salvo se un ten constancia de que existe, que é o que produce o conflicto. Se sabemos que existe o que sabemos que existe poderá dicir que como sabemos que existe algo debeu pasar para que nós o soubéramos, o que conleva o perigo inmediato, tal como están os dereitos sobre as ideas, de que el pense que iso o converte nun ser superior, dado que nós admitimos un interese por el. Ese interese é o que produce ou non produce o rechazo, ou a aceptación entre ambos cando ambos demostran que teñen igual interese. Como o interese pode ser diverso, multifacético, ás veces diferenciar xustamente o que pertence a un enrédase co que moi ben pode pertencer a varios, o que produce o choque. Se os intereses cadran, por un organigrama interposto entre eles, ou outra especie de arbitrio, os choques dirímense dentro dese organigrama, ou arbitrio, e pertencer ou non pertencer é o de menos. Aquí o interese sería o da cooperación, co que o rechazo ou a aceptación diferirían do vulgar home da rúa en que ese rechazo e esa aceptación estarían inscritos nun marco legal e respondería á ecuación idea-traballo, o que xa é difícil de admitir cando o grado dun interpón entre o pensamento que se esgrime e o espectador que recibe ese golpe circunstancial da frase-suceso que trata de transmitir sen que o debate teña oportunidades de aquirir outras compoñentes que non sexan aquelas tan transcendentais de emisor-receptor a base de complicar a existencia de ambos con terceiros en discordia que queiran aproveitar para seu ese terreo acoutado que só lle pertence a ambos. O invitado é unha transcripción do fenómeno que se produce ao posibilitar esa existencia que non ten dereito a reclamar para seu ese espazo que se xera ao permitir o intercambio nun coto moi privado que non corresponde de ningunha maneira a un público máis xeral, nin tampouco a indiscrección que en materia de sons se dan entre emisor-receptor permite que o que escoita poida facerse dono en absoluto desa especial sintonía que un adquire ao sentar diante do seu espactáculo favorito, ao que só el ten acceso, como se as claves de entrada só as dispuxera el, e como se el, no interior, pensara o que pensara, sacase en limpo o que sacase, formase así o seu libre pensar e a mecánica na que o expór.
Palabreo-lareteo-leria-case expór ¿pra qué sirve? ¿pra qué serven millóns e millóns de libros nas libreirías-bibliotecas? ¿pra que sirve ler e reler de continuo o escrito-o qué se está pensando-o qué se pode chegar a pensar? ¿pra qué sirve levar a vostede un esforzo-unhas razóns obvias ou descoñecidas-un instante no que un se pon fronte a un branco papel-sutil invento-quen o debe usar-pra qué sirve-pra qué sirve un papel en branco?
¿Ata que punto podemos coñecer o que nos corresponde? ¿Quen o dicta?
¿Hiato lingüística non significa nestes casos evolución?
Rocambole foi un dos meus heroes predilectos da nenez, entre tantos outros, pero singular maneira de situarme ante o mundo que viña diante, un meditaba como podía porse en situacións creadas ou ficticias das que sempre trataba de saír ben parado, e meditaba, ás veces as tardes enteiras, días, incluso semanas, sen que o cerebro acusase dano ou superchería na forma na que viñan os acontecementos, cría que iso era un regalo do ceo, e que un posuía un don innato para esas cousas, que trataba de aproveitar sendo máis simpático co que coñecía en primeira liña, arranxando así o que as poucas oportunidades me ofrecían; sabíame xa de entón un soñador, e coido que o sigo sendo.
Dos meus avós non gardo ningún papel. Todo se facía de palabra.
A min os papeis non me producen ningún reparo. Ao contrario, considérome útil entre eles, coido que me benefician e que me proporcionan un consolo. De avós a pais a tradición oral era importantísima. Non se facía nada sen antes falalo. E falar era suficiente para dar por sentado que o que había que facer quedaba inscrito por esa forma de transmisión, que soportaba os vaivéns superiores coa prontitude requerida e necesaria, algo case imposible de facer hoxe en día, xa que as presas colapsan o tempo necesario do que dispós para facerte cargo dos problemas que nazan á banda do desenvolvemento persoal e familiar, desbotados por un problema de maior envergadura co sistema que che dá de comer, que xa non é o mesmo que usaban meus pais e avós, o que propicia que estire a memoria deica onde sexa posible para así tratar de dar as respostas pertinentes a que houbera lugar. A vida dos meus pais e avós estaban favorecidas por un asentamento particular que se me perde na noite dos tempos, o que daba lugar a unha confianza cega nos seus predicados. A raíz da súa desaparición, os métodos variaron o que a priori estaba preestablecido e configuran unha búsqueda máis informal do que sexa necesario para lograr aquela estabilidade de grupo, que é á postre o único que vale para seguir expresándose, a única medicina que coñezo para salvagardarme.
A miña noiva ten un traballo caralludo, isto coido que se pode chamar speingálico, o idioma dos meus pais está esquecido, isto é o que fica:
“o lagarteiro sobrevoaba suavemente o ámbito do seu dominio e albiscaba calquera movemento en kilómetros á redonda, e alí, en calquera punto incognoscible onde o rato se movera, a mirada travesa do fermoso predador...
hoxe emigran a Canarias
había unha artista de cine que en principio foi modelo. Desvirgada cruelmente polos seus compañeiros de profesión emigrou a América. Alí recabou en numerosos empregos, todos elementais, co só ánimo de sobrevivir. Pero isto, que fixo tan acertadamente este pobo durante séculos, era xa materia absurda. Todos se parecían a aquel pobo de Norteamérica que nadaba na abundancia, e o desprezo nacía radicalmente desas clases. Poriso a loita armada, non calquera loita armada, senón a defensa propia, converteuna en cazarrecompensas, claro que tamén en adicta ás drogas de... alí son fáciles de atopar. Mentres metía pequenos rateiros no cárcere co beneplácito do country (o sheriff estaba completamente abandonado á súa sorte e eses “asuntiños” non ían facer medrar a súa carreira política) os grandes banqueiros privados do país puxéronlle detrás espías, ha, ha (¡á cazarrecompensas!) e poriso dise por aquí que perdimos, e que o único que queda e contemplar as victorias do Deportivo ou Celta porqué... porque os cucos xa non se oen nesas arameiras de 58.000.000.000 de Ę, e que as aldeas quedan sen vixianza, a nivel deses depredadores máis astutos, porque os cucos xa non asexan, e o encargo está nas empresas privadas de vixianza... bon esta que explico, é lóxico pensar que a autobiografía sexa unha materia explotable que queda nas particularidades dos nosos desexos, todos subsceptibeles de seres convertidos en papiña para bebés, e quedar así, plasmados na historia, como un daguerrotipo, tirando do carriño e sen outra cousa qué facer... agora metería un verso de Juan Ramón Jiménez pero as novas tipográficas xa van por outra cousa, ás veces o recordo eleva a un a termos de persoa, non, a salvo un non se cre, un le neses versos antigos, un non cansa de ler eses versos antigos...
Este Barrio de Vite, colmado agora no paso dos anos pola enorme cantidade de sentimentos vividos ao seu amparo, as xentes que desapareceron porque a vida quería que deixaran paso a outros, as xentes que se marcharon porque aquí o espazo non daba para habitar máis alá da mocidade, as xentes que veñen vindo, paseniñamente, a través do aluguer, o espazo físico que nos queda para seguir disfrutando duns pisos cómodos xa á nosa idade, que buscan un sinal identitario e unhas melloras técnicas xa acometidas pero non de todo satisfactorias, propostas alucinadas xa caídas no baúl do esquezo como a de instalación de ascensores en todos os edificios bloquetarios, mellor insonorización das cámaras de aire, mantemento dos arranxos feitos e das estructuras ou seguimento delas, bon, pouco máis pensamos se poderían traballar estas casas de protección oficial xa convertidas en estables vivendas moi austeras que vaian máis alá da estética e doutras obras a acometer polas comunidades de veciños co respaldo (sempre necesario) das nosas institucións. Unha desas maneiras de contribuir ao non abandono do Barrio por parte das autoridades na materia e que supoñen pouco custe, dado o número de fachadas a tratar, pois só se reduciría á parte que dá á arteria principal da Avenida de Castelao, sería a de reforzar con signos evidentes de habitabilidade este espeluznante branco aluminio, que vistosamente dá moito de seu (un párase diante da fachada transversal do Polígono de Nosa Señora de Belén e aínda ve o paso das galerías de madeira e os estragos que causaba nelas o tempo a este material frío e apagado, sen identidade) e poriso, pensando noutras partes do mundo no que o peso económico busca maneiras de rendabilizar a edificabilidade das zonas con propostas identitarias non baseadas só no tamaño das posesións materiais e os bens de luxo (dos que só disfrutarían os máis pudentes) como o barrio da Boca, en Buenos Aires, signo inequívoco dentro do D.F. dunhas xentes per se alí erradicadas, ou nalgúns Barrios favelistas de Sao Paulo ou Río convertidos por arte da cor das casas en sitios máis reconfortantes e vistosos, ou noutras partes do mundo que distinguen ben zonas das cidades xa co seu propio signo identitario doutras zonas da cidade onde só unha man de pintura transformaría en alegría a vista dos nosos ollos, converténdoa nun estado exhultante de dominio multicor, que reconvertiría a zona nun espazo máis atrevido e ousado non exento de beleza, que atraería moitas miradas a medio prazo e podería romper a orde de estancamento á que nos veríamos abocados se a realidade impón as súas pautas de conducta, e pola que vimos atravesando dende que nos trouxeron para aquí, unha coloración de fachadas baseada nos desexos de cada comunidade de propietarios, sería un punto de arranque para organizar asambleas de propietarios que discutisen cal puidese ser a máis convinte aos seus gustos, un motivo polo que romper drasticamente con este entorno de case trinta anos, abocados abandonar este lugar por carencias deses motivos de habitabilidade, e un aliciente para quen herdara, alugara ou comprara, que se sentiría nun sitio moi diferente ao que se tiña acostumado (coas técnicas apropiadas o espectáculo podería ser un resultado marabilloso), convertiría a este lugar nun pioneiro, tal e como o concebira o Cardeal Quiroga, e alagaría a nosa distancia do centro histórico de Santiago dese aliciente soñado por moitos barrios que só piden unhas canalizacións para restablecer uns servizos mínimos de habitabilidade tan tardos en chegar e ás veces tan groseiros nos seus xiros. Recapacitemos. Santiago Capital, a urbe Patrimonio da Humanidade, débese ir completando amodiño, como agora o “lavado” do Ensanche, e non deixar zonas de “miseria” detrás, polo que non parece tan descabelado aplicar un remozamento a esta zona sen caer na fermosa idea dun novo deseño xeral que non implicaría grandes trastornos nas arcas do municipio. ¿Ou acaso o Campus Norte coas súa dinámica non supuxo unha innovación arquitectónica en toda esta zona? E, imáxinese, o Polígono de Vista Alegre convertido en Vista Alegre e as Casas Brancas do Barrio de Belén en cores. O remozamento das Casas Vermellas de enfronte xa implican nas fachadas un cambio razoable de postura, un lavado estético que debe afectar aos Bloques Brancos pero con folganza, cada bloque a súa cor predeterminada, co que unido a parques e xardíns, o asfalto que nos cruza sería como un mal recordo do que un día chegou ser toda a rúa e a estética do barrio sería transmutada nunha especie de xardíns de Babilonia, con toda esa serie de contrastes vivificando o noso vivir diario, unha especie de illa dentro da cidade que alcanzaría dende o espazo dos edificios da Xunta ata a desembocadura en Vista Alegre. Unha transformación urbanística acometida en todo Santiago que non nos debería dar a espalda. Só con iso, moitos edificios que agora parecen semiabandonados, serían rehabilitados de novo.
Os contrasentidos de pertencer a esta Comunidade estanse a converter na esperpéntica convicción que mostrou Valle. Esa sorte de ignorancia que nos manda feita romería. Aquí, na Terra, as inclemencias siguen proclamando o seu desapego polo que temos. Nesa triquinose que nos come os intestinos e que alardea máis que gaba dos seus fillos predilectos. Un, que non sabe ben se a baralla a manexa ese deus invicto que rexorde cada día das súas confusas simas, ou os órganos do estado chamados así para impór un orde, chora galacticamente e as súas bágoas non rematan de converterse en ouro. Vendo algunhas necesidades, e falar a persoas importantes (de veras) do que é convinte ou inconvinte, podemos tamén concluir como esa masa valleinclanesca afirmando que o útil só é útil cando lle pertence a esas persoas (tan importantes). Que xa deixa de ser menos útil cando só aparece no Galicia Hoxe e que o cura da parroquia de San Xoán nos pecha a igrexa porque xa está enterado de que somos uns inconformistas (el é do Opus). Onte lido na prensa cotidiana. A Vida Social Gallega. Todos os fillos, netos, sobriños, primos... relambéndose nese pedaso de sucre que deixou por herdo unha sedisión e moito señoristismo presumindo de seres culto, a base de talonario. Todos con dama a lo perrito de Chejóv.
A mass-kultur vai de copas.
O colapso socio-económico pódese producir en calquera momento.
Alí, na escravina do apóstolo, os bicos depositados avogando pola mellora, non os caza o blog, que é así como... moi especialista, e o eclepticismo do pobo perde en multiculteranismo o que gaña en adeptos a... cómo se chama iso, ¿seguidismo?. É certo que os pobres non veñen cun pan embaixo do brazo, e, o que é máis simpático, eses señores non se enteran. Forman así como un Grupo Salvaxe, que, reconditamente nas súas mesas de redacción, gaban tanto á vaca como ao porco, á galiña como á santa. Un vai polas estradas e alí na saída de Pontevedra cara Vigo o amor pagado carece totalmente de atractivos. As páxinas estas, ás que non me refiro, están chagadas con esa clase de señoritas que fixeron fortuna en pouco tempo a base de... e as igrexas só se enchen cando hai defunto. Un que ve que onde as dan as toman ve isto do feismo xa no mellor periodismo, non só galaico, senón hispano, e, incluso, fíxese vostede que aburrimento, ata faltas ortográficas. A un horticultor francés, porque as hamburgueserías típicas do desenvolvemento americano lle facían a competencia desleal, o meteron non sei cánto no cárcere, claro que despois de queimar unha, en sinal de protesta. O Supremo non lle fixo puto caso. Eu como hamburguesas de vez en cando, e a carne esa, que din que non vale un pito, é xugosa e fácil de dixerir, o que alivia certamente os desexos de non pasar por pratos máis suntuosos, aos que non temos acceso, poderíase calificar de difficultous-fat, un xeito de nos apremar a ser serios sen que haxa fundamentos, ou sexa, que onte todavía estábamos comendo o caldo na casa, e que do cocido a aliviarse de gentleman queda como o salaio salarial, non sei se estes becarios deixarán algún día de selo, supoñemos que non, aquelas voces do transfuguismo parecen relamberse con todo este cotillón no que se ten convertido a noticia, que ás veces depara sorpresas, claro que, en plan bonecos do guiñol, non todos van ter a sorte de disfrutar dese Mundo Feliz, e aqueles debuxos que se pasaron case vinte anos rompéndose a cabeza os uns aos outros, xa non volverán aparecer, será difícil encontrar substitutos, songoku deixou o listón moi alto, o colectivo gay-lesbiano só nos lega o problema de parella convertido en problema de estado, e o novo papa se apresta combatelos, reducidas aquelas masas hipnotizadas pola presenza de Woytila agora a tranquilas ermidas onde, supomos, será difícil facer entrar o que de verdade nos preocupa, se é que algo preocupa, si, ¿qué é o que preocupa?, sentamos diante do que nos gusta e así pasamos dúas horas, pero claro, despois hai que moverse, a min, boh, a verdade, a verdade é unha cousa inculta, wy, because the night is night, e parece que a noite os volve a todos parvos ¿pardos? O señor que mandou alí dicían que o querían porque era parvo, costumamos ver películas como a Dilixencia e claro era cousa de subirse, isto de subirse parece parvada, ¿non será cousa de franco?, pero subirse, ¿subirse a qué?
A orde imperativa de desenvolvemento alánzanos sobre o que se está construindo ao noso arredor. Tomo por exemplo dende Padrón ata Arzúa. Nicomedes non extravía o seu capital sicomasí. Todo este territorio, que supoño extensible aos outros territorios que conforman esta Comunidade, no alzado, supón a transformación terruño por terruño da anterior paisaxe, da que xa non quedan senón mostras irrecoñecibles. Aquela Galiza (que se definía triste e morriñosa) desaparece, e desaparecerá do todo en canto rematen as obras. A Comunidade está submersa nun cambio profundísimo das súas estructuras socioeconómicas que se ve mires onde mires, vaias por onde vaias. Aquela miña Illa, herdo dos meus pais, a que lle fixera a mirada, queda agora en minoría, e esta Galiza Vanincof que se constrúe ao seu redor só nos pode traer esa muda de xentes preocupadas por cómo amoblar a casa cando lla entreguen e en cómo atopar escola para os seus nenos.
Zona Morta: nun combate cruel, ambos bandos, non tiveron máis remedio que contabilizar o número de baixas, é o que sole suceder cando as batallas pretenden apoderarse do dominio que pertence por dereito á vontade dos homes, os xogos florais iliden esas formas catastróficas onde se paralisa o entendemento, e aí, presumindo de poeta, aí, onde os poderes públicos deberan axudar a colexios, institutos e universidades, aí é onde os poderes públicos fallan. A iniciativa privada non ve con bos ollos unha planificación que busque a solidez dos nosos comportamentos porque a iniciativa privada se basea na busca do diñeiro fácil, e tolera o que non debera ser tolerable, os gobernos, sexan da cor que sexan, non poden abranguer o que un en privado emprende, a non ser nos niveis declarados e cheo de convencionalismos, Drake afundiu ao Imperio Español con axuda do Goberno anglicano, e en Ingland iso non doe, ao contrario, a búsqueda do diñeiro por medios pouco convencionais pode levarnos a sitios, bah, ¿quen quere acordarse?, e un sistema de axudas públicas que non choque coa buitrería desas cómodas masas acomodadas (seguro que se apuntarían) hai que fiar fino, ultimamente sinto interese por San Juán de la Cruz, non sei onde me ven, un señor que nos seus delirios, escapaba a aquel mundo de interior Imperio facéndose elexías á súa presunta estancia na Terra con determinadas preguntas: ti, Deus, se permitiches que eu vivise, e me deches este don, porqué este don non me libera, e me converte en calquera mortal, polo que prego, ti, Deus, sabedor, feitor das miñas formas, porqué me fas a min esta pregunta...
o Inquisidor Xeral atento como sempre a calquera desviación proclamaba que o sistema era xusto, ou polo menos o máis xusto. Desta maneira se librou Gran Bretaña de ser illa.
Ao ceder no asunto da soberanía, os seus cabaleiros emprenderon un rumbo que os levou a dominar o Mundo tres séculos despois, algo que en España non entra aínda con calceta.
O goberno, centrado nos asuntos de goberno, ou sexa eses que non nos competen, faime a min compañeiro de Gary Cooper, sen querelo, supoño... bon o outro día volvín ver Adeus ás Armas e a miña Xulieta morría de... pobreza. Gary estivo ata o final ao seu lado. Aí no Katrina, onde a cámara de televisión non chega, as situacións poden ser estas, anque haxa televisión e a televisión afirme que chegue a calquera sitio...
Tamén o país podería ser como a Suíza, chea de bancos para extranxeiros, para fortunas conseguidas sabe deus cómo, e o traballo unha excusa para non traballar, hai que contar que somos xa máis de millón e medio de pensionistas, supoño que algúns con problemas na vista, bon, que o mundo que eles viviron non é o mundo no que nós vivimos, anque todos estean neste mundo, e claro, neses asuntos non só van traballar as artistas, hai un despregue que pode moi ben compracer as nosas ansias de ser conscientes de estar contando algo, tamén poderíamolo comprender coa premisa de favorecer aos que de nós dependen, nun cosistema de ámbito participativo e solidario, distinto, ou con outras apetencias distintas ás que quere a Patronal, por exemplo, unha filosofía de vida que non dependa dos máis de seis ceros no talón bancario que parecen ser dos que todo depende, polo menos abstraerse dese certificado ou selo na mente, o que lle tamén faríamos un favor, está comprobado o noso desapego ao diñeiro, claro que querendo o necesario para vivir, isto lle merecemos, ¡por non oir aos anuncios do colacao pór en problemas aos productores en guinea ecuatorial!, e así, San Juán, un chamizo, un oratorio persoal, un libro de horas, algo circunscrito á lenda son, lonxe desa teoría que pretende anularche a vontade póndose aseverar que tamén o fan por ti, non, fanno por eles, e a broma a papa un, dixen eu ser artífice dun plan para arrebatar ao silencio o que o silencio ofendía, testemuña dun mundo arredor que case nunca é idéntico a como o imaxinas, un mundo cambiante, analóxico, que chega ao seu fin...
Esas simbioses que atopabas na parella danse agora de maneira máis esporádica, e un non culmina de forma satisfactoria o que é propiedade do amor, porque o amor é un terreo en disputa que non cede ás primeiras de cambio a todo o que un nel se propuña, costa pensalo.
O Telepredicador de Boston mentres carga as súas tintas contra todo os impresentables nunca mira para a letra sobreimpresa na que pide a doación para a súa igrexa dos honorarios que manterán viva a súa causa, e xa sexa alá, ou no El Salvador, Cristo é vendido por unhas ¿30 moedas?
En Río, a alta estatua do Belo Redentor, mira as empinadas encostas e aos paramilitares levar camisetas co lema son pacífico (menos mal que a prensa se considera libre) tirar as armas a cambio dun mellor acomodo... a civilización acomódase... alá en Canadá, cando o Iukon baixa dos desxeos cara o Ártico, a Natureza aínda parece indomable, capaz de provocar o asombro cando se move desbocada polos últimos territorios que lle quedan, e, ser, San Juán, parece todavía un xogo de nenos, que humilde se sinte un cando as imaxes na televisión mostran do que somos capaces, cando un ve toda esa cantidade de enerxía rotando arredor da Kaaba, unha rosa no Memorial do Holocausto, un caravel no Recordatorio de Hiroshima e Nagasaki.
Xa a eterna flor apodrece e o sacrificio inmenso que fixemos morre languidamente na almofada
O galego mandón bota de menos... (só cala e outorga) (o que cala outorga) o galego mandón nunca cala e sempre trata de ter razón
A flor rabenada levaba as cidades e os pobos nos seus pétalos
Foi Xonás á balea buscando como apaciguar aqueles hábitos de vida que Deus lle dixo que extirpara
Pero Xonás non atinou
E agora nadie sabe
Cara a época de 1840 as miñas avóas clamaban contra os gobernos despóticos que se sucedían sen interrupción
O grito das miñas avóas resoou na cavidade do século e como boamente podemos berramos tamén incluso diante dos mesmos delictos
A flor aterzopelada é suave e dá como repelús rabenala
Sabemos que no floral murchará
Poriso facemos caso omiso e levamos a súa fragancia impregnada, colgada do ollal
As molestias que causes terás que pagalas
Ficas só diante do mundo amigo, e non hai nadie que che vaia tender unha man, as horas no reloxio pasan, pasan como se fosen gadañas que curten a flor
que murcha
que tamén se cae
e todo isto está baseado na mentira
buscas o meu trance para saír de novo á superficie
o único que queda na acción a estas horas
o tempo que ven
os países que se fan e desfán
un virus de descripción inaudita ataca o meu sistema de saúde, come da miña paciencia, quere manexarme nos asuntos que non son seus, ofrece uns consellos infumables, dentro de pouco será o único que escoite
porque xa os expertos se van de rosas
e as rosas teñen pinchos
está ben, con 100 E se subornan moitos camareiros e a lagosta non sabe tan seca con maonesa
hai agora unha disputa entre mahonesa e maonesa
os percebes non requiren salsa
miña nai, xa pasou o ataque
van en moto a estas horas pola rúa
a flor
a flor
alí estiven anos
as miñas nais de entón estaban enganchadas á heroína
non queda unha viva
teño medo director
son o único vivo da miña xeración
cara o atlas as fantásticas aventuras da defunta sobriña de Franco encontrou aquí adlátares que se comportan comigo como se comportaron con ela (son agora demócratas convencidos)
miro para Orión (o plano visual é intranscendente, dende aquí non se ve) e mitigo en parte ese desexo inquebrantable de saber (calquera cousa) (nimiedades) (lilainas na voz de Ramón Cabanillas)
Ao meu redor xa non queda interese
Ficamos en mans da usura, que agora, como na Omertá da Cosa Nostra, trata de impór as súas regras a toda costa (é o que entenden por liberdade) (malmeterse na vida dos demais e se é posible fodela pois tamén)
O único alegato que podemos enxergar é o do destino propio, que tratamos de salvar de ese acoso que nos trata de derrubar
Ás veces nos tourea, non digo que non, pero todavía mantemos vivo un hálito
Non nos podemos vestir de santos, tampouco o desexamos, sufriremos
O silencio que se estableceu ao noso redor nos vende nun segundo
Isto, en Orión
Nas marxes do Nilo, os astrónomos, coa sóa colocación dunhas construccións simpáticas, conseguiron saber que a Terra era redonda, cousa que despois copiaron os gregos, e que despois non se volveu saber en séculos (fai 4000 anos os coñecementos que tiñan do firmamento igualaba, salvando os medios dispoñibles, en sutileza aos actuais)
Eu non penso que nas estrelas durante polo menos 100 ou 200 anos atopemos as nosas válvulas de escape
Tal vez esteamos xa meténdonos de cheo niso que os que en Estados Unidos denominan Determinación Intelixente un Medievo que escureza estes dous séculos espectaculares en avances de toda índole durante alomenos outros 500-800 anos
Que, tal e como está plantexado o salto cara adiante das civilizacións, estas teñan que repregarse sobre si mesmas, e esconderse neste planeta mentres a comunidade científica devela os misterios que nos trasladarán deseguro a outro sitio
As mentes máis espertas desa Determinación xa teñen experiencias cos Refuxios Nucleares
Algo así:
as xentes indefensas buscarían con afinco a Salvación, que é o único palabro que carece de significado e que polo tanto pode ser manexado por todos, que non atoparían, co que se xeraría máis caos, ata os niveis de pánico, o que provocaría unha tensión cotidiana horrible na que as autoridades pouco poderían facer
como persoa, xa sufro en carne propia o que esa clase de situacións provoca, e o único consello que hai é berrar tan alto como o que berre, ata que a calma vaia aparecendo de novo, prestar moitos oídos xordos ao que causa o malestar e procurar divertirse co que se dispoña
a flor é tratable, pero como todo o pequeno xa está desaparecendo da nosa vista
quedan presenzas espirituais intratables, fillas de deuses menores, que esqueceron por completo o qué somos e a quen llo debemos
que actúan como se fosen organismos independientes da comunidade á que nada parecen deberlle
nin tan sequera o que come
é a miña desfeita seino
vina en Bazán
vina en Sagunto
vina en Bilbao
naquela época, na que eu comezaba tropezar, o empresariado pedía flexibilización e cursiños para amoldar a un ás novas situacións que se deran na industria
o malo é que non había industrias ás que amoldarse
como se fósemos de reciclaxe
había que andar listo
incluso a propia empresa, que despois negou, cando xa tiña o mantemento asegurado
inutilizounos seguindo un plan preciso ao que agora lle vemos o rabo
(pasan como santurróns pola boite cada sábado e domingo e a nós se nos cae todo o que temos de persoas, pensando, tal vez, antes de fenecer solitarios e en calquera descampado, adosarnos uns cantos cartuchos de dinamita ao embigo e levarnos a tropecentos connosco)
Vese a trampa cotidiana coa que tes que lidiar e a certeza de non ter alcanzado un mínimo estable, neste lugar degradado polas crueles loitas intestinas dos seus poboadores. Calquera murmullo sirve para delatar a nosa presencia, e a nosa presencia sairá mal parada se non os convences e se os convences igual. Vai tempo que se foi daquí a Vida.
Miramos onde esta pode estar, confianzas temos (hai un veciño que se mostra disconforme e afirma que el é máis guapo que ningún e con que el exista vale) pero nós temos asistido a varios nacementos, temos visto ata coitos que deixarían a máis dunha xeada (ou con gañas de repetir esas fazañas) hai tempo adicáronse (como estaban aburridas) ir aos boys e a tele todo o remachaba, como se fose a pistola do remachador, tarefa que lle quitaba de enriba. Era tamén famoso Gerardo Iglesias, que un día, vendo que aquelo non ía para ningún sitio, se volveu á mina, e nesas andamos, escoitando como os presuntos salvadores da nai patria fan o agosto a base de chorradas (sorte que teñen de que lles pagan) (cando a un lle pagan o atrevemento sube proporcionalmente ao tamaño do que ingrese) (le pen fai un impasse, ao que xa me ten acostumado) (el a dirixente non lle gaña nadie e máis tarde ou máis cedo emitirá a súa orde de mando e eu saberei que me podo “colocar” xa que logo a súa misión non son capaz de cumprila) (el admite entre as súas regras de orde que como servo seu teño o deber e a obriga de admitir que os seus pensamentos son válidos, e que polo tanto non me queda máis alternativa que soportar estoicamente a natureza do seu mando) (ve todas as miñas manobras de despiste e o tío zafio sae por onde menos un o espera) (di que así é a igrexa que el representa) (a módico prezo, claro) a peste esta sube outeiro arriba e se mete nos intestinos tratando de eludir o dar a cara, sae máis barato pensar en voz alta ou facer como que non existes, tamén se lle chama tratar de acurralarte, ao decatarse de que a única voz do mundo que fala dalgo que non estea todavía impreso reinvidica, como non, a teoría-contraste: vostede di o que lle mandan/eu digo o que me peta. Alá en San Simón, as ondas ían traer á mariñeira, nunha conspiración alucinatoria de amante/trobador. O mar sempre foi ancho, e as barcas eran de boa madeira. Naquel tempo os asteleiros dependían da carta real, que era o único que autorizaba a labralas. O mosteiro (se quixera) tamén as enguliría. Coido que costaban máis que un quiñón. Alá na Alta Idade Media as alucinacións só pervertían a xentes humildes e ignorantes, que eran totalmente alleas aos beneficios de papá-estado. Se a iniciativa privada se mostraba disconforme con el, tamén o estado tomaba a xustiza pola súa man e rematabas na forca, como mínimo, cando non te espelexaba, e tiraba os teus toriños polos camiños (o señor feudal tiña a franquicia) (tamén os bispos). Se nalgo melloramos é que iso é intolerable, polo tanto non somos debedores desas teorías tan extrañas que manifestan querer volver ao antedito, e promulgamos que o inxusto desapareza das nosas vidas, aínda a costa de quedar para sempre sen o auxilio desas mentes que teñen a ben axudarnos. As ciencias da comunicación non andan moi afinadas con respecto ao retrato da xustiza que desexamos. As veces son o mesmo trampolín do que nacen as inxustizas (pero claro, eles tamén están pagados, e as súas alucinacións, na Torre do Medio, deixan ben claro escrito que ao que hai que cazar é a ese que o propicia, o que é ben costoso, porque o lobo, como o raposo, xa só o acusa nos outros animais menores) (o bestario cando se despraza pola franxa horaria é tan combustible como o petróleo, e o malo sempre será o mesmo malo, ou sexa o que inventen) (a vida real, en cambio, outra sutileza).
Grazas meu deus por terme adicado un anaco do teu tempo, tal e como están as cousas que alguén se preocupe dos demais resulta reconfortante. O tempo nos apartou das súas prioridades, o mesmo tempo que nos criou, nos desbota e nos trata como se fósemos obxectos inservibles, así nos paga os favores que nos debe. Cantaba Machado non haber camiño; non é grato constatalo, facer de escribinte dunha xeración que non saben como tratarte. No camiño, de Kerouac, a alternativa era Cidade de México. Irse de Nova Iorque ata a patria de Villa para despois sentar nos húmidos campus do Noreste a contemplar como aquel camiño era unha liña imaxinaria que te facía partícipe dunha andaina. Foi o único camiño imaxinario no que crin, espléndidas paisaxes norteamericanas. Agora me persiguen por crer naquela Norteamérica. Esta Norteamérica que se blinda salvaxemente acosada por incribles inimigos, víctima da súa esaxerada imaxinación. Cando a guerra de Cuba o seu intervencionismo creou a necesidade de independencia nas excolonias españolas. Unha necesidade evidente que o seu poder aproveitou. As súas necesidades actuais tamén poderían causar eses estragos que só achacan (TPI)... ¿ás novas Cubas? (metaforicamente falando). Os mambises practicaban o terrorismo contra o que quedaba do Imperio Español. Houbo unha guerra en Venzuela (nas chairas) na que ao Xeneral o único que lle importaba era o número de víctimas. Bon, guerras como estas hai moitas, pero aquela, retratada nas Lanzas Coloradas, ben a conto porque o Xeneral ademais levaba a eito unha derradeira ocupación do territorio que querían independizar indios e crioulos. A guerra foi bestial. Ninguén gañaba en ferocidade as ansias do Xeneral de reter na Coroa aquelas terras que tanto tempo pertenceran á Coroa. Non me acordo moi ben (non teño o libro a man e só fago exercicio de memoria) de cánto tempo necesitaron os venezolanos para librarse del, pero como é ben sabido, se libraron, e os experimentos que se sucederon despois reclaman un lugar na Historia do Mundo e tamén na nosa Patria. Aquel Xeneral, non era unha excepción nesta parte da Terra, derrotados pola incompetencia de tantos e tantos malos gobernantes, obrigados a accións desesperadas e compulsas, propias só daqueles que se desleixan e confían o bo proveito dos seus cargos aos seus sós instintos, desprovistos do apoio dun bo equipo (tamén vale como metáfora, agora que imos camiñar sós polo vindeiro, terreo que ninguén coñece con exactitude).
En Niágara, Marylin, tiña conciencia exacta do que era o suspense, un camiño trillado que só explota algunha telenovela a través de 130 ou 150 capítulos. Nesta situación, a actriz ou actor parece saírse de nai a cada momento, e aquelas regras filosóficas expostas (tamén aquelas parábolas) polos directores da guerra fría, son destrozadas actualmente polos seus seguidores de forma abusiva e chantaxista. Efectivamente, o cine xa non representa o que ten representado na nosa historia, e os seus argumentos son pura fórmula. Aqueles cineastas que se rompían a cabeza para satisfacer unha esixente demanda, quedaron tamén aparcados nese lugar do olvido chamado desprezo, e os seus aprendices, moi pagados de si mesmos, cren que eses altibaixos que venden plagados por efectos especiais a base de ordenador... boh, o que non crean os nenos... aquelas historias nas que o drama se baseaba no camiño persoal son agora substituidas por imaxes inconexas que pretenden contar un relato, sen habelo, o que tal vez sexa suficiente para ingresar na conta corrente uns estupendos beneficios, pero que a fin e ao cabo non nos deixan nin tan sequera moralexa. Si, o cine rematou a súa época de gloria traballando o sector máis espeluznante da raza humana, o que non sabemos se agradecer ou denostar, ao que non queremos asistir porque todos aqueles belos soños rematan en pesadelo continuo.
Cantaba eu cómo cantar cómo sería posible e buscaba as rimas. Durante anos busquei (seguirei máis adiante buscando) os versos posibles para ser convertidos en cancións. Buscaba aos novos interprétes e ao alcanzar na música un pentagrama propio cerca do pop que auspiciara a nosa forteza, cancións rítmicas que pegaran, que fosen oíbles por unha gran maioría, pero iso está a medias, niso querería parar, en ser letrista daquela banda que se move polas festas patronais do rural galego e levarlles os romances feitos a base de proposicións máis potables, tarefa para a que me preparo tal vez quizais non o consiguirei, pero sería unha bonita maneira de rebuscar nese corpus linguístico perdido o xeito de actualizar o sentido musical e o seu potencial que aínda neste pobo actúa.
Cidade: lugar frecuentado por tipexos de toda índole (sobretodo de baixa catadura moral) (os que poden están en Córcega, no estupendo veleiro do seu mellor amigo). Eu vin pola televisión (ou non sei se nunha revistas desas que din de moda [non sei porqué]) a Elle botando un volvo a través dun teleobxectivo de 250 aumentos, dende o iate do veciño. A revista en cuestión (ou a tele)[non o sei] son as que din que esa moral non existe [reafirmo que non sei de qué moral se trata] un as ve, e os ve {case sen querer tamén} [porque esconder anque parece non se esconden](coido que é todo o contrario)[ou según se trate] {un di así porque quere ensinar a súa tigreira ¿nas revistas esas?} os aspectos que a todo o mundo se lles escapan referentes ao famoseo non creo que haxa naide no mundo capaz de explicalos sen que non se caia no recochineo [porque vostede xa aprezou de que se trata de recochineo]{algúns lle ven a graza-outros non}[as operacións de reinstalación na normalidade da cidade de Nova Orleáns pasarán a historia non polo seu rigor-senón por todo o contrario]{estas manifestacións, que pretenden ser de masas, compararía comportamentos vistos nestes desastres tan próximos: Nova Iorque, Madrid, Londres, Chechenia, o tsunami no Índico, e ve con asombro e pavor que cada día son máis numerosos} [a teoría-pánica que por aquí se escoita debe provir desta observación (e de tantos e tantos desastres que parecen menores) [non hai ningún malvado-malvado que goberne en case ningún sitio do mundo]{ou sexa que as condicións políticas polas que atravesen os seus pobos non son as causantes das alarmas}[supón que esta concatenación de desastres acugulan bolsas enormes de nova pobreza (as víctimas eran responsables na maioría dos casos da economía familiar, supondo o funcionamento lóxico das sociedades) e que esta pobreza ao estar situada en zonas nas que había riqueza gritarán, e que os seus gritos deben ser os causantes dos desequilibrios que notamos]{a cara máis amable: a da revista/e a cara máis desagradable: a da desgraza}[unha xunto a outra]
Estes conflictos provocados por esta dobre visión sairán agora á rúa e estarán presentes en cada esquina.
¡Podemos morrer mañá: disfrutemos do que nos quede!
Agora pianísimo: as grandes fortunas da Terra, as transnacionais, as nacionais, as rexionais e as locais... buscan cómo ensanchar os seus horizontes, e todos os dados apuntan a que nós seremos a base (anque isto sempre foi así) sobre a cal establecer o novo contrato social dos máis próximos prazos. Sobre esta época está comezando un novo ciclo económico que se extende ata o 2010-2015, que pretende sentar o desenvolvemento ata 2020-2030, máis alá xa é difícil encontrar fontes que establezan cómo o consumo se moverá, ou sexa que este ciclo que ven do 2000 e alcanza a súa primeira planificación no 2005, ten datas máis alá desas datas que establecen que a economía será estable polo menos e no mellor dos casos posibles ata cerca deses anos seguindo as pautas deste mercado incipiente no que vivimos. As orixes das correccións nacen pola apertura aos mercados orientais, máis salvaxes e desprovistos de equilibrios, á busca de novos consumidores, que serán a excusa para que certas garantías (sen especificar) se volvan indesexables, o que traerá a pelota a casa da inestabilidade social de India e China, azoutadas, como se sabe, por unhas diferencias sociais abismais, que será difícil engastar neste Occidente bruto e igualitario. A búsqueda do consumidor (ou sexa do diñeiro do consumidor) fará posible que isto sexa posible, xa as primeiras batallas polo control da producción dalgunhas mercadurías deixan entrever que as concesións serán bárbaras, que o occidental máis débil será o que máis sufra; primeiro, porque non será capaz dunha resposta ao ser o sacrificado; segundo porque as características dese desembarco nos grandes portaavións asiáticos se verá fortecido polos intereses dos grandes en eliminar dereitos, tanto sociais como laborais, para, segundo eles, eliminar o malestar entre as culturas dos dous sitios. Naquel mundo os dereitos son o máis inestable do seu desenvolvemento, e polo que non hai moito interese. Occidente, seguindo as normas do facer na casa o que vexas na seguinte, necesitará sacrificar a unha boa parte da súa poboación, para, sobre todo, que non moleste, e iso o fará nos sectores máis castigados, os que sufren de anterior ou conviven con eses puntos que non alcanzaron, ¿qué máis barato podería ser?
Lin no periodismo español (moi afectado por unha política editorial moi clasista) gabanzas-límites á antiga AP, que contan a contribución feita por aquel partido minoritario naquel entón á política constitucional da Nazón. Naquel entón, os partidos minoritarios eran case todo, e esas cousas da contribución á estabilidade nacional están en exceso mediatizadas pola preponderancia deses poderes económicos que só parecen ver a palla no ollo alleo e non a viga no propio. Sabendo que nestes casos a exactitude non vale para nada o país non foi sostido pola palabrería vertida nos medios de comunicación, senón, supoño, pola forza mantida nas fábricas, supoño, no campo, nos servizos. As transformacións que sufríu a sociedade española non son patrimonio de nadie, a non ser da mesma sociedade, a verdadeira protagonista desta historia. A preponderancia da política en España foi un recibo casual que recibimos da Dictadura. Todo estaba cifrado no “ser” político, pouco no económico, no social. Estas dependencias seveiras dos “patróns” son as causantes dese certo malestar que todavía se vive na sociedade, a 30 anos vista da nosa emancipación “política”, e a Patria sigue sendo un esforzo colectivo, non duns poucos. Os motivos políticos verdadeiros están considerados por eses mesmos poderes mediáticos como verdadeiras idioteces, só é necesario ver o tratamento que lle dán. Aquela idea malsonante de que os pais da constitución foron os únicos capaces de converter en realidade o soño de todo un pobo ven agora transmutándose a nivel rúa por outras ideas que manexan conceptos máis xenerosos de convivencia social, vapuleadas constantemente por un enxamio de detractores que consideran que amarrarse ao que queda do vello estado é todavía unha vertente funcional. Para pararnos os pés, os máis afamados xuristas verquen entre liñas que o movemento non é posible, que as cousas da función pública non se poden mover dese teito que lles parece inamovible, polo que os estatutos só poden acceder a unhas reformas unicamente competenciais, diso que dán en chamar de soberanía compartida, supuño a única política que se está xogando. Mirando para nós mesmos, as enerxías expoñenciais do noso desenvolvemento piden máis, máis campos onde exporse, e supomos, non sabemos se tristemente ou non, que iso pode ser o que nos axude medrar, o que quere dicir que a reforma do estatuto tería que habilitar as leis que fixeran falta (según expertos e xuristas) para que esa economía nacente adquira os cauces de expansión na que floreza o estado definitivamente moderno polo que España sempre suspirou dende a perda dos territorios que a mantiñan viva, e no que sempre fracasou. Eu non sei se o novo estatuto estará aprobado cando vostede lea este panexírico, pero as dúbidas que se manteñen sobre el aluden á innecesariedade de mover nada, o que xa emporsi é bastante significativo dos desexos “políticos” deste pobo. A teoría que substenta que o poder emana do pobo é farto avanzada incluso para os que se manteñen con relativa comodidade nos estipendios máis honorables da mecánica económica. Eses que non pasan necesidades non están dispostos mover un dedo polo que consideramos necesitamos, e non sei (dubídoo) que se enteren de que esas necesidades non consisten en gabar os poderes de facto, senón en abrir esa brecha para que se rompa do todo ese clientalismo que te ata á miseria sen máis motivos aparentes que os “políticos”.
Os meus demos internos desfanme continuamente e a forteza que me é necesaria para seguir aturando todos os inconvintes que me desgastan venme do meu amor ás cousas que poden dar a dedicación en corpo e alma a eses aspectos saudables que aínda quedan na miña persoa despois de probar en carne propia toda clase de sen sabores e disgustos. As miñas bágoas de cal, moitos anos soportando os estragos causados por un espírito posesivo e demoniaco que me manipula, non queren facerse cómplice (non poden facerse cómplice) do normal, anque necesariamente o normal é a pedra de toque polo que o meu maltratado cerebro repousa cando é vituperado violentamente por eses demos que digo existen, e ao normal necesariamente debería ir seguindo as pautas de curación impostas pola medicina legal que todavía me mostran certo camiño alcanzable e que non me deixan outra alternativa que crer que a fe move montañas.
Mirando o panorama televisivo a fe de erros cambiou a nosa vontade e agora somos alegremente daquí e dalá, sen saber sequera de onde somos. Esas xentes, a base de vituperios estupéndicos, conseguiron entreter ás criadas e atraer para a causa catódica ao que queda da nobreza (como clase social/á que explota sen conmiseración) e aos restos dos principios éticos privados. Xa nadie se acorda de nós, e si se acordan e para causarnos mal (involuntariamente supoño). Din as xentes benpensantes que quedan no mundo que a culpa é miña, por escoitar o que non debo escoitar (tamén a eles). Un buscaba diversións e lugares nos que entreterse, e cría que pasar un rato fronte ao televisor podería ser un hobby desmedido. Pero, ah, pobre dun, os publicistas xa se decataron. Xa deixaron a Antonio Davises e dinios, dionis e yolos, cañitas e lou rises (bon a expresión é máis ampla e abrangue persoaxes e nomes propios dignos de ser labrados en calquera memorial en recordo dos caídos pola causa dos tristes). Non recordo exactamente o día que foi. Se onte ou antonte. Algún cre todavía que hai noticias. Pero a xente da rúa vai ao seu aire e parecen peregrinos (bon, isto, trataba de ser gracioso) (en realidade non hai nada que contarse e a televisión é unha sucesión de empresas que cabalgan os días parece que sen tino) (as películas son aburridísimas) (o desprezo é aburridísmo) (as veciñas e veciños hai tempo que non se sabe o que fan para vivir) (non sabemos na época que vivimos) (ai mira agora, o silencio acaba de lembrar unha data) (un está sentado diante do lema desa gran empresa e non sabe qué xogar) (nin tan sequera sabe se están eles xogando) (a cousa parece seria) (o rimmel) (as chicas) (os chicos) (si) (ademais nos persiguen) (nos persiguen) (nos persiguen) (como que Deus cazou a Saulo e o converteu en Paulo) (coido que os meus sobriños xa andan por Constantinopla) (as viaxes de pracer masificadas) (boh)
Pensando, en cómo poderían ir as cousas máis adiante deste momento, un ponse cismar cómo deberían ser as cousas cando Norteamérica remate a ocupación do Irak. Un ponse pensar directamente en América, nos Estados Unidos, en Usakía (como xolgoriosamente lle chamaban algúns escritores que a odiaban en demasía) nos Iuesei, naquel Continente, e acordo dun veciño que marchou para alá hai cousa de dous ou tres anos. Nunha visita que fixera no recordatorio do irmán falecido, hai menos dun ano, estivemos falando de cómo eran as cousas alá, en Nova Iorque, e do clima que se respiraba. Contoume que alá todo o mundo, o que se di todo, necesitaba como mínimo dous coches, que as autoestradas eran xigantescas, e, entre o traballo e o fogar había catro horas investidas nos desprazamentos. Dúas para ir, dúas para vir. O traballo ocupaba todo o día e a vida familiar era escasa, pero era a única forma de tirar para diante, de facerse un porvir. El é carpinteiro e o traballo non faltaba, non escaseaba, ao contrario que aquí. Mirando isto, e mirando aquí, podería un pensar que Europa será o mesmo que EUA, que ese será o camiño para todos os ordes políticos, e, que en EUE o traballo tamén acabará substituíndo a algunhas formas arcaicas de supervivencia, que as autoestradas son xigantescas e que un necesita polo menos dúas horas para entrar traballar e dúas horas para chegar de novo a carón do que quere. Poristo, anque teño unha vida cómoda, a vida é incómoda, porque todo é incómodo, e non hai maneira de tratar con nadie. Poriso, porque, a ollos vista, Irak é un cambio absoluto que nos arrastra cara o que nadie se atreve sospeitar. Estou comezando traducir (por divertimento) un libro de Chomsky cuxo título é significativo: América: Hexemonía ou Supervivencia. Nas breves páxinas da introducción nas que explica os motivos que o levan a plantexarse tal cuestión e como as sintetiza (acertadamente) nesas dúas únicas vías rivais, a pregunta que todo o mundo trata de facerse: ¿qué pasará despois de rematada a Guerra en Irak?. Eu supoño que Luis algún día virá de América e que fará unha casa nalgún lugar deste apacible bosque. Que traerá á muller e buscará aquí o retiro, lonxe daquela urbe agobiante que me describiu. E supoño que as autoestradas levarannos cara outros espazos que poidamos dicir son nosos, non da moitedume, nin doutra forma de recolonización continua. Durmiremos nas nosas casas o tempo necesario e despois irémonos por aí adiante, cara sitios tranquilos, cara lugares onde poidamos obviar o abordarnos, o dicir quen ten razón ou quen é máis importante. E todo o que nos vala para estes propósitos empezarán (anque algúns leven anos intentándoo) cando as hostilidades traian de novo a tregua e o mundo enteiro se tome un respiro, que debera servir para recapacitar se somos ou non somos homes, e qué pintamos aquí. Se o próximo rival será China, tal e como agoiran as voces máis “prudentes”, xa comezan circular por España diccionarios de ruso, chino, xaponés e árabe, algo impensable hai só dous anos antes. Se ese mundo que nos avisa nos volvera pechar dunha forma máis sútil, á modo da supervivencia, no noso medio, mentres estudiamos eses outros mundos que son totalmente descoñecidos para todos, para hexemonizarnos; ou tal vez para non perder o tren do futuro, que xa se abre a pasos xigantescos diante, o que producirá novos cambios, prometo referirme ás cuestións que Chomsky determine no seu libro cando a traducción complete á miña determinación de situarme nesa estructura complexa autopresente. Pero agora, sentíndome un pouco bucaneiro nalgunha illa caribeña vixiando as rutas comerciais do Antigo e Vasto Imperio Español de Antonte, disfrutarei dunha copa de ron e o único que podo facer: seguir meditando. Seguir meditando. San Xoán da Cruz foi tan grande (isto seino por colateralismo –non é que sexa un perfecto coñecedor da súa obra) porque como eu escribía para adultos. Escrebiu só dúas obras, e acompañaba as súas ensinanzas con explicacións á marxe dos seus versos, naquel convento carmelita que o acollera, e, que, notabremente, e sen que sirva de precedente, caía para o lado dos que dunha ou outra maneira sufrimos, como a súa mentora, o que quer dicir que en épocas de transformacións (ás que me irei referindo) ás veces, as pacatas multas impostas polas xentes que nada se xogan, inclinan a balanza cara o que en verdade importa, entendendo por isto non o derroche duns posibles, senón a torpeza de usar o intelixente para dármonos máis confianza.
Acae a noite e soa como no lonxe a nota lánguida dun piano. A penumbra na que está envolta a miña habitación debido ao uso dun flexo de baixo consumo eléctrico faime meditar nas tarefas que teño para mañá pola mañá. Así, despois de que pasen as horas submido nun profundo soño, grazas ás dúas pastillas que tomo para durmir e os antidepresivos, erguereime coa cabeza despexada (é o que me sole ocorrer ultimamente), lavareime, almorzarei, dareille de comer a un paxaro australiano de nome mandarín e a un canario e irei tomar o bus. Achegareime a Fontiñas, ao Rexistro do Xulgado polo Certificado de Defunción de miña nai, irei con elo a Atención Cidadán do Concello, no outro extremo da cidade, en Galeras, usando o C-2, alí faranme un Certificado de Convivencia para que a miña irmá solicite as axudas ás que ten dereito polo óbito dos meus pais, axudas escasas dun ano que teremos que compatibilizar con algún outro ingreso ou axuda, tal vez do mesmo Concello. Tamén entregarei os papeis referentes a obtención dun bono-bus para ela, e, se podo, mercarei un talego, algo que me manteña esperto pola tarde, na que teño que espabilar unhas cantas pezas que se me atascan no despacho e das que espero dar conta pronto. Algunhas son farto difíciles. Son mesturas de imaxes con palabras que non podo levar a cabo porque a unidade do CD-ROM averióuseme e posiblemente ata nadal non o poida levar ao técnico. Pero adianto noutros escritos, que xa irei mandando ás editoras unha vez estean en perfecto orde de revista. Só espero que as cousas vaian así, como deberán ir mañá, e que non haxa nada que as altere, xa non estou para máis sustos. Escribo compulsivamente mentres tanto, con delectación, case de calquera cousa, saltando de aquí a alá cando me aburro en demasía dalgunha destas cousas ou quero meditar o que deixo escrito ou achegarme a aquelo que me vai consignar o que transcribo. Hai outra xente que fai a Historia. Hai historias para todos os gustos. Pero esta é a miña historia. A miña pequena historia.
A miña pequena historia comeza por un olvido sublime, de órdago e moi señor meu, dominado por Platón, os Cans do Outeiro e as hostes de Jos. Tendo a ese invento moderno chamado Comunicación como elemento de axuda en xeral, dubitativo, panhumano e xoguetón, ao que mimo con especial coidado porque o silencio da sombra que quer domeñar o exército inimigo non vai parar cernes no alivio. Será fogo racheado sobre todo aquelo que me quera, chámese persoa, asfodelo ou cousa. Xa sei que é imposible despistalo, ao xeito da CIA de HOOVER e dos delacionistas ao Reagan como módelo de vida. O Opus Dei tamén ten garantías, pero eu non. Eu estou triste, e só, e os que se abaten sobre min cando tranquilamente paseo non son xogos de palabras como en TRES TRISTES TIGRES. Son feroces alimañas do espiritual. Seres carcomidos por toda sorte de complexos. Habituais da súa rolda de sempre que se fan os listiños. Pillaváns enlatados que non saben cómo explicarse diante dos seus semellantes, e que non lles importa. Estou só, só, só, só, só. 3 veces a mesma pedra. Xa preparan unha OPA hostil contra a compañía. Xa pretenden crer que os seus pensamentos son tan importantes como calquera pensador de tema. Así, baixo a apariencia diso anterior que parece unha parvada, unha ama de casa, que o único que fai e coidar dos seus fillos, un cociñeiro de hostelería coa carreira recén rematada ou un empresario de calquera sector que se atopen no ámbito público, tratan de impór as súas comódidades ao resto coa asquerosa excusa de que son libres. ¡De que son libres eles!, non os que os escoitan, que terán que someterse ás claves do seu éxito. Un xa non se sorprende de nada. E a cantidade de xente que se impregna desa ideoloxía do ben que me vai é manifestamente proporcional ao número de idiotas que din ter baixo os seus dominios, sexan operarios, familiares ou simplemente observadores calados. Dá gusto ver como os dominan. Como eles son os únicos soles que alumean neste universo. Como destrozan o fermoso, o belo, o cotidiano. Teño para isto un exemplo: eu son asiduo do bus nº 5. Este bus era o bus de Vite e Conxo, das señoras que ían mercar á Praza. Este bus, polas obras acometidas en Santiago para a súa transformación nunha cidade máis cómoda que pillou a todo o Ensanche, foi convertido no autobus nº 5+10, ou sexa sufriu o engadido do nº que só ía á Estación de Autobuses dende a Praza Roxa, é dicir, todo estudiantes, e guiris. As señoras que siguen indo á Praza no nº 5 sufriron un espectacular baixón, aumentou o número de críos que á 1 saen dos colexios da Virxe da Cerca e o número de turistas, as xentes sen nada que facer, enfermos, xubilados, desocupados... (unhas “profesións” con futuro) (dígoo chorando de rabia, anque pareza ser risible) (os full monty solían facer así espectáculos “con eses problemas” anque as caraduras que ían velo ríanse a gargallada “obscena”)..... Ao que ía, o nº 5+10 é agora tamén un traxecto fermoso, sobre todos a certas horas, na viaxe ida e volta, sentar alí mullido entre as máis diversas xentes vendo como suben e baixan, adiviñando de ónde ven cada unha, a ónde vai, qué fan, cómo son, ¿o qué gañan?, as perspectivas todas do conductor, sendo un cómodo pasaxeiro, lugares que reclaman a atención, currunchos perfectos engastados na cidade, repleta de atractivos, vistas panorámicas, xardíns, fábricas, comercios, agora a transición barrio-zona centro-ensanche-periferia, esquemas mentais que se van facendo un oquiño neste cerebro e que supoño servirá para coñecer o día de mañá, algo así a medio prazo (estas cousas de mirar para o futuro non sei se me quedaron daquela matrícula de honor que me deron no instituto politécnico nacional en formación do espírito nacional, anque eu xuro e perxuro que cos falanxistas non teño nada en común, querendo descargar a mea culpa nos aspectos económicos inalcanzables da nosa economía, un aínda ve esas películas de Landa, Váquez, Ozores e crese vivir naquel Madrid de adoquín na rúa, con grúa e garda urbano no centro da prazola na caseta dirixindo o tráfico, ou Xan das Bolas facendo de conserxe mentres se gañaba a vida facendo de gallego, o que, vale, facer de gallego xa estaba consentido naquela época, como unha empresa da actualidade pode lanzar unha OPA chamada hostil para quedarse con outra empresa, dividendos, traballadores, beneficios, beneficios, beneficios... poriso Garci chamoulle á película Volver Comezar. Fellini tiña unhas historietas con Macmánara?, Mascnárama?, Manara? sobre a sensualidade fermosísimas, mellores que calquera numerito do cine de destape do cine español dos anos.. do destape. Un sempre mozo neses aspectos, xa daquela estaba interesado na sensualidade, anque, bon, si me queixo, podíame ir mellor, anque os namoramentos diarios, duren o que duren, pois do durex non me acordo, tamén alcanzan grados satisfactorios, tamén lle digo que quen se inventou iso de que correrse diario... ¡é unha quimera!, e buscar satisfaccións sexuais baseadas noutros conceptos do amor chegan para soportar esta asquerosa vida, ¡cho aseguro!, aos vinte estaba namorado, aos trinta chegou o desamor e aos cuarenta non sei qué pinto nesta vida... e iso sírveme para curar a depre... La Mala trata de levantarme o ánimo cada vez que me ve, eu déixoa. Aínda observando os efectos da catástrofe de Nova Orleáns como parte transversal dos meus problemas, a axuda que pide EEUU a Europa pode ser un indicativo de que eses problemas tamén existen na superpotencia dominante. Despois de anos fríos e fríos contándonos que aquela terra (a máis rica do mundo) non sufrirría xamais deses problemas que sufrríamos todos os demais, vale, pois tamén sufrrrrre deses problemas, o que converte ao teatro naquelas farsas de Arrabal (do disparatado Arrabal), aquel bo home que se foi a París porque aquí (lémbrate homo de quen era homosexual) o perseguían porque tamén era un dos que estaban enfadadísimos co réxime. A aquelas alturas da Nazón un asistía entusiasmado e sen sentimentos de culpa, ou tal vez non, tal vez os sentimentos de culpa, os remorsos, foran o xeito que tiña o réxime de ternos máis atados, de cohartar as nosas liberdades individuais, de facernolo pasar mal, en suma. Había un escritor, Conrad, vello capitán de mar, que tomara unha bonita decisión: a de pecharse no seu cuarto e escribir ata que o maligno o indispuxera. É unha historia que teño que seguir. Moitísmos escritores o pasaron mal (supoño que tanto como calquera persoa que o pasara mal) (ao longo da historia, historias que se saiban, hai a millóns) e o mal afecta de moi diversas formas. Ás veces o mal é buscado como efecto para ensinar que a vida espléndida tamén ten os seus defectos. Esa perfección que reclama algún debe corresponder á fase idílica do seu benestar persoal, as historias así parecen referilo. Un, claro, acórdase disto levado pola simbiose entre a súa situación actual e as xentes (que recorde ter lido) o pasaron idéntico. Que un póndose noutra situación doutro ou outros non pode reclamar o que a súa situación reclama, e que iso, ou isto, non é fácil dvengalo do haber xeral, no que o inventado e o real se entremezclan e non son claras as fronteiras, está de actualidade tirar fronteiras, pero tamén é a época na que máis fronteiras se levantan. Eu son consumidor, e como consumidor sei, que esas fronteiras nacen no mesmo consumo. Ti xa sabes que o consumo é un feito acabado, e que eses acabados necesitan uns productores fixos, con leis que regulen o mellor posible as relacións entre quen vende e quen merque, que todas as empresas se rexen pola mesma lei da productividade, e que os cambios nacidos no seu seo son os reflexos que necesita a sociedade para seguir convivindo, que a liberdade debe tomar de aí, do único que queda libre (ler entreliñas) xa vos sabedes nunha sociedade libre (¿en exceso?) que algúns ven como dictadura, as leis do pai, fillo, espírito santo. ¡Hola Houdini! Xa nos chaman masocas. Masón é a traducción literal do albanel gremial medieval nos seus aspectos máis especulativos. Algo que odiaba tamén Franco (¿poriso non se construían casas na época de Franco?). Moitos albaneis engrosaron as listas do paro durante eses anos porque o mercado non se movía. Era a miña aldea de Vidán xogando todas as tardes ao tute, ou a chave, non sei. Se me fago estas preguntas tontas é porque non podo ir onde quero. Cono, xa me perdín. ¿A ónde quería chegar?. Vin onte unha imprensa (sempre me fixo nas que quedan) na que a reproducción das obras de autor desapareceran por completo. Que a única esperanza, branco, era facelo de incógnito. Que a masa só servía para copiar o que estaba escrito. E que poriso isto que penso é unha opción predeterminada por eses mercados que gañan froito de Volver Empezalo (¿A onde vai todo ese Gran Mercado?) pensando en librar actitudes artísticas apoiadas nas lecturas das realidade que nos quedan.
Os xudeus da Biblia: Téimos sabido que os xudeus de Israel son neos. Que eles son os responsables do Holocausto, que levan a cabo metódicamente, para que ninguén lle poida botar enriba a culpa.
A autentización dos documentos que tiven que cumprimentar para poder sobrevivir alomenos durante catro anos máis confirmaron as sospeitas que xa tiña de que a colaboración democrática aínda está en pañais (poriso me rapei o pelo). Non entendemos agora como o funcionamento da máquina democrática americana se mantivo incólume durante estes douscentos anos. Naquela Nova Terra Prometida as vantaxes sempre parecen evidentes (Nadia Comanecci largouse así ao Canadá). As paisaxes en Siberia son tamén enormes. Querer ao país non é delicto. ¡Estorbo?. ´Ta parece que traballan máis a gusto. En New Orleans supoño que tampouco dán creto ao que lles pasa. Xacosei teño que volver inmediatamente ao amor, e ás tropas de Jos. O Can Baluarte déixame con Platón ás envoltas. Miro para o fronte e vexo: Paul Verlaine. ¿As miñas ferramentas de traballo?. ¿Tranquilo?. Teño os nervios de aceiro. Temperanza. Te he llamado. Pegas e curuxas fóronse todas. Cobraron as súas boas víctimas. A relación calidade-prezo debería considerar calquera prezo de mercado, sendo poriso mesmo, a ciencia perfecta, ¿non me ves como un vendedor de coches de segunda man?, ¿con sombreiro vaqueiro cowboy junkie?. En verdade, só os Pink Floyd merecen salvarse. Aínda venden aquela imaxe deles mesmos que os fixeron auténticos. Teño aínda a cassette debuxada por min mesmo coa foto dun drakkar vikingo conservado enteiro, imaxe viva da arqueoloxía máis viva, regalo inmerecido dos nosos ancestros. Rótulos en cartulina. A palabra condensada nun libro, nun cd, nun programa... é versículo, a ciencia certa non se sabe do de qué, pero é un son máxico, que leva impregnado ese selo evidente do misterio, qué, ¿ónde estou?
I problem
¿Houston?
Hai que porse necesariamente en galego. Non alcanzamos todo ese castelán oral e escrito. Convertémonos sinxelamente en analfabetos funcionais. As nosas marxes de manobra ao respecto son redículas. Nin sequera temos o auxilio de Dona Roxelia. Nin do corvo Rockefeller. Nin dos bonecos de Mari Carme. Todo é... isto, mecánica de gran empresa, neo-profesionais, non pensan nos pobres, discípulo de Radio 3 vai moito tempo que vou de apóstolo de Esmirna a Éfeso, idioma teocrático por excelencia. Hai quen presenciou a primeira imaxe dun Beato como impronta dun mundo interior e alucinóxeno ¿cómo senón ían poder imaxinar a visualización miniada miniaturizada da creación do mundo? A fachada aquí pintada nos devenga unha parte de 1780 E. Unha alegría que supoño recibirei en breve. Algunhas das literaturas máis avanzadas do planeta (incluídas as destas terras) tiñan ben o considerar que o prezo que se debía pagar pola edición da túa versión da realidade imaxinaria considerábase pequecho en comparación ás satisfaccións que o arte de crear traía. Se lle chamaba confiar na posesión do creado (algo emporsi fermoso) ¿Te imaxinas que a lingua propia despois de ter estado como o mundo sabe que estivo servise aínda para elaborar un sistema de símbolos nos que se volvera valorar a súa importancia no noso propio desenvolvemento? Ultimamente circula a impresión de que a lingua só está presente nas instancias oficiais, e que abandona o lugar rúa. As bisbarras se despoboan. A aldea-vila-semicidade espazo urbano que parece controlar todo é tamén intermitente con respecto á localización xeoespacial dos dominios da lingua. Ás veces parece a puntilla a todos os nosos proxectos. Como se todo o mundo estivera enfadado con todo o mundo. Ao respecto, nos torneos medievais onde o cabaleiro amosaba fidelidade a unha dona, esta, en proba diso, podía ata pedirlle que se arrancara unha uña dos dedos como dicíndolle que ela era a superiora. Aquelas donas, da nobreza, non tiñan ningún inconveniente en dominar ao seu antollo ao varón. Naquel tempo, o galego non estaba prohibido. Usábao ata a nobreza, contrariamente ao que moita xente supón. Poriso entendemos menos ese disgusto que causa nas mentes máis cerrís a extensión do seu emprego e uso. Cremos entender que o seu uso especializado desbota o que se considera deforme (como se quassimodo puidera ser de novo condeado á fogueira polas súas tachas). Puidera ser que eses plans fosen a moi longo prazo (pensando niso) e que a lingua verdadeira tropezase de novo co que estivo tropezando dende séculos: a intransixencia das súas autoridades, ocupadas en copiar trámites burocráticos na vez de tratar de crear unha administración propia. Sen querer botar man desa interpretación esaxerada do nazoalismo serbio da limpeza étnica, non se trata de botar a nadie da súa lugar de orixe, por usar indistintamente unha lingua ou outra, o legal era establecer a administración única, e esa administración debera considerar a administración positiva cara a única lingua, non obstante aprender tres ou catro idomas. Todo o articulado debera ser impreso nesa lingua administrativa, que sería a mellor favorecedora da súa universalización, e por agora o máis grande progreso obtido. Os danos palpables no idoma van ser difíciles de recuperar. Ao mellor necesitaremos séculos, como nunha nova latinización, como por exemplo na transformación do alto alemán en lingua vehicular de toda Alemaña. Os órganos de transformación está claro que están en mans dos grandes medios de comunicación de masas, que teremos que ir batallando para transformalos, porque é evidente que nos iremos transformando, e como pobo, iso debéranos bastar. Esas leis do English Only afectan ata a California. Stop. Calexón sen saída. Os ferrys comezan funcionar entre as beiras, que si, todavía se comunican e se conservan como fonte de todo desenvolvemento interior. Entre Vigo e Cangas un vapor cruza a diario a ría. Esa ría conserva a graza natural que por estes eidos se perdeu; Vigo é unha cidade das máis avanzadas do mundo, hostia, cristo bendito, a AP-9 só comezou funcionar hai menos de 15 anos. É digno o encomio que pomos en situarnos no mundo.
Sosteñen a idea de que chegados a un grado de clase, ou a uns coñecementos, o desenvolvemento se volve imposible, entramos de cheo na eventualidade da vida, ao chegar a certa idade a vida laboral remata, miserablemente, como comezou, as esperanzas de vida independiente dos rapaces é tan inestable que alcanza ata os niveis universitarios. Veñen xa a época das choivas. Ata os Cans Desbaraxuste buscan resgardarse. Eu non tiven conciencia dos meus propios sons ata que a morte puxo o seu selo no meu fronte.
O Val da Mahía despréndese dende os límites de Santiago ata a desembocadura do Sar. Alí, camiñando chegábamos ata Ortoño. Os meus tíos vivían por Osebe e en Osebe había unha disco. Un amigo meu dos meus anos que vivía no Quinteiro foi o primeiro que me puxo en garda contra min mesmo. Meu amigo, aos 16 anos non dubidou en roubar un 600 para ir esa disco e nunha curva non me acordo se de regreso estoupouse tan cedo, sen aparentes motivos. A morte sempre estivo preto. Lembro o meu primeiro defunto cando cumpría a primeira comunión, unha rapaza que me levaba tres ou catro anos, nunha cama branca, na casa do outro lado do balo da igrexa, aumentada polo halo do cadáver. Recordo que non me asustara. Que quedara intrigado. E preguntándome.
As estampas da cidade son preciosas, eu non digo que non. Os comercios típicos de Santiago levaron a cabo unha rápida e profunda transformación. Agora a Galería manda. Non teño outro remedio que acudir a Kerouac, e persignarme. Os camiños espirituais de Vagabundos do Dharma era a continuación lóxica á épica do Camiño. O Camiño de Santiago parece un Camiño diferente, no seus aspectos físicos, pero aquel Camiño popularizouse antes que este Camiño e un pode facer comparanzas. O Camiño que inventaron os beatniks encontra agora reflexos neste Camiño Noso recén remodelado, e xa se advirten cambios ou mudas no mundo da peregrinación a Santiago. Aqueles primeiros camiñantes que se puxeron de moda cando se institucionalizou a Ruta Xacobea non deixaron nin bo nin mal recordo, só a Santiago transformada.
Os recordos que teño do que era xusto permítenme non porme a soga ao pescozo e rematar para sempre coa miña vida. Tamén poderían valer 20 pastillas contra o insomnio. E sei que xogar con estes aspectos non tranquilizarán a miña conciencia, nin a súa, que é como mentar o oprobio na casa do aforcado. En fin, que non me queda máis remedio que vivir a carón do inxusto, e aturalo. Busca en min o inxusto (manda carallo) as razóns do seu optimismo, que converte en mensaxes pesarosos sobre cómo hai que vivir e sobre cómo comportarse. A ciencia certa manda. E a súa moral está polas nubes. E as súas verbas de mandar son como as dun pai esixente co seu fillo. Un pai riguroso, que non entende, salvo por ser o credor semeal do vástago. Cre, este, que iso non é moi riguroso, nin tan sequera digno de ter en conta. Que o seme que empregou hai tempo foi o seme empregado hai tempo, que non ten nada que ver co que o fillo pense, o que indica ás claras o seu pasotismo. É certo, ese pai omnipresente está enfermo de morte, e as sorpresas que atesoura débellas á inocencia, que cobra, pois el é o cazador e a inocencia a caza. Este pai é o pai do inxusto. Que quere un lugar ecuménico na histeria colectiva. Un pai subsidiario do paternalismo máis obsoleto, que non entende todavía cómo o fillo accedeu a uns saberes que o superan e ata o deixan en ridículo. Que lle batalla (con razón) toda a súas fontes xerárquicas, ao convir, civilización con educación, en que o saber era en verdade o que manda, e que a civilización a quen precisa para tirar para diante é ao fillo, logo o depositario do poder, o que explica como moitos pais ao decatarse de que isto é así optaran polo que denominamos paternalismo para tratar de restablecer o equilibrio das forzas, en case todo o seo familiar. Sei isto porque os meus pais non eran paternalistas. Tiñan entregado ao fillo a súa parte do herdo sen máis problemas que a penuria. Só o primoxénito se resiste abandonar ese papel, anque o resto estamos curados de espanto. O paternalismo, xa deberían saber vostedes, non é a mellor cara da paternidade, anque ultimamente é a máis socorrida. O talante expresado por esta corrente persegue deseguida empequenecernos, humillarnos, deixar como pegada a lea e botarnos fóra do pensamento libre. Sempre atopando a melga e buscando as debilidades dos demais, a única forma de escapar a iso é o ofrecer a mesma resposta, e tratar de levar unha vida distinta e diferente. As garras do pai van moi lonxe. Foi o teu Creador. Kafka anunciouno no Proceso. A figura que me legou o meu pai ensinoume precisamente isto. Esa rémora (no senso médico-analítico) paternal é a causa mesma da maioría dos disgustos. Un tería ao mesmo tempo que facer o seu papel facer tamén o papel dun pai que non posúe a mesma base material de coñecementos, o que se converte na causa da ruptura. A evolución descuberta por min consiste en situar ao meu fillo nun plano paralelo ao plano do meu pai e ver neste outra fonte de aprendizaxe que como os sofistas, ensinaba dando (non patadas no miolo). Así foi a fonte na que basei o meu querer, saben de antemán que a resposta que ía obter sería a comprensiva. De aí viaxei polo mundo saíndo ás veces da casa ás veces utilizando só a capacidade imaxinativa e a axuda que puiden sonsacarlle a toda esa sorte de dereitos de imaxe, postas a funcionar dende o ano 68, descartando o uso do emprego convencional para obter a felicidade, algo que sempre asumín obrigándome a min mesmo crer que ese era un paso para conseguir o que de verdade me propuña: encontrar un lugar no que estar a gusto, cousa que o meu pai apoiou sempre, e que miña nai tiña os seus máis e os seus menos con esta diatriba, sen chegar a senso da prohibición, máis ben un tête a tête sobre os motivos. Eu dicíalle que cada irmán tiña de seu o que era seu. E ela (enténdoo agora) correspondeume co teu sitio é este. Cando saín de aventuras por aí buscando precisamente iso, non me percataba que os fados xa me reservaran o lugar que o primoxénito deixou ao ser o primeiro en irse da casa, e establecer a súa pola súa conta. Poida que eu fose o substituto apañado para ter conta dunha herencia que comprende tres séculos, e que nadie, na familia do meu pai, nin na familia da miña nai, está en condicións de contar, de recopilar, de facela entender. Ese respecto só o posúo eu. Poriso agora estou entre o mundo dos meus pais que se me foi, e o mundo dos descendentes, que comezan outro legado, supoño que o noso. Aquí neste plano de realidade, o fiar fino actúa de compromiso entre un e outros. Non forma parte do deber, tampouco é unha obriga. As correspondencias entre o que xa ten a envoltura do eterno e o mundo xove que vive, danme ese pouso que se necesita, para considerar esta tarefa como a máis desexable entre todas as especialidades ás que un pode acceder, neste mundo noso, en correspondencia á súa vez, co mundo que a vostedes lle corresponde.
Eu atopaba miña amiga, miña amiga non quería. Eu atopaba miña amada, miña amada ´tá cansada. Eu atopaba meu querido, meu querido se aburría. Non sei cómo sigue isto, poño unha abbeada. (é rima [o que pasa é que non estamos costumados oila nesa rima] nova). Nova aparición dos fantasmas de entreguerras. Un sistema moi desenvolvido con moita precariedade. Os climas se enrarecen. É custoso saber onde se encontra a verdade e a mentira. Os servizos de propaganda funcionan a todo meter. Da mesma natureza que aqueles gases empregados para exterminar a media humanidade. Eses tristes inventores só adican o seu tempo libre a mirar para os biosbardos (son culpables de non atopar solucións e intoxicar á outra media humanidade). Quéixanse de ter os sectores no acabado rebordar,e de non encontrar saídas para os seus productos. Parecera cómo se a máquina económica garantizara o ingarantizable. Como se ese o seu obxecto fose a única forma posible de pensar no futuro: a empresa clásica. Teremos que resolver nós mesmos cómo será. Diante de tal conxunctura as axudas que veñan serán poucas. Vostede está no punto do diámetro netamente contrario á situación de victoria. Eis que as vantaxes que cobra se lle van todas ao carallo. E nós non somos responsables. Para iso necesitaríamos duns medios que nin soñar se poden. Hai moita economía boiante que acapara todos eses ámbitos de mercado. E nin iso é seguro. Un pode ter uns beneficios de 1.000.000 de dólares no día e perdelos ao día seguinte. Esa especulación é a que move a roda da noria. Teño diante un sillón modelo 1010 para asistir comodamente a tan lóbrego espectáculo. Ese será o meu posto de traballo. As cousas que se me ocorran.
Unha das cales non é a de porme falar só, como se o mundo ao meu arredor non me dixera de primeira man o que ocorre nel. A cita previa ven de aí. Un cre facer unha manifestación e esa valoración depende de moitos factores. Pug. Me lo acabo de tragar.
Nimbos e cúmulos-cirro-nimbos-cirro-cúmulos a estratosfera está tan lonxe de ser idea como que todo o mundo se olvida que vive embaixo dela. Dieiros e noiteiros non se levan. Son diametralmente opostos. Esa fauce elimina moitas posibilidades, un, claro, non pode estar contento. É un argumento que nos salvagarda no tempo, polo que estamos de obrigados polos demais, que sirve para que os roces estean máis dilidos nesa bruma-choiva que impide que as cousas vaian a máis. Aqueles camarotes dos Marx eran iguais. Entran e saen. Un sabía o que era suar a gota gorda. Tamén parece que o alento se brega.
Naquel número sen par do espectáculo máis grande do mundo resoaban uns repiniques de tamborileiro como o que resoan agora no meu asento-público. O espectáculo máis grande do mundo consta de: un paiaso, unha familia de trapecistas, un domador de leóns e innumerables contorsionistas. O espectáculo chámase Despiste, e tal como o seu nome indica presupón aos demais nas berzas. Ou, tal e como é moda: cada un co que ten dun. A especialidade así dá para non comulgar xa con rodas de muíño. Fronte á mirada travesa do Gran Fauno posuidor do seu serrallo, pouco se pode facer campo a través. E o mesmo Despiste é dono en exclusiva do seu propio Disparate, encomendándonos encarecidamente que coidemos de nós o mellor que saibamos, cousa que, por outra parte, parece evidente. E evidente é que en casa allea non podemos entrar, que anque El o intente iso non se produce, e que o que chamamos ameaza depende do grado de alevosía que practique, cousas moi difíciles de probar diante dun xulgado ordinario, o que... ¿a qué ven isto? Aí na area, os membros do circo se tambaliquean, e as súas proezas-trastadas son dignas de encomio, o que as veces parece negar o aire, polo que supomos que o aire non é de fiar. Entre as vantaxes-privilexios que practican, está o de quererse moito a si mesmos, e de non probar nada fehacientemente, co que o noso Despiste aumenta á par que a palabra se inscribe eternamente no miolo, que machaca, como se fose un allo, e dalle os cartos a quen non sabe manexalos. Disto temos probas para encher dous mil e pico de dossiers cada segundo e rematar dando a volta ao mundo pondo un tras outro varias veces. ¡Que che venda o anuncio do auto que non mercas a cada pensamento!. O aire practica un xogo moi enrevesado. Cando perde, ponse do lado de si mesmo. Como o aire é imposible de atrapar, o alimento baseado neste invento sirve para enxaguar as bágoas e irse a outra historia tan ricamente.
A traxedia c´est commençé.
¡Qué home máis serio e riguroso! Admitiu que o seu prezo son as súas trinta moedas, e a elas se aferra, tal vez admitindo tamén que o mundo é ese desastre do que fuxe. A palabra dada non vale de nada. Todo cristo cambiando de parecer a cada momento. O que sirve para entreterse profundamente censurado. As palabras máis altas que outras din da ralea que estás feito. A situación individual de liberdade está seriamente ameazada por unha tearaña xigantesca de intereses creados que varren pra casa todo o que sexa posible. Nun cómodo rinconciño podes parecer alguén, pero esa non é a cuestión. A cuestión son multiples retazos dun espello roto unidos maxicamente pola nada, que traza reviravoltas eufemísticas sobre o que cres ou non, que pretende ser a cuestión diaria, e é o que é, nada, espazos creados. Dentro, porén, hai cousas. A pelexa á que imos asistir ten como ingredentes o que desexe, o que descubran, o que poidan chegar vocalizar e o que o mundo do resto se entere. Así, entre catro gatos, aquela rapaza parece boa, para un segundo diante e desaparece rapidísima polos backstages, nos que cre estar asegurada de por vida. Bon, á fin é o amor. E o amor non considerado xa delicto sexual, esas cousas que din ser delicto. Houbo un tempo que pensar obsesivamente no sexo era o pan noso de cada día. Ás furtadelas, fumos sabendo que a obsesión podía transformarse nun estado mental propicio para devanarse o siso. É algo que non dá resultados espectaculares pero que mostra unha parte da pericia coa que se trata de envolver o espido.. (ou o despido).. torquemadas transforman a carreira nun suplicio..stop.. non malgastar munición con eles.. stop.. aplicar literalmente o significado de man esquerda.. stop.. deliberadamente.. stop.. as grandes cadeas putricias arramblarán co nobre esforzo do individuo que será unido aos seus eslabóns e así perecerá.. mirando pola fiestra como se moven os autos.. mirando cara a paisaxe os índices de bucolismo que nos poidan atontar.. ser fiel seguidor dun mesmo.. tropezo.. tropezo.. tropezo.. as grandes estrelas mediáticas teñen a vida asegurada e deseguro non tolerarán que os simples cidadáns ousen atreverse discutir seus dictados. Pechado na habitación sen saber porqué, sen saber do tempo.. Según ese sistema de sinais que vdes. indican o mundo deixou de ser o que era. Para onde tomar é a seguinte cuestión que se pensa. As liñas aquelas que dicían Maxinot están sobrepasadas polos exércitos do diñeiro, e a teoría social afundida. Buscan Submarinos U51 atracando en roles delicadísmos e aquelo todo do divertimento está engañado. O necesario é facer diñeiro como sexa. Os recursos enerxéticos indican que se consume máis do que se produce, e que as reservas están no punto ese do equilibrio que pronto saberemos se esgotables ou outra transformación. O dominio dos combustibles están xogando moi forte a ficar en mans de empresas sólidas do talante de 20.000.000.000 de E. Os estados dentro do estado aumentarán. Eses señores da guerra parecen olvidarse de todo o mundo tratando de gobernar eses imperios descomunais. Si, jacques, non importas un pepino. Os xogos de guerra tal vez nos maten de fame tal vez nos dean (de xeito perverso) o que necesitamos para seguir sobrevivindo. A cousa non está clara. 10.000 mortos que calculan en Nova Orleans farán cambiar moitas cousas. Hai toda unha opinión mundial estafada. Os negocios non son só cousa de homes. E os axustes de contas poden facer perigar ata os mesmos cimentos do Dereito Internacional. É certo que as víctimas comezan reorganizarse. Que as claves da resposta poidan estar en calquera clave. Que os nosos instintos funcionan á perfección e que quedamos á espera do que busquen. Así é o apoio. As liberdades liberadas corresponden ao concepto de apañalas por un mesmo, que sirve para ter encañonado ao inimigo. As marchas pacíficas polos nosos dereitos deron como resultado outra forma de entender a guerra fría que non pasa por Moscova. Aquí non poderán xogar tan facilmente con aqueles estereotipos do ruso roxo cabrón. A situación parece delicada. A repetición iconoclasta do mesmo tipo de home tampouco parece posible. Anque os medios de comunicación estean autorizados para repetir a ortodoxia recalcitrante, as voces que se coan nesas tapias van medrando en incentivos, e xa non son do todo aquelas monolíticas expresións do Estado feito a si mesmo. Hai participantes. E esa é a clave para a recuperación democrática. O noso interese. Cantas máis voces conxuguen a teoría amar, posiblemente sexan quen de transformarte, por enésima vez, nun auténtico caixón de xastre, que confecciona traxes a medida, alcance onde alcance a súa tesoura, a medida das cousas non van vir dadas por aquelas mulitinacionais que dispoñen dun rédito superior á maioría da humanidade, senón por esa humanidade que se vai transformar en mercado por conta das contas que se sucederán de maneira inesgotable, por todos os rincóns do orbe. Poida que sexa posible lelo.
A correlatividade financeira non corresponde de maneira igualitaria cos fenómenos do mercado. A igual suposición, a desmedida é evidente. Tampouco cobran igual homes e mulleres, incluso en igual posto. Isto, que a algúns lles parece igual, pois non é igual. ¿Porqué a igual mérito un cobra distinto que outro? ¿Se imaxina se o mérito é desigual? ¿E se o mérito é tanxible? Poñamos por exemplo o mercado discográfico. Un músico non cobra igual a outro anque os dous teñan o seu mérito. Isto parece impresentable. Polo que solemos considerar igual debido a que o problema é de tal magnitude enténdese igual grupo, clase, sección ou oficina. Lorca escribiu oficina e denuncia manifestando estar disconforme con este reparto, o que senta dunha vez o que consideramos desigual e maioritario. Se a maioría vive nunha profunda desigualdade cómo te atreves dicir que minto. Paso de Xesús. Agora ben, para que vostedes saiban dos meus asuntos, en canto ao que vou facendo, Tíquico, un irmán fiel e ministro no Señor, lles fará saber todo. Non toda carne é a mesma carne, senón que hai unha da humanidade, e hai outra carne do gando, e outra carne das aves, e outra dos peixes. E hai corpos celestes e corpos terrestres; mais a gloria dos corpos celestes é dunha clase, e a dos corpos terrestres é dunha clase diferente. A gloria do sol é dunha clase, e a gloria da lúa é outra, e a gloria das estrelas é outra; de feito, estrela difire de estrela en gloria. Así tamén é a resurrección dos mortos. Se semea en corrupción, se levanta en incorrupción. Se semea en deshonra, se levanta en gloria. Se semea en debilidade, se levanta en poder. Se semea corpo físico, se levanta corpo espiritual. Se hai corpo físico, tamén o hai espiritual.
Volvo comulgar co universal. New morning. Compañeiro de morphine, hell intenso. O novo reformatorio universal gasta en pó branco cantidades descomunais de corrente. Os ríos van parar ao mar, que era o discorrer, e o veleiro bergantín ¿qué paradas ten nos portos? Un podía estar así a vida, corrompéndose, en franca manía decadente. Como Bowles en Marrakesh, o sol do deserto a carón e as moscas pringándote. Como a panda de Ionqui, en Burroughs, xa me parece desmedido e inalcanzable. En The River a añoranza polas terras un día posuídas facíase tan daniño como a súa ausencia. Ese supoño era a orixe da morriña. O tamaño do occipital sufríu unha merma consecuente que tratamos de recuperar da maneira que nos sexa posible. Eu fun nestes mundos ata o irrepetible. Os espazos entre peza musical e peza musical eran un deserto cheo de sorpresas. Era outro deserto entre o medio e medio do planeta. Os demais homes estaban nunha banda, o outro medio na outra, famoso corcel roxipardo que ás veces quería decantar a victoria cara un canto. O máis próximo é paciencia. O partido máis maioritario ten un sistema de presos/as ben lubrificado e con unha boa engranaxe. Ás veces porse ao lado doutro parecera como se estivese multado. Cenfontes. Milfollas. Ese Diccionario no que se di se collen as palabras. Números así sirven para seguir teorizando sobre desenvolvementos e transformacións.
Unha zona de monte próxima exhordia paralepípidamente incumprir en sazón as escalas tónicas da verba circunscripta aos seus límites. As súas lindes sempre fican claras. O pó máxico na túa nariguiña faite esper e permañecer atentos ás súas pantallas. Un problema de posesión se visluma no próximo futuro. As características de tal feito se manifestan estupidamente polos cauces habituais. Inda onte tiven que arranxar uns papeis nos que os trámites burocráticos eran un estorbo, anque necesarios, ¿cómo senón lle ía reclamar despois á lei o seu incumprimento? A Armada Española alcanza agora un nivel medio no seu poderío. Cando eu era mariñeiro o seu nivel non alcanzaba nin as costas de Marrocos. A nós parecíanos ben. Íamos garantir unha profesión, anque fomos desengañados rapidamente. Aos seus avatares me refiro para constatar que hai niveis diferentes. ¿De Perogrullo?. As vin máis fermosas. Atrevidas como elas sóas. Se me nubra a vista. É xa a diabete.
Din unha enfermidade dexenerativa das máis eficaces e de maior crecemento. Sei que o meu tratamento non pode ser de maior calidade ata que non teña uns emolumentos que me paguen a cura (hai avances importantes nesa cuestión que permiten a un tomar medidas en prol dunha maior comodidade na nosa condición). Un fai números tamén dende o talante positivo en canto a que a esquizofenia paranoide está considerada pola psiquiatría como unha enfermidade violenta, de accesos, o que implica tamén especial coidado referente á súa rutina. Os métodos xamais empregados fannos conscientes de que estamos no nivel de risco. Non sabemos con exactitude como responderemos diante dunha situación crítica que se vai fraguando no teu interior ao mesmo tempo que vas envellecendo. Estamos nun nivel 5 do 1 ao 10, sendo o 10 o de maior perigosidade. O nivel crítico. Sei ben do que falo. De ben nacidos será recoñecelo.
Chachi-tren.viaxe: iremos a Vigo, meu amigo, iremos ao mar, meu lanzal. Veremos as ondas, as de verdade, nos ollos galopar. Neste fin de semana. Síntome un neno con zapatos novos. Iremos a Vigo, meu amor, sentir a flor. Iremos a land recuperar folgos, ti que sempre sabes onde estou.
Aquela A-9, agora ¡¡¡¡AP-9!!!!!, xogou cos totalitarismos derrubalos. De pequeno sempre fun partidario desa rama verde da ideoloxía, e non me gustaba saudar na ringleira 5 no número que cadrara co meu compañeiro de altura inferior ao superior de diante coa man no ombro (non facía nin puto caso das miñas grazas e carantoñas) (e sempre me tocaba o mesmo), Ap-9, apenove, apeguiónnove, en campamento militar sei como encubrirme, o meu compañeiro inferior, sempre según a teoría do meu compañeiro superior, si que me ría as grazas, este meu compañeiro superior estaba a gusto nos cadros pseudomilitares da miña infancia, quero dicir, que militar fun sempre, dende que deixei a escola unitaria con sete anos, todo foi saudar marcialmente ao que os meus mestres tiñan como laboura, eu daquela todavía non comprendía moi ben como o que contaban os libros era unha cousa e o real outra, gustábame fantasear cabo aquela farsa dos meus pantalóns bonitos, e sabía que de adolescente me ía quedar a marca psicolóxica que despois os Beattles, ou outros, non conseguirían arrincar do todo, estaba claro que a primeira educación era a que deixaba a impronta, isto claro, a for de confesar que o ensino aquel non me gustaba, e que iso é o motivo principal do meu fracaso, cando o grupo de rapaces entoaba o estribillo joseantoniano eu desaparecía no medio da fila e a min naide me notaba que non cantaba ,con eles, esa ilusión de xente esperta abrazábame con forza e eu xa quería o meu niño, con trece ou catorce anos, tarefa que fun compatibilizando co gañarme a vida co que había, que non era gran cousa, ¿que é esa xente que ás veces manda tomar polo cú a Gayoso no Luar cando fai unha chamada de teléfono?, idle, not working no common, you non comment, teño que preparar a enxeñeiría para vivir catro anos co só auxilio da miña irmá e +- 300 euros, a historia é complexa, todavía non estou preparado para contala e posiblemente sexa o que a vida me depare, irei tirando liñas, triste non é, teño como amuletos unha fea meiga, un santo apóstolo de santiago e un duende sen identificar a súa procedencia, de tamaño un pouco maior e coa cara verde e coloretes, orellas venusianas e talante de vello profesor amable, estes xogos de palabras son difíciles de facer, e non os pagan tan ben como din, e bon, a cuestión literaria non estriba en como vaias desenvolver o argumento da narración, senón en que o desenvolvas, ¿e despois?, despois xa veremos.
¿A onde vai a xente todas as fins de semana? No lugar da Darkness of the Edge of Town todo soa como se estivese en off. Aquí non é fácil facerse cun ceo, e as mensaxes se entrecruzan no limbo a unha velocidade endiañada. Un segundo despois tes ti a culpa. Ou es inferior. Ou ves a superioridade facer o mesmo. Nas torres amarelas, dobran as campás. Sobre os ventos amarelos, ábrense as campás. Por un camiño vai a Morte, coroada, de azahares murchos. Canta e canta unha canción na súa vihuela branca, e canta e canta e canta. Nas torres amarelas, cesan as campás. O vento co pó, fan proras de prata.
O desfile dos pipirigaios transcorre sen que haxa unha pregunta. Muda o muhaicín no minarete da medina maldicindo aos vivos. Descargas eléctricas rasgan 10 km. de altura cara o chan presente. Sei porque me odias. Non teño porqué saber outra cousa. Nas descargas amarelas, os trebóns traen o ritmo da Morte.
Alí nos esconderexos que deixa o lóstrego, os xiróns de nubes te cubren co seu manto-sete, por riba de todos os atormentados, de todos os desgrazados, de todos os condeados, que encontran aí profundo, o rastro de si mesmos. É de agradecer que os mozos inda rían. Que a flor que buscan estea todavía intacta. Que dos seus pétalos non se desprenda ese sangue chorreante que te deixa sen forzas e sen alento. Cada amencida que non te atopo, máis libre me sinto. Señoritas guai a primeiras horas da mañá zascandilan cos seus gráciles movementos e mas prometen. Son como chispas, en medio da Morte. Arredor de si mesmo. Moita estima polos santos defuntos. As prebendas. Lugares exóticos. A crenza de que teñen outras formas de vida. Nun lugar inhóspito da Darkness o resultado do empate técnico comeza inclinarse voluntariamente cara o lado máis desfavorable da vida, e, cara onde este se encontre, cara alí irei, renovar enerxías necesarias para que o corpo ande, non hai aire suficiente.
É a primeira vez que che vexo presumir de casa. Ao Hola e ao Semana... me refiro. Esa maneira de autoproclamarse Príncipe de Barataria se lle atribúe a Don Quixote, que era Enxeñoso Fidalgo, isto de ser donos das imaxes nunhas páxinas aínda ten a súa sensación vertical, os avogados defensores só predican co exemplo. A razón dunha defensa diaria, vostede esquilma. As razóns que duran 24 horas ao día seguinte xa están servidas. O que me engaña dime moi seveiramente que esas son precisamente ás razóns que debo aterme. Eu non estou tan seguro. Un ve a calidade da súa exposición durante un tempo e aparece toda a televisión. E claro un busca refuxios. Nunha Guía do Ceo Nocturno descubrín as saídas de Venus e Xúpiter. Sempre cara o Oeste, a mesma dirección pola que se emprazaron en Catoira as famosas Torres. O empuxe sempre leva ao Oeste. Os pobos do Sol Nacente teñen que vir á forza a onde se Pon o Sol. Tamén o vin nunha edición trilingüe castelán-galego-portugués referente a GALICIA-PORTUGAL. A min a grafía con z sempre me gustou, porque tiña ese regusto amargo a vello e moderno: GALIZA. Estamos en Galiza. ¡Estamos en Galiza, tío!. Estou baixo as influencias de Schubert, que despois quero continuar con HILARIO CAMACHO: lunático veneno. En doses certas non é mortal. Agora hai moito drogadicto. As teorías workirizantes nos atinxen a TODOS. É unha boa faena da pluma saber conxugar verismo con perigosidade. Algo que se bota de menos en moitas escrituras. A base de reais irrealidades os imperios atopan a súa base de obxectivización, e non se fai oneroso o esforzo que hai entre a masa dominante e a dominada. Odiamos os imperios porque parecen que nos dominan. Pero botamos en conta que, cando se establece un, a riqueza xeral é a que consolida a adquisición de todos os integrantes do territorio ao que se lle chama imperio. Estes estados de riqueza xeral só solen durar unha vintena de anos. O que dura a xeración que o encaramou con todas as enerxías a todo tren-ç. Esta enerxía vital se desgasta. Co paso dos anos hai que atopar a outra xeración que sexa garante do desenvolvemento da xeración anterior. Ligar uns anos con outros só se consigue se as persoas que traballan nisto teñen “o que teñen que ter”. Ademais é lícito atribuír ao sentir xeral eses desexos. Diríase que se non o país conflagra. E ese sentido do deber só se dá nos imperios en conflicto. Facer a batalla para que o crecemento non abaixe as esperanzas de vida da maioría da xente que o compoñen. Esa riqueza é sostible ata o punto de pelexar por ela. En calquera lugar do mundo. Diatribas a parte, a riqueza é a única esperanza que hai repartir. Os Estados cando moven os peóns é tamén para garantila. Mirando para o “Século de Ouro” as opcións literarias imperantes eran ás dos de fóra da lei, os out-siders norteamericanos, os piratas Drake ingleses, o sovietismo explotaba a ximnasia rítmica e o bolshoi, ¿os peregrinos medievais?, ¿as xentes das Cruzadas?, ¡os hebreos!, ¡imperativos de Cronos incumpribles!, a ciencia-oficial só pode ofrecer unha gama no espectro que non se saia dos guións sen incorrer en Simpathys of the Devils que alimenten esa necesitada sección da poboación que necesita moverse no impotiliticamente incorrecto, deputados vai haber os suficientes, a educación non vai encontrar ao que baterse porque a educación chegou a uns límites de crecemento do que xa hai que sacar froitos, é certo, as explotacións nese senso apuntan ata as horas libres, xa non me queda máis remedio que aceptar que son incapaz de recoñecer onde están os límites entre o ben e o mal, o piano impele cara adiante, un saca os folgos e respira unha bocanada, ¿e que será o que me cura?, ¡subo ao ceo!, ¡el dá patadas!.
Puck! as tortillas de patacas pasaron de ser o revulsivo españo l e non sabemos con exactitude que diaños cambia a nosa cociña tradicional e porqué. Antes, cando meus pais pasaron 54 anos de voda con ese substento, as cociñas estas de guía, valían o que valían, e nadie lle daba a menor importancia, alí nos lares o pote facíase con catro cousas, como agora din que se fai esa cociña do Guggenheim, a única diferencia parece encontrarse na elaboración, que din simple, pero complicada, sinxela e económica, coñecína nun lume de tres almas gozosa e plena, e xa me chegou a hora de variala. Agora no nobody, somebody love, os meus mestres norteamericanos siguen sendo unha boa fonte para o pracer, elohim é o plural singular dun número indeterminado de deuses que foron os primeiros en gobernar o mundo, según os textos hebreos da cábala, estes deuses innúmeros funcionaban como se fosen un, tal vez poriso os hebreos fosen os primeiros en adorar a un deus único, a verdade é que ese singular que reclama a prefactura non existe en ningures, salvo na voz autárquica, na teocrática, que parece subsanar este defecto multicultural, na disputa local dese dominio, ao non existir “voces”, a manifestación de deus depende do que atope, ás veces o vento, ás veces unha porta rechinando, ás veces un corpo, unha multitude, elohim, o grupo de deuses que nos manda, ás veces crin, nese deus único e particular das xentes de por aquí, ser a manifestación mesma da santísima trindade, e advocación de pai, fillo, espírito santo querer dominar o que Babel construíra, como se dixese unha vez confundidas as linguas Eu Son O Único Que Queda, A Min Teste Que Circunscribir, e deus facíase un manifesto en dúas liñas que voltaba patas arriba o que El parecía Ter Confiado. Politicamente botáballe a culpa aos demais, aos dos partidos que daquela non gobernaban, finalmente gobernan, o que a base da súa réplica queda sometida as decisións que tomen conforme os acontecementos se vaian producindo, deus o can me chama o aire queima a un home horizonte dous corpos ardendo intensamente quince anxos velan onde estivo o meu fronte son o negro, o escuro: ardendo está o meu nome. O meu cabalo me busca e pronuncia o meu nome co machado romperon de dous en dous o meu fronte lonxe, no ocaso, alguén di algo ou mente son o negro, o escuro: ardendo está o meu nome. É a lei do silenzo e tamén a blasfemia é mostrar aos homes unha cruz na boca e dicirlles que arde, como cabo de vela a miña alma na penumbra como unha blasfemia Deus o mudo, escultura de sombra, florecer de rocha e os dados dun cego que cerran o poema.
miusic: the landscape, ¿cómo non vas disfrutar coa música galega se está en lúa de mel co presente potencial do noso maior desenvolvemento? ¿é a avanzadiña do noso I+D? Cando en New Orleans se comezaba improvisar e buscar novos ritmos a base de pór en solfa o sistema e as achegas de áfrica por fin atinaron entrar en aquel clube exclusivos de brancos, algo comezaba tamén circular polo mundo, cara alá, cando os ritmos dos escravos entraban de esguello nas opcións culturais das masas da cidade, tamén foi lento, a desembocar naquelo que chamaron rock sinfónico, ou rock progresivo, limitado a un certo número exclusivo de desenvolvedores que comezou, creo, con Crosby, Stills, Nash & Young, Bob Dylan e os Jefferson Airplane. Había interese por encontrar o flipe. E iso conseguiuse a base de explotar a guitarra, e o órgano en menor medida. Aquelo, que parecía o inicio-culminación de algo grande, está agora presente en todos sitios. Efectivamente, é (hai cansancio) unha etapa que volve pór de manifesto o moito que se fixo polas liberdades no mundo dende aquel entón.
As flores da miña amada estanme agardando en Chantada
As flores do meu namorado estanme agardando en Volvogrado
Hermann Hesse ¿era tradicionalista?
Lou Reed era Transformer
A miña gaita é un fol
Ides polo camiño claro
Volanteers ten unha boa demanda
As miñas sombras rosalianas veñen dende un carballo vello
Cheo de escornabois e fouces
Segas e colleitas
Matanzas
E cacharelas
Sombras que se volveron sombras porque a noite é parda
Todos os gatos son pardos
Militarmente a forza que vai pagar os nosos vicios
O pecha-cancelas xoga na Liga das Estrelas
¿Somos todos iguais?
Pois parece que queren facelo evidente
Uns en carrozas de cabaza indo aos teatros e outros relambendo o espeso aire que queda despois de que o importante recolla a faldra nun xesto de noiva do bendito que mira para a turba con tristeza
e non hai preguntas
só o esforzo por facer un mundo superior ao da media
con outras respostas
por exemplo: ¿qué pintamos nestas?
A ecuación pregunta/resposta só admite unha solución
Miña nena anda furtiva nos hoteis e eu só son unha ave de paso
Igualmente, a maior parte da tarefa, debe ser direccionada cara os asuntos máis próximos,
non podemos intervir en ningún lugar do mundo,
xentes época colonial
dende a nosa miseria. stop.
Despois dun amplo varrido polo mundo.
As únicas alegrías que nos quedan veñen da man do aturuxo
E das cantigas da fiada
Do Noso Vello inda esperto
Mundo Tolerante que culminan 6 Primeiros Ministros
Un rompecabezas
Eu papo 4 formas de goberno
Franco UCD Felipe e PP
Se contamos a Transicción, que tivo de seu ser como un Goberno pero sen usar as prebendas dun Goberno
a min gustaríame estar de volta á Transicción
na que podías usar da lei según che petara
acaba de aparecerme un nó no estómago
unha lingua que se movía por todas as esquinas do populacho sen que espertara sospeitas cando facía a acción
unha lingua libre de sospeitas
despois da liberación
que durou 3 escasos anos
os atrancos viñeron enseguidiña tratar de pornos prezo
o galego sinte así ir nunha escuma de onda que rompe manseniña no bico da area
e, trae, no seu vocabulario, aquelo que somos
e que qué queremos que sirva
para estar dunha vez por todas en paz con nós mesmos
as linguas aplicadas en primeira man
teñen a avantaxe de conducir ao pobo ás que pertencen
sen que o disturbio causado pola variedade que nos territorios cohabita
impoñan
á lingua que ten que imporse
máis sendeiros dos que a cohabitación permita
e aceptar o lugar da estrela
nesa rexión do universo
¿porqué sempre temos que representar o papel do diminuído?
¿como se o empapelarnos todos os días non estivera pasado de moda?
agora lévase a pintura
e a pintura permite bocexar sobre iso que nos falta
que é o estado particular do Nós
que é o que queremos ir enchendo e é ao que máis se opoñen
“O Porco de Pé”
e Mariana Pineda
cen anos despois de soidade
The Spirit of San Louis
Loriga e os demais aviadores
Liberias
e ExRepúblicas Socialistas Soviéticas
simon & garfunkel
nadies
e marcas rexistradas
principios esótericos sobre os que se basea a demanda de casación diante do presente tribunal polo que o autor desta expresa de achar conflicto entre as partes que se persoan como acusación e os intereses aos que ten dereito, fixándose acudan os testigos, declarar, segundo a cuestión requerida, non habendo, nos demais puntos sobre o que tribunal accepta a interposición deste recurso, materia para a discusión, o que anula de facto a defensa do propio autor, o que este tribunal remite para lograr o mellor entendemento posible e facer máis grato o trasncurso deste proceso que queda aberto dende o momento que se decida pór data e hora e ata o termo.
A misión comeza por tratar de acordar se o antes escrito, causa ou non causa, sentido do deber, ou, se é cuestión de lerse e chapalo ou non. As tentacións nese ámbito proceden da autorías dos críticos, non das intencións do verdadeiro autor, que quedan reflexadas, estas últimas na definición para o texto de joint-venture, que trata de expresar o respecto que un sinte por todos eses outros prolegómenos que xa non están da miña man e dos que depende si e non, 50% de posibilidades para cada un, ratos mefistofélicos, rastros divinos, tentempés e algún banquete.
Joint-VENTURE, eis unha definición para a empresa relativa ao establecer as normas do Cántico Xeral, esa Voz que queda riba das pequenas miserias que nos dá o presente, cidade ou non, ¿qué tal se continuamos coa busca e as grandes disputas pola conciencia quedan de man dos presentes, supondo que o resto da humanidade se entere, e saiba cál e o motivo polo que nace e morre, qué é o que din que está feito e qué cousas quedan por facer, porque cousas para facer quedan, qué clase de pregunta é esta, qué, qué diante, qué clase de mundo estamos facendo, o máis xusto, o máis inxusto, cómo poderemos decatarnos, CÓMO PODEREMOS SEGUIR BUSCANDO, estas palabras, ou as seguintes, as seguintes, as seguintes palabras, ¿axuda?, ¿purgatorio?, certo é, non si?
Vas a unha perfumería e non é o mesmo que entrar nunha ferreteiría, e así con todas as profesións da terra, dá o mesmo ao final, tendo unha profesión, ¿qué profesión pode considerarse por riba das demais? As profesións son as profesións, hai un elemento que deturpa o compromiso, a parte dos accidentes que se dean nelas, ou os despidos, o a súa carencia, que é o elemento visible. Quero dicir que só hai 60 anos as profesións non eran visibles, un podía saber se lía, pero este elemento non é imprescindible, hai profesións que aguantan co mesmo cariño que tiñan as cousas boas da vida sen que no medio permitan iso que as deturpa, ambición e cobiza xa son termos tan insignificantes para medir a desmesura do que percibimos, que a veces nos preguntamos se percibir consiste en ver máis ou menos, o que nos ven cómo solución a un problema, engadido de máis ao noso cotidiano transcorrer con só asistir a outras funcións desa vida que dicimos amar, e da que todavía pretendemos a satisfacción, non quedarnos en babia velas vir, senón no ir dando respostas a quen nos toque da maneira máis sinxela posible. É como coidar un rebaño, iso creo, se non te preocupas de todos os cordeiros algún seguramente convertirase non garbanzo negro, (non quere dicir que eu pense en meterme monxe e aliviar así a sensación de estar fóra do rebaño) pero esa sensación existe, quero dicir, mira, o pecado estará diante da porta da túa casa mañá mesmo, e un ten que escorrer o vulto como sexa, está o pecado permitido, (no Concilio Vaticano II aboliuse a figura do Demo como causa do Mal no mundo) (pero ese Demo é agora substituído por persoas de carne e óso que dán a cara por ese rebaño indefenso) (demonizar ata o de agora é un xogo que causa só un sufrimento moral, usado ata hoxe polos integrantes da maioría partidaria da man dura cos menos favorecidos (supondo que un multimillonario non lle irá pegar a outro multimillonario anque os dous se fagan a competencia, anque si case se permite que lle afundan o negocio) (isto é así) por estar menos favorecidos non... sufrimos... si... sufrimos... hai algo en nós que ten esa sensibilidade especial para sentar diante dun problema e tratar de resolvelo, anque metamos a pata mil e unha veces, esa liberdade que estamos de acordo ser a que rexa as regras da nosa convivencia, o que suaviza emporsi as relacións que por ser difíciles conteñen no seu interior ese risco. Nós non estamos por pór máis trabas tanto á nosa maneira de continuar como naquelas que están empezando desenvolverse por si mesmas, tampouco temos ese poder de poder encauzar masas e xeracións, vontades públicas ou privadas, pero podemos apaciguar o noso espírito e ralentizalo para que a cuestión teña unha presentacion, e facerse cargo máis tarde dos obxectivos que se plantexan ao aceptar que as regras de xogo que hai no mundo estanse transferindo volcanicamente poro a poro polo chan superexplotado buscando como menos pór fin a aquela outra conciencia de superexplotación que realmente está levando ao planeta á ruína.
Volvo ao mencer solidario, soidade, aquelas formas de vida que tanto desexaba están xa conformadas e forman o meu CEO PROTECTOR, amais de satisfacer esa demanda da débeda que un tiña contraída cun mesmo. Hai anos, isto éra un soño. Agora xa é realidade. A vida vai tanscorrer polo que xa temos conseguido e demandará de nós o que a satisfaga. A vida se entremezcla nese vaivén-contraste que ten o trato cos demais. E aquí escribo que iso xa se dulcificou, que os atrancos, que son aínda moitos, deixan ese resquicio polo que un pode soñar ser mellor, polo que un pode incluso pensar que os sistemas de axudas restablecerán o equilibrio que romperan aos seus límites xustificables, e que un poderá traballar máis a gusto niso que desexa.
a HisToria InTerMinaBle II
Inda te miro, muller, como se as feridas xa fosen historia
A nada me ato, quixera, cando os teus ollos esbaran polas propias bágoas
Cando o fastío cesa de transmitir as fontes da alegría nas que recuperas todos os hálitos polos que es
Aí tamén te quero, anque non sexas miña
Tamén te quero cando arduamente te empregas en sacar adiante a familia
Cando amas o recordo, cando non te tumbas
Tamén amo, te quixer, anque sexas unha sombra cun corpo de penumbra e o sol non chegue aos poros que enaltece cando se visluman
Tamén te quero, anque non se me note, anque os bicos se desfagan nun segundo
Anque as verbas se nos leven, anque nos cuestionemos porqué me queres, anque me sinta sen algo, anque sexas pregunta
Son privado de Cuba:
Elián foi unha batalla nacional, unha estrela nun triángulo dunha bandeira, un trapo, case nada, unhas papas de plátano ao longo da liña de costa, un outeiro pequenísimo que dominaba as casiñas doradas polo sol,
un quixote, mulatas alegrísimas nas festas do santeiro, donas dunha estirpe cuxa memoria se remonta ás aldeas remotísimas de todo un continente, unha epopeia cuberta polas fantasías eróticas de todo un imperio, Makelele traspasado a un Olimpique calquera,
Oriana facendo cursiños de megaestrela, o porvir do mundo tentando un herdo primoxénito, mares cheos de piratas, misterios das Bermudas, misiles atómicos apuntando Manhattan, Vermont, Tennesse, cruce de razas, calquera, calquera, eses pobos do Far que fixeron do equívoco o símbolo da súa puxanza, é tristísimo ver pola tele que 52 Estados queiran imporse a un, bob, boh, palabras, ¿que nos vendes?, Elian, o malecón, irei Santiago, co meu corazón entre madréporas e bosta, irei, sentindo, o meu corazón salpicado de retazos, chegará Metrópole para me facer saber o sitio que ocupo, ¿quen será capaz de paralo?, necesitamos un orde, teríamos que compartilo todo, ou deixalo como quede, ata máis adiante
Gri-gri:
Fía fía de nada feito a fía é dalgo non fían de nada senón
Según que quen está facendo o paripé
Quen diaños entende que no mundo pasa algo distinto cada día?
Paso explicalo: os acontecementos relativos ao que transcorre dentro do ego deixaron de ser; iso acontece porque o ámbito da empresa relativizou a importancia de cada un levada polo seu espírito corporativo (anque claro o esforzo dun grupo de persoas non revirte nese grupo de persoas, senón só nos que se fan cos beneficios) por aquí se leva, dende hai tempo ese estúpido significado, a cadea só paga o soldo, o demais é insignificante (paso a non entender o que lle explican aos nenos) ás xentes da esquerda sempre os queimarán por dicir que o que se pode facer é o que non queren facer (non buscan nin excusas) (está directamente exposto que o problema que causamos por nacer nolo cobran moi facilmente, e que moi facilmente tes que entregar o pelexo se non queres ficar sen el) isto ten relación con Adán, o primeiro Home. Cando se independizou dos dictados que o Ser Supremo o Seu Creador lle impuxo, comezaron os problemas. Deus botoulle a culpa a Eva, indirectamente. Supoño que aceptara (Deus) que mandar sobre un só home non era gracioso, que o mellor que lle podería pasar (despois dun montón de tempo vivindo con Adán era imporlle unha estirpe) e a primeira manda que saiu non foi moi edificante, así que seguiron as regras, e as regras siguen dende aquela, as regras, ¿qué regras?
¿din basta cando é bo comportamento?
¿en qué colexio son as mellores?
¿e as únicas?
¿e quen é quen afirma que con só iso chega?
*********************************************************
estreliñas ten o universo infindo (algunhas do tamaño do sistema solar no que vivimos) (iso afirman os científicos)

a libre creación (un regalo que se supón fai ao home máis intelixente que o resto dos animais que o circundan) (por aí podemos evadirnos das regras esas que tratan de impornos e buscar eses significados que nos son gratos)

cabeza oca xa trata de comprender porque somos así os librepensadores
Non é o mesmo vivir en New Orleans que en Los Ángeles nin tan sequera en Washington (anque nin nos decatemos)
Estes latinoamericanos que emigran cara as fronteiras do Norte levan claro o lugar que ocupan. Alí, claro, as cousas non van ser fáciles. Le Pen baseara todo o seu discurso neste fundamento, que non ten, claro, nada que ver co fundamento que aplicaba Karlos Arguiñano á súa cociña. Eu non sei con exactitude se o progreso é progresivo ou regresivo. Algunha muller para pór a excusa do non puña o DIU e dicía molestia. Coas pílulas non nin as notaba. Eu non sei quen será estúpido neste mundo, pero queda claro que só lle pertence a uns poucos. Así un ía por aí tratando de ver o mellor que había por aí, é dicir, o que había. Pois iso xa non vale, non paga a pena desprazarse polo mundo porque o mundo non se move. Está sempre no mesmo sitio. Así que pensando ónde fixar a residencia e tratar de sobreentender a clase de futuro que nos deparan (os que teñen o poder de depararnos futuro) ás veces non nin entendemos cómo nos odian ou cómo chegamos odiarnos a nós mesmos (será poriso). Ss. Os sevillanos desapareceron do mapa catódico de España. Xa non (Córdoba vive a súa vida como se aos demais non nos importara). (E todo o mundo está empezando preguntarse qué exportas). Non está claro. Eu tiña un minifundio. Daba de comer o xusto. Pero por alá, por outras terras, iso non é nin lóxico. Nadie ten esa mentalidade peculiar nosa. En boas mans pode (é difícil) ser motivo para as extensións tipo .com, .doc, .es... eu que sei. O tipo amo do labirinto ten por aquí os seus días contados. Terá que ofrecernos máis explicacións para saber exactamente porqué domina. O goberno do pobo para o pobo é a base-cumio da democracia. O que non pode ser é que te esteas defendendo a cada momento de toda clase de agresor ceibo. Isto é lóxico. Tamén podes coller estrada e manta, ou liarte a manta a cabeza e facer de bandoleiro, como Curro (claro que isto non é tan provocativo como aparecer na televisión é ser sinónimo de imaxe de marca). ¿A quen facerlle caso?. Os libros de Historia non solían mentir. Claro que a Historia baséase en feitos consumados, non no gusto do consumidor. Nin tan sequera en se caes ben ou mal. Ás veces nin no que pensas. E claro, iso é unha fonte inesgotable de sorpresas. Mira que sae menganiño facendo o papel da súa vida. Claro, quererá que o escoitemos. É fácil, el fala. Difícil: saber de qué. Ás veces o que din nin tan sequera o podes relacionar co que ves. Ás veces están falando de Tunez, e, claro, ti de Túnez non es. A eles sirvelle. A ti non. Anque o saibas todo sobre Túnez, cómo podes relacionar o que pasa a carón co que transcorre a 40.000 km. de distancia?
María Teresa Campos:
Esquirol, cando un observa un mundo desfeito o menos que pode facer é a cuestión principal na que dirime se o mundo dá e cómo. Todos, pensamos, salvo que non se teña actividade cerebral, que o lóxico é porse baixo os aspectos máis amparo da enorme fábrica na que se converteu (o mundo). Cando a cuestión se personaliza e un acaba sendo un obxecto que esa fábrica utiliza o sacar balóns para fóra vólvese obxectivo prioritario. A eterna cuestión do Ben e do Mal queda suspensa desa actividade. ¿Cómo diantre pode vostede supór que soportar a carga emotiva da cuestión de miles e miles de persoas o pon a un como “xefe” de tal barbarie? O menos que un acepta é que o problema diario que a venda deses problemas doutros non teña ningunha implicación económica (digo subornos ou manipulación) que, a cousa explícita non é tan explícita. Pode un porse no pel de alguén, pode un ata inquietarse. Pero un suor frío recorre o corpo e o espírito cando, cando, a complicidade de tantos manifesta non ter idea do que é unha idea xeral e remata por destrozar a base de individualismos unha noción herdada, que se quere transplantar na ausencia dalguén que explique o que realmente sirve como vínculo entre tanto problema empresarial a base dunha productividade hiperdescontrolada. Bon, o termo é finito. O día da defunción da idea atractiva se rechea con calquera preocupación mundana e solemos ter os pelos de punta cando o herdo desaparece e a súa forma de transmisión nun soldo transgaláctico que igualiza no formato tanto a mouros como a cristiáns, cando, cando, realmente esa idea non persiste en ningún invitado. O senso de galiña ten que ver con eses pelos de punta e a sensación de desaparecer das preocupacións do resto, sempre preocupado polo que esa experiencia dea de seu a calquera que teña esa oportunidade. Non sei, España é grande. O termo ideolóxico que soporta vese incrementado pola idea de oligofrenia, ningunha claridade, anque un estea namorado. É somentes a asunción de liberdades, pero liberdades cunha problemática, ou sexa, problemática dunhas liberdades. Pagan ben. Mellor que a nadie. Esmolas cotidianas. Se nos atrevemos discutir un sistema o tempo xa non é liberdade. O tempo di que unha limitación é unha limitación e o protocolo establece que neste caso o eterno, ou sexa o discutible, queda suplantado pola idea falsa dunhas preocupacións vulgares, case rozas o histerismo. A demencia senil non dá clases, só nos avisa do que hai que ter coidado, anque, cando, iso non é motivo para volverse contra ou a prol dunha enigmática noticia que xoga ser periodismo sen pasar polo aro da discusión e o debate verdadeiro. Un xoga crer que iso que afirma cada un é a súa verdade, de tempo non dispomos para sabelo, nin tampouco o que é noticiable nos dá ningunha pista sobre se o que acepta como dable forma parte dese contrato que se intúe en cada unha das aparicións preexistentes. ¿En qué lugar fica o público? ¿Esa privacidade que vende as súas intimidades trascende dese ámbito privado que lle paga e se superpón ao interese maioritario? ¿Esa minoría de debedores a qué privilexios se acata? ¿Esa natureza cando opta por saber se outro mundo funciona? ¿O nivel de simpatía e apego polo popular dirime de certo o que de certo constitúe a base do noso entendemento? ¿A utilización excesiva dese esquema narrativo presupón a existencia doutros? ¿E o mundo culto? ¿Cómo participa? ¿A base de carpa e manteiga? ¿É iso discutible? ¿Ou a democracia se substenta na previsualización matinal dunhas persoaxes que xa non teñen outra cousa que facer que expór cruamente o seu nivel de entendemento sen referencias cualitativas ao que preexiste diante? ¿Quer dicir que mamá non tiña cultura? ¿E o trato que dispensa a quen ten a ben corresponder coa atención necesaria é simplemente roto polo que lle saia das enaguas? ¿Esa triste España de latifundio é realmente o que nos merecemos? ¿Cómo pode caer na tentación de crer que o seu consetimento forma parte do noso herdo? ¿Cómo pode facer referencias a un acontecemento superior cál cigarra de campo despreocupada polo traballo diario das subnormais formigas? ¿E, postos a considerar a valía de cada quen, cómo pode ser que durma pola noite sen que a mañá seguinte non haxa nin remorsos co máis execrable do seu exemplo?
Xoglares:
Meu, a min, sedíame o son, na illa dos narcisos coloraos, gratos ambientes eléctricos que me congraciaban co Señor.
Eu, meu, estaba aí, colocao, mentres as ondas cercábanme no mar maior.
E agardaba meu amor, as barcas grandes do bar, asfalto e serpe, mil anos máis.
Cercábanme as ondas grandes do mar e eu esperaba miña amada, que por aí ía.
Eu esperaba ao meu amor cerca das grandes ondas do mar maior.
Madám botaba contas arredor
e tomaba cocacola cando Luisa se espía.
Agarraba o pudor.
Tiña unha cicatriz da Cesárea, sodade
e peitos exprimidos, e comía como unha boba do prato que todos lle serviran.
Cercábanme as ondas grandes do mar
e eu esperando ao meu amigo.
Cercáronme as ondas do mar cansado
e eu agardando ao meu amado.
Deitaron pontes noite e día,
estrelas e abismos.
Deitaron brazos do mar a cachos
e eu feito pedazos.
Un punteo de guitarra te subía ou abaixaba según a púa resistira.
Resistiron rexistros inconexos do mar avieso.
Era alí, gratis o mar, paixón e ciencia de Lidia e Blood.
Era o grito, sempre infinito, dos nenos tísicos.
E eu agardando a miña amada, de namorada.
E eu agardando ao meu amor, no mar maior.
E viña Andrés.
E viña Audiencia das cousas claras, tamén Arnaldo e Viracocha.
Veu un piano e un Leocadio.
Veu unha india e un raza ario.
Tocaron o claxon.
Subiron na moto.
Foi grave o silencio que non atinei.
E alí na espesura do ermo escaso
tiraron con honda contra o lagarto.
Quixeron mandar.
Eu me perdín.
Meu, qué grandes ondas do mar en flor.
Heliogóbalo dixo ser sempre atento.
¡Menos mal que me salvei!
Niño de Corvos:
Well: á atención do cronista oficial intentas contar o que non conta a historia oficial, a historia que non nos ten en conta. Eis que o burgo, preñado polo decorrer do que está máis preto, vira oídos xordos ao que che corresponde por estar empadroado na vila, e, para saírte do certificado de convivencia, un fai un esforzo, dende logo relativo, por agradecer á vida o que a morte se leva cada día, xa en nome dun pacto, xa en avisos. Así, o viso establecido só devenga do suceso o que o caso dá de seu, en traxedia. Se apareces con monsergas e floritura o máis probable é que o sorriso desapareza e a mortandade referida se dea conta da súa superioridade, o que te acabará convertendo en sempre-neno, debullado por esa historia que non che fai nin puto caso, anque remates (ou inicies) pagándolle o café todos os días. O puto sicólogo de andar por casa sempre se cre con dereito a porte no lugar no que el nunca se pon, nin sequera dá un peso por ti, e é sempre, o primeiro que che demanda. Como está na casa, e cre ser testigo dalgo, anque non o sexa, o seu só traballo xa lle consinte ser demais, unha historia risible da masa ausente acaparada polo especulador de turno. Eu non sei como será en Sevilla, pero el sempre está na súa silla. Non sei tampouco se será un bo esforzo para o pai, unha ocupación extraescolar que el quere beneficiarse porque non fai máis que dar voltas cos fillos ao lombo, do que resulta paradóxico desembarazarse-tratará de buscar a excusa perfecta para aparentar ser maior, a distancia, (isto non é un dolo por saber qué cono hai no mundo a estas horas) (nin tan sequera por saber cómo te chamas). A todas horas o único que pode aparecer é esa necidade dos lugareños que non aproveitan a fin de semana para irse por aí. Que consiste sinxelamente en tratar de oír o que non existe e reclamalo despois como se fose o seu herdo, o que o deixa a un convertido en boneco, o que non conta o cronista oficial, poriso din ás veces caeu, non sabemos qué significa. Dende que liberaron aos gais, calquera hetereo que teña muller pode aparentar ser o que non é, o que non descubriremos, porque a serán vai caendo e xa trae a hora de recollerse, de irse durmila (embeleco). Apareceron os editores agoirando unha funesta crise. No pub Atlántico hai contacontos que gañan unhas moneys a conta da participación das copas consumidas na noite, pero tampouco é cuestión de porse así. Hai un aí fóra facendo un ruído parecido ao armar un ligón, cousa que, visto do visto, o cronista oficial tampouco sabe/contesta. Co bonito que é falar de curas e de monumentos. Ou de facer a historia máis enrevesada e non falar de nada. Tamén resulta aprezo. Pero pouco máis. Dalí dobraba os reloxios. Algo así como domeñar artefacto e cousa sinalada. Unha marca na grupa da vaca ou do cabalo dicía que esta é a miña propiedade. En Florida, a propiedade é moi seria. A nós se nos ocorre que para non morrer con ela posta repartir o que nos coube, a veces tamén o que non é noso. Non sei se será delicto. Algúns sospeitan que si. Así o reseñan. O accidente logo é un imprevisto que pode acontecer a calquera momento. Como tamén a lotería. Anque supoño isto máis difícil. Supoño que graza e desgraza non teñen porque estar reñidas. Unha non é pemañente. A outra pode aniquilar para sempre todo o que tes de iluso. Sempre. ¿Porque diantres uso tanto a palabra sempre? En Cuba dicían, invento do Che, ATA A VICTORIA SEMPRE. Sempre. Sempre. Sempre en garda. Os finos señoritos de arredor só son capaces de emitir grouñidos neste deserto. Se os atopas dúas mazás máis arriba xa nin se coñecen. Ademais o problema da familia é moito máis complicado do que a realidade manifesta. Poriso fai falta unha historia diferente á oficial. Anque non se entere o cronista oficial. Poriso hoxe (non sei que día de que mes nin de que ano nin século) os editores reseñaban que as dificultades que ten un autor (de crónica de autor) para facer posible que esa verdade que leva implícita non se perda nos asuntiños de infracalidade suposta/ou insuposta, e a historia haxa que lela a través do ollo vitriólico do periodista (supoño que de rechear páxinas e páxinas con historias de recheo todos nos temos costumado ser máis importantes do que somos) (con que A.M.F. vexa esas súas iniciais nas páxinas da comarca a comarca enteira meditará que L.P.H. é ou non ese veciño que coñecemos) (ou mellor non contamos nin con eso e a carga de falar de algo que non sexa o convinte cargue sobre os nosos lombos a responsabilidade de dicir que nos gusta) (supoño que tampouco haberá opción) (poriso é importante sempre unha historia non oficial). Querido editor, si, estamos en crise. Non sabemos contar historias como din que se contaban as historias, ou sexa como Dallas e Dinastía, que é o que nos ofreceron como alternativa ás clases de relixión. Well, isto é chocante, pero parece que é así. Eu non me queixo. Vostede sabe que gastarse uns cartos nun producto non lle interesa a ninguén. Que o único que lle interesa é que se teñan os cartos. Se imos contando por aí que somos incapaces, a pesar dos esforzos dunha normativa, dunhas normativas, de establecer uns reclamos para atraer a esa gran masa anónima que non se explica salvo se está en familia, acabaremos chorando de novo, e claro o melodrama está servido, non quero entrar en detalles. Eu digo isto a prol do que sinto, que non é menos do que pode sentir un periodista no recuncho da páxina 37 da marxe dereita, o que non dá pé falar de nada, salvo do caso ese do accidentado, que non é historia que se conte nos colexios. Non quero ser pesado, pero visto que o neno non fai caso da autoridade paterna, anque se pregue ao que de momento lle sirve a sopa, a historia non é máis alegre, salvo para o neno, que se está rindo. Tempo por diante teño –afirma. O pai lle berra, pero tampouco importa. Ás veces ata lle di: cálate neno. E xa estou en Madagascar, o que ten moito que ver co problema de editar ou non editar un libro. Na República Malgache falanse 50 idiomas e non sei cantos dialectos. E claro, alí o que manda é o cronista oficial. Non hai historia non oficial. Polo que a República Malgache non deixa de ser a República Malgache, por moitos idiomas que se falen. O que dá para supór outra vez qué diantre pode ser importante para o editor. Cervantes, con sesenta e cinco anos atinou en atopar no Duque de Lemos o benefactor que precisaba para a historia de Don Quixote, da que parece non sacou partido, posto que morreu dous ou cinco anos máis tarde. A historia do Quixote é historia oficial, pero non sempre foi historia oficial. Claro, eu non supoño que isto sexa nin por asomo unha historia como a do Quixote, pero tamén vostede sabe que unha historia como a do Quixote é irrepetible, diría Sancho contándolle historias o Enxeñoso Fidalgo ser unha historia máis no camiño. Non podo pretender contar unha historia como se contaba no século XVI, e unha historia moderna tampouco é fácil de servir.. pero isto é unha historia moderna. Cunha linguaxe. Puntos e comas. Persoaxes. Fío. Well, o periodista do curruncho ten a sensación de que sempre haberá un accidente para saír do paso. Será incesante a historia do accidente, anque moi literaria non parece que é. Parece máis ben que é unha historia periódica que recorre á vida duns accidentados para que un periodista gañe a sopa. ¿Imaxinación?. ¿Falta dela?. Historia ou non historia. O caso é que o Caso se alimenta. Un editor (salvo o do periódico referido) busca tamén algún contrapunto no que basear o que vai investir (din agora) en rañar o investido, ao que sexa. Un autor non é tan precavido. ¿Cántos miles de autores hai no mundo buscando os seus Pigmalións? ¿A qué viña o conto? Di un amigo meu que isto de contar historias estase perdendo. Que a xente fala menos do que parece. E isto tense que notar, no autor. Ti sabes que a empresa pode quebrar mañá. Claro, isto creará moitas dúbidas á hora de establecer unhas prioridades á hora de publicar. Un sempre pensa que vai sobre seguro. Pero sobre seguro non se pode ir. O mercado cambia cada día. O libro pode ter moi bela factura e non ter unha venda. Pode ser un manotreto inlible e alcanzar popularidade. Non quero citar exemplos porque esa tarefa parece perdida, pero en boca de todos está o que temos ás costas, nós, o caso dos galegos. Non coñezo xente que escriba algo así como Rushdie ou Follet todavía. Hai que ter primeiro o sustento. É dicir crear unha base literaria. O único exemplo de literatura galega que se me ocorre que se pareza máis a un best-seller da literatura anglosaxona parece a Crónica Troiana. Despois todo é moi modesto, como nós, como os galegos. E facilidades (os autores) non encontramos en ningures. Se un editor ten problemas para compensar o seu esforzo económico cun traballo representativo, o esforzo do autor non é menos curioso. Eu non penso nesas gañancias que o mercado anglosaxón pode ofrecer a un autor en lingua inglesa, e trátase de abrir mercados. Unha historia, si, unha historia. E a competencia feroz que existe neste mundo inquisidor. Un leva cara xa de tropezo. A algarabía da rúa é unha cousa que ata moi fai moi pouco tempo existe. Aquí o que manda é a saudade e a penumbra. Non estamos nun pazo. Tampouco nunha casa burguesa do medievo. Alcoholizado ou non, dígolle que todo iso virá. Intento de novo refacer o pensamento. ¿Acaso Merlín non chegou? E de viaxar polo mundo emigrados ven un aire que trae esa especie de Renacencia que xa nos permite discursear a base de saírnos dos nosos tópicos. E vendernos, tamén a expensas dos que se están vendendo. Tampouco se trata de gañar unha millonada para ser a envexa dos veciños. Senón de pór pedras, ¿non?. Non debera isto converterse en búsqueda de novelas exemplares, senón en abrirnos. ¿Non temos sona de pechados? ¿Cántas novelas escribiu Follet para chegar aos Piares da Terra? ¿E un éxito literario sen precedentes é unha sólida base para asentar o desenvolvemento de toda a nosa literatura subsecuente? ¿Que aprenderán os nosos fillos do ano 2020? Poño de manifesto que co que ten que tourear a literatura é con ese discurso xadeante do periodismo, tanto audiovisual como escrito. Un non pode estar pensando en facer un éxito baseándose en feitos reais porque ese engado está acaparado por eses medios que nos abafan, e nos constatan. Se nos explicamos así, apaga e vámonos. Ninguén nos lerá. ¿Quen pode crer que a historia que lle contemos vai ser motivo de satisfaccións se todos os días nos contan milleiros de historias que nos deixan sen exemplos e pampos?.
Grecia:
Houbo alí, ilusión ou interese, un tempo que foi primeiro, ágora da humanidade, nubes coloradas con todos os pecados, o da soberbia, o da necidade, a tristeza.
Mirabas alí naquelas páxinas, retazos duns espíritos diferentes, inimitables, pranto, eclosión, principalmente.
Un discurso ingrato con toda esa cúspide impídenos case cerciorarnos de que somos os seus descentes, os seus verdadeiros e lexítimos herdeiros.
Ilusionismo:
Copperfield tiña un elefante branco homosexual.
E tiña unha loira branca como a neve.
No medio estaba a Democracia.
Xogárana aos Dados.
E todos saímos perdendo.
O reloxio e o tempo:
Foucault inventou un aparato que pulsaba mecanicamente o sentimento.
Foi unha vara de medir.
Unha pomba azul.
Un lago tranquilo durante dous séculos.
Despois as xentes volvéronse histéricas e non pararon de pedir.
Xa nadie me fai caso.
As técnicas empregadas pola CIA para saber de que ía dictaminaron que te convertirías nun elemento social perigoso.
E que poriso as leis escritas que valían dende os inicios dos tempos
non serían válidas no teu caso.
Ana Rosa fixo o resto.
Creuse que eu era unha empanada e púxose venderme.
Non sei: un oh, un ti, dicías daquela qué listo, pero no próximo programa xa ían doutra cousa, de asasinos, de catástrofes, de sociólogos empedernidos anónimos.
Púxose por fin na escada, e afirmou: ti es un número, eu son máis intelixente, e, claro, ¿quen cona lle leva a contraria a semellante criatura?
E creuse relixioso.
O ruído da moto na distancia:
Á veces, cando só hai silenzo, e ata o vento cala, non se move nin unha folla, e as gañas de se divirtiren se amatan no mesmo hálito que respiras, todo se conxea e se volve pegañoso, como se o corpo dun presente se adherira ao propio ser, e te violenta, a historia destes pisos comunitarios, entre esas catro paredes das que todo o mundo quere evadirse, a través delas ou por entre, así soan os ruídos na distancia, e veñen despois de que a última verba deixe de soar, de que o sonido das pisadas se acaben, cando os paxaros deixan de piar, a lapa da vela non se move, permañece ergueita sobre a cera e é como nunha igrexa do camposanto, as bromas veñen en nome dos que fan acto de presenza, e o meu espírito se aflixe, así soa o rebufo da moto cabalgando cara o profundo, outras terras, outros sonidos ou velas, outras paredes, ás veces é o único sonido que queda, cando todos os demais cren ser os protagonistas da súa mesma historia, e xa non contan cun, nin con nadie, só cos que lles parece que se lle achegan.
Os principios éticos das Veigas:
Eu non teño un peso, e teño que actuar como se o tiver.
Posiblemente, teña que comer o bocata de mortadela baixo os auspicios das Sores Reconciliadoras e confiar no Gran Ausente o que me crea.
Outro xeito de contarlle a historia non se leva.
Se o fago con coñecidos, o máis probable e que o seu propio victimismo os faga aparentar o que non son nin de cerca nin de lonxe.
Si, sei que o albergue funciona, pero son tres días.
Hai agora unha historia que contan se te achegas ao Monte do Gozo que di que se pagas (2-3 E) te tratarán como un mendigo.
Esa historia circula de boca en boca.
Levo tres meses oíndoa.
Se os mesmos peregrinos descubren que non es un potentado económico, subiranse polas nubes e tiraranche os trastes da cociña á cabeza.
Para ser un bo camiñante tes que porte en situación (anque aínda quedan seres xenerosos) e mostrar de súpeto onde apareces todo o que constitúe o teu esforzo material e dicirllo dese xeito: se non posúes fortuna non podes ser un bo cristián.
Teste que conformar con ser pobre e contarllo aos amigos (se che quedan).
Nas Veigas son así tamén.
Se non tes un penique non podes xogar en ningunha das súas maquiniñas larpaperras, e xa non es un “enrollao”.
Ese cristianismo que se escoita nas igrexas ten moito que ver con eses que se din non cristiáns e que basean os seus principios no cálculo dos seus poderes económicos.
Un cristián é igual a un non-cristián conforme a cánto máis diñeiro teñan.
E os dous son igual de repelentes en cando se aferran aos cartos para ser como son referente a outros.
Bon, podes ser xuíz, ou perito agrónomo, ou labrego, ou institutriz, ou aparecer nunha revista... e podes contalo (ou vivir para contalo).
É o único consolo que nos queda.
Kale:
A rúa chegounos pronto pero era pequena. En dez minutos estábamos na outra banda. Falar do pasado como se fose o presente só é un recurso narrativo que implica ter constancia de que antes tamén houbo un verbo. E ese verbo non era de nadie, ¡de nadie!, ¡só era noso!. Chegamos imaxinalo como pertencente a todos os que por aquí pasasen. Crimos que iso era suficiente para facerlles saber que por aquí tamén sabemos facer as cousas. Pero nos botaron das Grandes Empresas, e das Medianas, e tamén agora intentan botarnos das Pequenas.
Tamén chegou o bispo dicir que si, que dentro dos recintos sagrados consagrados a tal efecto a lingua que empregáramos debería ser a nosa. E el estivo tentado de servirnos de exemplo, pero veu aos da competencia, e agora está pelexando contra eles pois pensa que os da competencia minten esaxeradamente, e que poriso, para que non se escape nada, hai que usar a súa mesma linguaxe.
Miña nai ensinoume o que era quererse, e non tiven que agardar por nadie que levara ese prurito. E como dicía miña nai, hai moitas formas de quererse, e todas te converten nun ser querido. E miña nai era un ser querido.
E tamén as cousas da rúa eran queridas.
E aí tamén te quero:
Pasou o tempo, anos, lustros, décadas, e viñemos parar ao día este no que estamos.
Pasaron os amantes recollidos nos seus abrazos baixo unha alfombra de flores e déronse cantidade de bicos, e a infancia.
O mencer tinxiuse da cor do futuro, e íamos camiño del sen que houbese nada que o detivese, o mañá viña día tras día con novas xentes, como a unha voda.
Era xa así.
Nada no horizonte.
Só volta tras volta.
Alguén se acordou de que no pasado fixemos tal vez outras cousas.
E dixémonos así non pode ser.
Hai que deter ese avance.
E miramos con ollos ousados o que tíñamos feito e volvímonos atopar con nós mesmos.
E aí tamén te quixen.
E aí despois de todo foi onde fun capaz de quererte.
Eran así as cousas.
O Trasego na Montaña:
Houbo un tempo no que primeiro foi o silenzo
e houbo un tempo no que dicir dicir non era nada e houbo un tempo no que as cousas comezaron por ruidiños
e seguiron silenzos prolongados
e despois foron respiracións
e despois foron ruídos e palabras
frases entrecortadas dese gran silenzo primordial
do que despois foron todo palabras
e o silenzo veu como dun fondo do tempo no que o tempo era silenzo
perdido entre as palabras
30 anos
a historia dunha vida pode ser vista nunha espléndida reportaxe da revista
e a vida así pode xa que non vala para nada
Dodro:
A choiva véntase, está próxima. Están próximas as longas e espaciosas andainas baixo os carballos centenarios, e a mirada perdida, as mans en rendición, a relaxación de todos os membros, está próxima a caída.
A choiva véntase, e está lonxe o mes de Abril, as citas relambidas, os ollos perdidos, o corpo rendido, está próxima a caída, e ben.
A choiva véntase, e alá as palabras, cando vaian, levarán tamén inscritas o teu nome, qué pouco agradece o mundo a túa vida, a sen abatida, xa os primeiros remorsos da vellez, qué ben fica unha barba entre tanto pó, o asfalto decorado coas riadas, as follas, as follas caídas, ¿onde se ve?
A choiva véntase, e alá no Outubro, cando o Ouro Negro nos diga se imos permañecer sempre aparte, os teus ollos virán de novo, por unha rúa, calquera, e me relamberei, os teus ollos de nena, os teus ollos toliña, para sempre meus.
% de 5 anos conducindo por aí:
As pradeiras e os pastos estaban a máis de 100 km. e alí as batallas se gañaban cunha gadaña, esterco e vacas.
O camiño que había que recorrer para ir dun prado a outro estaba semeado por balos, que impedían graciosamente calquera clase de movemento, salvo o de camiñar atrapado polo estreito sendeiro polo que transcorría.
Era unha illa sobre unha illa.
As estradas xerais deixaban todo aquel mundo a un lado ou outro da ventanilla.
Parar o auto en calquera recuncho convertía a un en integrante daquel espazo ignoto e descoñecido.
Por alí non había nadie, en km. arredonda as casas parecían erguerse sobre un toque de campá ou as fiestras pechas.
Só algún can oubeaba, e todo era silenzo, silenzo, silenzo...
Ás veces as gotas de choiva ou algún raio de sol traía unha presenza ata o alcance da mirada, e un prendíase daquelas figuras que cruzaban pola paisaxe como se foran as súas pantasmas.
Alí non había nada. Só pastos. Ou millo. Ou carballos.
Alí xa non quedaba nadie en 100 km. arredonda e o fume dalgunha chiminea daba a presaxiar que tarde ou cedo aquel fume tamén desaparecería.
A Fin das Persecucións:
Como a noite durou un día, todos os malos soños ficaron soterrados, e volvín ter visións, como nos anteriores tempos, sinal de que diante había un ceo despexado, e de que xa o que me encarcerase apenas se decataría, así o dano que me causase sería o de menos.
Mirei pra diante, alá para os tempos desbocados, e resigneime.
Alá diante as verbas que te aceptasen serían todas admisibles e fonte do que quixer, do que pensase e urdise, do que inventase e do amor.
Eses soños volvían ¡raíña miña! E as verbas do presente, aquelas ou estas do malhumor, pasaban, e xa apenas duraban, e volvía ser eu.
E, sentado no meu trono, cuberto polas voces escritas dun millón de consellas, espreitaba cómo debía ser a miña voz, cómo debía presentarme diante de vostedes sen que os lazos que me ataron volveran impór as súas torpes ataduras, e facerte así feliz, libre ao meu carón, libre, libre, libre, coa a ilusión posta do día a camiñar, e na colleita que del se puider sacar.
Rosalía:
Anonada a sombra que nada dí, a sombra que di ser túa, que non é dun.
Os ricos praceres venden a un, e non queda na vida senón o acubillo, porque a ingrata vida non paga aínda o que es, ou tratas, ou queres, ou o que che deixan ser.
Anonada a vida que ingrata é, que sol ou sombra busca lecer; pero non encontra senón indulxencia aos seus pesares, que pena dá cando alegre es, e cando es pena alegre é.
E reina así en eterna confusión, que cando un se avella de novo vai, e cando un é mozo de vello son.
Anonada a sombra que di ser túa, cando quer dicir que só é súa. Tamén asombra o que intenta ser, a través do arbitrio do teu querer. E din ser dono do que non hai.
Anonada a vida, poriso é vida.
Que son mil anos. Que son fontes do río ao mar. Que son sol e nubes. Que é sempre volver principiar.
Que din a Terra como se nada fose, do que nela nace, ou soña, que din dos soños ser unha carga, para os seus fillos, que din non soñen, que lle inventan calquera imposto, a conta, de ser o que anonada, o malquerer desa memada, que provoca a guerra da malfiada.
A Terra, nosa, a sombra, que sempre te asombra, a conta de ser o que en verdade queremos. A conta de ser o que prouguemos.
Anonada a sombra, que sempre te asombra, a conta de non ser nada, que dí fiada. É en ninguén, tamén sombra anonadada. E se anonada de ser quen é. A conta de non ser nada. A conta de ser só sombra, do que nadie dí, e non di nada.
A Manobra da Ciaboga:
Brincando na espuma o remo se afundía a golpe de brazo na mar océana.
Un neno miraba dende o malecón.
Todos eses campións do mundo non sabían retomar a virada do tempo.
Era un camiño insondable cara o desastre.
Pero o mariñeiro bogaba.
Facía ese esforzo dende que o home é home.
O neno miraba abraiado.
Presentía que a curva que ía presenciar podería ser o seu camiño.
E a ciaboga foi rápida.
O proel encheuse de nubes.
E o neno xuntou o seu espírito naquel mesmo intre con el.
Nin sequera se coñecían.
Todo Pola Pasta:
Perderás principios.
Perderás sentimentos.
Faraste dura, pouco maternal, marrón.
O Gran Cabrón darache polo cú.
Chámaslle amor.
Pero non terás conciencia ningunha.
Non terás nin idea de cómo sentar ao lado das persoas e ser,
nin cómo comportarte,
nin se che fan dano ou te maltratan.
Incluso, cando vexas á mañá aparecer, o pouso da noite terate como nun xigantesco burdel e ti serás filla do diñeiro, o único que podes agradecer.
Será inútil.
Cando o diñeiro non te queira, tirarate; e o único que te pode querer, portarase contigo tal e como acostuma.
Volverás sentir o seu vil desprezo.
E cando á fin teñas que descansar no húmido colo da terra, levarás á tumba o seu único recordo: o cuspe que che botará á cara no instante fatídico, cando abandones este mundo e de ti non quede nin unha lembra.
Teño un cigarro:
Calquera cousa é boa.
Un manantial que corre burbullando pola encosta do outeiro cara non sabemos ónde.
Ese trozo de camiño no que sentas descansar despois dunha longa andaina.
O aire quedo do lugar do que respiras do que estás colgado.
E o fume sólido venenoso.
Enche os meus pulmóns de pedras e me afoga no río.
E mentres o meu rostro adquire a cor do cadáver envolto nunha saba branca con almofada de filtro,
a mesma cabeza se tonifica,
e diariamente teño unha vida máis curta,
e non sei cómo paralo.
Igual son boludo.
Suite:
¿Onde está a samesuga?
Uns din que na mesma Cuba
¿Onde está o caracol?
Uns din que no mesmo Sol
Estrela mana da fonte solitaria
e se perde nun pesebre,
¡qué contentos os nenos do Sésamo!
Estrela fonte mana solitaria
ata que morre, sóa, como as orfas e os orfos,
despois de alumar un millón de anos.
¿Onde está o claro-escuro?
Algúns din que na alma
¿Onde está a ilusión?
Algúns din que no Alén
¿E durmímonos todos?
Ata o mañá tamén
5 xets a reacción:
o aire estaba quedo, superviciado e molesto con todo, consigo mesmo e cos rapaces, coas aveciñas do souto e as salamántigas dos regos, co constructor de casas e co enxeñoso electrónico, co consumidor e co que ía de místico, co que levaba o can atado a unha cadea e coa que sabíamos que era a puta do barrio, tamén con deus, a quen menosprezaba todos os días, co irmán, que odiaba, co veciño, que envexaba, coa verba dun ou doutros, con todo o que se movía, polo aire, pola terra, pola auga,
alí detido no tempo sen outra pregunta qué facer se obedecemos ou non obedecemos a unhas voces que din que a liberdade...
e alí no tempo alí detido o home de por aquí quería dominar ao home de por aquí e mostrábase molesto con todo o que por aquí se movía...
eu, sentado no leito, mirando pola fiestra, ás veces miraba os ronseis dos grandes avións que mudaran as súas rutas comerciais,
e, mirando para ese movemento vía xa como outra clase de aparatos comezaban vir por estes lugares atraídos pola carne xugosa e fresca deses babións pouco domesticados que se ofrecían nos seus pratos, como se fosen os tenros sisos dun bebé recén parido
e vía aos xets pasar baixiño, á altura dos teitos, nese novo espazo aéreo, e preguntábame cánto duraría
dende que teño recordo, o aire así viciado, viciaríase máis, interminablemente, e á sacra virxe do rosario veríanselle as enaguas, e todos puxarían por dar e dar máis diñeiro
as bágoas recorrerían dende o lacrimal do ollo as meixelas cara embaixo e alí no monte se matarían
os veciños por unhas verbas serán capaces de meterlle a un a eixola na cachola
toda es forma de falar son malos tratos
así cordura desaparece levada por algún home sen escrúpulos cara onde poida facer dela o que lle apeteza
e os nenos merendan aí no parque baixo o auxilio das súas xoves nais mentres os pais se emborrachan
saen voces do inframundo queréndolle contestar aos máis fortes coas súas mesmas verbas
é desprezo
todo é vil desprezo por todas partes
e as cousas que chaman polo desprezo son as cousas máis inverosímiles que un poida imaxinarse
onte os xets pasaron 5 veces
aquí ficamos
sós
mirando o norte que nos pasa por arriba
por embaixo
polo medio
mirando ás abas do monte estar quedas cara o cumio e xa non quedan áas para voalas
nin pensamentos puros que os fagan retén
dun mundo que agonia e morre diante de nós mesmos
sen axudas
Toda a Madeira da Galiza:
Naceu O Salvador nun divino pesebre, envolto en pallas, e rodeado por bosta de vaca-burra.
Díxose del, durante 2.000 anos ser protector dos nosos máis íntimos desexos.
(Nótese que hai 2.000 anos non existía a CIA).
(Miúdo cuspe adiviño no Fillo de Xosé).
(Posúe) (o novo triunfador) (unha cara que te la pisa) (unhas gañas de rirse de todo o mundo que chegan ser asombrosas) (incluso para o resto da humanidade).
Sandeces aparte (a elexía é inviable porque entra dentro do que a Casa de Discos ten como plan-decálogo).
(Ousexa que reinventamos outra vez o surrealismo e lle engadimos a etiqueta de fantasma).
(¿Un fantasma que salvou á humanidade?). Podería ser.
A situación real da actualidade di que aquelo foi un simple accidente.
(Polo que ningunha Casa de Seguros che faría agora mesmo unha póliza).
(¿Qué demos pintas créndote como aquel xudeu?).
(¿Non son vanas esas pretensións?).
Este Fillo de Xosé polo menos sabe que foi fillo do seu pai...
Pra te querer:
Qué cousas máis lindas hai ao arredor, qué cousas máis belas hai
Iso da ollada é paz interior, é paz neste mundo demoledor
E eu
Alí onde quixen sabían que...
E eu
eeeeeee e eeeee e eu
gratia et domina:
tendo feito iso por ti
sexo obsexo si non?
a gargallada limpa o mundo balancea entre o que pode e o que non
un está sí subido ao outeiro superavisado de que os plantexamentos dos que veñen parar aquí necesitan un empurre cara arriba igual ás beixices que pretenden dar
os bicos non son pra todos
un feito así atopa aí motivos para discutir (anque sexa só) cos que largan asemade deste tronco que din odiar
como a única baza que xogan só se dá cun rei e un triunfo soñaremos loxicamente de por vida (e tamén viviremos) anque non se poida plasmar (coa certeza de que morreremos no correcto) e tal vez así a dor que nos transplantan dende os seus espíritos atormentados atope o valium referido que neutralice esa causa que pretenden pasar ao resto como se fose boa
está claro das súas naturezas enfermas
vivimos con elas
A Través do Ollo de Vidro
Ningún afirmou que a Historia da Terra é inacabable,
que a través do ollo da galaxia trillóns de mundos nos contemplaban.
E ademais certo.
Alí no infindo, onde os Soles saen e se ocultan
algo existe,
escuro,
indescuberto.
Alí onde o espazo non pertence a nadie, nin ás esquerdas nin ás dereitas,
nin a ningún señor poderosísimo,
nin a igrexas,
ou institucións políticas imaxinadas,
alí o gran ollo de vidro do futuro manancial manda un sinal para que a Terra siga soñando.
Tal vez pasen soles e astros.
Tal vez as catástrofes aniquilen ou dezmen a gran parte de nosoutros.
Alí, no Gran Principio, a Humanidade espera.
E Nós estamos espertos.
Sospeitas
Naciches. Viñeches ao mundo en tal data. Es fillo desa data. O que aprendes ten un nexo en común co resto. O nivel de desinformación é tan inseguro que incluso o que sirve de unión pode dar como resultado a opción contraria. Hai, unha teoría que comezou circular cara unha década que sostén que esa desinformación é a base pola que actualmente podemos estar discutindo. Que quen se faga co seu control será o dono absoluto dos contornos, aproximadamente. Por aquí, por estes lares, fan exactamente iso. A superioridade non se manifesta pola cantidade ou calidade de coñecementos, senón pola súa ausencia. Un non estaba disposto dar sentido a estes absurdos, pero a xente, ten diñeiro, e o diñeiro, fai poder, e ese poder, pervirte a idea de ser en tanto que só se usa para ser dominador da parte, que cre ese que é a súa inimiga. A necesidade de compartir diminúe canto máis aumenta a conta económica e aumenta canto máis diminúe esta. É unha lei básica universal. Pero, o tío ínfluo, detecta que a súa preservación pasa por esmagar toda noción de benestar, e así o fai, sen ningún xénero de dúbidas. Esa é o que se chama a discordia. Na que ese gusano vive como se fose o seu hábitat natural, e da que saca o pábulo, que confirma esa necesidade, a de estar en condicións de defenderse, que consideramos inútil, posto que, o xuizo non determina de ningunha maneira que a victoria poida darse sen mostrar máis que eses mínimos. Alí onde o orbe parece ter a seguridade de existir, toda clase de interese polos demais desapareceu. Só con asistir ao relato dos supervivintes do desastre do furacán Katrina, un decátase de que a convivencia está rota en calquera lugar do mundo. E esa idea é a base do traballo que tratamos de enmadeixar. ¿Cómo se na superpotencia 1ª a noción de solidariedade desapareceu estes estúpidos descerebrados se cren con dereito a nos dar clases na materia? A base de qué, ¿de fodernos?.
Os días se acurtan en Setembro:
E as noites veñen rápidas sobre as mañás. Onde os nenos cegos. Onde volven as aves de trino. Onde as nais ficaron incorruptas.
Veñen os días do inverno adiante nesta esmola chea de risas e de amparo, e alá no aire terreal, envolto polas nubes máis grises que xamais teñamos contemplado, o sol anda desaparecido dende hai máis dun ano.
E te quero, te quero, te quero, te quero sempre.
Quero a vosa lembranza. E sei días aciagos.
E sei nenos destripados polos seus amigos da mesma idade. Nenos entregados ás bestas por unha mísera lavadora. Nenos inoculados co veneno do que din seus pais ser o mellor para eles vomitando polas rúas nos seus abandonos.
Sei a culler de pau do gran cazador derreterse nun prato de fabada, asexar amodiño á victima, sempiterna e vixiada. Sei a víctima indefensa ser caldo de cultivo de todos os males que se ensaian.
Choro Setembro as túas augas recén vidas o sol desaparecido como corren cavanca abaixo os regatos, e as fontes rebordan, e os asfaltos e o chan mollado.
Estou mollado como a Terra Setembro as túas primeiras augas e o 85% do meu corpo está aí fóra.
Están tamén os trens para partir.
Está de volta de novo a sombra.
E eu miro todo isto dende a miña ventana e vexo as tearañas, e como o mundo se fai, a pesares.
A Sociedade:
Eis que o conto volveuse InTerMinaBle.
Que a HisToRia pódela comezar polo Principio ou pola Fin, e volver reanudala no lugar que che convén, singularmente non es un Centro sobre o que xire determinada ansia, senón un punto máis desa roda que se move á que inutilmente acudes para atopar o abeiro, que sempre es rexeitado, ese establecemento que algúns chamaron Ano Cero onde ti comezabas co resto.
A HisToRia volveuse InaCaBable. Repetirán o partido de Tenis ou outro calquera Deporte e ti sentiraste Ido.
Terán que cortar.
Volverán comezar.
E ti sentiraste Ido.
Homes de Pouca Fe:
Que vos sentides atribulados por calquera inmediata proposición,
que che meto man,
así sexa a túa man,
tanto na Terra como no Ceo.
Existimos, a pesar túa, e as túas labazadas non fan senón incrementar a nosa conciencia crítica.
Ámote tanto como ti a min.
E, ¿non si?, se non fose polo ilusionismo,
a estas horas ¿de qué falarías?.
Din con presteza o que non convén.
Son máis tardos no que si convén.
A base de ver podredume, cúbreste de gloria,
e cando un home se enfronta a ti,
oh, sinforoso, o único ao que te adicas,
sae de caixón a treu e todo queda delimitado polo tamaño do que te atreves dicir e dis.
A Lista de Schindler:
Houbo unha época que pensar, só pensar, estaba penado coa máxima pena. Buou, no é exactamente así. Ser xudeu en determinadas épocas lévate directamente ao paredón, ou á foxa colectiva, nefeuto. Iso se transplanta a unha comunidade nacional evidente e próxima, que todos temos en mente, é iso faise exactamente así, tal e como nos queren. Nós non xogamos con fantasías raras de asunción de nós mesmos, anque existan, o mapa político non nos deixa máis que no evidente, e sempre estamos evidenciados, comprometidos con esa evidencia, pobre, paupérrima, terceiromundista, como gustaban en chamar, non somos un país rico, a pesar de que os que contan contan de que si, de que aquí hai ricos, pero deben ser só uns poucos, porque non se ven, a menos que sexas luxemburgués, o que é unha chanza, pois, ¿a qué eses simpáticos neocon revisionistas xa lle teñen outorgado a victoria ao único que dixo acaudillalos durante tan pouco tempo? ¿e tamén inutilizar unha historia de séculos? ¿de qué sirve ter unha historia se non sirve para nada? ¡non hai consumidores! E así, o único espectáculo posible está no casino, ao que vou de cando en vez tomar un café porque por alí cadra xente bohemia. ¿Qué? ¿Qué pensaba que lle ía contar?
As Pingas da Choiva Batendo Contra o Meu Rostro a Traveso da Andaina:
Coas mans nos petos, e o paso rápido, busco directamente o Centro, ou o Barrio, de volta, na intemperie, a traveso destas primeiras chegadas da choiva, doa dos nubeiros e das ninfas, abrigadas malamente neste triste devir, escravas de machos, ¿imáxinese os porqués?, vostede que sempre pregunta cunha pregunta, dígallo así, e non se durma nunca nos loureiros, porque os malos acechan, e son bos ladróns, e nadie aí no mundo preguntará, anque sexa o reino da pregunta, porqué diantres non hai unha pregunta, porqué xa nin te preguntas, e aceptas de boas a primeiras o que contan como se o que contan fose só a única versión, porqué aínda meto as mans nos meus petos a traveso da choiva e porqué a choiva segue a caer?
A sorte dos amantes:
En Romeo e Xulieta a fin tráxica dos dous namorados fixo recapitular ás familias dos capuletos e montescos, pero, ¿qué arranxou?. Romeo e Xulieta morreron, e tamén morreu aquela forma de entender o Amor.
Casou Homo con Lesbi. Eu acabei no desván dos trastes vellos.
PortDawn:
Fielmente che sigo. A onde queiras que vaias che seguirei.
Fielmente trato de cumprir coa letra pequena dos teus contratos, a que obrigatoriamente me obrigas cumprir.
Procuro tratar de entenderte.
De comprenderte.
Douche minutos.
Horas.
E a orde da laranxa gaña ao limón.
Heroina:
Calquera cousa era boa para atopar o sosego.
A Dinámica do Mundo era ata a fin marchar.
Calquera cousa que dinamitara a nosa enerxía.
Todo e tal como ha de ser.
Montañas infindas no outro lado do borde.
Sombras sempre ao acecho da luz.
E os Astros brillando sempre nos Ceos.
Todo e tal como ha de ser.
Salvaxes detrás de cada outeiro.
Cada chaira campo a través.
Rumorosos descansos a carón dos regos.
Todo tal e como ha de ser.
Todo tal e como ha de ser.
¿Qué queres ler nas nosas almas?
¿Qué queres ademais?
O galope salvaxe sempre a través da estrada.
Todo tal e como ha de ser.
As gramas medrando nos campos.
E un libre, libre, tal e como ha de ser.
Radio Océano Atlántico
As porcións de neve que chegan do Courel ata o Pindo, siguen unha liña horizontal case paralela ao Camiño.
Hai un olvido Norte-Sur.
E o Centro teoría peregrina
por ondas radio espectográficas
incluso máis poderosas que as Hertz.
Hai así datos-transmisión.
Chegan dende Universos escuros.
Chegan dende Universos luz.
Chegan dende Buratos anti-materia ás proximidades onde o home se establece e averigua constantemente porqué naceu.
As respostas que traten de contestar a esta pregunta forman esa onda-haz.
É a base da emisión.
Ningunha outra pregunta poderá ser contestada no mundo ata que se responda a esta.
E ningún poderá ter razón.
O Galo Anunciando que Virá o Mañá:
Anque os días pasen, e nós neles non atopemos ao que asirnos, aínda quedan os resquicios, os pequenos salvavidas que nos manteñen a flote, mentres os barcos van pasando.
Tal vez o próximo.
Tal vez despois esteamos xa sen forzas
e o que nos quede non nos sirva nin un pemento,
o Galo veno Anunciando,
estaremos máis sós connosco.
Anque os días pasen, e nós non atopemos nin tan sequera o norte,
seguiremos nadando,
anque o mundo diga que non nos conveña.
E haberá o mañá, tal vez no día seguinte ao que leas estas páxinas,
e estas páxinas xa son doutras,
que tamén están agardando.
Tal vez non o entendas, ou tal vez si.
O Galo veno Anunciando.
Supór outra cousa converteuse en delicto.
Incluso escóitalo na merenda.
Vivir como un quere ten un prezo co que xa podes estar disconforme.
Tal vez mañá, o mañá sexa doutra maneira.
O Galo Anunciouno.
Ogallá Fiques Ti Sóa:
En Fort Apache a vivenda estaba preta unha doutra e había unha ampla eira no medio.
Miss Violet visitaba ao Oficial máis Guapo.
-¿Qué pretendes Rogers?
-Cara bonita non debería facerse esas preguntas.
-Meu pai non vivirá sempre e hai que ir pensando ónde vivir e cómo.
-¡Miña nena! ¡Esas cousas veñen sóas!
-Rogers, estou nerviosa.
-Tranquila Violet. Iremos esta tarde de merenda ao campo.
E as nubes puñan ao alcance a noción de que todo sería arrasado.
-Violet, ¿sabes algo dos Cunningham? ¿Hai xa tres días que non recibimos noticias súas?
-Estaban en Longhorn, cos Abbot. Foran alí pasar unha semana.
-Gran Lebre anda cos seus bravos por eses lugares asaltando aos brancos, e queimando os ranchos.
-Pero Gran Lebre firmou o Tratado. ¿Cómo é que o rompe?
-Asasinaron a tres mulleres da súa tribo en Phoenix, cando ían levar regalos a outro bravo preso polo sheriff.
-En todo caso, por aquí só se escoita que o dano que fan é mínimo. Cando sexa de ter en conta mandaranse tropas.
-Si, Rogers, eu tamén te quero.
Un Par de Consellas:
A efectos da estadística o que en xeral se opine, é costume sexan elementos do acervo que quedan na memoria despois do uso.
Estes elementos traen as preocupacións extrapolables a determinados grupos que deixaron atrás outras definicións que xogaban nos seus cerebros e que viñan directamente das súas familias, do seu entorno privado e público.
A cuestión é que se a definición outorga ao individuo o que está pensando a máxima preocupación será a dura, é dicir, o tempo que lle adicará ou permañecerá con ese anhelo.
Estas cousas están mudando continuamente e case nadie mira para os aspectos desa cuestión que parecen quedar como rémoras do pasado. Nadie mira ao pasado. O que ten que ser teno que ser diante, ou sexa a alternativa.
Se o complicas con adiamentos as futuras posicións encontraron na xerosidade do gremio que estean explotando ese tempo que se di necesario para formar nova familia.
En caso de que iso non fose posible, por calquera outra circunstancia, fracaso, ruptura, emigración, o grupo ao que pertences ten só un ámbito de actuación que debera ser a carta predecesora das novas liberdades, nas que deberan incluirte dende que realizas os estudios e de por vida, despois de pequenas clasificacións e de concederche o dereito a emanciparte cando queiras, e todas as garantías económicas, satisfeitas polo grupo maior, a través de grupos de intermediarios que estiveran especializados en coñecer punto por punto todas as túas demandas.
A escala de pirámide, e de arriba abaixo, a substentación do Estado Benefactor corre risco de ser Substituído por un Estado Predador que organice os seus Beneficios con só catro ou cinco suporters a modo de grandes oligopolios que despracen da economía á súa man de obra máis sacrificada. Esta montaxe, é o verdadeiro foco de violencia. Un admite que eses Grandes Beneficios que se manexan en prensa teñen de seu a súa propia endogamia, e admite tamén a insatisfación que produce a diario non ver nin tan sequera un billete deses Tan Bárbaros Multimillonarios. Ao quedar fóra do foco de atención dos mercados, a media opta por expresar ese descontento de maneira que ese descontento sexa o eixo sobre o que gravita a súa esperanza. Se esa fonte desaparece do mapa, a nivel de mercado, as Grandes Fortunas terán a excusa que necesitan para quedarse con todo, co que a definición do Estado pasaría a estar dominado só polo interese dos dominadores, o que nos convertiría a todos en servos deses intereses, e xa nadie falaría de liberdades.
Se así o fixésemos, seríamos vilmente machacados, e, esas forzas, que xa teñen ata os seus propios exércitos de seguridade internos, obrigaríannos a nos desarmar e a entrar nos seus ciclos productivos, quedando totalmente a súa mercé, e a expensas do que decidan no futuro próximo sobre os camiños en común.
ergomedium BS:
Oh Lúa, ti que manifestas, abalas ou debalas, suben ou baixan as mareas, déixame un grano de area,
déixame un deserto ou unha lagoa,
un bosque ou un mamífero,
ensíname aínda o lugar da Terra,
o dos dedos no seu tacto,
o dos ollos na súa mirada,
o das orellas nos seus sonidos,
o dos narices nos seus olfatos,
o das bocas nos seus gustos,
ensíname oh Lúa aínda o lugar da Terra que ocupo,
o lugar da miña Terra que é miña,
dame esa satisfación e repárame o dano causado
anque a verba sexa outra e doutro sexa iso ao que lle chames igualdade,
non me mates por irmán,
mátame porque cho ofrezo,
mátame porque me odias ou envexas,
porque a ciencia non responde aos adiantos necesarios para que o cerebro abale ou debale
según a túa ciencia, oh Lúa, testigo final,
muda aprendiz dos nosos máis inhóspitos soños e certezas,
oh Lúa, cando ti me encontres, deitado nun campo longo rodeado polos teus irmáns maiores,
saibas que es ti á única que quero,
fría e calculadora,
ponte necesaria entre o de aquí e o de máis lonxe.
¿Porqué La Voz de Galicia non Fala Galego?
Os grandes poderes da Terra teñen esas cousas, que ás veces están ata en contra dos seus mesmos cidadáns.
Isto si que é inexplicable.
Todo o demais si.
¿Os cidadáns da Galiza non desexan que a súa Lingua e Voz sexa escrita igual á como a falan?
¿Non desexan ter órganos de expresión propios que se adiquen en exclusiva a eles, como todos os países desenvolvidos aos que admiran?
¿O pánico social que se respira non devén de que existan todavía esta clase de problemas, propios das Dictaduras, entre nós?
¿A problemática laboral, a económica, a social... non ten nada que ver con esta outra problemática, que nadie se atreve denunciar?
Non sei se foi Xoán XXIII ou Paulo VI quen dictaminou a abolición da liturxia en latín alá polos anos 60 e o seu traslado a isto que chaman linguas vernáculas.
Polo visto, os que nos sirven de espellos cotidianos todavía non se enteraron da medida.
Ademais, ¿queda alguén na Galiza capaz de considerar un salto cualitativo de tal importancia?
Os protestantes unionistas de Irlanda do Norte son quen de dicir non querer cambiar nunca. Tamén, polo visto, os católicos republicanos.
Como neste país a liberdade de expresión nadie a pon en dúbida, ¿qué pensaría Castelao, que según temos entendido loitou bravamente por defender as nosas peculiaridades fronte a todo tipo de adversarios, destas xentes que din amar a Terra e así o demostran?
¿A liberdade de conciencia podería ser un recurso ao que acudir en caso de que se agrave o conflicto?
¿Poderíanse dar pasos neste senso a nivel individual?
¿Cómo actuar ante esta chantaxe cotidiana?
¿Poderíase chegar ao boicot diante de tal perspectiva?
¿Recordan vostedes como se crea unha opinión pública disconforme ante a constancia do abuso indebido do noso herdo?
¿Poden os seus fillos asumir á patria divida entre dúas nais sen sufrir pesadelos continuos?
¿Pode a Educación permitilo?
As prioridades:
Recapacito sobre a sorte de prioridades destinadas a pervivir neste mundo a medio prazo:
Encontrar as satisfacións económicas que me basten.
Encontrar o deleite das cousas necesarias e útiles.
Encontrar nas cousas inútiles as cousas de deleite e lecer.
Encontrar no lecer e no deleite as cousas útiles e inútiles.
Encontrar no enfermo a imaxe solidaria.
Encontrar na solidariedade a imaxe necesaria.
Encontrar na exposición de ideas a idea necesaria.
Encontrar na idea necesaria a imaxe da comprensión.
Encontrar na comprensión a idea necesaria.
Encontrar qué en qué encontro.
Encontrar á muller ideal.
Ir lonxe.
Encontrar diñeiro.
Basear a miña defensa na historia asumida por todos os que lean estas historias.
Basear a historia no coñecido da historia e no descoñecido.
Item, plantexar a historia como se fose coñecida-descoñecida.
Chegar a algures, xa que sempre estiven en ningures.
Chegar a alguén, xa que son ninguén.
Mesturar ego con público
e non caer no intento de facer protagonista a un ou outro.
Ser considerado facedor de historias.
Principio de arrabalde ou de cidade, ser considerado cidadán.
Ser considerado un blade runner.
Avatares dos complexos planetarios impídenme ser máis considerado co que quixen ou deixei de querer.
Volver ler As Mil e Unha Noites.
Volver de novo ao Sahara algún día.
Encontrar de novo a Venus no verán do ano que ven.
Mister Decibelios:
Facerse prostituto é oficio fácil. En España viran entre os 35.000 e os 300.000, non se sabe con certeza. Un estudio europeo achado no periódico nos sitúa á cabeza de Europa xunto con Alemaña pero por razóns diversas.
Hainas das que van dende os 20-30 servizos diarios aos 2 por día. Entre os 40 e os 1.500 euros.
As esixencias dos clientes varían dos que as queren sempre cariñosas aos que lle importa un bledo.
Hai poucas nativas. Agora o que mola son as estranxeiras.
Milagrosamente, a prostitución está consentida.
No ruído da noite, alá na cuneta ou no cuarto máis caro, os desafogos dos que choran e sufren xúntanse cos que rin e se alegran e xa non hai testigos.
Os que quedan, teñen selos nos labios, e unha conta corrente asombrosa.
Palpito.
As horas do día pasan veloces por onde habito e o soldo que me pagan non chega nin para o socorro.
O Santo Patrón dos Croques invítame visitalo e pregar por algunha fórmula salvatoria.
E de romper a cabeza vexo virxes desfloradas por áxiles enxendros e amencer de novo Ao Día da Besta.
Feliz en teu día:
Está Daniel falando de perseguir obxectivos. Na súa lingua vesicular exposta ás veces con diamantina fereza, pretende rematar con todo o que traia movemento nas horas nas que el se deita e fica vencido pola tele. É como unha agulla no brazo. Daniel, gran profeta, remata sempre a festa como a empeza. Chamando feos a todo o mundo e crendo que a súa casa está marcada polo sinal que Moisés impuxo aos hebreos de Exipto. Nesa casa de escravos, o sangue falou, e deitouse puro, sólido e roxo. E fixo estatuas de sal que non poden mirar o pasado, porque as súas linguas, feitas co vezo escrito no azul sereo, denegan o que por dereito nos pertence. Di así ese dereito: “Todo o que vexas, non será certo, e todo o que sexa certo, se volverá mentira, e todo o que sexa mentira, será verdade, e a verdade estará así descuberta, e tamén será indescuberta, e así falarán os fillos de Israel durante mil anos”. Veu despois unha serpe e Daniel ficou suspenso, como mirando ao aire a ver o que dicía. E despois desa serpe veu outra que quería incriminarse. E despois unha terceira que quería engulir ás outras dúas e que deixaba a Daniel no mesmo trozo de aire no que se quedara. Daniel foi un profeta. Porque así o quixo Deus. Daniel quixo xogar a adiviño. Pero non era aquel profeta. E despois púxose berrar: todos tedes a culpa menos eu. Pero non era aquel profeta. Aínda lle quedaba medrar. E medrar viña lento. Como unha agulla no brazo. Nin sequera era mañá. Tal vez non sería nunca. Iso xamais o sabería Daniel. Pero Daniel xogaba con esas cousas, e, había que admitilo, sempre emborcaba da súa banda. Claro que non saía da casa e non vira mundo. Non. non é ese Daniel que está na casa dos pais agardando un futuro. El todavía non o sabe. Pero o futuro nunca virá. Tampouco as serpes. As serpes eran todas bífidas. De espiña. Quer dicir que lles custaba dobrar o lombo. Poriso sempre encontraban unha excusa para acusar a outros. Ás veces ata se dicían a si mesmos que iso era de bos cristiáns. Que o mandaba o papa. Pero, non, iso non era certo, o papa sempre falou pouco, e nas súas encíclicas me refiro. Sabía dicir bos días en 65 idiomas, pero nunca dicía: estás despedido. ¿Cómo diantres se lle ocorre a algúns cristiáns basear a súa fe no despido? Pois iso era o que non comprendía Daniel nas súas arengas á multitude. Tamén afirmaba, en base a portazos e baciado de cisternas waterianas, que o ideal era imposible, porque o seu triunfo estaba claro. E os fantasmas eran os seus maís fieis amigos. Eu oíao todo o día falando con fantasmas. Non mo podía crer. E de cando en vez facía de homosexual. Que tamén estaba de moda. Agardaba o momento oportuno, cando un ía ás rexions hiperbóreas, e acuciaba coa súa sempiterna pregunta: ¿son bo ou malo?, ao que respondían: ¿teñen os demais razóns?. E falaba como unha descosida despois en voz alta de se... ou escoitaba... a través dos tabiques do piso... ah, qué malo... e despois púñase a ver a tele e quedaba así ata o día seguinte, que volvía a insistir en que era superior.
LAIARSE, ¿QUÉ PRA QUÉ?:
Andando en semicírculos, as bágoas veñen como veñen os raios de sol, ou os claros entre as nubes, ou o triste chaparrón.
Xa sei que a ti estas cousas non che importan. Que colles o primeiro avión que se marche á zona de verán máis tórrida do planeta e gústache estar alí baixo as palmeiras en contacto con toda clase de texturas nos biquinis, miradas, corpos, eses roces.
Un home de pel branco como a miña non aspira ser recoñecido polo seu pel branco, senón por esas impurezas que fan que o pel branco non sexa tan branco, anque si é branco.
Iosefín Islamiia non pensa nunca neses recursos.
El cre que Alá aínda lle dispensa o Paraíso.
Ese paraíso ao que ti vas bañarte un verán de tal ano feito a base de cálculo e moito formigón, nada que ver co edén que algunha vez tivemos añorado.
Ou si, non o sei. ¿Sabe alguén acaso como foi o Edén? ¿O primeiro? ¿Se cuberto coa frondosidade exhuberante coa que se sole pintar ou só escuetos e lánguidos cocoteiros en praias virxes?
Aladín, sae da lámpara, anda, concédeme tres desexos.
O primeiro: un mundo relixioso.
O segundo: recursos suficientes.
O terceiro: espléndidas bibliotecas.
Na inauguración das obras do Santa Sofía puiden ver o meu nome nun estante cubríndose de pó e de perfidias.
Tamén alí sei gardar o orde eterno e as mans curiosas de curiosos veciños.
Había moralexa en case todos os contos.
Esta empeza así: “o que vexas na túa casa e cadre ben sexas o primeiro en descubrilo”.
Só hai dúas clases de baile: unha, a que arrastra os pés polo solo; e outra, que os levanta.
A hipótese de que a vida sedentaria teña formas de conducta propias conformes coas dos nosos primeirísimos devanceiros:
O avó do meu avó, que viviu vai 4.400.000 de anos ía de caza cada verán, cando os rebaños se aproximaban ao lugar no que tiña instalado a vivenda, e el podía seguilos durante tres meses, e encher despois as despensas, ata as vindeiras necesidades.
Nos meses fríos contaba historias, que ían quedando de pais a netos, en ensaios-prácticas nos que os que alcanzábamos a idade para acometer os esforzos nos xuntábamos, despois de ben nutridos, que duraban toda a luz do día.
O avó do meu avó, e os avós que despois os seguiron, nunca faltaron a ese mandato, establecido pola lei suprema que nos rexía: todo para todos, sen exclusións, e sen arbitrios.
Cando un quería todo para si era atado ao tótem, e así pasaban tres ou catro días, ata que ese desexo deixaba de madurar.
Cando non se podía conter e facía perigar a toda a tribo, era enviado ao exilio, durante un tempo, ata que ese desexo de acaparar a riqueza quedaba compensado cunha maior involucración nos denodos da comunidade que o acollía.
O avó do meu avó contou, que algún día, esa forma de comportarse medraría.
Que habería que estar vixiantes e ter moito coidado se queríamos preservar a tribo, pois eses homes anhelantes encontraran ese oco no fastío, na presunción de ser máis poderosos que outros, por forza ou físico, e que a comunidade funcionaba en consecuencia como algo unitivo para mediatizar eses poderes que a natureza lles tiña concedido.
Alá na sabana, cando o sol da noite chamado lúa iluminaba esas patéticas xuntanzas entre os máis consentidos, o avó miraba de esguello para as crianzas que soñaban con ser o futuro da tribo.
E os nenos consentidos furtaban ás primeiras escaramuzas o sangue sobre o que se xuramentaban para seguir practicando ese xogo odioso.
Alien:
Un mira asombrado a como o mundo muda.
Mira como as casas de papá teñen cadansúa o seu matiz.
A verdade, que así vista cada día, o orgullo de ser pobres déitase cada vez máis con quen quer e a única defensa posible neste hábitat agresor é igualiña á que usan os medios privados para se xustificar.
Eles dinche: paso de ti. Non che necesito para gañar o que gaño. E fan delo unha bandeira azul.
Os ladróns son tan evidentes que cando un os caza roubando non lle queda máis remedio que aceptarse tal cal son.
E polo visto xúntanse todos diante.
E cada día ofrecen o seu triste espectáculo para ver quen é o mellor.
E do mellor o único que queda claro é que facendo iso que fai gaña moitísimo, tanto, que un non sabe se o quer polo que fai, ou polo que gaña.
E aquí reina un silencio de bestas asexándose por ver se poden sacar tallada diso que deixa o mellor como merda, porque todo o demais xa o leva el.
PAI, PERDÓAOS, PORQUE SI SABEN O QUE FAN:
¿Quen tivo interese en colgar a Cristo? ¿Qué partido político? ¿Qué partido político levou despois aos cristiáns ao circo a que os comeran os leóns?
¡Qué fermoso é o Pórtico da Gloria!
O Everest:
O aire se enrarece no cumio. A falta de osíxeno debilita ata a extenuación o rego do cerebro e os danos poden ser irreparables.
A masificación empúxanos os uns contra os outros.
O Gran Mercado funciona.
Alá alí nas abas pode presumir de facer o que lle peta.
Os sendeiros, percorridos con parsimonia durante toda a vida, traen o sosego e a calma, a través da paisaxe indómita.
Alá alí sente súa a súa casa.
Así llo fai saber ao forasteiro.
A irritabilidade deste queda compensada con creces.
Os signos da hospitalidade trazaron un mapa de recursos que substentan todo o que polo que un ser humano todavía é querido.
Estiven pensando, ¿ou quizais non? e alégrame saber que si penso existo, que penso e logo existo, que penso porque existo, que se existo teño que pensar, e non sei todavía en qué cousas a pesares do que levo imaxinado, sempre lle estou dando voltas ao caletre e iso sirve para minguar os sufrimentos desta vida, ata que dea cunha fórmula universal, un método máis amplo quizais ao que poder invocar en caso de que todos os esquemas menores me fallen ou xa non sirvan, todavía non toquei teito, seino, teño esa constancia de que se pode traballar con outros significados e alcanzar esa fermosura ou beleza que polos contornos acaban de mencionar, como construir un templo, románico, gótico ou modernista. Un medita sobre esa cuestión e trata de planificar esa visión. Tal vez nun edificio novo, ou tal vez na mestura de estilos. Cantidade de imaxes transcorren a diario pola caluga e un trata de vencelas; de dicir, aquí volvo comezar; sobre esta imaxe levantarei a casa; esta imaxe servirame de plano para iniciar o que pode ser definitivo. E nas definicións definitivas de tal edificio singular me embarco e as busco como ouro en pano, como xa non houbese outra cousa que facer, a min gústame, trato de que me guste, agardo que me guste, trato de buscar satisfacións nese xogo de significados, esas verbas que comezasen os gregos da panhelenia involucrándoas nas sociedades, nas pole, o que me fai pensar de novo se de verdade penso, se ao pensar existo, e se existo, ¿porqué non aproveitalo?, ¿porqué non querer esa tarefa tan de costureira e pasarme así días, e meses, e anos enteiros buscando esa perfección que xa ulo a través do que deixo escrito, ao que me leva o que xa escribín.
Estiven pensando, tal vez Platón mo consinta, porque tal e como están as cousas pensar é bastante complicado, digo así barbaramente, non sei na túa casa alá na tranquilidade dos prados, aquí na cidade, a multitude ven e vai, muda diariamente, sempre acontece que nos atopamos con descoñecidos, e saudar é tamén difícil, incluso, Platón (o de hoxe/onte nin se atrevía) afirma que as cousas son xa así, ata o día da miña morte, que, supoño, é o que agarda, porque cando durmo non o escoito queixarse, ou sexa que si o soño profundo sirve para alonxarse, supomos que a morte non será invadida, e nós navegaremos polo espazo infindo, fríos, pero sen a súa molestia.
Poriso ás veces dicimos e a morte será a nosa liberación.
Non se trata de aplaudir a eutanasia, senón de predecir neses agoiros o que nos toca ou non, é moi emocionante expiar así o pecado na moitedume, sen que os cazadores habituais de pecados estean riba nosa todo o día aconsellándonos rezar non sei cántos Pais Nosos e as respectivas Ave Marías.
Anque o que escoitas, ou cortas as orellas como Van Gogh, ou todo te leva pasar mecanicamente por ese mal rato, e non creas, nese mal rato, ás veces, o que se cre pecador non o é tanto, e o que non o é paréceo, por diversas razóns, todas indemostrables, claro.
Eu non serei qué será peor, se o pecado ou o pecador.
Mirando para o románico compostelán, as arcadas e as bóvedas, que din os estilistas da Historia da Arte ser sombrías e sen luz, de atmosferas grises e aparentes tebras, de pedras éspeas e descarnadas, do gusto do que somos, ás veces, entrando en locais onde mandan outros materiais, ou vendo estadios ou outros templos doutros estilos, centros de arte, museos, edificios representativos e emblemas doutros conceptos de habitación, as claras sombras que sobre a basílica compostelán caen a calquera hora do día siguen enchendo ese espírito ao parecer olvidado noutras exquisiteces que a obra humana trouxo cos séculos e que no interior do templo aínda se perciben, si, albíscase esa mirada de Mateo e dos outros mestres constructores en todos os poros e detalles da sé, e un que non a miraba así dende facía tempo, sinteu de novo o pel de galiña dentro, e sentiuse outra vez home baixo a atenta mirada de cada escultura, representando o moral e o profano, a elevación e o trasfondo.
Queda claro que na Catedral de Santiago non hai nada claro. Que todo alí é esa sombra luz que a eleva sobre nós. Ese feudalismo na que viviu. De Señores e Gleba. Cousas que xa non poden ser representativas deste mundo. Pero, entre os seus muros, un ve tamén como esa representatividade da Cidade de Deus vaise convertendo pouco a pouco a través desas tebras, como se incorporase outra fachada á súa xa emporsi maxestuosidade, na esixencia deses peregrinos que a recorren, que a volven case impúdica, a través do seu suor, dos seus alentos, das súas respiracións e das súas voces. O tránsito entre a vida e a morte parece unha viaxe de Aquisgrán a Fisterra, e o mundo que nos ven riba caracterízase por esa movilidade inmóvil, testemuña tamén do transcorrer dos séculos, o pobo llano, espido, ao alcance da súa espiritualidade. Sen máis adobío que a roupa que lle acae o día que visita a catedral, que pode ser calquera vestido. Por espazo dun día, ou dous, igrexa e mundo confraternizan, así, sen testigos, diante de Deus, que non necesita outra interpretación máis ca a que abrazan os xentiles. O espazo habilitado polos mestres constructores é propicio para que o silencio ou o rumor impere. Os murmullos se suceden. E están penados os berros altisonantes, os que nos sacan de quicio, das nosas caravillas, os que nos impiden saber cómo somos, o que damos ou debemos, ese barullo-algarabía que ás veces nos anula e nos impide manifestarnos. Tamén base do que cobramos cada día caracterizados aínda como irmáns.
De súpeto o andazo contáxianos a todos e non sabemos cómo divagar, se o queremos, ou se a meditación forma parte do sistema de dominación actual. As cousas prácticas acércanse ás cousas espirituais e aquela monserga de señores macabeos queda supeditada á cousa estricta do saber a qué aterse con respecto a todo o que nos ven de fóra ou de dentro. Hoxe na misa das doce da catedral os peregrinos tiñan de seu saber onde viñan. Tiñan tamén saber que o espazo no que se dicían, anque fose nesa masa anónima que contacta con todo, era o seu espazo, que ás veces non queda claro nin co que amamos, ou cremos amar, non son así tan fáciles as cousas noutros sitios, nin noutros intereses. Que eu saiba, na sé apostólica a inmersión lingüística é do parecer que toda lingua que sirva para expresar o que adoece encontra na voz dos ministros esa obediencia implícita na submisión á obra do Señor, o que nos leva, tacitamente, preguntarnos onde a lingua propia, que ás veces cremos posuir, pode ser oída máis sinxelamente, sen acudir, ou acudindo, ao parecer de tan forte
oráculo, que nos diga o camiño a
seguir.
desiree:
avisos infranqueables sobre as eternas cuestións morais relevan ao corpo nas súas facetas
e correos vai tempo que deixou de ser un método
hai aí un mundo que non nos desexa
e un mundo que o daría todo por nós
chegamos a calquera rincón
as noticias nas que se involucran os grandes poderes estatais tamén nos dán o pasaporte
están na china mirando o que ven
aquí ficamos, mandados ou non, ao albor do que anuncian
nin sequera perdoaron aos meus pais, que eran boas persoas
coido que a nós tampouco nos perdoarán
(nin sequera sabemos do que nos acusan)
Falando do silenzo, ese no que apareces como o acusado sen que ningún tribunal interveña, a fama conleva traer tamén a parte que avoga por un, sempre e cando un faga unha boa defensa de seu. As nais escandalosas que se moven por estes lares vai tempo que perderon o senso do que significa abandeirar unha proposición que vaia máis alá do seu propio interese familiar, é dicir, que de todo o que se pode falar, o único que resaltan é esa teoría que inclúe un ben que temos a impresión só se refire á súa propia impresión, sen que haxa outras verbas que o avalen, ou rompan unha lanza a carón da discusión culta dos caracteres sociais que explotan outros medios. Aquí, en Mississippi, o papanatismo das lexións de cristo absorben como unha esponxa a vaga que desatara as nosas inquedanzas e vémonos abocados a saber se este é bo ou é malo, se o que di carece ou non carece de sentido, se a vaca que muxen ten os tetos en madrid, estamos cansos de sabelo, non hai épica galega, e a meretriz pon todas as máscaras das traxicomedias bárbaras e se converte na nosa punción, así que as nais, con non facer nada, teñen xa moito camiño andado, ¿qué se lle pode pedir a esa ausencia total de preocupacións?, nada, nin tan sequera unha idea que compartir.
Ϫ A Sorbona
[escrito nas ribeiras do Lago do Auditorio]
Ceo azul marabilloso
qué doce resulta xa o espertar
Estou na flor da vida
qué máis desexo?
O aire límpido do ceo
trae uns ventos novos
vistos facilmente asomando
a través de cruelísimos espellos
Oh sol que estás no alto
na cúpula máis honrosa que teño visto
qué diantre vamos buscando
amigo, dimo, para qué soñas?
Xa nos conformamos con pouco
Xa non queremos máis nada
Só a alma latente, pousada
no ígneo acaso, tal vez morada
Sabe vostede algo quizabes de cómo
o mundo irá mudando ou de cómo
lle irán as cousas siacaso
Tal vez amencendo ou finando?
Pode confirmar con exactitude
o estado seguinte tamén a hora
na que as cousas se produzan
Qué será destes soños?
Qué será oh sol antigo destes soños?
Das súas esperanzas xamais frustradas?
Dos seus risos e prantos?
De todas as cousas traballadas?
A ónde irá este conto
coas súas tristezas e alegrías
coas súas lapas e augas
coas súas fontes e cauces?
A ónde irá parar o que sintas
neste mundo tan ancho?
2
As fazañas que un tal Rochamor, cabaleiro de singulares virtudes, acometeu para vingar as ofensas feitas á súa dona por uns desalmados da Cidade dos Soños, na que vivían, que, aproveitándose da súa confianza, os malfeitores raptaron a Eme Lúas, moi fermosa por certo e moi dada ás cousas que unha dona tiña que ter dela; digo tiña, pois como se verá o seu rapto impediu destraumatizala, ficando, Eme Lúas, en tal grado de prostración, que agora os días son como a vida, pasos que un dá cara a morte, á que trata da enganar levando licenciosamente o que, a bo ver, debera ser resgardo e temperanza, pois, según aínda afirman os xurisconsultos máis afamados e os teólogos, a virtude, que un día tiver, deberá volver ser a mesma, para estar así en graza con deus e con ela mesma, ademais de con quen a rodea, pois o dano que lle fixeron aínda o ten Rochamor por causa, tendo esquecido nesa violentísima interrupción da súa paz doméstica os motivos case todos, que agora afloran, e sobre os que trata de pór orde, para que os delictos cometidos saian á luz do día e os que os cometeron carguen coa súa parte de boa culpa.
3
Rochamor vivía feliz nun lado do Lago de Orl, ao noroeste da Cidade dos Soños, e levaba unha vida fructífera e sen agobios. A familia estaba unida. A fortuna sorríalle. Non estaba inimizado con nadie e a nadie lle debía favores, entendendo por favores débedas ou compromisos. Vivía alí feliz buceando nos seus libros e nos seus hobbys formas de encher o espazo que tiña por diante ao longo dos días, ou así era, alomenos, un pouco aburrido pero feliz, desta felicidade que se demostra ou se ve reflexada no rostro dun cando miran para un.
4
alí a risa acabara co pranto pero o pranto pronto recuperaría terreo e se adonaría dos pensamentos dos demais mortais
parecera como se algo quixeran do que había
algo que non estaba descrito e do que se descoñecía todo
salvo que os homes estaban disposto matar por elo
5
Eme Lúas era discreta, ou iso parecía (eu non a coñecía do todo ben e esa era a primeira impresión que me dou). Aprendera nas máis insignes escolas da Cidade dos Soños coñecementos e técnicas que nadie diría que iso fose posible en muller ningunha, pero era así, e, o seu carácter frío e especulativo amosouse dende os primeiros avisos do cortexo. Rochamor (ese era eu) viuna un día, camiñar apresurada ao que parecía ser un destino asegurado, con firmeza, como dando entender “isto vai ser pan comido”. Así foi. Unha vez asentada, os primeiros tragos de luz ficaron sinxelamente abraiados diante das súas mans hábiles e destras e o desparpaxo das súas outras habelencias. Eu mirábaa de esguello, tratando de lle sacar un bocexo, dígoo agora, claro, a cousa non era fácil, só eran primeiras miradas, pero nos gustamos.
6
Rochamor tiña por misión esculcar os misterios posibles do Universo Infindo, cousa na que perdeu fortuna e amigos, tamén credibilidade, e case criterio. Non eran ciencias fáciles, e aquí case ninguén as ensinaba, gratis; había que someterse ao criterio de terceiros que un xa comprendera estaban anquilosados. O Universo era antigo, e dende antigo se estudiaba. Pero o que Rochamor vía, non o vía nadie, e poriso era interesante, porque o seu punto de vista correspondía proporcionalmente á maneira de ver as cousas que de verdade importan da xente máis desprendida e despreocupada.
Unha vez sabido isto, adicouse, digamos, dunha maneira esotérica e entusiástica plasmar cómo daría inicio ás súas investigacións sen que se tiver que arruinar outra vez e sen que os estudios non o confundiran. Porque Rochamor sabía que no espazo infindo a maneira máis sinxela de comezar encetaba precisamente polo que se sabía, polo que se tiña aprendido da maneira que fose do que se chamaba coñecemento e aplicar compulsivamente artellos inventados ou mostras que se podían encontrar en calquera tenda, ía ser o espectáculo máis marabilloso que unha persoa humana, normal, iluminada, podía achar nesta mísera vida, e facelo ademais co propósito de axudar a cántos máis fose posible, unha intención que o honraba por si mesmo.
7
Impórtame querido, que subas á miña caluga cando o país enteiro desapareceu. Non queda nada del no mapa. Elegantemente, cando todo parecía iniciar un conflicto, as sabias tomas de decisión das que sempre fomos capaces, guíannos esta vez correctamente polos sendeiros polos que camiñamos e a guerra está olvidada, quizais para sempre. Por se fose pouco o auxilio, as miñas necesidades económicas xa non deben ser motivo de estorbo para ninguén; se, supoño saber facer uso das axudas que reciba na mellor dirección posible. Na única verdadeira. Tremo de emoción ao decatarme de que o camiño que hai diante está libre de obstáculos, e que, o que queiramos facer coa nosa vida xa non é máis ca un mero entretemento. Estas cousas serias ás que me refiro, só as impulsa o propio discernimento, e, claro, como todo coñecemento, ten que apoiarse no que se supón sabido para levar a cabo as súas saídas necesarias. Ou sexa no útil. En The Piper of the Gates of Down as harmoniosas cadencias e os aires triunfantes de toda unha xeración poñen de manifesto ás alturas ás que podemos chegar, ou que xa chegamos, ás que non saberíamos volver se “outros” non fixeran xa outras cousas. Era O Noso Único Alimento. Entregados de antemán dende hai séculos ás terribles opresións das nosas condicións sabíamos que tíñamos que alcanzar o cumio para poder ser parte da realidade obxectiva. Hai BolBoretas no Edén. Cara onde estábamos, as opcións, mastigadas todas con tabaco, multiplicaban por mil o límite do risco (ás veces intolerable) e tamén nos aprendían pór a nosa parte de culpa niso que todos chaman Nazón. Alí, na masa, o que podías aproveitar era simplemente no que no teatro se adicaban como saúdo e sorte: “merda a todos”, ou simplemente merda. Eu a isto non quería chegar. Nin tan sequera se me pasara pola imaxinación. O moucho que fai de can ten os sensos moi duros. Gran Rudo nos obsequia con disciplina. Necesaria para enfermidade tan complexa. Quero dicir que se soubera que haberías morrer aos 71 anos pois poderías calibrar as necesidades que haberías de cumprir dado ese prazo, pero, como, o tempo é insignificante e un aínda dispón do que nin se imaxina, si, unha axuda estable para esta Casa de Actores made in Galiza Calidade, podería moi ben aplacar parte da fame e das gañas de autodestrucción, e, permitir, por outra parte, involucrarse en métodos máis sorprendentes que a sóa mención superviventística. Aniña na ialma un desexo de construír comparable ao do arquitecto e os estudios neste senso son bastante precarios, polo que apelamos ás musas, sigan manifestándose pois, unha boa parte do que somos a elas llo debemos, unha meirande parte da que nos libra delas o merecemos, o sexo, ben, grazas, as atencións públicas que descubrimos neste extremo amosan unha contaxiosa desiderátum na que todos formamos parte do mesmo e da que queremos seguir formando parte. Eloxios a Ruibal. Mereces. Mereces. Polo tanto toda a túa ideoloxía debe estar volcada cara este punto. Entre os problemas que iso ocasiona destaca: a manifesta vontade en contra.
8
a primeira vez que lle dixen non a unha muller tiña eu as meixelas coloradas e voz de tímpano
tiña manifestas relacións co lexítimo e os soños delicadísimos temperado bonachón pulcroarrugoso
tamén tiña unha finca ¡qué carallo! e outras eguas calenturentas
Eme Lúas sempre se considerou espléndida
Rochamor (eu) múltiples tarxetas
Tarxetas múltiples
(terreos delicados espiados e iso) a cuestión era vivir en paz
Que nadie che dixera cómo
Graaleei un rato polo tremendo aparato
E vin Toms e Jerrys
a dama piruxa
Eme Lúas sempre soñou con ser actriz
Alí mentres a danza contradanza emitía os seus suaves efluvios feronemos (ui que calentón de oídos)[tirón de orellas] non teño máis remedio que me facer unha palla
ya tengo posesiones
Eme Lúas tiña uns olliños penetrantes que esculcaban tan profundo que un morría para que o repetise
Miraba tan adentro dentro... que ninguén diría que fose señorita
Hematite
Daquelas grandes peregrinas do planeta as discusións que nos quedaban aos máis ananos eran as referidas ás cuestións de terras e de familias
ás visións paternalistas da familia
á sospeita case instantánea do futuro como familia rota
á familia unida nunca será vencida
á terra cacho que nos puidera pertencer
á terra abono do qué puidéramos producir
ás causas logo porqué nos queríamos ou non
quero logo podo
entusiasta seguidor do Athletic Clube de Bilbao
paisaxe catastrófica da solidariedade en Titanic
non te quero convencer de que os meus argumentos resulten convincentes e formen parte dun conglomerado de suxestións
que así o conforman
SEÑORES CABALEIROS MASÓNICOS DA REAL ORDE DA ALQUITARA
París é teatro divertido e terrible. Entre os concorrentes ao café Plombier, bos e decididos muchachos –pintores, escultores, escritores,poetas; se, ¡todos buscando o vello loureiro verde!, ningún máis querido que aquel pobre Garcín, triste case sempre, bo bebedor de axenxo,soñador que nunca se emborrachaba e, como bohemio intachable,bravo improvisador
Tiña dous conselleiros áulicos: unha laverca e un asno. A primeira perdeu o seu prestixio cando o sátiro se virou xordo. Antes, se canso da súa lascivia sopraba a súa frauta docemente, a laverca o acompañaba. Despois, no seu gran bosque, onde nin se oía a voz do olímpico trono, o paciente animal das longas orellas lle servía para cabalar, en tanto que a laverca, nos apoxeos da alba, se lle ía das mans, cantando camiños dos ceos
Pero ti, neno meu, vagarás como unha brisa
por lagos e praias areosas, baixo os riscos
das vellas montañas. Así verás e oirás
as fermosas formas e sons comprensibles
da linguaxe eterna que usa Deus
Estas son as túas marabillas, Señor do amor;
ti nos fas ver que só somos esas fráxiles flores
e cando poidamos probalo e comprobalo,
disporás para nós un xardín habitable.
Os que ansiaron ser máis,
escravos da riqueza,
por causa de orgullo perderon o Paraíso
navegamos navegamos navegamos e cada novo rumbo era unha gran frecha cravada no corazón do mundo
todos aqueles dominios me pertencían
desde Palma de Mallorca a Cabo Branco
San Vicente Ferrol
dende a Estación Central de Guaguas
deica ata o Parque do Retiro
Osmoladidade 280-295 mOsm/kg
Razóns Byronianas quixeron cadrar na teoría na que o Amor é bo
sendo semellante delicto
9
deica veña a Noite Eme Lúas sobrios (e unha fuxidía mentira)
as cousas das liñas cognitivas se alentan no que sacan por si mesmas das outras liñas da materia que atrapan ao seu paso
e quedan así autosatisfeitas sen que interveña todavía a man do home
axiña os corpos celestes avanzan a velocidades perigosísimas como desaceleran o mesmo avance e se equilibran
o espazo que deixou a supernova ou o corpo desaparecido énchese dos refugallos que ese mesmo corpo liberou
e ata as pequenas partículas da desfeita por leis tan intanxibles como as que proporcionaron que os sistemas se vaian destruíndo, á mesma velocidade coa que se reconstrúen
10
pasado (tacón de agulla xa quer xogar) (me han cazado de nuevo) alí na andaina, a carón da estación do tren, unhas breves palabras de despedida que se preguntaron se era lícito o non marcharse
a cafetería tiña os ollos da caimán hipocondríaca que daquela viaxaba en tren
margadío tivo alí grandes soños mentres rascaba na alma máis profunda qué podía ser a Victoria?
Mirou en cada un que tivo diante argumentos os máis sólidos existentes
E alí soubo que si, que gañar ou perder só importaba cando as grandes ideas de nazón están en marcha
Cando a vida e a morte están disputándose en cruel batalla qué leva a primacía das nosas existencias
das nosas inútiles existencias
Hai quen acciona o mando a distancia é xa di existencia no máis alá
Bercecuncadecorbarateira
eléctricas mantas de edredón de pluma
Mi infinita Tristeza me impide reconocer ciertos hábitos de conducta que se han establecido por estas tierras como propicios o salvativos
Allí de donde vengo (me sería muy difícil decir o dar idea del sitio exacto) decía todo lo que soy sin pelos en la lengua
Llevaba la Voz de los Días sosias de mi corazón
Mis niñas
A barca cruzou toda a Ría cunha vela cadrada por motor
Saltouse os parámetros da velocidade e escorábamos moito a babor
Pero as nocións exactas do tempo equilibraron a barca ao chegar ao peirao do porto
Tamén Lucas agardou tres cuartos de hora ou máis por esperar o talego de haxxix diario que eu levei nas mans
Só o fago de espléndido (as culturas aprendidas a única lección para a que serven é para pórte en antecedentes sobre as novas culturas que aprendes que de novo vas aprender que de novo son dignas de ser aprendidas) (os indios jws, os CabezaLyca, Tráns Filicios, kler, sequoias, ballantine´s...) que tratarán de cometer as maiores gamberradas do mundo e as máis afamadas formas de entretemento
Papá, nunca me deches unha perra, pero eu paseino ben
xa teño un despacho, o enterro do teu amigo Daniel, que acaba de falecer, 15 Xullo, e traballo para catro ou cinco anos, as enormes probabilidades do que xa feito teña un recoñecemento e, porive, de que os meus problemas non haxan máis que comezar, terei que ir pensando nunha especie de xestor (por se atino naquelas cousas ou por se fallo)
tamén tería que ter coidado poriso co que digo ou fago pois calquera desas cousas poderían chegar a malos oídos, ou máis aproveitados ca un, e sacarlle o que un trata de sacarlle da maneira máis positiva posible doutra forma que incluso nos toque o dano e nos estropee de por vida o que quer ser a nosa forma de sustento
11
As tristes palabras que me serven de consolo arrebáñoas dos ceos acesos, das sombras das tardes ou dos Crepúsculos dos Deuses, xuíces animalias que nos arrebatarán os sernes ata ficar exhaustos, ata que noso non queden nin os ósos, e qué, qué che podería prometer? Qué podería haber alí tras as cousas?
12
un reloxio de ouro marca con minuciosidade os acontecementos diarios que temos que acometer no futuro e que xa os temos sinalados
vou accedendo ao tempo necesitable para iniciar unha relación profunda co novelesco
teño xa entre os proxectos facer a traducción de Fowlett “Os Piares da Terra” e de Twain “Un Ianqui na corte do Rei Arturo”
hoxe é un día triste 15 Xullo GMT +01:00 Bruxelas, Copenhague, Madrid, París, Vilnius
Chomsky : Hexemonía e supervivencia
Poe: Narración de Arthur Gordon Pym
“Os tres primeiros minutos do Universo”
“A caída de América” de Ginsberg
“Meditacións do Quixote” de Ortega
“A Conquista da Felicidade” Bertrand Russel
J.D. Salinger: “Levantade, carpinteiros, a trabe mestra”
A biografía de Stephen Hawking da Biblioteca Científica Salvat
As cancións de Bruce Springsteen dende “Greetings from Ausbury Park (N.J.)(1973) deica Born in the U.S.A. (1984)
e por fin canzóns soltas de grupos españois de todos os tempos presentes que nos recordan algo por ter saído algunha vez nas radio-f-órmulas
nas coordenadas 20º 15´ O. 50º 36´ N. os barcos ían máis lentos
Liberia
treitos
cartas aos amigos descoñecidos
sin a cidade apócrifa entre murallas
a gloria da galiza
a última vez que te vin
tamén
bloc de notas para esbozo de ideas
diario
o manuscrito
1.doc
ulise no wolfram
onomatopeia universal
2
afrodita
dende a memoria
poemario A LIBERDADE
¡PARA MIN QUE TODO O MUNDO É SOLDADO!
as posibilidades de non encontrarse coa fortuna son unha mínima expresión desas realidades totais
¿quen me pode dicir a min que comprenda a miña felicidade?
¿quen pode dicir que o que tes non te ensinou xa seres o que es?
¿habería algo máis adiante?
conseguín unha conversión a Cristo
ademais obtiven a imago instantáneo do alpocado chamado o AntiCristo
razóns que esgrimen por se as varridas rápidas de onda frean o nivel de protóns calculado para que a transferencia cátodo—ánodo sexa o máis efectiva posible
co que xa mentei varias formas do posible
todas realizadas diante dos meus ollos
Por Xúpiter! Icarus era romano ou grego?
Levaría xa por un bo presaxio as hypnóticas ondas que veñen dende algún lugar do xulgao-templo-tempo miña nai aínda me alimenta me dá un bo teito e é a máis Magnífica das Benefactoras, acudir constantemente ás fonte do teu pracer non son capaces de acadalo moitos sen que insistir nas túas teses ou refacelas e desfacelas fosen tamén parte do que algún diría traballo caralludo, esas cousas que teñen os escritores de raros e extravagantes
Miraba alí na bahía como a miña nave abeiraba as costas e xogaba co ton do ceo e as ondas móbiles do meu redor
dominados pola televisión
lugares de asombro imaxinable
que é unha das causas das que se vai Santiago Todos os Fins de Semana
e alegoricamente é o lugar onde están depositadas as chaves de toda confianza
mañá, toda esta nova xente que vai seguir vindo aparecendo, mañá, mañá, mañá vai seguir sendo a mesma
o ordenador xógalle a batalla comercial, que está controlada por un peter pan das finanzas que gaña o que lle peta, ten o dereitos mundiais desa explotación e elelucadamente sigue estudiando,
tamén viría A Pira Funeraria da Extinta Indira Gandhi, os reloxios dalinianos e á retórica de Peralades, un cameón rockeiro tipo Woody Allen, Unha ChinaChinaGota mareos de mares insulsos e esquilmado, esquilmado?, ¡esquilmadísimo! Lugar Regodeótrico, ausencia de calma á vista, Buchanan live for New M´wsxizco alias nas praidas partíase co cachivache ese do satélite espacial incrustada despois de miles de millóns de probabilidades nos sisos de Peter, que era precisamente quen máis me odiaba e a quen xa lle comezar coller aprezo
alí en Santa Bárbara (California) as avenidas son tan elegantísimas que ningún coche o fastidia adoito
ninhunha mulher de bandeira dará nunca jamais seu braço torçer mas se dixéramos telas todas todas con um de seguro iso sería o menos desagradable da cuestión
só falta que vivan por aquí
Comín
Son as 16:08 e envilábame
Capitán Espazo recorre aos materiais que os seus ollos son capaces de percibir como tales e trae as primeiras mostras deles nas súas navegacións espaciais
O organismo unicelular “captado” próximo pode traer unha esperanza de vida á civilización universal polo tempo duns cincuenta anos
As revisións que pasamos e os informes que obran no noso poder así o testemuñan
13
todo nos sae defensa, acaso ninguén ten xa que contar
14
ضฌچڤظฐฒ گۀیژฟำึ
15
puñais afiadísimos escondíanse en cada curruncho do bosque polo que íamos. Chegara a hora de descansar, de xantar un pouco de búfalo afumado, e aquel rochedo coa baixada fácil ao regato e a herba mol a carón era un lugar privilexiado. Descubríramolo despois de andar perdos e dando voltas sobre un pequeno treito do río, sempre tentando encontrar o que encontramos. Estaba a salvo de miradas indiscretas polo resto do bosque a unha e outra ribeira e as rochas servirían de defensa en caso de ataque. Chil andaba outra vez facendo das súas, e non daba tregua aos campesiños do condado. Violaba ás súas fillas, mallaba nos muchachos, queimaba pastos, mataba animais... O Señor Conde estaba a tanto; as noticias que lle dábamos recordándolle o carácter do fillo non eran para botar campás a baladar, e, por se conseguía o pai aplacar a ira desatada dese imberbe rapazolo que todavía non aprendeu levar o ben que lle pertence, nos tíñamos comendado a esta misión, esas esperanzas que habería que cultivar durante séculos, porque estas aves rapiñeiras nacían e morrían coa mesma rapidez coa que a coella pare ás súas camadas.
16 Rochamor e Eme Lúas cando eran mozos brigaban por un Rei Noso Señor e grandes viaxes tiñan feito ao longo e ancho desta Terra.
Os alcumes ofrecidos non eran de recibo nin tampouco a máis mínima obxección, tamén a falta de recursos, todo se tiña disposto pra que o Gran Rei gobernase placidamente, emborrachándonos de melancólicos soños.
Descarao era.
E ente entanto os equilibristas deste gran teito de fume algo humidicido polo milagre, non paraba rentes á hora de non decidirse por ningures, e deixaba xogar nese estricto tempo da ambigüidade que algúns/has conseguiron sexualizar. Non, non estaba conforme. A lei para min era o MAXIMIÓN, a xoia mameluca do Imperio Otomán desgarrado ao Bizancio, esa outra xoia, ves como todo se pega?, a lei para min era de cumprimento obrigado, e tíñaa que coñecer a conciencia.
Brindo pola nosa Victoria.
Majestic.
A nosa graza de melancólicos oídos morren positivarmente nas brétemas a carón do Sar por Caldas. E aí os nosos ollos nos fan ver coa velocidade dos lóstregos todas as cabezas escintilantes, son os meus olliños do hax, maleducadamente, finalmente, Vilagarcía veunos ás portas ¿porqué será?.
Biba la Habana tivo que irse Mallorca.
Pagareino caro.
Pagarei con dobre esforzo.
La unión hace la fuerza.
Os puntos de información teñen considerado seguir pertencendo ao consún para aliviar así as penas que nos amolen, que, por ser nosas, e por ter unha idea común, a todos lle pertencen.
17
Este, Ernst Hemingway, lucía esplenderosamente nos corridos pamploneses e eludía unha cuestión difícil sobre a dictadura. Teño o costume de matar na man na man e nos pés que se moven lentamente baixo a cúpula do corpo. Hábil como un espectro recorro a cidade borracho como un vivo, sereno como un morto., e me asombro diante de aqueles que viven. E me excitan os seus labios sonrosados cando din <
A quen queres que me entregue?.
Teño o tramo final do contrato xudicial en fase de fallo, e iso/ou non
PODE CAMBIAR O MEU FUTURO PARA SEMPRE
Tamén tento axudar adicándome a escribir, non soño moito, pero a posible contía ou emolumentos poden variar de 0 a 20.000, o que implicaría asumir tamén esa condición, sei que loable esforzo,
mirabas as <
recorro a cidade mirando aquí e acolá procurando detalles inimaxinables disposto dar coa cuadratura do círculo
uhmmmm sentirme chegado ha como o negre de Banyoles cando estaba “así” exposto
menos mal que Botswana o reclamou
18
Hemingway volvíase (como bo bébedo que era) do tamaño do seu delirium
as flores sempre serviron de descanso cando Deus era o traballo
e as rumorosas fontenlas e a paisaxe das aves
alí onde nunca fun atopado
(non me volverán “pillar”)
non me volverei a encontrar co meu alter ego
e as delicias cidadás irán en ringleira pola miña mirada e en disposición de afrontar unha bonita dicotomía diaria: pór en solfa os motivos dos seus máis pracenteiros ómnibus: glorietas, rotondas, prazolas, curruncho da rúa aquela que tan me gusta, esíxeslle ao gasofa que dea a cambio o descrito nos contos áulicos, e alí arriba o prezo que un paga non está estipulado nin lle ofreceremos a oportunidade de cazarmos, non sei se fun do pcus ou non, pero algo tiña oído de que a base social da contesta estaba unida eternamente ao que era Mal, els segadors, Deriuchenko manifestaba na súa fisionomía o correspondente loito e se expresaba con certa deixadez; pero, a pesar delo, a súa dor non chegaba ao tráxico, e Deriuchenko seguía falando obstinadamente en ucraíno.
19
El Ciclón cara 1891:
Convenceos: las huelgas tienen poca razón de ser porque envuelven en sí el germen de la ruina y la pobreza; pero en Santiago no sólo no tienen razón de ser sino que resultan ridículas porque aquí no existen aquellas grandes fabricas que necesitan del trabajo permanente so pena de perder inmensos capitales. En Santiago sólo es razonable la huelga cuando se trata de defender la dignidad ultrajada o los derechos arrebatados a determinado gremio y por eso no debe extenderse más que a los perjudicados, aunque sí deben ser protegidos y auxiliados eficazmente por los demás...
20
se a sociedade é unha pirámide, e a pirámide está feita de grados de superposicións teríamos que ter a confirmación de estar suxeitos ao Noso.
21
en Xixón as concas seguen grises
e alí no terraplén
as árbores da madeira están sepultas baixo toneladas e toneladas de residuos
vai tempo que Vetusta é un medio paraíso terreal
e alí non se escoita a voz da discordia
e alí tampouco haberá quen diga en voz alta o que se pense
tamén podería ser La Rioxa
as magníficas serras de Teruel
aquel barbilampiño que sorbía aínda os mocos coas sobremangas das mans presenciou tan marabilloso espectáculo e as imaxes impregnáronse nas retinas como o pupilo no camiño do mestre era tal o belor
xabre fundida con raios de sol e toda a Veiga do Ebro observando dende alá, cara onde as montañas caían e se entregaban ao río, arados callos, maldita miseria, ben levada, cara alá onde os Hércules bombardeaban como nun entretemento as posicións dos inimigos, ¡Xósua! ¡É alá!
22
mariñas houbo que dixeron neste humilde servidor ser as máis fermosas un requebro que me afean vente rápido mañá mesmo era unha antiga noiva que tiña non tiña vida privada e os sucesos light vin a cagada da mosca tras o cristal e a luz das abellas incesantemente fabricaban o panal camiño dunha natureza nova que actúa de forma impenitente e pretensiosa o sostemento debido á forza de traballo calculada para que o sacrificio da Nazón non sexa en balde (supoño) 9.30 da serán de estío palabras
as cargas que se xustifican son ben poucas
como se o límite da liberdade de expresión estivera comprimido nas mans duns poucos
Liberta Valance era un cabaré onde as gráciles damiselas facían os seus pinos como artistas
Tiña candilexas e unha barra de aquí a mañá onde un non sabía nunca cómo pórse, se optabas polas mesas a conta saía por un ollo da cara, e as xentes se pelexaban por ocupar eses asentos, bon alí eu era don nadie, e as damas non eran damas
Hai que buscar noutro sitio a Eva, cara de folercha, nunca o entendes
23
Isabelita Preysler era tan fina, tan fina
os ignorados
a ígnea fonte do sensaibo
elucubracións espazo tempo
as vibracións elípticas do pensamento me suspenden e teño que reiniciar noutro punto o que nin tiña iniciado
as supernovas ían carísimas
eu tiña a memoria dun mamut
ESCOLA
Mestre
¿Qué doncela casa
co vento?
Neno
A doncela de todos
os desexos
Mestre
¿Qué lle regala
o vento?
Neno
Remuíños de ouro
e mapas superpostos
Mestre
¿Ela lle ofrece algo?
Neno
O seu corazón aberto
Mestre
Decide cómo se chama
Neno
O seu nome é un secreto
(A fiestra
do colexio
ten unha cortina
de luceiros.)
-Os diaños nos axudarán, ¡xa o verá! Temos sorte, ¿non ve vostede que somos bastardos?... Xa o verá: si non son os demos, será algunha forza satánica, tal vez unha bruxa ou algo polo estilo. É imposible que a casa continúe así, tan estupidamente ante os nosos ollos.
Alí o que duraba duraba, e non había nin un que faltase; fose o que fose, había moito tempo que deixáramos de dar voltas nese sentido, e que as cousas que agora precisábamos estaban noutro plano e as criaturas que víramos xa nos servirían para írenos reunindo coas cousas de sempre
eu xa me reúno por aí
e me dou por satisfeito con parodiar a miña cara diaria co que me ven colgando
ese programas todo vexo
de terceiros
tan faltos de criterio (é isto o maldito?) planetas roxos sendo a misión interplanetaria en séculos máis importante dende as acometidas por Napoleóns ou Hitlers
calcula vostede a cantidade de persoal que vai consumir ese esforzo ata o día do Xuízo?
e capitais, claro?
Valerá ese esforzo supremo a asistencia á velada e asistir ao concerto de forma altruísta?
Ten tantos benefactores a Terra que ningún caeu na conta que co que contamos está perfectamente ligado a unha escala de saberes e obrigas que a gradación da sociedade basta por si sóa para constituír un estorbo para o seu propio desenrolo? Héimonos aquí que xa estábamos berrando: Revolución...
Eme Lúas está perfectamente institucionalizada. É a VOZ XERAL da Xeral Historia e, comunmente, unha fonte inesgotable de praceres que se preocupa de nós, que mira ata o exhausto cando estás mal e busca a túa cura, ao contrario que as heroínas da televisión ou das aventuras, non podes falar mal dela, o que inventes ou a imaxinación che lembre será producto de se estar consumindo nese lugar que non existe pero que todos somos un pouco del, Eme Lúas e máis eu estábamos conformes no noso odio ás dictaduras, no noso odio á obediencia ramplona que te acora nun lado da persoa que non es nin por asomo e que responde máis á ignorancia do xefe de turno que a unha incapacidade túa. E verse así, na boca do Rabo, xa nos tíñamos visto unhas cantas veces, por defecto ou por efecto, a realización do traballo da empresa ficaba aparte, eran outras consideracións que se saltaban profundamente os nosos dereitos cando pasábamos pertencer ao ámbito sobre o que era súa e nós, moi educadamente, nos seguíamos preguntando se estar alí ou noutro sitio marcaba aínda a diferencia, os soños, xa se saben, son cousa do demo. Non, non o pasábamos mal, pero xa queríamos máis, conforme ao que sabíamos e o que íamos aprendendo, había moita xente amargada que por non lle ter atopado unha saída aos remorsos pagaba co compañeiro o que era cuestión de decidir a base de tomar uns viños, con tapa, e máis adiante, anoite, facer fincapé no que habería de transcorrer xuntos, si, era máis fácil o levarse ben que atopar odio no cerebro dalgúns malnacidos, era máis fácil que te trataran mal, como se non se deran nin conta, pero iso non ía parar ao gabinete onde gardas o dolo polas causas, senón a fulaniño, ou manganita, que eran así, desa maneira.
O shock xeral, todo deixa de existir e parece como se todos te falasen, como se puideras entender case todas as linguas que por aquí circulan
xa formas parte do Gran Espectáculo da Creación
o noso próximo Salto Adiante
ata as mesmísimas barbas do Creador
uhmm
24
as liñas escritas ao respecto son variadísimas e cada un pode seguilas libremente, como mellor lle prouga, o asunto discutir fica descartado por ser incoherente con ese desexo de saber que impele a un como individuo cultivarse da maneira que sexa anque os fallos do sistema sexan tan incoherentes como as maneiras que aínda só existen na memoria e que buscan outra clase de formato no que expresen a gusto todo aquelo polo que un realiza a tarefa de vivir tratando de non molestar aos demais e limpar a súa conciencia de prexuízos, un milagre, tratamos de que o comprendan
25
as >festas< están ao caer este ano parece que se romperán os moldes do que ía sendo xa un costume e intentarán a partir de agora cousas novas a min a presenza na Praza nunca obtivo as miñas preferencias nin desexos loucos nin cría que ese era o mellor sitio para divertirse por aquestes lugares pátridas terras que si eran do meu gusto foi porque tiña viaxado e comparando as posibilidades de felicidade que podía atopar alí e alá un chegou que o mellor sitio era o que un considera como casa Sweet Home Alabama os olmedos da morte espiaban en nós dende pequenos cómo medrábamos e nós tíñamos a conciencia que non ía ser como eles tamén queríamos un mundo novo como o que tiveron eles cando eran xoves tamén nos vestíamos coas prendas máis atrevidas para “rascarlle” así un “favor” ao coñecido era un costume moi tópico de aquí pregar á patroa e estar varrendo así para casa crendo por só isto conseguir os mellores privilexios do reino qué máis dá? –dicían astarse ás paparagaitas presenciando como os mellores do universo se matan por darnos un pouco de benestar equivalía case a ter un asento de primeira en Iberia e ser un o protagonista das bandeiras en combate era isto o que necesitábamos aquí? As tarefas de reconstrucción non nos esixían grandes costos a medio prazo pero, era de supor que o prestado nolo van cobrar, teríamos que reenviar o obtido ata o de agora, ou tal vez mañá mesmo, con dobre selo de garantía. Os males que nos causásemos nos prexudicarían evidentemente. Todo o que se pode considerar aproveitable necesita polo tanto novos mimos, e detalles pagadoiros por anticipado. Nesas cousas do estar atento ou non as consideracións que deben primar son as que coan a proposición non axeitada e a transforman en dereito positivo.
Mesmo aí onde un era un as cousas non resultaban nada fácil e o engano máis visible Resultaba que a educación dun impedía trastocar os mesmos planos trazados polo Creador facéndose xoguete dalgunha bruxa cósmica
Bee Gees Vol.2 para escoitar contigo calquera cousa que tivéramos que escoitar as obras propagandísticas das grandes casas comerciais non reparan en gastos á hora de decidirse polo que vai ser unha opción de fortuna durante moito tempo, o traballo realizado así o testemuña, esas opcións, que barallan a medio prazo uns beneficios elocuentes, case a metade do meu ser empeñado nunha obra,
e alí diante non hai nada
nada
só que fagamos
26
Nós obtivemos a Vicepresidencia. Os lugares altos do Estado deberían inculcar xa ese sentimento nas xentes. Non é agora cuestión de vivir “arroupados” por aquel paternalismo e si de profundar no que somos abrindo todos os cauces posibles para elo, a expensas do que o resto do Estado deixe como usufructo (Bens Públicos e Privados que se investirían na Nosa Comunidade tendo en conta o grado de Desenvolvemento que Alcancemos, no ámbito público, e no ámbito privado)
Van ter que soltar (buscar) moita pasta os de Madrid para manter o nivel de Progreso que pedimos a berros nas eleccións do 5
Calquera cousa que pareza ben e teña os matices que sexan precisos para calar fondo na mentalidade do noso pobo axudarían transfigurar o corpo e o espírito en algo renacido, en algo que existe precisamente neses termos, pondo fin á etapa aillacionista de mesié Don Manuel e librarnos así da tarefa que nos afogaba e nos pechaba en nós mesmos
Neste fair-play, a pelota é nosa (sen paliativos nin dúbidas post ou ante-conciencia, cousa que nos deixaría no ridículo). Aquí hai que entregarse a fondo, e arrimar o ombro, e pór a intelixencia funcionar polo Noso País, xa > pasadas todas as tormentas anti-nós que nos precederon >tendo xa iso cocido, o que fique diante e se teña que coller faríase nese nome de Todos, que somos Nós, Nós Todos, referidos a este frío ámbito ou a outros hábitats se procedera (sería o desexable)
Tradicionalmente a indumentaria galega actuou de freo á hora de facer as manualidades máis cómodas, téndose un non sei qué polo difícil, que impedía a este pobo desenvolver outros principios escondidos agora nos trasfondos cristiáns do éxito que arrastraran ás grandes familias ser máis condescendentes con esta Terra
Isto non era así e só querían que fose así pero pode ser que poida ser doutro xeito
As nocións de beneficio son moi exhaustivas e cánto máis esixentes resulten máis acadarían no terreo económico
As outras nocións teñen saldo negativo
Un bo investimento no que anda a carranchas ¿porqué non pode converterse nese gran estalido que necesitamos? ¿porqué todavía o estamos agardando? Pode qque coas Grandes Fortunas pase como cos Nobres na época da Revolución Francesa: o que non se marchase remataría de seguro na guillotina. Pero isto non ten que ser así de drástico. Os gobernos que saian do bipartito saberán adecuar os seus intereses aos intereses xerais e partillar o herdo da maneira o máis xusta posible. Tampouco temos nada que temer de que a política social que se poida desenvolver de novo terá os matices necesarios que acadou neste tempo transcorrido dende que o goberno anterior fixera e desfixera ao seu antollo, cousas que se verán máis útiles cada vez que transcorra tempo e en contra do que pensa a maioría da xente que non as coñecen. Tamén a presencia do Noso maior Tesouro debera ter xa decidida para sempre que a utilidade do Noso Verbo depende de cánto máis ou menos sexa visto, de que cómo se “puliría” o oído se as nosas letras alcanzasen un grado de desenvolvemento normal, botando man das leis que sexan necesarias para acadalo, no senso no que un pobo mediatizado é un pobo mediatizado
As propostas estatutarias de maior calado enfrontan un dobre problema: o rexeite total do Goberno PP e a actualización dos contidos que ficaron expresamente superados polo triunfo de ZP nas do 4 Toda esa forma de estar xa no presente equivale a un nivel de desenvolvemento per se, e o que queiramos ou non queiramos está aínda por ver.
27
As nenas puxéranse as súas tradicionais cotas de malla e non había un que pillara un subterfuxio para lle entrar no aquelo que esconden moi ben as mulleres e que sempre nos enteramos por terceiros. Non, non había forma de descabaleirar á moza do seu afán de ser sr. ¡daba gloria velo! As malcriadas estaban de botín e o verdadeiro Botín estaba no cárcere, ou debía estalo; ata aí as primeiras impresións que levo das xentes que están máis cercanas. Un crese por elo na obriga de fantasiar. Eme Lúas estaba ben, e, incluso como conversa, o mellor que podía facer é estar calada sentada ao teu lado. Se ten présas, as présas levan sempre a eses camiños dos que todos quixemos afastarnos algunha vez. Se ten ciencia, saberá facer uso dela.
28IIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
coidadiño co corazón, as pequenas mamás burladas que sentan nas esquinas miran con ollos desorbitados as andanzas de señor xudeu e saltoulle algo así como unha vez na sen e trata de reconciliar cousas que nin por asomo son renegociables, a pequena nai solteira con neno ve ao seu esposo asasinado polas neves xeadísimas dos altos cumios planetarios, e xeme, e cando sae á rúa, todos os xemidos que emite están encamiñados a atender as esixencias dese pombo sempre morto que loita por abrirse paso na vida, cousa insignificante se se ten en conta que as grandes fortunas planetarias xa o pensaron antes, e así os nenos sacrificio asasinos das miñas nenas de pombas maréanme continuamente facéndome inútiles preguntas sobre por ónde van ir os destinos da terra mentres a min me pasa o tempo, e eles queren investilo en proporcións máis grandes
os xefes mandamaises do bonito negocio
(pecado é sabelo)
atenden só a razóns minúsculas
a algarabía de datos na cabeza está intimamente prohibida co levar o timón do barco e tamén con esas cacholas diminutas cravadas con alfinetes en calquera cadro de nós mariñeiros de calquera camarote
xa na lúa, volve haber unha especie de mala confianza co haxxis, cousas ás que debíamos estar xa costumados, e camiñar agora é distinta, moitísimo máis distinta, é tan distinta que a veces parece que non esteas camiñando, que os teus pés voasen por riba do asfalto e fose case como un gato con botas, aínda claro, o tempo necesario para investir acelérase e entón é un cando pon as condicións.
29
¡¡¡¡¡O ofertón!!!!!!!
Cada día na súa radio
Toma vostede as de viladiego cada fin de semana e grazas a eses empuxóns da sorte aínda cre que o mundo debera ser como o de antes, e nunca pon un antes, nin un agora, nin un despois, nin un máis tarde, nin nunca, nin agora que a belatriz marchou tamén por aires disposta nunha elocución merendarse ata á da peineta-lésbica, especialidade de Mum e Lloi que inventaron un fin de semana na que os seus pais asistían aos oficios relixiosos pola perda dun coñecido. Tamén lúdica insistencia nos amantes de aquel gran caudillo defunto que resucita de cando en cando, sempre por sorpresa; foi o xeneral máis xove de España e de aí non subiu. Vin eu unha vez un militar británico, un comandante de navío asistir impávido a unha pequena travesía no mellor buque da Armada Española daquel tempo, o máis mariñeiro, o máis versátil, o de maior número de intervencións rápidas que recorda a Mariña, e vin trescentos anos de xogos de guerra riba meu, mentres eu non sei que facía nas comunicacións interiores (supoño que cumprir unha orde). Os buques da Armada Royal estaban vintecinco anos por diante nosco. ¡DEIXÁDENOS AS RÚAS! A forma de acaparar que está presente remite a un aos nosos tataravós, que, no Antigo Réxime, souberon facer unha Desamortización tan Xusta como a de Mendizábal, que boa idea sería o condonar así as débedas que un teña respecto á propiedade coas súas sereísimas persoas, que se algunha é superior, será consonte a que as hai inferiores, e se a mesma proba non o condea, será porque vostede é un condeado testaferro inútil e inservible, que vai tempo xa que pasou iso de considerarse a si mesmo como o puto amo por unhas cantas pesetas que teña demais respecto a outro que non as teña. Seguindo matematicamente esa regra, vostede cando se entere de que o seguinte falador sexa máis rico que o mencionado, non terá máis remedio que así mesmo considerarse inferior a el, co que o seu método político está indefiniblemente punido, posto que ao tempo que non accede comprender que os homes sexan iguais respecto a dereito, incumpre a mesma normativa pola que o caracteriza a “vuecencia” como amo, ao permitir existir “outros amos” (supoño que lonxe) (pode agora deixar a mexada que identifique o seu territorio)(como pór outro ladrillo no muro)(como incesar o propio pálpito)(descubrir a man común cómo estes pseudourbanos colegas teñen tan boas vistas dos seus eidos tendo pagado por elo tan pouco)(unha doa de reis)(non quererán remitirse aos tempos de Adán no que a pureza era anterior a Eva?). Polas molestias que lle causa facer tan fraque favor á humanidade sigan estando nos seus sitios, non se revolucionen, estean atentos aos sinais verdadeiros, síntanse lonxe da conxura dos necios, a venden como pábulo, hai tanta xente sen posibilidades que unha lixeira brisa que corra na dirección que apuntan fai tremer de superioridade ao máis pintado (enseguidiña lle sacan a Brunete –que só está para iso- e xa vale máis que non nos acordemos do que nos fai sentir o Ben –que parece tamén estar mal- non teño nin noiva)
Que ffarey eu, poys que non vir
o muy bon parecer vosso?
ca o mal que nos foy ferir
aquele x´est´o vosso,
e por ende per rem partir
de vos muyt´amar non posso
nen farey;
ante ben sey ca morrerey,
se non ey
vós que sempre y amey.
Había unha frase en Wells referida á viaxe no tempo que indicaba ás claras que a intromisión dunha mente superior nun espazo claramente inferior era evidentemente perxudicial para a mente superior, non para a inferior
Críacorvos
Na “CAZA”, de Saura, o tardofranquismo obcecara ás elites gobernantes a un xogo de martirización que tiña como chivo expiatorio o pillagaliñas, nun reflexo traxicómico da salvación, tan representados no teatro relixioso no que nos tiñan enreixados, que copiaba directamente das representacións relixiosas do catolicismo as súas táboas de lei (tan literalmente que cando escoitas a un falar a mil kilómetros de distancia aínda estas vendo a ese home perseguido ao que nos acostumaran e sobre o que solían caer como unha xauría de cans) (despois todo cristo se lavaba as mans) (as víctimas actuais da televisión aínda están por chegar e o dano que pode causar esa “máquina” no sistema de cadeas locais está disfrazado por unha soberbia de melloría que, parece incrible, fíxese vostede, que non vexamos nin un lixeiro problema) (parece ser agora ela a causa de que os teñamos)
vaia panda de chivatos teño arredor...
un non pode pórse soñar en voz alta porque estes “señores”democráticos llo impiden cos medios que teñen ao seu alcance
xa están como no estadio Bernabeu dándose berros dende fondo norte a fondo sur
na vez de gardar un respectuoso silencio polo de non molesten
Unha vez houbo unha princesa guerreira que combatía principalmente polo seu reino, primeiramente; despois polos súbditos; e, en terceiro lugar, por un amante que tiña un castelo alá na fronteira, do que lle gustaba precisamente iso, que estaba lonxe e podía xogar con el á añoranza, (bon, debeu ter outros pero este era o derradeiro coñecido). Xogaban tamén a verse, os fins de mes cando tiña tempo entre batalla e batalla (estas cousas xa non divirten a nadie); e, incluso, tiña a uns cantos sacerdotes pluriempregados tratando de sacarlle o maior partido posible ao seu enlace. Daquela (non como agora) os freires axudaban. Non era a súa tarefa principal, pero, como o tempo rendía entre prego e prego, tamén sacaban un sobresoldo (ás veces tan só espiritual) en terras de mandos intermedios (condes, viscondes, baróns...). A princesa era faladora, e se non lle gustaba algún doncel, instruía varias cousas na súa contra para que se fora o máis lonxe posible (claro que sempre a combater por ela co que saía gañando o dobre)(en realidade as princesas casaban con quen mandaban, pero isto é un conto, e como todos os contos o que é ficticio ás veces supera ao real)(o que ocorre tamén é que hai que pórse escribilos, e iso tamén conta)(a princesa en cuestión podería estar mandando calquera reino que tivese a ben chamarse reino, e non república, por exemplo, porque é ben sabido que nas repúblicas non hai princesas, chámanse... doutra maneira... pero non se chaman princesas, estou seguro) En Sacerful of Secrets a riqueza musical é todavía sorprendente, e parece mentira que ese esforzo que custara o que custara estaba encamiñado a facelo sentilo mellor, quede inscrito nos libros de pasaxeiros do buque “Olvido”, case tanto, pero moito menos, que aqueles xoglares e trobadores secularizados aos que tantos favores lles debe a humanidade. É preciso recordar aquí que o grato nunca poderá esquecerse, e que o grato forma parte da nosa maneira de ser de maneira fulgurante, quedando ás veces apampao de ver tanto divino troulista non tendo nin papa do que é a troula, tentando meter tearañas e musgos, por compaña. ¡QUE SE AIREEN!
Manolo Cabezabolo tivo un sitio no BID. Galiza como é un pesebre, só ama ao neno rico, que, como tonto de remate que é, o único que ten é diñeiro (isto me contaba un ilustre seguidor de Ac/Dc non acordo onde, despois dunha desas chácharas ás que xa estou afeito e que reclamaban dende o dereito do carlista herdeiro ao lema:DEUS,PATRIA,REI, ata os auxilios que recibía Expósito por parte da Igrexa oficial para seguir considerándose persoa
30
Estes xogos teñen como fin preservar en vostedes a axilidade mental necesaria para seguir mantendo as escalas da producción nun ritmo elevado, e non durmirse nos loureiros, nin na próxima paga de fin de semana. Vaia vostede adiante, adiante. Poñamos 50 anos. Eu terei desaparecido. As xentes como vostede e máis eu terán desaparecido. ¿Que lle quedará aos fillos, netos e demais familia? Unhas brevísimas notas do cómo fomos. As súas vidas terán a importancia que teñan, non cabe dúbida, e, na súa existencia, eles serán os únicos importantes, pero, se de nós fica algún grato recordo, que polo menos sexa o que nós quixemos ofrecer, de xente honrada e tal...
No terreo das ofrendas un sinte tamén que o termo é moi abusón e, moi propio para a enganifa, porque un non ten tantos problemas ao redor como para estar sempre encomendado ao patrón, miúda vida leva algún á conta esta dos santos/as, que despois se llo botas en cara, a mantenta, dicíndolle, por exemplo, ¡OIA! ¡Hai xente que sufre de verdade!, pois decoñecen o que é sufrir dende que gañaron a guerra e todavía se tratan cos mesmos (esta xente hai que ter moito coidado con ela, pois xoga o bando da honestidade e é a máis desleal que existe) (nunca foron mozos)(sempre foron eses vellos aburridos que non aparentan nada, que se fían de todo o mundo e que levan como xuro iso que dicíamos da prerrogativa da ofrenda como báculo co que che zoupan, se te chegas descubrir)(ou se te descubren, que agora está de moda)
As hélices do Prince of Wales son un fío pendente, unha ensoñación esotérica do utilismo da opción armamentística xusto onde non é útil, na solución aniquilar ao inimigo, pois, como ben saben, a lucio regalado non lle mires os dentes. É probable que a guerra non acabe nunca. Que sexa o que herdemos dos nosos “verdadeiros” pais, tamén agradecidos, ese teorema xordo sobre quen é o máis listo ca ningún, que viñan os káiseres coa súa profunda ideoloxía xermánica dicir ser un home superior a outro, botándolle merda enriba á teoría cristiá da igualdade, esa que estaba representada por exemplo na repartición dos pans e peixes, no: “érguete Lázaro” ou na parábola do bo samaritano: dá de beber ao sedento, vella teoría aplicada incluso en casos de posicións moi extremas, como por exemplo nun caso de home á auga, ou dun extravío na montaña, un caso de agresión ou mesmo a impopularidade dos casos de abusos superioritarios, a tremenda distancia que queda entre o que ofrecía Le Pen(e os seus corrilexionarios aquín)(ou noutros sitios de Europa ou o Mundo) e a pragmática sucesión alcanzada por todas as particións da esquerda, de cabo a cabo da Terra. Tamén chamada coexistencia pacífica. Era tarde o comprender que as ideoloxías baseadas nos desaforos do pasado non podían ter nin a máis mínima mostra de tolerancia por parte dun ou, os que din querernos, pois a repetición exhaustiva que levaron a cabo das súas ideas racistas e xenófobas eran a inmoralidade xamais representada na historia. Cando estiveron no seu tempo aí, gobernando, pois non era gobernar, era todo menos iso. E que media Europa se resistise a tamaña oferta, era o de menos. O mellor que nos puido pasar, foi, que eses partidos que enseguida alcanzaban a popularidade debido ás súas extremas e simples proposicións de rechazo, ao que ía ser a forza que cambiaría paulatinamente a face do continente, fosen descubertos e acabasen sentados nas bancadas dos parlamentos das nazóns europeas sen ámbito de manobra, salvo a renda que sacan todavía deses medos atávicos ao posible.
Eses orgullosos ogros que devorarían ata os seus fillos para levar á fin os seus taladrados proxectos. E os chaman excelentísimos.
Así falaba Lovecraft dos magmas primordiais, cubertos por un manto espeso de rochas volcánicas ígneas enfriadas polos diluvios universais que conformaban un Gran Planeta Lodo por onde as bacterias e os bechos primitivos tiñan todo fundado. Pero todo iso cambiou. Os máis listos chámanlle Evolución. Pois ben, hai xentes neses pensamentos que todavía o queren negar, que lles resulta máis crible que o Home fose feito a imaxe e semellanza de deus nun simple segundo, e a súa muller dunha costela, o que é ridículo, pois se lle quitas unha costela a un varón ¿que é o que lle queda? Pois si, as teorías da evolución contan agora co espazo exterior para desviar a vista dese problema irresoluble, que me ten ata os narices, pois se é cuestión de fe, crer non custa nada, é o máis barato que lle pode saír, e, tendo en conta que neste mundo cobran por todo, ¿qué maior desprendemento que crer en cousas raras e imposibles? (eu non sei á escola que foi vostede, pero na miña explicáronme as cousas con meridiana claridade, a pesares dos atrancos que daquela había para recibir unha boa educación) (tamén estabas nas mans deles) (e así parece que nos queren someter a unha chantaxe de novo) (ti sabes que as leis te apoian, agora, non antes, que é o que non comprenden e do que non levan a culpa, nunca)
A igualdade na diferencia (xa ostensible)
O freemocasín pulula meus olliños de animaliños trastes e trasego matineiro de luceciñas doradas que se prenden da eternidade (nin sequera boto de menos unha muller) (e menos a estas horas) (teño complexos se vende todo) (non é así pero dá igual) (xa saben todos cómo venderse e con quen) (ata o touro menceu coas cores efervescentes de sprays rosas que os facían máis interesantes de ver) (soubo sempre que foi un pedrón) (...
(amigo interesante ofúscase a calquera hora do día) (como non ten predicamento é difícil sacalo do erro no que vive)
Hei bater as palmas coma un xitano
diante do mar.
Hei traer no ollal unha flor branca.
Hei de cantar á luz coma un galo cego.
Hei chorar de alegría.
Hei baixar coa fonte da montaña nos bimbios da man.
Hei de romper o espello para quererte en mil maneiras.
Heimiñamada; miña amiga, hei.
31
Na prensa as reseñas acerca da expenduría de carnes e pescados en malas condicións foron moeda común ata o seu sometemento a exame a partires de 1879; o que en absoluto significou o cese deste tipo de vendas fraudulentas senón que seguiron practicándose e aparecendo nos periódicos pero agora, coa particularidade da súa decomisación previa multa imposta polo corpo de municipais encargado de exercer o control sobre os alimentos e de notificar as incidencias á Junta de Sanidad.
32
Para sentirmos máis a significación de Santiago cómpre facer unha curta viaxe polo seu entorno, inclusive alonxarse ás Terras do Deza. E para partirmos facelo dende a Porta de Mazarelos, por onde entraba o viño á Cidade do Apóstolo, seguirmos por Patio de Madres,alí paraban as carrilás que viñan de Ourense, e baixármo-la empinada costa de Castrón de Ouro que conducía ao antigo castro que era Compostela... Estamos axiña nos lameiros pantanosos do Sar, sobre os que se erguen os débiles alicerces das columnas da Colexiata de Santa María a Real do Sar.
33
Eme Lúas non quería a Rochamor (de acordo). Na novela homónima, escrita por Fabius Leoponcius, botáballe toda a culpa ao mal señor da comarca, que baseando a súa política na favorabilidade á ensanchazón da cidade, lle saíra un forúnculo no cú, que se mostraba sedicioso porque a el non lle gustaba que viñer xente nova e doutras partes; para el, a cidade “grande” facíase pequena, ben por non saber máis, ben porque aí chegou. Tampouco lle interesaban as novas da prensa, que engulía como se fosen fotos de sucesos en calquera distancia, e empequenecía a man do home facéndoo acredor dos seus visios, que coñecía, o moi lambón, pasouse anos e anos espiando... Eme Lúas poriso non quería a Rochamor, porque, ademais, este, queríase liberar, o que era farto difícil, porque se nunha posición ficabas ben, había xa testemuña máis cruel que lle sabía desfacer o encanto, e, incluso, achacarllo á súa presunta fealdade, que dicía el existir, como se estas belezas que aquí se ven fosen quasimodos aberrantes aos que se lle caera a pluma. El era máis guapo ca ninguén.¡E o pretendía demostrar!Eme Lúas o tiña crú. Xa se emporsi Rochamor era difícil, el o poría máis, co que gañaba o psiquiatra, ao que de seguro habería que voltar. Os B-52 merodeaban polo contorno da liña do sky e deixaban caer fulgurantes bombas de reloxeiría por toda a fermosa cidade. Se a cautela prescindía de subterfuxios para acomodarse na barra o mellor posible, e ver tranquilamente a televisión, os donos da zarzaparrilla facían coro subliminal e de seguro te chafaban o día, se non saía “eu son Cristo” querendo redimirnos, o que tiña graza, pois iso foi un invento do franquismo que nada ten que ver cos postulados da Igrexa Verdadeira, posto que, incluso, no seu tempo, estivo a avangarda dos nosos máis altos sentimentos (O Amor) non esa cursileiría barata da beata moxigata e rompepelotas (que case con quen queira) Eu non a chamei. A min Eme Lúas dábame o que lle daba por exemplo Dulcinea a Cervantes (digo ao meu Señor Quixote) e por riba tiña a franquicia. Leváraa a onde a levara Eme Lúas sabía que comigo ía estar a gusto. O puto Jos treidor facía publicidade local que traspasara xa as fronteiras e un íalle encargando dobre carga de traballo para que se saíse de nai e nos obsequiase coa calada por resposta, que é o mellor que lle pode pasar a un treidor, a saber. Eme Lúas non era fácil de contentar. Estaba tan predisposta como calquera a caer nas tentacións. E tentacións había para parar trens convoicos, e espásticos. Algúns incluso as explotaban, e lle debían sacar rendas, porque non paraban de medrar. Diríase, xunto coa Bolsa, un dos sectores máis dinámicos da nosa economía. Eme Lúas tamén o sabía, poriso notabas un lixeiro desprezo no seu rictus, que equivalía a dicir: se non mo dás ti xa mo dará outro. Rochamor porén non era tan malo como quería aparentar. No seu traballo ás ordes de cabaleiro superior era tamén cumpridor, e se entregaba, os malos soldos facían o que lle achacaban por inmoralidade. Como un, anque se mantiña, non se mantiña do todo seguro (había que contar cos imprevistos) non podía xogar a carta gañadora, posto que contaba que calquera día se podería ir ao carallo sen que nadie o mandase e xa verías despois como un as arranxaría... poriso había que facer amigos, para ter as espaldas cubertas, ao estilo da formiga, amenos que quixeras ser chicharra, que o pagaban mellor, pero que non servía calquera. Eme Lúas tamén foi amante e contaba que niso do amor todo o que fose aprender estaba... “dalo por echo”. Non lle vía a graza. Madia leva! E eu que oíndo as queixumes dos pinos chegara ao punto sen retorno e o espazo descubrírase como un xogo de tamañas proporcións, xigantescas, que acorarse e ser valente era máis un, o que non era de recibo, pois o universo estaba confeccionado por retazos de almas vivintes ás que a cada unha lles correspondía un astro, ou un planeta, ou un asteroide, ou un cometa, ou... Estes de privadísimos querían parcelar un trocito de ceo, por siacaso, e nós non estábamos conformes, e chamábannos “Os Inconformistas”, pois eles estaban sempre conformes co que deles fose, sabendo nós que nada noso nos pertencía, non tíñamos o sentido da propiedade tan deformado. O Prince of Wales tiña dúas baterías de cañóns de a catro e unha de a dous, e foi capaz de afundir ao Bismark, nada máis saír do asteleiro, así espiaban os británicos. Chegou cunha semana de navegación e o medo no corpo para que toda Britania reaxise como a un, e o destrozaron. Cóntase que as mostras de valor naquelas xélidas augas do Norte foron o orgullo da Royal Navy durante lustros. Nadie como a Gran Bretaña para dominar os mares. Sempre deron mostras do seu savoir faire en séculos, e deles aínda debéramos estar aprendendo. Para que che caia a baba e non deas mostras diso que dan mostras os demais pobos da terra non hai nada como aparvarse diante de luar, e discutir sobre se somos a telegaita ou o máis inn. Eu que conste que canto máis haxa mellor será para todos, pero, como sempre hai algún que nos leva a contraria... Entre o que máis lle chama a atención a Eme Lúas está a contradicción innata a mesmo vivir. Se diría que vivir é unha pura contradicción. Un paradoxo vital que achega ou alonxa sen que para nada interveña o tribunal da selectividade, e que o fai gracioso, cando un lle encontra a graza, que algún xa se chama así e ten espectáculo en Praia do Inglés, ou en Sas Arenes, ¿imaxina vostede ao exministro Trillo facendo de mariquita? Os Yak caeríanse sós. Auchtung. Eses señores que antes ocuparon os bancos azuis do Congreso co único que se quedaron de España foi coa cor E agora chámanse Azul porque o mundo é Roxo, porque a bandeira está descatalogada e os números que facía Rato falaban sempre de supéravit, o que non entendíamos, porque vivíamos a pé de rúa e os problemas eran outros, os que eles cancelaron co seu libre arbitrio (parece ser que arranxaron iso do PER) (tamén deixaron 1.500.000 inmigrantes sen legalizar) (a Bolsa estaba claro que non era dos obreiros) (e o exgoberno tampouco) (ao mellor son apreciacións simplonas) O Queen Mary II ía e viña ao porto de transatlánticos de Vigo, pero NÓS non os botamos do goberno, eles non querían. Éramos o seu pobo. E tanto, que aínda non sabemos como celebralo. Este Rochamor tamén era un orate, e cando se propuña comportarse ben, o conseguía. A ciencia dos orates bebe en fontes escurísimas, onde tamén hai luz, e a luz ás veces pode ser utilizada en senso positivo ou en senso negativo. En electricidade, a corrente circula do negativo ao positivo, e todavía non se inventou a inversa. O punto zero non sabe que se miras para atrás, a circulación ten que acadar unha velocidade que en hipnotismo chaman de regreso, como acudir á túa nai buscar excusas, como non ser todavía unha persoa adulta, como esconder os lambetóns do noivo, como tentar probar a sorte do camaleón sendo Silvia Pantoja, excusas, o tempo zero chegou, o que non chegou foron outras cousas. Excusas. Nós non queríamos un mundo evidente. Queríamos retos. Pero retos científicos. Que non tivéramos que memorizar os seos, coseos, tanxentes, unha dura proba que case nadie superaría. A velocidade ademais non era o que se entende por velocidade, é dicir, subir a un coche e pólo a 160, senón unha transmisión máis sutil que encaixaba pequenas pezas dun puzzle aritmético que deixaba dicir, aínda que estiver prohibido, os motivos das nosas queixas, algo que souberon facer os escravos do sur tendo diante as mansións ciclópeas dos amos de Alabama, de escravo en escravo, de fuxido en fuxido, de perseguido en perseguido, de oprimido en oprimido, de liberación en liberación, algo aínda desexable, e non exento de valor. Os treidores da rotonda queren xa “ceibarse” de tamaño despropósito, e todavía non teñen todas consigo respecto aos motivos polos que falamos en pé de igualdade coas sombras, ou o gran público, ou todo aquelo que nos faga idem. Nina Simone agradeceu esa voz da solidariedade que nos fai iguais a todos os pobos do mundo, e que é o ideal que anhelamos.
34
é como entra nun todo a 1 E
35
Ás traduccións acometidas únese agora Camus que traen aquel sabor da novela de principios de século tan ben feita, tan ben falada, tan ben escrita... que dá gusto aínda palpar a súa estructura ou simplemente lela posto que está feita para iso. O que as présas no mundo moderno non dán, un as recaba de onde pode, que xa é dabondo, amais, aquí en Galiza, anque haxa moitos escritores, está todo reducido polo tamaño do mercado, necesitamos unha saída natural perentoria, como a que atopan os británicos no mercado anglosaxón ou os franceses no franco, necesitamos trazar liñas de comprensión cos nosos dous ámbitos naturais de mercado, o hispánico e o luso, non podemos permitirnos prescindir de ningún dos dous, para iso, a minuciosidade debe ter en conta as necesidades que se desenvolven nesa nova fronteira que acaba de aparecer, e que supoñen un novo esforzo, de achega e comprensión, cara eses mundos tan lonxe-cerca de nós, tan coñecidos-descoñecidos, sexa a través da temática, sexa a través dos sentimentos, sexa como sexa, o caso é instalar neses mundos presentes sucursais e mandar atencións e agasallos, e unha problemática, deixar de estar a velas vir e adecuar os recursos que temos e dos que non dispomos nesa tarefa impresionante que sería ser terra de creación
Agora ben ¿a qué ven ao caso, aquelo de que, <
¿Entendeume a Sra. Pardo Bazán?.....
36
Beleza, ¿pódese atopar Beleza nunha mente enferma? A xeralidade diría que non, ou a Voz Particular do Xeral, pero o xeral, ao contrario do que se pensa está moi lonxe de levar sobre os seus ombros a responsabilidade do vivir, do que temos en común, gabará só o seu interese particular e o que estea próximo a esa última tentación: a casa propiedade facho das demais casas particulares que actúan como se as súas casas particulares fosen a reserva ideolóxica do Occidente. Eu coido que Bush aquí se equivocou. Non debeu basear a súa campaña electoral nesa xente desesperada pola histeria anque as súas economías fosen brillantes. Eses neoconservadores que sostiveron o seu triunfo son xente dunha catadura moral moi pechada, valores dun mundo en extinción que ao mesmo tempo que se posicionan en contra das realidades que acontecen no planeta son mesmo a causa que as provocan, que, ao converter a Terra no motivo central das súas preocupacións, consiguen que a Terra veña ás súas preocupacións nesa espiral gardada polo desenvolvemento unilateral da parte que se desenvolve, que non temos a garantía de que noutras partes vaia funcionar. Evidentemente, o modelo exportable social é mesmo o que rexeitan de plano neses países que teñen agora mesmo plantexado un conflicto co xendarme mundial. Son á vez causa-efecto, e supomos que non deixarán torcer o seu brazo. Podemos intuir que neses conflictos plantexados o anquilosamento nas solucións que revirtan a un modelo estable se fará desexar, e que,nese estado de cousas, o neoconservadurismo ten as de gañar. Evidentemente, non nos vemos camiñando. Vémonos aparcados pola Historia, da que non somos partícipes, que nada nos regala, que nos deixa nun curruncho aboados ao patio de butacas mentres a Lei de Deus actúa por todas partes, converténdonos a ese ananismo intelectual do que sempre fan gala e que nos garda como reféns das posibles consecuencias que poidan ter os ceses de hostilidades e as políticas baseadas na derrota total do inimigo. Para iso só hai unha resposta. Os que propician un mundo envolto nas secolas dos seus terrores (que é o que dirimen) só poden ser combatidos coas súas mesmas regras, tarefa para a que case nadie está preparado, polo que, e a pesares deles, o pensamento terá que dirixirse ás fontes das que maman para atopar aí o tropezo e o erro, a causa que se volva inxusta, e que os demais se revelen contra esa amalgama de principios case privados que nada teñen que ver cun estado social baseado no respecto aos máis débiles e ás causas fondas da xustiza. Porque esa guerra que ven vostedes non é unha guerra por ser máis xustos. É unha guerra polo predominio que se pode extender durante toda unha década, e cuxas consecuencias son imprevisibles. O que é seguro é que todo o mundo sairá mal parado, incluso os que poidan ser os gañadores. Unha guerra que busca a aniquilación do adversario, per se. Unha guerra que reparte o mundo en dous ou tres polos conxuntos de varios subconxuntos que integran o dominio manifesto desa clase de poder que só se ve nos Grandes Imperios do Pasado, de hai máis de cen anos, e que volve admitir que as divisións clásicas do Antigo Réxeme son a única vía que nos queda a esa crise de identidade que asola O Noso Planeta consumido vorazmente polas Grandes Fortunas no seu afán de ser máis e de así nos querer. Os Estados reféns tamén ata certo punto desas dinámicas implantadas polas Grandes Familias que posúen as tres cuartas partes da Riqueza Total, vólvense impopulares, coutos pechados dos deputados electos e dos seus representados, ou electores, e esa fronteira vai ser moi difícil de superar. As transaccións económicas que poidamos realizar mentres fan a vista gorda deberíannos levar á busca dunha maior democratización e á consecución de leis que, afondando nas liberdades, ao mesmo tempo supuxeran un límite para quen o ten todo, un límite moral... pero, ¿quen podería ser esa superintelixencia que lle poña axóuxeres ao gato?
37
cómo son só un pouquiño prosoviético (gústanme as cousas referidas á antiga U.R.R.S) un dos elementos máis contradictorios que atopo en min mesmo é a definición de tolerancia con respecto ao que creo ou o que me inflúe. Isto é así despois de meditar con profundidade na voluptuosa superficie dos días o qué pasa, o qué pode pasar, o qué cómo era antes, cómo din que as miñas ideas son esas, cómo qué alí onde se atopa un remedio son capaz de o buscaren e aplicalo sobre a ferida (supoño isto), un día a realidade será algo alcanzable que non mostre os seus aspectos fuxitivos inda nos que son máis torpes ca un, e podereite atraparen, bolboreta, e apadriñar en ti o que é causa dos meus males, e supoño aquí tamén ti saberás levarme, son fácil,
ENXIENPLO DE LA RAPOSA E DEL CUERVO:
>>La marfusa un día con la fanbre andava;
vido al cuervo negro en un árbol do estava;
grand pedaço de queso en el pico levava;
ella con su lisonja tan bien lo saludava;
<<¡O, cuervo tan apuesto, del çisne eres pariente
en blancura e en dono, fermoso, reluziente;
más que todas las aves cantas muy dulçemente:
si un cantar dixieres, diré yo por él veinte.
“Mejor que la calandria nin que el papagayo,
mejor gritas que tordo nin ruiseñor nin gayo:
si agora cantasses, todo el pesar que trayo
me tirariés en punto, más que otro ensayo.”
>>Bien se coidó el cuervo que el su gorgear
plazié a todo el mundo más que otro cantar;
creyé que la su lengua e el su mucho gadnar
alegrava las gentes más que otro juglar.
>>Començó a cantar, la su boz a erçer:
el queso de la boca óvosele a caer;
la gulhara en punto se lo fue a comer
el cuervo con el dapño ovo de entristeçer.
>>Falsa onra e vanagloria e el risete falso
dan pessar e tristeza e dapño sin traspaso;
muchos cuidan que guarda viñadero el paso
e es la magadaña que está en el cadahalso.
>>Non es cosa segura creer dulçe lisonja:
de aqueste dulçor suele venir amarga lonja;
pecar en tal manera non conviene a monja:
religiosa non casta es podrida toronja.>>
<
el omne que vos ama nunca lo esquivedes;
todas las otras temen eso que vós temedes:
el miedo de las liebres las monjas lo avedes.
38
Os planetas se desprazan con lentitude entre as estrelas seguindo patróns que se repiten ao longo de meses ou anos. Os dous planeta inferiores (Mercurio e Venus) siguen órbitas ao redor do Sol interiores á da Terra, mentres que os seis superiores (de Marte a Plutón) distan do Sol máis que a Terra. Esta diferencia determina cómo se move cada planeta ao longo da súa aparición ou periódo de visibilidade.
Mercurio (ou Venus) aparece ao principio moi baixo no horizonte occidental tras a posta de Sol. Día tras día se mostra máis alto e ofrece a mellor visibilidade na súa máxima elongación oriental. Logo pasa entre a Terra e o Sol (na súa conxunción inferior) e pasa o ceo matutino, onde ofrece outra vez a súa mellor visibilidade na máxima elongación occidental. A continuación se despraza ata o outro lado do Sol e alcanza a conxunción superior, onde comeza un novo ciclo.
A aparición dun planeta superior comeza cando se ve baixo cara o este antes da saída do Sol. Día tras día o planeta sae máis cedo ata aparecer na posta do Sol, un momento denominado oposición que sinala o punto de mellor visibilidade. Posteriormente, o planeta empeza porse cada vez antes tras o ocaso ata que termina por desaparecer no resplandor do Sol. O proceso empeza de novo cando o planeta volve emerxer antes da alba.
Os telescopios adecuados para a observación planetaria necesitan monturas sólidas e ópticas de gran calidade. A maioría dos observadores usa 200 aumentos ou menos, debido á turbulencia atmosférica. Tamén resultan útiles os filtros de cores, que realzan rasgos específicos nos discos planetarios.
39
mentirijillas
40
e ademais, a parte de perder o xuízo por meu amor, non quererá vostede que o recupere (co mal que se pasa sendo xuizosos), iríame ao terreo do divertimento se puidese ter a seguridade de que se respectarían as miñas condicións psíquicas (tal vez sexa isto o divertido) e esa “selva” chea de “fauna” non rematase tirándose os bártulos á cachola e ao que collan por diante; poriso só me poría diante se soubera ao que aterme, porque esta xente non é de fiar; estábamos mirando de facer un mellor mundo posible, pero eles van ao Junior´s, e parece que van a Eton, e un palpa nos seus ollos esa seveira instrucción que non pregunta, que é igualiña ao cuspe de Caster e ao seu modo de tratar aos indíxenas, alugan os chalés alá en Sanxenxo e se consideran así mesmo o máis desenvolvido deste País (incluidos Lugo e Ourense –anque llos teñan entregado a Cacharro e Baltar), as constantes específicas polas que este País é País non llas debemos aínda a eles, senón a esa forza de traballo máis miúda que, sen chistar, cumpre, e se divirte como pode e sabe, deformada a mirada pola forma que os MASS MEDIA teñen de observarnos, sempre baseados no éxito, que, como ven saben ven de exitus, lugar por onde se sae, exitus ab urbe, a saída da cidade, tamén: fin, remate, xeito de rematar, exitus oppugnationis, a fin do cerco, exitus vitae, a fin da vida, rei exitum imponere, pór remate a algo, adducere, ducere aliquid ad exitum, levar algo a cabo, incerto exitu victoriae: sendo incerto o resultado da victoria
por ónde se sae, por ónde, porqué acaso ese mundo que é saída só (ou axúdase), acaso as tenras aveciñas do bosque non viven como lles prace?, cómo sempre chorándonos se son o que son imposible ser outra cousa, traballarse, cultivarse, de maneira que as cousas poidan ser como as soñas, ou pensas, se soños e pensamentos son as mesmas cousas, se pensar e soñar equivale a ter un mañá válido, tamén para outros
41
non lle gusta á muller do notario o meu pantalón vermello? Eu non sei a sorte que correu (o marido, que era o que estaba a operarse do corazón) pero aínda levo no pensamento esa prontitude cadavérica e falta de simpatía na muller máis simpática do mundo, tamén se preocupa por cómo morremos, e a vida parece cousa de nenos e non paga a pena preguntarse porqué vivimos, temos esa sorte,
se lle buscas tres pés ao gato tal vez as respostas sexan sorprendentes, non exentas dese humor ácido que nos demostran as xentes cultivadas destes territorios sobre os posibles límites dos nosos coñecementos, que (supoño que por oposición) teñen a ben medir,
este reto implica ter polo menos a conciencia limpa, cousa difícil, sentamos xa hai anos na balanza e fumos cacheados ata o exangüe, exhaustivamente, pasando a proba aínda e os subterfuxios da lei que nos obrigou comparecer ante diante de tan alto tribunal (os delictos eran relixiosos) (tiven coidado de taparme as espaldas pois os penais eran (son) outra cousa)
,,,,,;;;;,,,,,;;;;;;;,,,,,,,;;;;;;;,,,,,,;;;;;;;;;,,,,,,,,;;;;;;;,,,,,,;;;;;;,,,
alá, na memoria, cando vivía noutras condicións con outras necesidades, alguén dixo que eran fontes puras, que o meu enxebrismo podería ser posto en dúbida se o deturpase con necesidades idiomáticas doutros lugares descoñecidos que non tiveran oído falar da miña vida, e que a miña vida non sería sostible se o caudal de experiencias que tería acumulado non servisen máis que para fardar diante de vostedes ou facer florituras cos seus intereses e esperanzas, pero iso é farto difícil, a percepción chega mirar polas rendixas que o Tempo puxo nos grosos muros da nosa casa e ás veces, si, vemos algo, algo que cautiva e dilucida, e é dilucidar cuestións que inventadas ou non, existentes ou non, só poden ser ese puro entretemento que coido tanto eu como os que están aí necesitamos, abocados a un pensamento vertical piramidoso, nada, obxecto de controversias cando vaiamos de volta xantar o polbo
42
AfGPN"S¨”â³ ËçºÞŒ†p˜äUÄ
Acordas cando a Terra Prometida era un lugar para as oportunidades e violentísima? Era ademais un lugar acariciado, vital, que puña os pelos de punta. O ideal aquel que manexou durante douscentos anos ridiculizou o sóviet, despois dun brillantísimo triunfo sobre o réxime nazi, que todavía celebramos, e volveu conseguir a victoria noutra loita máis incomprensible todavía, sobre un réxime que adorábamos, porque eran os soños dunha humanidade máis grande, outra humanidade, que non souberon comprender, alá cando se repartiron o mundo, en Ialta, Roosvelt, Churchill e Stalin estiveron de acordo en manter ese esquema narrativo ata onde aguantara, ou por onde tronzara, pola póla máis débil tal vez, ou a menos ambiciosa, e se nos humideceron ata as pálpebras mentres acariciábamos outra clase de triunfo, nada que ver con nacionalismos nin explotacións, soñábamos ser xustos, e o mundo en guerra, e aquela violencia descubriuse agora con outra mortal necesidade, a de dominar o mundo, tal e como lle achacaban (incluso aos nazis?) (dos que copian?), e o sóviet (Ingland sempre tivo unha raiña) o sóviet, quizais, mirando que iso ía ser máis horrible que o rexime contra quen tamén loitou, pois o sóviet desapareceu e foi parar ás catacumbas, quizais intuíndo que a humanidade, pola que nacera, se desfaría inútil violenta e cruelmente contra si mesma, quizais nin escoitando as voces que claman (no deserto?) e as chamadas ao orde e á prudencia, américa naceu como país hai douscentos anos e sigue a ser aquel país que admiramos (berce dos patriotismos liberadores) pero non deixa de ser un país outro, xigante, o que se queira, pero un país xa obsoleto, e a pinza que fai sobre (coa axuda da Ingland) a hexemonía mundial sóanos como aos desexos daquel cabo con bigote, fora de lugar e tempo, insolidaria co ritmo que os países da Terra quixeron para con todos nós que a habitamos e atenta só á súa ansia de acaparación e desenvolvemento; na guerra de cuba, a democracia máis poderosa da historia da humanidade,cun poder de destrucción mil veces máis poderoso que mil terras xuntas volveran crearse no universo, avanzou cara o que hoxe é, algo que domina o orde pero que á súa vez é causa do desorde, cun problema específico de envergadura tal como se plantexar ese orde que trata de impór dunha maneira na que a Terra se sinta Planeta por primeira vez na súa longuísima Historia, sente que está cerca, pero que non o amarra, e esa delgada liña roxa tal vez queira tratar de chantaxearnos, obrigarnos ás súas regras como se elas fosen as únicas, como se os demais países non puideran medir os ámbitos dos seus desenvolvementos e tiveran que ser maniatados polo motor económico norteamericano, e esa outra guerra, a de hoxe mesmo, (é unha guerra, ¿non?) (outra)
os ámbitos revolucionarios de 1848
tamén podemos intuir que esa tremenda e xigantesca batalla planetaria ten os pés de barro (tal vez sexa a nosa esperanza)
Son catro conferencias: Norte, Sur, Este, Oeste. A coupe é ser Champion of the World
pero os Continentes son cinco, ou seis, ou sete, ou oito se contamos o universo como veta a explotar
os números simples acordan a harmonía cando a harmonía cadra co número
pero o número é unha sorte de combinacións infinitas
e (teno por seguro, amigo meu) ao infinito aínda non hai mente humana que o saiba aprisionar
as ambicións terán que chocar tarde ou cedo coas verdadeiras dimensións dos problemas, como nunha escala de grises e negros ou unhas emisións degradadas dos espectros de cor que emitan os ecos naturais (e escuros) do movemento da terra
e haberá que sincronizar terra e traballo
opción e o que haxa
recursos e necesidades
tarefa esencial dunha ONU que xa nos goberne
á que lle hai que entregar o verdadeiro poder
á que hai que desenterrar da súa postracción e enaltecela ata o extremo de ser a única forma de goberno mundial recoñecida
democratizándoa ata onde alcance o interese do Globo conforme a unhas leis de protocolos que nos sirvan para respectarnos e alonxar en séculos ou definitivamente os fantasmas que impiden nos ver como irmáns nesta sóa e inmensa burbulla de aire
@©®Œ™¾≈¥∞‰Þ}{-¬¤£¢Ð±µ¶π∏∆›Ž*˝ýðׯ§ƒ³\][
43
O QUIXOTE NO MUNDO: (hEnrieTte PaЯtzch –UniVersité de GeNèVe): en 2002, cen escritores elixiron nunha enquisa organizada polo comité do premio Nobel as cen mellores obras da literatura universal. O Enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha encabezou a lista. Este dato confirma a continua presenza do Quixote en tanto texto literario: como poucas obras o Quixote se le, pois, a partir do momento da súa publicación ata hoxe practicamente sen interrupción, dende culturas e perspectivas moi distintas entre seu. Os procesos de recepción e as interpretacións correspondentes forman parte da nosa imaxe da novela; é máis, a enriquecen e dan fe da súa reinvención por outros lectores, con outras ideas e preocupacións, levándoa cara un futuro que –forzosamente-descoñecemos. Nembargo, os ata agora catro séculos da traducción da obra dannos algunhas claves para entender o que só se pode describir como a historia dunha fascinación.
Don Quixote converteuse nun éxito instantáneo co público español. A súa popularidade tamén se irradia rapidamente cara outros países, o que se reflexa na Segunda Parte no seguinte comentario do bachaler Sansón Carrasco: <<[Y] a mí se me trasluce que no ha de haber nación donde no se traduzga>>(II, cap.1). en 1615 esas palabras representan unha esaxeración cómica, xa que naquel momento só contamos coas traduccións ao inglés (Thomas Shelton, 1612) e francés (César Oudin, 1614) da Primeira Parte. En 1622 aparecerá a primeira versión italiana, do lexicógrafo e profesor de español Lourenzo Franciosini; en 1648 unha versión moi reducida da Primeira Parte en alemán, de <
O Quixote sae nun momento moi propicio para a súa recepción europea: o Estado español non somentes dominaba a paisaxe política, tamén a súa cultura e literatura espertaban un vivo interese. Outro elemento que lle permitía ao público conectar co Quixote era o tema cabaleiresco. Os libros de cabaleirías non eran un fenómeno exclusivamente español, senón que se lían avidamente en toda Europa. Proporcionaban modelos de autorrepresentación para os reis e os círculos cortesáns, obsesionados coa súa posta en escena. Non extraña, pois, que a primeira traducción francesa do Quixote xurdira no ámbito da corte francesa. Aparentemente a nobreza non vía os aspectos críticos e satíricos do Quixote como un inconvinte. O enxeñoso fidalgo, só ou en compañía de Sancho e outras persoaxes, entretiña pois aos curiosos que acudían ás festas cortesás e universitarias en ambos lados do Atlántico.
O contexto da primeira de todas as traduccións do Quixote, a versión inglesa de Shelton, diferénciase de maneira radical dese mundo de poder e diñeiro. Thomas Shelton, un irlandés católico, escribiu The History of the Valorous and Wittie Knight-Errant, Don Quixote of the Mancha dende o seu exilio en Bruxelas. A súa traducción se alonxa da lectura unidimensional da novela como farsa, dominante naquel momento e quizais mellor representada pola fragmentaria versión alemá, que converte as descripcións cervantinas en caricaturas grotescas e xoga cos significados e sonidos dos nomes propios.
A aparición tardía da primeira versión en neerlandés se pode atribuir ao peso da súa veciña Francia, sen olvidar a relación difícil entre os españois e o país protestante. Con elo se anuncia xa un cambio fundamental na paisaxe cultural europea: a transformación de Francia no modelo dominante en Europa. O prestixio do francés en todo o continente consigue a transformación parcial do Quixote nun texto francés, o que dá pé ao fenómeno de traduccións de segunda man e a aparición de edicións francesas do Quixote fóra de Francia. Así, por exemplo as versións alemás de 1682/83 (Basilea/Francfort) e 1734 (Leipzig) son traduccións e reelaboracións do Quixote de Filleau de Saint-Martin (París 1678), quen escribe en función dun público contemporáneo co obxectivo de mellorar o texto orixinal. Ese plantexamento non só o leva buscar equivalencias francesas para os refráns españois, senón que o induce tamén a curtar todo o que considera disgresións, a ampliar o texto para conseguir un maior despregue retórico e a limar todo o que puidera pecar contra o decoro. O máis sorprendente é, nembargo, que cambiara os últimos dous capítulos da Segunda Parte, de forma que don Quixote non morre, o que permite a publicación dunha terceira parte (1695), atribuida a Saint-Martin.
A versión de Saint-Martin coa súa mestura de admiración, crítica e sentido comercial dá unha mostra da actitude dos ilustrados ante o Quixote. Os intelectuais renden homenaxe ao espírito satírico da obra, pero tamén destacan imperfeccións do texto. Fronte á primeira apreciación do Quixote de Cervantes como novela de humor burlesco encontramos durante a Ilustración un forte desliz do interese cara o potencial moralizador da sátira. Non extraña, pois, que o Quixote non somentes sirva como modelo á hora de ridiculizar as obsesións de todo tipo, senón que tamén se considere un remedio eficaz contra os efectos perniciosos das obras de ficción. Ese impulso didáctico encontrará unha prolongación a partir do século XIX baixo a forma de adaptacións xuvenís.
Ao longo do século XVIII hai cada vez máis voces que detectan no Cabaleiro da Triste Figura aspectos nobres e entenrecedores. A mirada da sátira se despraza da persoaxe quixotesca cara o mundo e o mesmo lector. A admiración incondicional por Cervantes incluso incentivará ao pastor protestante John Bowle a editar a primeira edición española anotada da novela (Salisbury, 1781).
A nova lectura do Quixote non se limita aos confíns das illas británicas. Irrádiase cara o continente e encontra sobre todo en Alemaña unha recepción aberta. Cos románticos, ese cambio de actitude paulatino ante o Quixote chega ao seu punto culminante. Para eles, os efectos da sátira se disolven, e o que permañece é o cabaleiro idealista que choca cun mundo inxusto e prosaico. Coa súa mestura de prosa e poesía, idealismo e ironía, acción, autorreflexividade e disgresións o Quixote se converte nun punto de partida da novela romántica: un texto total, ao mesmo tempo fragmentario e inacabable. Todo elo se reflexa na versión de Ludwig Tieck (1799-1800). O poeta alemán respecta o conxunto da obra, pero a súa prioridade é recrear o ritmo e sonido da linguaxe de Cervantes. A partir dese momento o Quixote é unha peza esencial do pensamento romántico, cuxas pautas dominarán durante case dous séculos tanto a interpretación da obra e o seu heroe.
A partir da segunda metade do século XVIII o número de linguas ás que se traduce a novela empeza aumentar cada vez máis rapidamente, incluíndo idiomas con poucos falantes, algúns con tradicións literarias ameazadas ou pouco desenvolvidas e culturas cuxas élites xa tiñan acceso ao texto porque solían ler noutras linguas europeas. Moitos dos países no norte, o centro e o este de Europa tiñan nese momento pouco intercambio directo con España. Non extraña, pois, que volvamos encontrar o fenómeno das traduccións de segunda man, cunha versión francesa que encabezará a lista dos textos de saída: a adaptación de Jean-Pierre Claris Florian (1755-1794) de 1799. Florian non abandona as prácticas dos escritores dezaoitescos, adaptando e cambiando o texto orixinal ao seu aire, sempre en busca da elegancia. Cando os lectores ao longo do século XIX se refiren a Cervantes e ao Quixote, moitos deles están pensando en Florian, en versión orixinal ou traducido. O caso danés, cunha esmerada versión completa feita a partir do orixinal español como primeira traducción (Ch. D. Biehl, Copenhague 1776-1777) representa, pois, unha excepción nesa etapa da recepción do Quixote. Máis típico é o desenvolvemento que se dá en Suecia. Aí aparece primeiro a traducción anónima dun fragmento da novela. En 1802 temos unha primeira versión baseada en Florian. Só en 1818-1819 se publica unha traducción completa, feita a partir da edición da Real Academia Española de 1780. Esta vez o traductor é un poeta, novelista e traductor coñecido, J. M. Stiernstolpe. Con elo, damos outra constante na recepción e traducción do Quixote: a obra de Cervantes é unha das lecturas predilecta dos escritores, así que encontramos ao lado de obras inspiradas na novela tamén traduccións firmadas por novelistas e poetas.
Moitas veces as versións en linguas europeas politicamente desaventaxadas cadran coa conciencia nacionalista dun pobo, a loita pola independencia ou nunha primeira fase da mesma. No caso do checo vese moi clara a función do Quixote e outras traduccións cervantinas no intento de construir unha literatura nacional. Aparecen ao inicio da literatura checa moderna, no momento da recuperación consciente desa lingua eslava. Como en Noruega, Finlandia e os Balcáns, tamén na parte de Bohemia do imperio austríaco o texto do Quixote estaba xa accesible noutros idiomas presentes na sociedade, como o alemán, o francés e o italiano. Por conseguinte, as primeiras versións checas da década de 1860 parecen responder a unha motivación complexa: se trata tanto de alcanzar capas menos cultas e de formar un público para textos na lingua vernácula como de reinvidicar un lugar nun mundo político en transformación, enriquecendo ao mesmo tempo a propia lingua mediante a actividade traductora.
É curioso observar cómo a interpretación romántica do Quixote lles permite aos lectores máis variados identificarse cos protagonistas da novela e incluso levar esa identificación a un nivel que trascende o individual. As meditacións da Xeración do 98 que parten do Quixote non forman, pois, un feito illado. Tamén os lectores xudeus da Europa Oriental identificaban o seu destino colectivo con don Quixote, aos lectores rusos do século XIX o fidalgo manchego lles proporcionou claves para reflexionar sobre a situación do seu país, e os armenios se consideraban o <
A recepción do Quixote fóra de Europa empezou xa en 1606, coa venda dunha parte considerable da primeira edición en Lima. O envío de libros a América continuará durante séculos. Somentes a partir de 1833 (México) o Quixote se imprime tamén en Hispanoamérica, tres anos máis tarde en Estados Unidos. A primeira edición sudamericana sae en 1880 da Imprenta da Colonia Española de Montevideo. Non temos noticias de traduccións a linguas indíxenas.
Para a chegada da novela de Cervantes a Asia a aportación española carece de importancia, a pesar da longa historia colonial de Filipinas. Naquela zona son sobre todo os británicos os que levan consigo as aventuras do fidalgo manchego, ao fin e ao cabo trátase dunha das súas novelas preferidas.
Na India do século XIX se establecen periódicos en urdu que se converten tamén nun medio de divulgación da literatura occidental traducida. Entre os textos traducidos encontramos, entre obras maiormente inglesas, o Quixote, recreado polo escritor Ratan Nãth Sarshãr e publicado en 1894 baixo o título O soldado de Deus. En opinión dalgúns críticos, a obra orixinal de Sarshar mostra unha clara influencia do Quixote.
O interese deste autor indio polo Cabaleiro da Triste Figura non é un caso illado, como testemuñan versións noutras das numerosas linguas do subcontinente, o guxarati (Bombai, h. 1880; 41 capítulos da Primeira Parte); o indostaní (Lucknow, 1883; probablemente unha adaptación) e o bengalí (Calcuta, 1987). A partir dese momento se seguirán as versións adaptadas en linguas como o hindi, marathi, telugu, tamil, oriia, malaialam e kannada. O Quixote se converte así nun nome familiar para o público letrado do país, anque somentes unha minoría moi pequena le a obra de Cervantes na súa versión completa, sexa en inglés ou nas traduccións ao hindi, realizada por Chavinath Pandey a partir do inglés e publicada en 1964, ou ao guxarati (1964, do hindi).
Xapón, Corea e China coñeceron o Quixote despois da forzada apertura cara o mundo occidental. Como reacción á nova situación política, Xapón iniciou en 1868 un proceso de reformas extensas; é o momento no que aparece o nome de Cervantes por primeira vez nese país de Extremo Oriente. En 1885 publicouse o que se consideraba unha parte do Quixote do autor francés Cervantes; en realidade tratábase da novela exemplar O casamento enganoso. Pero xa en 1887 saíu unha versión fragmentaria da Primeira Parte, feita a partir do inglés. En 1915 presentou-se ao público a primeira traducción completa no marco dun proxecto que incentivou a traducción das obras máis importantes da literatura universal. Hoxe en día, os lectores xaponeses poden escoller entre as distintas traduccións do Quixote, feitas a partir do orixinal; tamén dispoñen de versións das demais obras de Cervantes.
En China, a primeira versión publicouse en 1922 como Biografía dun espadachín cabaleiresco máxico, unha traducción indirecta da Primeira Parte. O final das guerras civís en China cadra cun auxe de traduccións cervantinas, interrompido brutalmente pola chamada Revolución cultural. Só despois da morte de Mao (1976) e a reorientación da política, a literatura china reanudou o seu camiño tamén con Cervantes e outros autores extranxeiros. En 1978, a escritora Yang Jiang presentou a primeira traducción completa do Quixote do español ao chino.
A boa documentación sobre a acollida do noso cabaleiro en América e Asia contrasta co que se sabe acerca das súas andanzas en Oceanía e África. Con dous países de forte compoñente anglófona, Australia e Nova Zelanda, é de supór que tamén alí provoque o <
O caso de África é parecido. Existen traduccións árabes, e as antigas colonias dispoñen das edicións europeas nas linguas coloniais respectivas, pero non dispomos de información acerca de versións en linguas africanas nin acerca dunha posible recepción da obra na literatura do continente negro.
Non é posible esbozar un panorama das traduccións do Quixote sen deterse nas importantes aportacións que se deben ao entusiasmo de algúns homes e mulleres pola novela: se trata sobre todo dos coleccionistas a quen lles interesa todo o que teña unha relación co obxecto da súa paixón. Son os bibliófilos dos séculos XIX e XX, como Leopoldo Rius ou os Juan Suñé, pai e fillo, cuxas investigacións bibliográficas forman a base de todo panorama de conxunto, incluido o presente. Un dos máis curiosos entre todos eles foi o cervantista Carl T. Keller. Ademais de coleccionar edicións, encargou durante os anos 30 do século XX versións en linguas como o cachemira (trátase da primeira traducción dunha obra literaria occidental a esta lingua), o tibetano, o sánscrito e o islandés.
Durante os 400 anos da súa existencia, o Cabaleiro da Triste Figura e o seu escudeiro se converteron nunha presenza indeleble en moitas literaturas do mundo. Parece que estamos entrando noutro ciclo de traduccións, dándonos o Quixote da nosa época. En Francia Éditions de la Pléiade recolleu unha nova traducción, preparada por Claude Allaigre, Jean Canavaggio e Micher Moner en 2002 no seu catálogo; somentes cinco anos antes saíra a aclamada versión de Aline Schulman. A versión alemá de Susanne Lang foi galardoada en 2003 co premio de traducción de Zug, e no mundo anglosaxón o novo Quixote de Edith Grossman, prologado por Harald Bloom, causou sensación entre críticos e lectores. Para o ano 2005 está previsto a publicación da Primeira Parte en tailandés. A pesar de todo, pois, non lle faltaba razón a Filleau de Saint-Martin: é inconcebible que don Quixote morra.
22222222222222222222222
444
perdóame señor, se é que existes, perdoa polos xuros que cometín, polos que cometerei de agora´n´díante, polos que penso podería cometer e sobre os que ninguén descubriría, ponme ti ao alcance a Túa Sublime Sabiduría, faime rogar, chorar, sentir, non permitas que esta casa se afunda nese abismo ao que parece estar abocada, aquí, nestas 16.000 habitacións non hai xa un alma vivinte, aquí, nin cerca nin lonxe, non existe persoa ningunha á que se lle poida dirixir a palabra para sentar as bases dun posible arranxo dunha autodestrucción que eu non comecei, sobre a que xa non me quedan dúbidas será imparable, e, mirando para alá máis adiante, onde tampouco pode ver nada, esta urbe tan limpa e tan patrimonio, do que se ten un que sentir orgulloso, non ten... unha man amiga, unha oficina onde levar os teus asuntos máis sinxelos, os que de pedilos terían que traer consigo unha serenísima seguridade, cousa que, polo visto, só ocorre na mente destas mentes ingratas que se enfrontan a uns dilemas non creados por eles como se estiveran vivindo no principio dos tempos ( e fanse leis, leis, e ningunha está ao alcance) perdoa deusseñor se choro por min ou por calquera , se me deras unha espada e un inimigo a bater sabería a que aterme, pero así, ir esmorecendo, mentres todo arredor xira francamente, sen un atisbo de piedade, só mirando triunfar, ser máis listos que ninguén, arrastrarte incluso de forma colateral ás t
úas maneiras de entenderte co que che quede de pensamento e co que traballes , non , deus, tampouco voute acusarte, tampouco as forzas alcanzan para saber se ti es ou non culpable (supoño que terás unha oficina encargada destes asuntos) (supoño que a paciencia está por vir e que o único ao que lle podo gañar é á desesperación) virán máis adiante historias, pero o meu inimigo común non dá o seu brazo a torcer e a min non me queda máis remedio ca escoitar como vive irmandado á fortuna e que eses fados que propician a súa abundancia son asi mesmo os que a min me colocan no pozo negro
FGHIJKLMNOPQRSTUEDBCA@?>=<7
666
aquí te deixo mamá ires con papá parto a busca dos meus cadrullos de pan cegado pola luz
aquí te deixo irmán parto cos meus rumbos desfeitos ir polo que me dea de comer cegado pola luz
métome dentro todo está fóra e porén non está
cegado pola luz
todo está aquí e porén non está
cegado pola luz
cos homes deuses donos absolutos do que teñen
cos nenos homes indo para deuses
cos deuses bobos sen preguntas
oh si, cegado pola luz
ata onde chegues chegarei irmán
e estarei cegado pola luz
si, cegado pola luz
de qué árbore comerei?
onde atoparei a paz?
a quen lle debo que a perdera???’’??’’’?
777
raíz amargue do saber non recompensado, quen puidera namorala, quen puidera namorala,
cantou así brevemente Uxía nos meus oídos, coa vez máis regalada que un puidera ter escoitado, e as penas se me ían, o vaso de ron secábame a boca cada mañá e a lingua carrasposa apenas me deixa articular palabra, son máis rápido escribindo que falando, e tamén máis feliz, pois así non reboto con nadie, pois así as xentes que me multan por falalo abertamente non saben que así tamén me desquito, e que ao papel en branco pódolle dicir o que non me atrevería dicirlle as persoas, ¡que mala xente hai no mundo!, qué?, ¿onde viu vostede que aquí teñamos avanzado con respecto a aquel terrorista gobernador boneca matruscha, eco irrepetible dun tempo que pasou aí fóra onde os condeados só se podían entender cos demais a espaldas aos réximes que os alimentaba, galego, meu, ¿dímonos conta dos sacrificios que tivemos que facer tendo a todos os gobernos en contra?
E gobernadores deputados alcaldes señoritos curas pedáneos matóns e makarras veciños e empresarios putas e nós mesmos
Radios televisións periódicos revistas
Impostos e facendas
Nós, o pobo perseguido
X
888
Xan, dito señor feito a si mesmo na gran fábrica do amo, agochado na reserva á espera de dar o pau ao que considere denigrante, pasa (o amo-mao) por diversas incomodidades que lle fan a Xan ser como é, é dicir: divertido e señorito, señorito ao estilo de Gracita Morales ou, como unha vez me contaron, moito máis piolloso e molesto. Unha vez a unha amiga miña que contrataron para os labores domésticos puxéronlle na cláusula utilizar o uniforme baseándose en que a diferencia existente entre xente de alcurnia e dona nadie daba para o mangoneo, e quixeron facela militar, sábados e domingos inclusive, sen merendas, cando outros invitados viñeren visitar tanta potencia, con mandiles e coifas de bordados pagados do seu propio peto según deseño da dona emperatriz do marido imperio, regras de ora et labora según criterios inventados ao respecto, graves e onerosos silencios, improvisación sobre a marcha e consellas sapientísimas sobre os esforzos (según citas); tamén valía non pagar moito (non chegaba ao razoable e había dúbidas de estafar ou non estafar a facenda, según valía, houbo outras que nin firmaran, eran funcionarios da xunta, altos); Xan, risas en La Habana xunto a Bibiana Fernández, amaba esas cousas do entendemento entre sexos, non saberíamos dicir porqué era cousa da súa acepción ou da súa opción, o caso é que o neno saíunos da outra aceira. Explicara rabiosamente que todo o que quería dicir quedaba dito, e que explicaba así esas cousas do saber porque as matemáticas ou a física non eran propicias para espallarse en materia. Os nenos sabían (os que estaban pola casamatando o tempo), que tarde o cedo lles podía tocar a eles, e puñan o oído convincentemente, pero máis nada. Deles pouco poderíamos esperar, salvo que os alimentáramos, cousa xa emporsi, complicada. Eu facía nese momento parella de Eme Lúas, á que xa lle tiña feito as beiras que fixeron falta, e me nomearan, na vila na que vivía, O Tenente. Rochamor xa vivira (non sabía se tal vez habería que facelo de novo) coa súa Prudencia Abraldes, e tivera como resultado un morto: o propio pai dun, pero non era óbice para seguir vivindo. Un plantexouse a vida despois dicíndose que algún día tal vez tamén sufrirá esa sorte, e consolábase pensando e facendo cálculos sobre cántos mortos puido haber na Terra dende que a Terra era Terra, ou dende que temos noticias de que os homes morren (a causa tal vez doutros homes). Consolábase contando que o máximo de poboación que alcanzaba a Terra non sobrepasara dos cen millóns en cen mil anos, e que as cifras estas das superpoboacións só existen dende o século XIX en diante, polo que... uf!, un matemático, please... podería calcular o número de habitantes que tivo a Terra dende que hai constancia de que o Home existe? e os que haxa no futuro ata o comezo do cambio climático no que se reduciría? non, ben, os aztecas facían cálculos de idades en ciclos de 20.000 anos, coido, e non o facían mal posto que aos descubridores españois, deuses caídos de oriente, os calcularon exactamente polas datas no que o seu declive... fixo aparecer a uns homes barbudos e sen lavar en fráxiles cascas de noz mudando para (outros vinte mil anos?) o seu ciclo evolutivo (e iso que facían sacrificios humanos) (que non lles importaba deitar o sangue que fose con tal de permañecer no poder a costa da supersticción dos seus pobos) (poriso son republicano federal autónomo) eses emperadores eran todos iguais
Aquela moza era moza miña, e apenas me durou. Amou ao señorito neno un tanto por cento de seu e ao terlle entregado parte do sangue que antes compartira comigo non sei qué pasou que se converteu a esa extraña secta
A min non me tivese importado facerlle de chulo ou makarra se me explicase cales eran as bases sobre as que plantexaba a súa relación amorosa con tanto altruísto pero o meu cerebro non obedecía non obedecía, e á fin houbo que romper
Sei dela por oídas, e bon, non pasa mal. Xa abandonou a casa. Coido que agora fai oposicións ao Sergas.
zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz
999
Bau mir die Satdt aus Elfenbein,
die Silberflut umschäume! *
Durch´s Tor der Träume zieht man ein...
Bau mir die Stadt aus Elfenbein, ]
die Stadt der Träume!
Die ungebornen Geister auch
degehren ihr Gefilde. )
Erschaffe Welt zu ihrem Brauch,- ü
Die ungebornen Geister auch
begehren Weltgebilde. Y
Auf sieben Hügeln baue sie,
die Silberflut umschäume;
die Elfengeister –Kolonie-
auf sieben Hügeln baue sie, M
die Stadt der Träume!
Christian Morgenstern (1871-1914)
òóôõöòóôõöòóôõöòóôõöòóô
Û
un espazo tempo tiña un espazo tempo escala das miñas inquedanzas escala escada escaleira onde sempre está o galego? axuda o galego nunca está nas escaleiras o galego está de esmorga Otero Pedrayo inventoulle un mago anglófilo Castelao invitouno ir ás Galias as Irmandades eran organizacións jazzísticas de modo de emprego e o telurismo polo que sempre esta Terra estivo condeada ben podía subir á nube e estar con anxos e arcanxos fadas ninfas e cabaliños do demo eu non quero ser porción de nada nin nesta provincia nin na quinta tiña a raíz médica do desespero controlada e o que non había non o había salvo por aí adiante pero para conquerir iso había que saíre por aí adiante eu foi por que quixen non quixen non houbo predemitación estaba predestinado e collín as cousas así aos poucos porque non me apetecía roubar non me apetece nin tan sequera dar o salto acabo de descubrir que un pode ser homosexual con moitas cousas pero non coas mulleres polo que desboto a opción ser homosexual porque me incapacita para facer o amor coa rapaza do outro sexo
qué lles vai doer!:
Tandis que les crachats rouges de la mitraille
Sifflent tout le jour par l´infiniti du ciel bleu;
Qu´écarlates ou verts, près du Roi qui les raille,
Croulent les bataillons en masse dans le feu;
Tandis qu´une folie épouvantable, broie
Et fait de cent milliers d´hommes un tas fumant;
-Pauvres morts! dans l´été, dans l´herbe, dans ta joie,
Nature! ó toi qui fis ces hommes saintement!...
-Il est un Dieu, qui rit aux nappes damassées
Des autels, à l´encens, aux grands calices d´or;
Qui dans le bercement des hosannah s´endort,
Et se réveille, quand des méres, ramassées
Dans l´angoisse, et pleurant sous leur vieux bonnet noir
Lui donnent un gros sou lié dans leur mouchoir!
A.N.
Melucho, esvirillaste sen cesar...
Había unha vez unha muller chamada a fodona que moi gran pracer con moitos homes tiña.
Custaba crelo cando o contaban os amigos porque a súa boca nin siso nin lingua tiña.
Pero eis que un día pasou un cabaleiro con sona de musicano que as traía a todas pola rúa da amargura tan pronto as tiña.
Deu gran casualidade que a muller caera tamén nas súas redes e a fodona foi fodida esta vez sen fama e sen lle ver proveito no que tiña por dereito.
Dona e cabaleiro trenzaron a súa lide en ver cál dos dous resultaba mellor fodedor nisto das lides do amor.
E puxeron un árbitro na disputa que despois non saía de asombro e pena.
Que dicía el que se así o fixera a miña muller non estaría el tal que así, e outrosí, que si el fose de aguante de cabaleiro pedante se vería, que sería el mellor.
Que se as cousas da nobreza só fosen por pasar o rato xa sabía del da cousa un rato.
***************************************************
Por me pór a muller a picha fea
ando eu en moi gran coidado
pois que me cren coitado
por non me dar ren a cona
Que era dun
e anda agora noutrosí
por me ter a min coitado
e con gran coidado
Que eu saiba non lla debe
a gran señor, máis ca senón libra
de home e de treizón,
por terme a min treicioado
Ca había coita sen lóxica
e lóxica sen coita e sen razón
Así que por me pór a muller a picha fea
anda noutros capa e cona
e se esta non é boa
andan así unhas tras outras
buscando picha mellor
que se o palleiro tivese dona
non daría pallas mellor
Estes contos son o resultado dun desafío que me fixen en Barcelona, nun pequeno restaurante do barrio gótico
EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE
Agora ben, as cousas todavía ir a peor. O clima que se respiraba por doquer non era o máis propicio para tentar a sorte de calquera modo. Tiña un que sosterse en bases firmes e agardar, como unha cobaia nunha gaiola, que o investigador trouxera a remolacha ou a leituga. Isto requería un tempo, e unhas condicións. As respotas que a cobaia daba viñan dos impulsos aos que o investigador a sometía. Non sen excesos, as respostas podían resultar convincentes, pero tamén eran o que investigador supuña que lle ía dar a cobaia. O milagre, o milagre, bon, pois, habería que agardalo.
abba
císter ou benedictinos a función laborar e orar ou laborar ou orar non me diga que carece de importancia non me diga que é o mesmo facilitar unhas condicións de traballo ou outras sabendo que o que temos para vivir depende enteiramente de que cómo esteamos asentados, ou vaguemos, xa cousa moi difícil de ver no mundo actual por determinadas circunstancias políticas presentes, así, viva la virgen depende dun traballo estable, o señor pousado tamén, entre estas dúas formas extremas de ver o esforzo humano as variables que acuden a nós non nos deteñen, quizais sexa isto o máis rechamante, que véndose un á hora de establecer unhas pautas entre actividade e descanso, o que ten máis a man enténdese devén dunha relativa prosperidade que actúa de colchón para o menos ao mesmo tempo que lle dá ao máis, xa as conductas propias referentes ao vivir según o que entendamos por vivir dependen claramente dos medios que teñamos dispostos para elo, as conductas morais ou inmorais non se basean na explotación das vontades senón nos comportamentos sexuais de xénero, o que a importancia do traballo queda restrinxida só á producción, equivale dicir que se o esforzo é productivo a conducta queda nun segundo plano e os modos de reinvidicación tamén, pois, ao primar a cantidade sobre a calidade, o que importa non é do qué diaños esteamos feitos, senón do que sexamos capaces de vender, a moralidade desta forma de entender a eficacia non dirime baixo ningún concepto que sexamos como sexamos estemos suxeitos a limitacións corporais ou de saúde ou outras incapacitacións que nos impidan cumprir a raxatáboa co modelo stándar, o que é perigoso, pois o mercado ao ver unha melga na súa cadea productiva non reparará en gastos para substituir esa falta e acomodar ao seguinte á súa capacidade de producción, quedando, o enfermo ou discapacitado, a mercé dos elementos simplemente, o mercado non admite que a función caritativa sexa unha parte importante a xogar co resto da sociedade, o que admite que a relixión adopte esa tarefa dun xeito pouco profundo e a que aínda lle saca réditos, unha esmola é unha esmola, digo eu que aquel príncipe cando recomendaba aos nosos queridos súbditos as tarefas máis nobres da patria tamén estaba pensando en equilibrar os métodos máis drásticos da sobreexplotación coa liberación de pensamento que buscase cómo, na medida na que o mundo puidera ser máis xusto para todos, na medida na que o puidéramos crer e na medida na que o fixéramos
€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€‚ƒ€†
Próxima Unión Eme Lúas&Rochamor:
Ao olmo non se lle poden pedir peras, nin tampouco un deses xoguetes de gama alta tecnolóxica que teña emporseu un mínimo detalle co que estamos vivindo. Descartados ambos logo, Eme Lúas e Rochamor casan. Está ben, está ben. Uns din que tarde, outros que cedo. Nunca falaran tan velozmente sobre o asunto, pero o interese é manifesto. Os problemas derivados da patolóxica lugaril está en albis ao respecto. Son cousas novas que lle ven e sobre as que hai que sacar partida. Tamén se puidera dar o caso que o enlace non se levara a cabo de momento, ata encontrar outra ocasión máis propicia. Xa temos sabido que á hora de plasmar ou dar remate a iso que intuímos somos máis torpes aínda, e que para saír do embrollo necesitaríamos espazos máis libres e máis solitarios (fala Rochamor), onde as testemuñas indiscretas que puidese haber non xogasen en contra (porque Rochamor sabe que o testigo tentará meter a pezuña en asunto tan delicado, que só compete aos dous, de momento). É así, se vas por aí, anque te vexa todo o mundo, permañecerás coa conciencia limpa a sabendas de que iso non molesta, pero cando se trata dun lugar coñecido, no que vives de sempre, a particularidade da cuestión actúa dun xeito repulsivo (cuestión da idade, supoño) que impide ir máis lixeiro, e, eis onde reside a miña torpeza, iso reprime, un xa quer algunha alegría, e non se pode ser claro a todos os momentos, ademais de contar cos gustos da parella, que debera entregarse sen chistar de todas maneiras, pois supomos que estará pasando polo mesmo. Ten tantas verbas o amor que se lle pode chamar de calquera modo, opto eu polo cariño que lle teño a Eme Lúas como lugar propiciatorio para desenvolver todas as facetas que a deusa Venus ten a ben dispór para o conxunto. Eu que sei se son retrógrado, pero, no pouco que levo aprendido, dinme que ande con prudencia, con galanteiría, formas que envolven os apetitos sexuais de siseza e que non deixan falar ao sexo ata que o sexo poida falar libremente. Os máis nestas cousas non hai reparos, salvo os do contrasexo ou o sexo do mesmo xénero. A miña definición sexual apunta a Eme Lúas porque ela ten algo empático comigo superior ao resto, algo que encontro tamén ás veces disperso entre tantas viaxeiras que se achegan a este sitio pero que manexa a vista, como nun xogo-vaiv.én que me di volve a Eme Lúas correndo e bótalle un pó, verbigraza, estamos sós no mundo e o sangue quere sangue e eu xa respondo polo meu. O papel aí de Eme é o da conforme, e iso é bo, non podemos estar sempre rifando, e un par de bicos e unhas caricias a tempo terían que ser a resposta a todo iso que non sabemos explicar doutro xeito, que tampouco queremos explicar doutro xeito. ¡Sapristi!.
Clown
Do que sabía nulha rem nom sei,
polo mundo, que vej´assi andar;
e quand´i cuido, hei log´a cuidar,
per boa fé, o que nunca cuidei:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
Aquesto mundo, par Deus, nom é tal
qual eu vi outro, nom há gram sazom;
e por aquesto, no meu coraçom,
aquel desej´e este quero mal:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E nom receo mia morte por en
e, Deus lo sabe, queria morrer;
ca nom vejo de que haja prazer
nem sei amigo de que diga bem:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E se me a mim Deus quisess´atender,
per boa fé, ữa pouca razom,
eu post´havia no meu coraçom
de nunca jamais nem um bem fazer:
ca vej´agora o que nunca vi
e ouço cousas que nunca oí.
E nom daria rem por viver i
en´este mundo mais do que vivi.
Xa é hora de que aprendamos camiñar sós.
Houbo un lugar no que estábamos presos. Obsesivamente presos, todo o mundo, que as oportunidades se medían según baremos que só servían para atarnos ás xentes que así nos dominaban. Confeso que por un trozo de ceo (haxa ou non haxa compaña feminina) sería capaz de ler ata máis alá de Orión, e que esas oportunidades que antes nos encadeaban (como persoa e pobo) xa nos encadean, e hai resquicios, cada vez máis numerosos, polos que sacar a cabeza e camiñar con ela erguida moi alta. A forza de dicir que non a todo o que nos ofrecían e escoller só o que nos ía favorecer, agora estamos onde estamos, e xa non nos pesan nin as arrugas, amamos, loablemente o mundo que nos pertence por dereito, e polo que somos capaces de morrer se o quixeran volver torcer.
Recursos do idioma que deben ser satisfeitos e sobre os que non é posible reclamar débeda:
Un pertence a un ámbito idiomático que enriqueceu con aportacións diversas de distintas linguas comúns ou foráneas, no que se desenvolve e propicia esta forma de entender a linguaxe da maneira expresa aquí remitida que nos permite ensanchar esas barreiras existentes a priori (xa por lei, xa por malos vezos adquiridos da copia insultante daquela raza que nos dominaba) e que extenden todo o que poden as liñas cognoscitivas dos mecanismos cos que o idioma se establece, se volve sentir unha liberdade sen precedentes no seu uso e sentidos que reclaman dos creadores ou dos falantes de a pé unha concienciación solidaria co que xa nos podemos ir dando os uns aos outros, a menos que queiramos índa afogar de noxo naquelas limitacións expresas tamén e recoñecidas que nos impediron durante tempo alcanzar a nosa verdadeira altura.
Eses trazos que vislumamos alá por onde se coa o que desexamos como pobo deixan ver que a estima que temos sobre nós mesmos nos volve pór no bo camiño, e que Deus regresa a nosco. Querémonos, e ogallá xa nadie nos tumbe. Que os días e anos vindeiros a mala fe desapareza das nosas vidas e o sol resplandeza.
E que vaiamos pondo as primeiras pedras de todo o que ergamos na nosa satisfacción. Quedamos para Seres un pouco máis do que somos, perder o medo, facilitar aos nosos ascendentes o uso do que posuímos de maneira que estes poidan continuar desenvolvendo o que os favoreza, incluso, facilitar os camiños para que a súa independencia logre o que supomos sería lícito, o que sería para nós máis xusto e tolerante, libre e solidario, fraterno e igualitario, tanto social, como económica e politicamente...
>>Entre as obras do home, en cuxo perfeccionamento e embelecemento se emprega lexitimamente a vida humana, a primeira en importancia é, seguramente o home mesmo. Supondo que fora posible construir casas, facer medrar o trigo, gañar batallas, defender causas e ata erixir templos e dicir pregos mecanicamente –por autómatas en forma humana-, sería unha perda considerable cambiar por estes autómatas os mesmos homes e mulleres que habitan actualmente as partes máis civilizadas do mundo e que seguramente son tipos depauperados do que a natureza pode producir e producirá algún día. A natureza humana non é unha máquina que se cosntrúe según un modelo e disposta facer exactamente o traballo que lle sexa prescrito, senón unha árbore que necesita crecer e desenvolverse por todos lados, según as tendencias das súas forzas interiores, que fan del unha cousa viva>>
>?@ABCDEFGHIJKLM>?@ABCDENNNN
ÑÒÓÔÕÖרÙÚÛÜÝïïïïïïïïïïïïïïïïïïï
estourando os sons das bells
mecanicamente o reloxio marca as horas, e as horas son o dominio das cousas que podemos ou non podemos facer; puidérase dicir que o que cabe dentro dun reloxio non son só doce horas, ou vintecatro, senón tempos prolongados de máis ou menos tempo, unha semana, uns meses, tamén anos; e vale tamén a conciencia de crernos en espazos de tempo que non manexamos a cotío, senón con outras frecuencias, tales como o eterno e o infinito, ou a opción do punto de partida, ese big bang ao que se refiren ultimisamamente as revistas de ciencia que pode encontrar simetrías co mesmo inicio dos nosos nacementos, ou os puntos de partida de calquera outra cousa que se nos ocorra iniciar, que, depende case en exclusiva, do que poidamos usar diso que denominamos tempo, e o tempo tamén, medida inmemorial ou división parcial dos nosos quefaceres, tamén nos procura tantas satisfaccións como enredos, e o que poidamos facer nel. Este ano os fogos de artificio daranse con tempo nubrado; hai un ano radiaban nun ceo despexado, e hai dous chovía a mazo. O tempo visto dende estes tres ángulos na mesma data non é cualitativamente o mesmo. Primeiro por ser tempos pasados sobre os que hai (ou non) un recordo. Segundo porque as circunstancias que nos permiten evaluar un transcurso son evidentemente fáciles de aprezar. O terceiro implica que se o tempo se cuantifica según esteorotipos claramente definidos poden ocorrer dúas cousas: unha, que os trazos nos atrapen e non deixen ver a realidade traseira; ou dous, que si, que si o faga, que sexa a marca de identidade pola que construímos nesa árbore da que falábamos antes todo o edificio social novo, o que implique o movemento, e, polo tanto, o que cuantifique en tempo real o que está aí a disposición noso a través dos séculos, do presente, do pasado ou dun futuro. ¿Pode alguén realmente dicir que é o xusto? Un pode encontrarse con principios, pero tamén pode que siga un camiño onde estes non existan, ou sexan tan pouco atractivos que non se lle dea importancia.
<
Adán e Eva. A serpe partíu o epello en mil anacos, e a mazá foi a pedra.
ЁЂЃЄЅІЇЈЉЊЋЌЎЏАБВГДЕЖЗИЙКЛМНОПРСТУФХЦЧШЩЪЫЬЭЮЯ
אבגדהוזחטיךכלםמןנסעףפץצקרשתװױײ׳״
1111
aquel ano, nada especial ocorrera no bispado, e as súas ilustrísmas ían celebrar a cea de Nadal tendo en conta o especial da numeroloxía do ano. Como non era de nadie o saber qué podería cadrar cos catro uns, encargaron meditalo a un grupo de sacerdotes.párrocos da diócese crendo que a eles chegaría dalgún velliño ou velliña vellos algún recordo que os aconsellara por onde debían tirar a casa pola ventana, sabendo que os astrólogos eran da peor calaña e que só servían pra enganar a embustes aos das parroquias. Despois de moita búsqueda, as súas ilustrísimas a través dun dos seus presbíteros, atoparon, nunha casucha profundamente adentrada no monte, un vello que non acordaba a idade que tiña, pero que contaba ter bisnetos xa mozos que gustaban de andar tras as pastoras dispoñibles na comarca. E contaba o vello que el algunha vez fora testemuña especial dun fenómeno que deixara aterrada a toda a comarca enteira, tanto a señores como a vasalos. Tal día do primeiro domingo de cuaresma de hai 50 ou 60 anos, a Terra escurara, ata onde un home podía chegar empregando vinte cabalos en etapas de dez leguas, e que a cristiandade intuía que unha gran calamidade acababa de suceder. Os gritos de desesperación ruxiron en todas as gorxas escoitándose dun lado a outro dos vales, sumindo máis se cabe no horroroso a aquelas pobres mentes débiles que crían profundamente que o día ía acabar mañá. Contaban os avós dos avós dos seus avós, que a comezos do ano 1000, hai tan só 111 anos, as xentes estaban tamén así consumidas por esa terrible desesperación, pero aquela vez non fora un astro, ou unha sombra. Aquela vez os que tiñan o poder da palabra traían mil e unha verbas que conducían inevitablemente á fin do mundo. E, claro, dicía o vello, iso era para asustar ao máis pintado. El sabía que cando acabase o ano e empezase o aninovo a lúa se poría diante do sol, naquelas comarcas, non sabería explicar moi ben cómo, nin cómo un vello anacoreta perdido na metade do bosque podía posuír esa clase de coñecementos, pero o eclipse chegou, despois de agardar o resto do ano, e tirando durante seis meses os monxes sacerdotes a cas pola ventana. Aqueles famentos non volverían ver outras viandas parecidas en 100 anos, e o que máis e o que menos pensaba en cómo sacarlle partido a tanta sorte. Os responsables da diócese, entre os que non había nadie que puidese constatar o que o vello afirmou, sentíronse á vez entusiasmados e feridos. Non lle querían dar o papel de bruxo ao ancián porque bruxos na comarca non había, e se chegaba haber un, a inquietude que isto causaría sería perigoso para o cómo levábase a explotación monacal. Aqueles campesiños viñeran cos monxes hai xa 600 anos, e nunca se moveran de alí. O vello anacoreta explicou que o fenómeno na lúa se produciría tres veces, sen precisar os momentos nin os días, e que isto cadraba coa suma dos anos que transcorreran dende á fin do mundo ata aninovo, no que comezaría outro ano distinto. Serían eses 111 anos xa pasados, 1+1+1=3, e 3 era o número que se daría nas sombras o mundo e os días que necesitou Xesús para resucitar de entre os mortos. Había tamén outro 3, o que formaban a Lúa, o Sol e a Terra, e 3 eran as igrexas que se tiñan levantado arredor da casa nai. Había 3 pontes no río e 3 portas no recinto. E 3 eran as persoas de Deus. E 3 eran Xosé, María e o neno.
Dixo o prior: -¿E todo isto a que ven a conta?.
O vello quedouno mirando como se non lograra entender a pregunta.
Quixo continuar o prior pero non lle viñeron as palabras. Esbozou logo un sorriso a medias e apartou ao seu lugartenente a un lugar onde non os puidera escoitar o vello e díxolle:
-¡Iso que di o vello non se pode consentir que camiñe por aí, ao libre albedrío do Señor!
O seu lugartenente non comprendeu tampouco.
-Eses coñecementos que acabamos de observar son moi difíciles que os fieles os comprendan, polo que, ese mendigo, debeu de ser antes un gran cabaleiro ou tal vez monxe e que anda desa guisa debe ser porque anda proscrito.
O lugartenente seguía sen comprender.
-Se o apreixamos e o condeamos nun xuízo podería resultar o revulsivo que necesitamos para que a diócese se presente como unha sóa persoa e se acaben os pecados que se cometen detrás noso.
Agora o lugartenente comprendía menos.
-Nin tan sequera necesitas comprendelo. Arma a uns homes. Préndeo, e xa me encargarei eu de todo.
Así foi. Ao cabo dunha semana o vello ardía nunha pira e dos seus labios non saíu unha maldición.
A Comarca despois facía todo tipo de conxecturas, sen sacar nada en limpo, o que daba lugar a máis conxecturas. O prior, morto despois duns anos, tampouco explicou cómo adiviñara que aquel home era un perigo para a sociedade, o que, despois da súa morte, serviu para que a xente que alí continuou vivindo recordara que, naquel entón, cando o lume purificador conseguiu unha das súas víctimas, o demo ás veces tamén gaña, dicían que tamén que ás veces se escondía nas mesmas faldras da igrexa da salvación, e facía todo iso para manter vivo, o recordo imperecedoiro da súa inxusta expulsión.
2222
¿Porqué demos Cr´¡ptico lía sempre o periódico e non se facía preguntas a pesar de telas diante?
Porque Cr´¡tico meditaba
¿E en que cousas meditaba Cr´¡ptico?
Non foi ningunha falta
Coñecín moito martiroloxio. Unha vez, lin, alá en Siracusa, un bispo nomeado por Roma sucesor dos Evanxelizadores alá naquelas Terras, o propio apóstolo do Redentor provocara as iras
da poboación con toda clase de artimañas para perecer ás súas
mans como se buscase a condea, para logo así chegar a Cristo, porque naquela época estaba de modé, entre as xentes pudentes que gobernaban o lugar, SER Apóstolo do Señor, e non había casa na Comarca que non dese un fillo a tan loable aspecto
Esa cousa que se chama tamén predicar podería ter en conta xa que a única excusa que queda para romper o celibato e facer partícipe á nosa muller dos nosos pesares, xunto con Deus, tería que ter en conta que Xosé e María exerceron de pais, e que o de ser pai é moi difícil todavía, non hai esquemas
non hai equemas
3333
cada cen anos, cada cen anos un lembra a cachiños como transcorría a vida en cada determinado ano, a través das vicisitudes do aludido, mostra representativa da moeda de cambio, o cristianismo foi innovador, pero tamén estivo asentado no poder durante séculos, e foi inmovilista, non quería que nada mudase, Pol Pot buscou unha forma de volver ao pasado que custou a frioleira de máis de 1.000.000 de mortos, houbo guerras por esas causas que custaron o duplo, tripla, quíntuple, ata o oitentavo, e qué sería manexable na boca de Gandhi, a nivel mundial, bo exemplo a seguir para os anos vindeiros, a repetición por parte dos USA do logro dunha estabilidade global que nos deixe a marca dos 300 anos ou superior, erra en que a aposta que se fai para unir esa vontade en torno a un home só, recorre a aniquilación como posibilidade, e que eses exemplos que rematamos de mencionar foron incuestionablemente acaecidos habendo representantes dun goberno legal comunmente aceptado, e que a aniquilación supuxo a entronización dese xeito de vida que o susodito practicou, xunto cos seus conxéneres, o mesmo estilo de vida, o máis recordado, perigoso, moi perigoso, porque se nos colle no bando equivocado podemos ser unha das súas víctimas
As épocas nas que a Cultura predominaba o mártir era o escritor, posto que o escritor tiña recursos para facer a vida incruenta, axudado ou non (máis calitaria canto máis a axuda era cuantificable, pois os recursos do escritor se multiplicaban)
A súa exénexe podía percibir os latexos vitais viñeran de onde viñeran e pólos no lado da balanza convinte para que a perda fose a menor posible
Nese tipo de taxas, ás veces o convinte é pagar, anque quedemos nos sen un xurelo que levarnos a boca, porque a clase de alimento que un disfruta enche corpo e alma dunha substancia especial
ALELUIAS
un home sicomoro tiña unha vez unha tenda unha tenda de abastos de bo parcial, e a felicidade se lle notaba.
Aquela teoría do bo ladrón
Grazas a que, aínda o contamos, supomos que aqueles plans, que trouxeron ata os nosos oídos a ameaza de asasinato, fracasaron, e que polo tanto a nosa vida se converteu nalgo valioso, Sevilla va a los toros, ¿pezas claves do noso teatro?
A Cidade dos Soños. O Reino de Amidala estaba construído sobre retazos de Bizancio, Roma, Samarkanda, Alma-Ata, A Cidade Prohibida de Beixíng, as inclinacións dos picoutos da Tesalia, partes de Persépole, Damasco e Troia, e Eme Lúas o sabía dende o berce. A Gran Cidade dos Soños onde toda a Humanidade dormía non tiña coordenadas físicas ou terrestres e comprehendía todo o que se sabía do Universo. Dende o simple grao de area simple a operacións matemáticas complexísimas. Dende a máscara do actor á vida diaria na colmena. Estou falando dun sistema. Dun sistema completo de significados e símbolos que transcende o ámbito no que vive para actuar máis alá da súa simple existencia. Un sistema representativo da vida en comunidade impreso nos nosos cerebros como unha cadea de ADN na célula. Poristo A Cidade dos Soños permitía a liberdade de interpretación e as contemplacións máis entusiásticas. Quero dicir que a miña moza só era miña; a tiña realizada; os demos da obstentación ma perderon; foi culpa miña; de ninguén máis. Rochamor, francamente, o único que pedía era vivir en paz. As conclusións debidas aos estados de guerra facían do consello cousa banal, dificilísima de xustificar a pena de morte a pesares de que moitas das grandes potencias mundiais aínda recorrían a ela para eliminar máis prontamente o que definían como aberración. A calidade da vida humana só se podía demostrar se causas como as tristezas e as penas non puxeran o contrapeso na balanza da alegría e todos tivéramos o mesmo sorriso destemperado que só permitía vivir nun lado. Cheguei ao ano 78. Nese ano as cousas que recordo eran así, tal e como as estou vendo. Noutras partes da Terra as circunstancias era tremendas. E sigo chorando. Polos mortos que se foron e polos que van vir. Pola vida que se vai e pola que ven. Polas bandeiras que se levantarán e polas que caeron. Polo mesmo soldado descoñecido indignia de toda a Nosa Consciencia Universal. ¿Ignominia? Para remexer conciencias, anquilosadas nos pozos dos recordos. Unha militante de AMI, nun día aciago, que lembrará pouquísima xente, defendeu o dereito a ser diferentes, con pouquísimos* apoios do presente; algo había máis alá do que existía que quería demostrar, que se movía embaixo da urbe cosmopólitan que medraba a un ritmo vertixinoso sobre todas as extremas do seu posible crecer. ¿Acaso había un límite? ¿Podería vostede cidadán Jacques 2 establecelos? ¿Podería vostede parar agardar polos que viñeren? ¿A cántos deles en verdade coñecería de ben? ¿Acaso eses que viñan vindo non querían disfrutar de todas as comodidades ás que tíñamos xa acceso e ás que xa non poderíamos renunciar?
Todo London foi cazado cos pantalóns baixados
New york madrid el cairo
Todo o planeta está en grave risco
Que non cundaa o pánico
Fillo de xosé: 2Cal é o límite que podes sobrepasar e cal é o que non está permitidos? Qué desexas descendente de Abraham? Pódocho outorgar o mundo?
Hai algún misterio na Terra sen desentrañar?
Que poden dicir os fados sobre o que nos agarda?
E que algunha vez foi seguro o tempo?
fillos de Xoseph: caándo teremos a seguridade que pai nos dá?ou
cando vira ese tempo?
Coas Armas en Ristre:
As regras do Vento:
O 20 de outubro de 1827, en Navarino –Grecia-, unha flota combinada francesa, británica e rusa, librou unhA Batalla contra a flota turca. Foi a última vez que naves impulsadas a vela se enfrontaban nun gran combate e cerrou toda unha era. Os historiadores solen dicir que as primeiras grandes batallas de naves a vela déronse durante os combates da empresa de Inglaterra –a Armada Invencible-, pero non é certo. A primeira vez que dúas grandes flotas de veleiros se viron as caras fixérono en augas das illas Terceiras –As Açores- e foi a flota española, ao mando de don Álvaro de Bazán, un dos seus máis grandes capitáns, a que obtivo a victoria:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::>
Podíamos pensar xuntos que as accións e os actos fosen en senso de buscarnos, non por enfrontarnos, senón para entendernos, que as cousas evidentes que nos afastasen fosen usadas, como o uso da forza que lle dou sentido ao Buda, na práctica para deter os impulsos agresivos do “amigo” abusón e reenvialos ao modo do tesón, operando a súa táctica de vivos reflexos co fin de que a use en beneficio noso::::::::::::::::::::>
Parece a vostede que lle gusta agredir:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::>
::::::::::::::::::::::::> é desiluso
¡por non crer en nada!
T-1323-b (A Semente do Demo)[atopado no arquivo Coelli&Sílex c.1250 a.C.][Menphis]:
Os bandidos (recuncaban os mensaxeiros á Súa Maxestade dos Dous Reinos), asolaran a comarca do Libredom, preto do Río Sagrado. Mataran a homes, mulleres, nenos, animais e plantas. As almas entregadas ao Señor da Morte recibirán oportunamente axuda para residir nos Campos de Ouro do Señor, A Luz. Pero o que máis importa á súa Ilustrísima é o camiño que tomaron eses pillaxeiros. Onde se escondían. De quen reciben o apoio. Se volverán ás andadas. Se os sitios e lugares do Noso Amo poderán baixar a garda e adicarse ás súas faenas sen pensar nun ataque desas alimañas. Buscados os seus refuxios, os mensaxeiros “largáronno” por todas as comarcas, e agora en todas as comarcas onde A Nosa Maxestade manda, saben a que aterse. Proba disto é o acontecido recentemente no lugar de Pershicore. Un sitio recóndito onde habitan preto de 1.000 familias. Os decamisados, facendo acopio dos seus recursos, xuntáranse de novo en bandidaxe, e fixeron os primeiros movementos para atacar as casas máis débiles de defensa, coa axuda de algún que outro forasteiro. Así, incendiaron tres ou catro casais de Londro, e o medo, extendeu rapidamente a voz de aviso, e previdos en tempo, e axudándose mutuamente, se estableceran gardas e vixianza e atalaias. Unha noite, ou unha tarde, ou unha hora calquera do día podía ser a mellor excusa para levarse o triunfo, e a vida e as posesións das desprotexidas familias. A Súa Sublime Forteza foi informada a tempo de que estas cousas nos seus Reinos serían o corrente, por non haber outras loitas ou batallas nas que os seus fillos estiveran embarcados e se atoparan así ociosos, sen nada que facer, só adicados a fastidiarse ++++++++++++++++++++++++++++++++++gardar polos que viñeren? ¿A ca
@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@@
eseseseseseseseseseseseseseseseseseseseseses
porqué che intento vender O Quixote a sabendas de que ti tamén mo vendes?
EL: a fame mete máis medo ca o mar
O LETRADO: É que non sabedes ser ciudadanos.
O LABREGO: Non se pode ser ciudadano onde non hai xustiza.
O BORRACHO: homes!
... pra min cans
todo por oír unha voz de muller
[(hai moitos cachivaches por aí agora que sirven para “iso”)]
as imaxes do eloxio desapareceron das nosas mentes
hai “mucho tío bajeras”
bretaña
as accións insolidarias dos mesmos amigos
as operacións en curso
made in spain
a miña lubricidade a túa sensación de xaqueca hábitos que o español medio nunca abandonará
lindamente
supoño
yo lo tomaré como un cumplido
Daniel:
os acordos que o señor tomaba en cuestións de segundos non eran a razón humana capaz de averiguar asicomasí nin entregaba o Señor o don a mantenta
¼ o Señor bendicira á cidade e a cidade mostrábase con el agradecida
solta en imaxes do barullo as beizóns dos santos milagreiros
puro bosque de pedra
roto en silenzos de verbas
Próxima ruptura do silenzo das verbas:
Vindeira cita: o 25 de Xullo de 2008
Algo que vostede traga en dúas horas
Os esforzos visibles de certo tempo investido
Estes todos pensamentos resúmense en dous:
-O que cura de bo o malhumor
-O malhumor cura con bo humor
¡Quién lo diría! Pan, o vello deus, está encadeado.
Quen loar podia, com´ela querria, a Madre de quen o mundo fez, seria de bon sen
Ben pod´as cousas feas fremosas tornar a que pod´os pecados das almas lavar.
Quen crever na Virgen Santa, ena coita valer-ll-á.
Maldito seja quen non loará a que en si todas bondades á.
¿Por qué te recordo baixo unha choiva de Marzo ao saír da escola? Paxariña das neves te chamaban. Un interno douche a súa rosa. Logo se che caiu a pluma coa que escribo os versos. Tan pequeniña, e ti ¡sen sabelo!
»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»
Tan pequeniña e ti sen sabelo, se me foron os santos todos do ceo
Tan pequeniña e ti sen notalo, se me foron os santos todos a velo
Tan pequeniña e eu pasmarote, se me foron os verbos todos do seo
Agarimábame lenemente no teu colo e sorbía os teus recendos cando estabas próxima
As présas, Lela, non as teñen todas consigo
Notábamos rápido o eléctrico hálito que transpirábamos
A voltaxe era tan endiañada que o efecto atracción-repulsión convertíase en milimétrico
E os poros do noso pel transpiraban
E as suaves partículas de olor
Despois a vista
Detalles que comezábamos aprezar
Oído
As palabras
Os xemidos
Non había medo
‡¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬‡
Paisaxe Bíblico das Areas de Moab:
As xentes extendíanse por espazo de 1 km. dende un extremo a outro, nun ancho de 25 m. a proporción 15-20 persoas o metro. Un rover inglés con voante á esquerda dou rápido a volta ao párking da Praza da Galiza e estivo detido no medio da manifestación uns cuarenta e cinco minutos, cando xa transcorrera a metade e aínda quedaba a outra metade por transcorrer. O señorito inglés comportouse con verdaeira flema británica, pero todavía meditamos cómo foi capaz de non ver que aquelo era unha manifestación xigantesca e tomar as precaucións a ela remitidas. Podería ter ficado no cruce, diante do semáforo; non facía falta ser un lince para ver que aquelo continuaba. Tamén podería estar informado de que á hora na que el (e a muller que ía ao lado) ían sacar o auto, todo Santiago ía estar manifestándose, e que a esas horas o tráfico estaría restrinxido. Pola pinta que tiñan, o hotel no que se tivesen hospedado sería ben de 4-5 estrelas, o luxo no auto así o dicía. O señorito inglés, no té das cinco do día anterior, podería ter lido, anque fose no periódico, que o Día Grande de Santiago era tamén Día de Outras Moitas Grandes Cousas, e tal vez non tivese incordiado, anque, a alegría desbordante de todos aqueles mozos xoves non lle dou en absoluto importancia. Só houbo unha rapaza, supoño da organización, que se ofreceu darlle explicacións e a cousa rematou como eu non tería visto se non tivese estado alí naquel ángulo. O señorito inglés neste caso era o esperpento. O flamante rover non puido maquillar a falta de experiencia do conductor en situacións representativas do clima político aquí restablecido. Quizais bwana pensaría que estaba en África. Alí, sentado no oco que deixou o antigo edificio de Castromil, as cousas vense distintas, porque a carreira asfáltica que comunica un pasillo con outro, unha vía de entrada con outra de saída, é case unha testemuña parca, e as voces que se rouban de aquí e acolá, deste mundo e dos de fóra, nesa inmutable algarabía de xentes e trasegos que sempre foron as urbes, un sentíase como se fose dono de algo, un señor importante no medio de quen é como ti, pouco máis ou menos. E era así porque as xentes tiñan algo nos miolos que as facían parecer máis próximas, máis queribles, cando non se mostraban elas simplemente queribles. E un que estaba costumado buscar iso que agora atopaba pensaba que quizais iso agora non se marcharía nunca. Que a cidade tiña chegado a un punto que facía moi difícil o recordo doutra cidade anterior, excepto para investigadores, expertos ou curiosos; e que iso que ía tirar de nós, sería como un motor ao que habería que alimentar constantemente; podería ser cuestión de vida ou morte coller o carro e írense ata onde fose posible iren, o que, de todos modos, foi polo que optamos. E así, visto xa as primeiras páxinas da folla de ruta, o roteiro tería que ir achegándonos ao que pensamos somos, xa que somos, e como somos, temos que acordarnos delo. Poriso, cántas maiores sexan de amplas as coordenadas a seguir, cánto máis non poderíamos agardar de nós sós, de nós mesmos, de nós, o que éramos, o que podíamos mostrar ser, sen medo, como antes, ao rexeite e xenofobia e neopotismo.
،؛؟ءآأؤإئابةتثجحخدذرزسشصضطظعغـفقكلمنهوىيًٌ
vvvvvvvvvvvvvvvvvvvvv
qué flores temos que respirar qué aromas e fragancias olorosas qué nos traerán os Magos qué cousas pedides necios
♀ĜĝĞğĠġĢģ♠♣♥♦ĜĝĞğĠġĢģ♂ĜĝĞğĠ
♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀♂♀
Era xa o novo espertar
estaba aquí O MAÑÁ
2ª parte:
os tristes píos dos meus dous paxariños facíanme ver que algo pasaba entre eles. Eu limpáballe a gaiola cada día e cada día dáballes o alimento e a auga, pero xa ía un tempo que estaban picados. Fixen conxecturas a ese respecto e a natureza do mandarín australiano tal vez non fose compatible co natural das illas canarias, e así se vixiaban. Non sei tampouco por se un é macho e outro femia, o caso é que xa apareceron varios oviños chocos o que me dá a entender que do problema poden ser daí os tiros. Polo tamaño dos oviños eu diría que a femia e o canario, que ten ese corpo no que só caben ese tamaño de ovos. O mandarín é demasiado pequeno, e debe de facer de macho sen dúbida por outras moitas outras cousas. O caso é que o único que parece piar é el, e que a femia canaria, que cando era única trinaba que daba gusto, ficou case muda, cousa que atribuíamos á muda da pluma, pero que veu confirmar que si, que se volvera muda de súpeto, ou bota de menos a presencia constante do meu pai e os cariños que lle facía, coido que pode ser moi ben que note a súa ausencia, como a noto eu, como a nota a miña nai e a miña irmá, os meus outros irmáns e o resto da familia. Pode que tamén outro paxariño no paraíso do Señor, xente da que xa non quedan restos. Un móvese por aí e ve toda clase de persoas, alegres, tristes, feas, guapas, pequenas, altas, delgadas, gordas, silenciosas, ruidosas... e ve tamén case tocaios, cos que moi ben un podería pasar a vida sen máis outras complicacións. Un gusta de rodearse das persoas e ver nelas os anacos de espello no que se converte ou nos trozos que quedan ao romper. Máis alá diso un non levaría as pedichas, porque moi ben puidera quedar ese hábito que poderíamos dicir non é o máis desexable, anque por pedir non quede, e iríamos así polos pobos e cidades da Galiza lanzándonos contra as rompentes, escachando como as vagas nas praias, acariciando as copas das árbores no mesmo soplido que as move e sentíndonos outra vez na gloria do señor, anque esta noite non sopla nin unha brisa. Do fondo ven como un ruido musical que ás veces o vento achega ou alonxa, que a veces é inintelixible e ás veces se albiscan como verbas suxeridas, e que un as colle así tal como as veñen porqué de pequeno fixo votos de pobreza cunha María Celestial e Purísima que trata de rachar agora.
Tristeza
Yo, yo no quiero la luna, ni tampoco el oro de la abundancia, me llevo mal con ambos
Tampoco quiero seguir estudiándome como si fuera el primer hombre que lo hiciera o el último
Me gustan mucho las mujeres
Me gustan un montón
Y más me gustarían si empezasen una relación, ellas, por si mismas, haciendo ya caso omiso del viejo este de los caprichos con sus cuentos de sirenas que van a echarte a perder los sentidos
Si fueras más corredora (que no lo eres) lo sabrías apreciar en lo que vale
Si fueras más lenta tal vez necesitases trece años de noviazgo
Con consentimientos mutuos las suertes de las relaciones estarían echadas y uno no podría pedir más al cielo
Qué cosa viene al tiempo y se materializa y es algo nuevo?
Oh, reloxio, non marques as horas, que me vas enlouquecer:
E gústame mirar a velocidade das bicicletas, o seu ritmo monótono e áxil, as súas feituras, as insondables preguntas que levan nos seus radios, manillares, sillíns, cambios, nos seus neumáticos auxiliados por parches e pegamentos que che entregan a reviravolta da paisaxe de motu propia, teño que arranxar a miña e cismar unha aventura de kms. Entre eu só e a bicicleta. Entre o traballo e o descanso. Entre o poder e a gloria.
Entre o sabido e o consabido. Entre o discurso e o garabato. Entre o xeito de ser e o que non existe.
A choiva cae orballosa e aventanada, e as copas das árbores mécense cun lixeiro chasquido nas súas ramas. As sombras todavía non se disipan, e impera un gris airal, nubroso, propio de nubeiros e cronos. O que poidas facer hoxe non o deixes para mañá: e pola mañá teño que me achegar ao banco que me empresten 20 E para rematar o mes coa provisión de tabaco satisfeita pois todo se me esgotou. Quedan 7 días. Loxicamente, o mes que ven, pasareinas canutas, anque, bon, como estou costumado, supoño suplirei por calquera entretemento. Cara lá ía cando un auto se cruzou no meu camiño e case me parte as pernas. Atendeume unha señora moi amable que me levou ao piso e fíxome as primeiras curas, (era enfermeira) despois recomendoume que me atenderan as ambulancias que chegaran ao lugar do sinistro (unha moto arrasada por culpa dunha velocidade excesiva do auto e unha imprudencia por parte do das dúas rodas) o que non aceptei porque non pareceron despois tan profundas as feridas e cun pouco de mercromina no prazo dunha semana o pel xa estaría restaurado. Tamén saiu malparada a televisión que ía reparar no taller, anque era o de menos. O motorista estivo ingresado dúas semanas no hospital e despois tivo que ir a xuízo co do auto. A min non me reclamaron como testigo e non asistín. Xamais volvín saber nada do asunto, ata hoxe, que me veu á memoria tan nidiamente que non me cabe outro recurso que intentar plasmalo. A memoria, lugar do bo e do malo, lugar que existe somentes en nós, e coa que establecemos diariamente miles de millóns de tics que quedan compensados pola volta á rutina diaria, que se compensan con creces cando atopamos o segundo instante que repara o que tivera quedado insatisfeito, lugar de morada de amigos e inimigos, lugar comunmente insaciado, e insaciable, quedan miles de preguntas, ¿cómo é que o tempo muda? ¿cómo é que xira a roda? ¿cómo é que o tempo olvida? ¿cómo as cousas interesantes que nos rodean se perpetúan? Neuralxia. Deito na cama un pouco a causa do mareo e noto o perigo que acecha este sitio. Os refugallos da albada fan a consciencia que hai que levar o resto do día, e tamén sei que o meu sacrificio non será en vano. Que as horas que adique a este mester redundarán en beneficio propio, ¿quer dicir acaso que isto non resulta interesante? ¿Que o xusto ou inxusto non serán capaces de medir o que realmente vala? Nomporiso, nomporiso non nos facemos dano, nin tratamos de causarllo, a boa conta iso é o que nos ten, as realidades son distintas e a invención ten que se amparar dalgunha maneira que satisfaga as horas investidas na súa aprezación, que non é gloria nin respecto, tamén se di que
Fin da ponte;
O mareo pasou e o ceo ten xa outra claridade, anque non moita todavía; pola pinta vai estar nubrado todo o día. Faltan 3 minutos para as oito, e xa só me encontro a gusto co o ordenador prendido diante. O veneno que me calma tampouco me chegará para fin de mes, e como a miña predisposión de ánimo só consigue atrapar o que a súa inxesta me produce, deixarei pasar así 10 ou 15 días a ver se normalizo, e a sensación volve ser outra. Caricatus foi un poeta latino do século II a. C. que sempre recomendaba a paciencia e a tranquilidade para os arrautos, tamén recomendaba os paseos ao aire libre e visitas espaciosas aos lugares de recreo e lecer, e paseos serodios en lancha, barca, bote, nave ou buque en cánto tivéramos a menor oportunidade para elo. Xa sabía que o mar era o noso mellor amigo (faga como se non presentise o risco), e era marabilloso encontrarse así despois en terra, con todo en vértigo, non quererás ser esa horrible nai propia da imaxinación do fillo? Quererías ser nai se como fillo tiveras o que o fillo pode darche e ademais sentir o que sentías o que cómo exemplo de nena? Formada pero non feita todavía? Quero dicir, Eme, que se eu consentise, ou ti te dixeras a ti mesma que o que paga a pena ben pode ser tamén compartido, compartirías o que tes ou non saberíamos nada diso? Saberíamos acaso perder e gañar para un mesmo?
»Â¨©Ç»»»»»»»»
»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»»
»»»»»
RICHARD BROWNE: We cats when assembled
1english part songs23
ÿ
”””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””””
þþþþþþþþþþþþ
how many people there were
this makes for less work
OVIDIO NO TERCEIRO REICH
non peccat, quaecumque potest peccase negare,
solaque famosam culpa professa facit.
(amores, III, XIV)
amo a miña obra e aos meus fillos. Deus
é distante, difícil. As cousas pasan.
demasiado cerca os vellos abrevadeiros de sangue
a inocencia non é unha arma na terra.
aprendín unha cousa: non mirar
demasiado aos condeados. Eles, na súa esfera,
viven en extraña harmonía co divino
amor. Eu, na miña, celebro a música celeste.
GEOFFREY HILL (1932)
Fantasmas:
A alegría señorita ten só unha forma de comportarse, non é como a dos pobres, que se ten que ir adaptando. E isto, perigoso, porque a mecánica que a moldea pode romper en calquera momento con calquera tuerca. Humidade, óxido, corrosión, rompe un lugar da cadea e o edificio enteiro vense abaixo abatido polos mil disparos concienzudos dos que axiña quererán a túa morte. Habelos haylos. E, porén, o estudio das horas no que me embarquei vai pouquiño, téñenme xa abraiado con tal profusión de detalles que o meu cerebro aínda está feito un lío e non desaproveita a menor ocasión para o seu desfogue. E hai, hai contos que caen en saco roto, e hai contos que non, polo demais. Polo que a min respecta a altura á que un pode chegar non ven imposta polas drogas, nin polos coñecementos, senón polas preguntas que nos facemos.
Onte, día do Apóstolo, estiven sentado nunha das terrazas da Raíña tomando unha cervexa sen alcohol, distraído, marabillado diante dese espectáculo descomunal que forma a peregrinación nos adegaños da Basílica, pensanso quizais de onde procedía tanta xente, vendo, nesa diversidade cultural e étnica, un precedente aínda necesario, unha das bases do culto compostelán. Iso que permitía ver reunidos xuntos en paz e harmonía a xentes de tan diversos países era o que caracterizou a esta cidade durante séculos, e o que a sigue caracterizando. Alí ata min se achegou un home pequeno, albino, co ánimo de me realizar unha pequena enquisa. Parecíase a Cardenal en tránsito cara as súas fontes de repouso. As preguntas era sinxelas. De cinco respostas nun grupo de oito había que escoller a que máis gusto che dera. Entre esas présas que veñen ben para calquera negocio, o verbo señor canoso quedou co meu número de teléfono pra caso que necesitase un traductor ao galego do libro que pensaba publicar determinado escritor (do que non recordo o nome) nas vindeiras datas sobre o contido de frases con contido e que pegaran.
PABLO anda algo desarreigado
Pablo conseguiu atrapar a unha católica fervorosa crente que parece que o leva polo camiño recto
Hermi está descoñecido, moito máis intranquilo que o habitual
A Abdelalfatahh xa só lle quedan dous meses
Hussein toma agora as vacacións na segunda quincena de agosto
Pia sígueme fiando
O problema do xuíz creo descubrir cal é. Como teño o precedente da miña irmá, que non lle concederon a pensión polos máis insignificantes motivos, co que para principios do ano que ven intentaremos pedir unha axuda para coidadores de persoas enfermas, que xa nola negaron o ano anterior por defecto de forma (non entrou nos días hábiles que había para recorrer), e coa razón da nosa parte; o xuíz só ten dúas posibilidades, negarma ou aceptarma. Como o precedente da miña irmá conta que aqueles motivos que alegaba ela non eran válidos por causa de non ter máis ca un 35% de minusvalía, e eu tendo alcanzado o 65% o dereito xa o concede, co mínimo de anos traballados e por ser considerada a enfermidade como un accidente (ou acaso son eu o culpable de ter a enfermidade?)... O caso é que o xuíz debe estar buscando unha excusa, pois van alá xa 17 meses dende a demanda, e, como comprenderán, un xuíz non pode basear a xustificación dunha negativa (en caso de que o sexa) no tempo investido en toparse con algunha lei ou articulillo que invalide o que se xustifica como xusta exposición dos feitos tal e como transcorreron sen que haxa proba en contra algunha.
A historia non é diferente porque alguén diga este é máis importante que aquel ou aquel sexa máis importante que este. A historia continua pondo en solfa o Sistema de Caridade Público e toda esa maraña de intereses ocultos que o mantén.
Miserias. Miserias. Miserias. Miserias. Miserias. Miserias.
Nai da honradez. Despois marchei, cara abaixo, cara Correos, entre o refugallo do lixo aínda non limpo (a folga tivera á cidade unha semana en vilo) e cun cheiro superapestoso, que había tempo se tiña ido. Ese cheiro nauseabundo da vasura aínda apalpaba as ventaniñas do meu naso, e poderíamos dicir como Quevedo: os cheiros me casaran comigo mesmo. A ciencia de non poder explicarme certas cousas, viñeren estas de onde viñeren, as cousas sobre as que tiña experiencia, parecían, pois, as máis convintes de traballar, onde un podería atopar o prezo máis xusto, o equilibrio entre as luces e as sombras que ben puideran estar agora debaténdose en cruel lide, sen sabelo, ou quizais sabendo que hai cousas máis importantes, tomar estas pola nosa ventura, e deixar o espírito do fauno cariacontecido, supoño que brillantemente.
As pingas da choiva no alféizar da fiestra:
De pó es e ao pó retornarás, becho vivinte. A túa Nai e o teu Pai tíñante entón como a Alegría Reina en toda besta viva Raíña dos nosos días: Francine Gálvez. Tíñate eu, só, fermosísima beldade negra, uns ollos clarísimos, dunha profundidade branca case pura, ser o Tempo no que tiñas convertido a miña vida, que te miraba fascinado mentres as bágoas me corrían. Ti te estabas rindo. O xúbilo no meu corazón non cabía dentro. E eras tan distante. O aroma da cera me pecha na miña habitación e os meus ollos xa non poden ver outra cousa. Estaba pensando en terte en imaxes. Aquí, xogando co ordenador, podería sacar algún proveito da reedición do culto, e que mellor que alguén guapo, lugar do exótico, facéndome recomendacións sobre todo disto ou daquelo. Si, así sería posible a disciplina militar na busca dunha descuberta en tanto mar por inexplorar, e quedaría contento, pois os praceres da carne virían envoltos en papel celofán, métodos precisos para que o doloroso se afaste, lugarcomeprima de todo bo xoglar.
EIQUÍ AGÁRDO-TE
(Todavía me sintes a vergoña ao falar)
& Ï
Oh reloxio, ¿porqué marcas as horas?
¿Porqué os días de pasar teñen nestes folios o seu equivalente?
¿Porqué aínda sabendo que a morte nos avantaxará sacamos forzas das fraquezas e construímos sempre cousas fermosas?
Ilustración
va ga bun dos
do aire terra
tíñamos rematado co uso de todas as drogas “legais” coñecidas e agora só cabía
A MANUTENCIÓNlonxe de aqueles programas de reinserción que nos fixeron a vida imposible
un atopa no seu propio control tempo as formas máis variadas de axuda e non necesita daquelas terapias emocionais de choque que tantas desgrazas supuxeron
a disciplina na cura é como a universal panacea e sabe máis a conto chino
con isto non quero dar entender que se calquera encontra nos dominios do “Patriarca” bondades suficientes como plantexarse unha forma de vida alternativa eu non faría o papel de malo e o desaconsellaría, por deus bendito, cada quen chegou a un punto no que a axuda aparece da forma máis variopinta e por distintos e diferentes canles que non convén desutilizar, poriso todo ten que plantexarse dende a óptica que a cada un lle interesa, non pola fama que teña ou alcance certa preferencia sobre outra
e ese gran carnaval no que nos temos convertido non nos pinte como monos aos que haxa que ver no circo
Isto trata de se converter nun texto de lectura. As modas correntes costumados a ver tal vez poñan pegas a xeito tan particular, ou as propias leis de mercado (que eu non utilizo) poñan a un no sitio, aprazándoo para novos concursos ou sabe deus qué. Como coas regras sempre tivemos problemas, isto trátase de parecerse o menos posible a elas, e trata tamén de adquirir os réditos que sen dúbida lle corresponden.
Finalmente os de abaixo non deberan estar ,mandándonos, senón os capacitados para elo; grazas a iso moitos dos problemas de entendemento que instalaron ao noso redor, como se nós, ou o que teñamos conseguido ou saibamos, fósemos os causantes do que de certo só eles son os culpables.
Ese enquistamento que se produxera a razón dos símbolos do poder, dannos agora de certo o real, a dinámica da que se xera a nosa industria e a que a ampara, estando xa convencidos que os outros gobernos que existiron, nunca fixeron nada neste senso.
Tamén grazas a tamaño despropósito pasamos a nosa parte de culpa, estado ao que nos remitimos para saber con claridade que o que agora ocorre dimana dese xeito de ver diferente que se instalou no país.
Dende Ampuries a Fisterra e dende o Cabo Machichaco á Gomera os nosos ollos asisten
deslumados pola presenza auténtica dun auténtico poder, co que se pode dialogar, co que se pode ofrecer unha imaxe digna de nós mesmos e co que empezamos sintonizar (exhaustos dos pormenores que nos tiñan abatidos en cuestións tan prioritarias como o existir).
Dicía alqueloutro goberno que as teorías que manexaba eran o máis granado das élites mundiais,e que resumían sempre nun: encontrarás quen te mande, ou, o mundo se ve mellor dende a persepectiva do mando, cousa que xa se veu abaixo porque os moi ladinos só gobernaban no ingobernable; é dicir, sobre aquelo que non podería mostrar a súa disconfomidade co que trouxeran (fora isto da natureza que fora). Vivíamos o “seu” milagre, e, claro, o milagre só pode enxendrar milagre, que será todo o bonito que queiran, pero non sirve para encher o estómago.
Seguramente moitos proxectos ficaron exhaustivamente aparcados debido a que simplemente en España gobernaba ese partido, que, deixara claro, nos ía tratar como se fósemos as tropas dun exército pensando en conquistar o que non había por ningunha parte, salvo na casa, e poriso as pesecucións se centraron en saber qué tiña o veciño e alardear depois de sabido que se coñecía e que un poriso era superior. As mensaxes deste tipo inzaron a vida pública española de cabo a mar e de mar adentro e era dificilísimo non atopar a alguén “tocado” por esa característica especial que teñen os gobernos que basean a súa administración na contra dos seus propios administrados, anque estes sexan
dende hai case un cuarto de século os máis lexítimos representantes dese poder, que habería, según esa lóxica, de “pervertir” para lograr que as élites que se encumiaban grazas aos seus triunfos electorais, obtiveran o respaldo necesario para seguir consecuentemente con esa burda política. Desapareceron moitas cousas da escena política española, da noite á mañá, e unha das que máis chama a atención é a ausencia da voz do pobo en todos os espectáculos creativos feitos ao respecto. Estas formas acultaradas do mass media trataban de influenciar na gran masa receptora o que só a ela lle interesaba, que non era nin moitos menos o que interesaba, nin tan sequera o que podería interesar. Aquelas construccións creativas deseñadas co propósito de sentar a un ao vértigo estulto da situación fácil e relambida, levou por autobuses e taxis, por aceiras e bares, a un exército de rompedores dos discursos, ou das palabras, que nos facían sentir tan inútiles como se tamén non falásemos. Porque foi así: dicían que tiñan a resposta para todo, e que nada escapaba a tan fino oído, tan fino, que un xemido podería ser tomado como unha declaración de guerra e un insulto na forma máis bela de entenderse mutuamente.
siseando a media voz pola campiña:
éramos tantos os que nos sentíamos insatisfeitos con que a voz da nosa experiencia se perdese ou fose tomada como unha insignificancia que os gritos de: Acebes!, Acebes! pretenderon gobernarnos aínda despois de morto (ou coas súas funcións prescritas, o que nos deixou quedar mal sempre con incluso aqueles que amábamos. Ti dis agora que as palabras non foron a maiores, que nunca se sobrepasou o límite expreso do formal, ti detrás do teu seto mentres eu pasaba diante acorréndome, como se o teu seto e máis eu fósemos de todo punto incongruentes, seguindo a política de Custer: primeiro matar e despois preguntar, cousa que de seguida nos fixo ver que o que vostede en realidade quería era o facer patente a súa superioridade da maneira máis grotesca que advertise. En realidade o que quería é ter razón anque a razón non estivera da súa parte, ou estivera tan lonxe do que significa, que calquera discusión era válida para manter o conflicto vivo e esporear así aos que sen pudor dicía obedecer: para algo eran os putos amos. E vostede co amo non se levou nunca mal. E así foi como quixo extrapolar a súa situación persoal ao maior ámbito do social, onde as respostas tiñan que vir decantadamente daquela parte da sociedade que non ía aceptar de ningún modo que o seu estilo de vida imperase no que era con moito mellor liberdade. Ás claras estas cousas vense porque agora as xentes perderon ese modo-vixianza.alerta que tiñan respecto das posturas máis agresivas e violentas do único mando central e axéitanse con toda présa ás novas condicións de se sobrentender, que queda dito, o que de seguro só pode conducir a unha situación hipotética: que as xentes se vexan como partícipes do encantamento xeral (as xentes, e non o único), que de seguro abrirá moitas máis portas das que peche.
Unha tarefa así lle corresponde na historia cronolóxica do Tempo a un partido que naceu con ese claro propósito, e que tivo sempre entre os seus predicados o de culminar o cultivo desa sensibilidade con máis ou menos acertos, pero coa salvidade da súa existencia. Un non estaría contento se non advertise tamén que a forma de explotación da nación é diametralmente oposta aos anteriores exgobernantes, e que iso tense que notar claramente máis tarde ou máis cedo, o que non nos deixa de admirar, e de intentar achaar o camiño, para que, os sendeiros de diante non rematen outra vez en parte algunha, senón en zonas de melloramento tecnolóxico e creativo, que xa levan anos e anos así manifestándose.
Non os choraremos, pois, entre os seus máis altos méritos tiñan o de crer que ían resultar ser os mellores paladíns da causa relixiosa, un punto e aparte que merece máis dunha explicación. É ben sabido que a Relixión Católica é unha das máis Corruptas do Mundo, que tratar de meternos en pleno desenvolvemento postindustrial o reclamo das santas vontades de pedra nun mundo que se movía a pasos axigantados cara a perda de todo coñecemento relixioso, só podía obedecer a dúas razóns: unha (a que foi sempre a clase divisoria entre igrexa e home; e dúas (unha falsa interpretación da moral co que tíñamos que compartir os esforzos). Isto dou lugar a unha ceiba de sentementos moi contradictorios sobre o que éramos, fomos, ou puidéramos ser, sen saltarnos, claro está, as divisións do traballo establecidas a tal efecto.
Somos logo o que somos despois de ter pasado por esa amarga experiencia, que non conduciu a nada, salvo a meter ás xentes nas escaleiras, a modo de saúdo e de información. Máis adiante ata estas formas que responderon nerviosas a estes primeiros avisos dos exgobernantes anteriores tiveron que percatarse de que esa política só conseguiría desfacernos en base a posturas mantidas sen ningún tipo de discrección nos postulados máis aberrantes e indiscutibles, o que equivalía a sentenciarnos como pobo. Berraron poriso sedición, crendo que o medo actuaría ao seu favor e lles outorgara o que doutra forma non conseguían. E así foi ata que, paradoxas do destino, un temor maior mudou todo de maneira irrevocable de forma catastrófica que nos mantén agora nese impáss que o horror produxo pero sen a maledicencia coa que estábamos costumados a chocar. Os retos poden ser eses de aquí en diante, e poida que moitas das solucións ás posibles fontes de conflicto na España nacida nos 60 do século pasado, non teña máis remedio que acudir a esa óptica importada de países islámicos para facernos entender que aínda estamos xuntos. Que a algarabía democrática de institucións e representantes non se perdeu nese ámbito ciscunscrito á península e que mira tamén con contundencia nos outros países que poidan contribuir de algunha maneira ao noso desenvolvemento, tarefa nunca acabada que ten que medir ben o convinte e o inconvinte, e nos facer sentir a nós como se fósemos parte desa empresa conxunta, da que nos tiñan apartado. Esa causa común de todos se desenvolvería de moitas maneiras e terían como nexo a pertenza a un país normalizado, culto, ao que todavía lle quedaran etapas por ir enchendo, etapas que cumprimentar para as que sempre estaríamos dispostos. Por aí van vir os tiros.
Poriso desexamos volver camiñar no senso do inacabado como forma de dar co acabable, que será o que conforme a paisaxe que vexamos de aquí a 30 anos.
Que será o que nos faga sentir o seguir sendo activos.
Elementos todos estes que Eme Lúas vai traer consigo ao matrimonio:
A espléndida beleza que demostraba cada día era digna de gabanza, e a min escapábanseme os piropos de cando en vez porque non había xeito humano de controlarse.
Os desexos podían máis que as realidades, e os soños, unha vez producido o enfrontamento visual, reclamaba sempre algo máis, que ás veces un podía dar, outras non.
PPPPPPPPPPPPPPPPPPPPPP
te amo
te amo
te amo
as cousas que podería dicirche
corren de présa na vaga do meu lume
e se consumen
e se consumen
Eu, Rochamor, puro sangue, corcel, galopante e galopador inimigo do daniño e perxudicial, dos abusos deshonestos, de todo tipo de autoridade, de desatinos insensatos e macabras ensoñacións,
case nadie, un nó na rama do bambú
certa cantidade de polen na pata da abella
un tornillo sideral
unha rá
píntega
ou cariacontecida vaca,
son tamén dono do abrigo que levo enriba, unha estrela fixa na noite da miña mirada
un cortexo de vagalumes arredor dunha nocturna fogueira
un sinal deixado nun toxo para indicar o sendeiro da carreira campo a través
un número chino inventado hai milenios que dorme agazapado xunto as demais pertenzas do emperador,
Rochamor d´Illa Soli
descendente de francos merovinxios pertencentes á Casa Ur
fieles conservadores das tradicións orais pasadas de pais a fillos e de fillos a netos sobre os misterios que nos foron revelados
agardamos tamén o tempo oportuno no que as cousas da vida sexan doutro modo
lacaios
señores
poder
iluminamos as nosas conciencias con todo o que recibimos do coñecemento para salvagardar este
e as formas nas que siga ensinando os valores sempiternos
da xustiza
e verdade
e das súas inspiracións máis altas
corno de boi
beche dunha cabra
pinza dun centolo
árbore na paisaxe
casa feita
é a nosa misión para os séculos
Eme Lúas encargaríase das súas Ciencias
¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸¸ as distancias a recorrer anque pareza que teñan aumentado en realidade diminuiron, e un só xa anda polas cercanías que é onde se atopa todo o que durante tempo buscou, mirando aquí e alá por calquera detalle que nos pase desapercibido nunha rápida ollada para tentar saber máis do que temos diante dos ollos, e ao que non lle solemos dar importancia
é así como non se me escapa unha casa no outeiro ou un pavillón de deportes ou como me aprezo do moito que cambiou Santiago cara todas as súas lindes
e é así como o meu espazo – tempo se reconverte tranquilamente nese novo ollar que estaba aquí pretiño
e cando o cazador encontre o sangue que busca saberá ser o máis prudente e o máis ousado, terá que mirar para as cousas feitas como se foran non foran del
como a presa encontra neses novos espazos vitais correspondencia
e como un trata de desentrañala
Mari Lú é case como unha brisa de aire
estudiosa, caprichosa, ousada, valerosa, destemida, síntese fermosa, sensitiva, psicologalizada, empresa, nai, compañeira, parella, amiga, compinche e nova protagonista na historia, capitana, lúcida, voluntariosa, apaixoada, reflexiona, agnóstica, válida, propaganda e panfleto, responsable, davidosa, amante, querida, lúdica, traballadora, ama de casa, dependiente, sempre do sexto sentido, visiblemente representada en todos os ámbitos do planeta, perseguida, maltratada, abusada, vexada, treicioada, mal pagada, un segundo plano, explotación sexual, traballos máis duros, roces continuos con outras conciencias, rupturas, voluptuosidade, desavenencias, a educación dos fillos, o cumprimento de todas as regras da maternidade, o demérito, a culpabilidade, as enfermidades, as íntimas loitas, espellos crueis, dogma, maniqueismo, moralidade, representatividade, as que sempre arranxan calquera problemiña, locuacidade, universalismo, empírica, metafísica
Eme Mimo Fillo da Rapaza:
e xa con todo feito, agardaron a vinda dos avós, que estaban ao caer esta tarde. Os avós, que nunca se foran por aí, que sempre se quedaran de auxilio, só pendentes de os axudar, os avós, despareceran.
A primera sensación foi deixalo estar, non se sabía moi ben que ocorrera, e non querían molestar a ninguén. Pero, aos tres días, os avós paternos non daban rastro de vida. ¿A onde foran? ¿Porque non falaran con nadie? Chamouse á policía que puxo en marcha de seguida un grupo de rastreo. Comezaron polos lugares que frecuentaban, polas rúas e parques aos que solían ir, pero nada. Cando a búsqueda ía rematar sendo infructuosa un veciño do lugar de Barciela, merodeando polo río, veu dous corpos colgados dunhas pólas, nun lugar moi escondido. Si, eran os avós, case en descomposición, os que se aforcaran. Seguiron buscando, nas súas roupas, na súa casa, unhas notas, cartas ou algo que delatasen porqué o tiñan feito, pero non encontraron nada, salvo os dous corpos balanceándose sobre o río como dicindo. Os nenos choraron aquel día por primeira vez e dende aquela xamais volveron facerse preguntas.
ARREDORDUN estaba o inomeable, a veces ata o impensable, tamén aquelas cousas que acaían de sorpresa, o feito anterior, o camiño que había que abrir diante. O esforzo de derrubar a muralla e abrir brecha pola que penetrar. Todo isto bailaba no aire. Un arrauto excepcional que moveu todos os piares da nai patria. Heille preguntar ao meu técnico en ordenadores se deixalo prendido e deixar que se apague só ou ir apagando cada vez que nos sintamos incómodos con el, heillle preguntar se resulta pouco caro. Ou se resulta caro vivir como un quere vivir. Rodeado das cousas que quere. Con cariño e amor.
A=N³-L*2/ [(4abc+¾²/µ7)*(±4444, 579*a7b-a/b)]
os réditos obtidos a través desta fórmula matemática equivalían ao que gastases no mes + a suma de posibilidaes de gastar máis, a conta de que un tiña montada a economía en función do que me pagaban, non do que pensaba cobrar
as onerosas imaxes redundantes da catástrofe case eran antónimas da miña persoa, e as caracterizaban un aspecto de repulsión nunca visto ata este entón
quero dicir que me acordaba cando vivía entre o millo e a pataca, os porcos e a parroquia, e aquela vida tan saudable, trae como unha inspiración que nestes aires insáns e polucionados, che sirve para ir desfilando detrás de cada un sen que se che caia a alma aos pés
a atmósfera de “the piper of the gates of down” encetan cun festival de sons en astronomy domine que en lucifer sam se volve rematadamente escuro abríndose ao final cunha especie de salmos (caricaturas salmódicas) renacendo de novo a luz en Matilda Mother, o incendio de Flaming, conseguindo unha chamada de inmaculada perfección sobre o que desexamos, un baile metódico sobre o que nos pulsa, sobre o que nos induce a elevarnos: a alegría, e a viaxe interplanetaria continúa con Pow R. Toch, Take up thy Sthetoscope and walk, Interstellar overdrive, The Gnome,, Chapter 24, Scarecrown e Bike, para cabalgar entre estrela e estrela á velocidade da roda (o mellor invento da historia) cucos no arame da foresta gorxeando as súas palabras de amor, mentres os palleiros se ían levantando, ou o millo caía un tras un detrás das mans expertas e incansables do labrego, as mans aceleradas na recolleita da pataca cheas de callos que arrincaban cunha forza medida a cada momento o recurso básico por excelencia, aos poucos estar xogando ao fútbol co mesmo entusiasmo que o dun gran estadio, 7 ou 8 rapaces, ás veces cadraba en impar a selección e tiña un equipo un xogador máis que outro, que equilibrábamos facendo unha mestura entre os que xogaban mellor ou peor repartíndose por unha ou outra metade; o mellor de todo era que non había árbitro, e que as faltas eran pilladas en situ e discutidas polos xogadores de ambos equipos e por algún que pillase andando na eira que se metía así nos entresixos do noso crecemento, bo, só era cousa nosa, e como pequenos gonomos actúabamos seguindo os instintos racionais da nosa pequena e verde raza (algúns din que son roxos). Alá no en tanto a medra era rápida, non se vaia vostede pensar. Un día tíñamos 6 anos e ao día seguinte tíñamos 15. O que non se tiña ben se sabe. Pero a veces podíamos comprar un bocata de queixo con anchoas ou ir polas fincas da Barcia roubar algunhas mazás ou peras.
Down
Eficacia que levamos sempre posta
De día a noite o altar era maior na paisaxe que nos muros pechados dos monumentos artísticos espallados aquí e acolá que nos facían sentir pequechos vivindo o anterior
As paredes da igrexa admitían só un rigor
A paisaxe era veraz, e o único inconvinte que tiña é que era solitaria
É dicir, a igrexa era un montón de homes e mulleres
A paisaxe era un espazo inmenso no que collía de todo, salvo a noción de sentir a homes e mulleres unidos
Ou quizais esa unión que se dá entre casas alonxadas unhas das outras tendo en base a piña do casal
Tendo en conta tamén que o fabril contaba con numerosísimas explotacións minifundadas e moi contaminantes, non é de extrañar que agora a única política que se poida seguir a resultas da sobrexplotación e oligopolio dos nosos avós sexan as industrias pouco contaminantes e respectuosas co medio e con nós mesmos
As excepcións que confirman a regra veñen parar outra vez a Pink Floyd: ummagumma
Astronomy domine. Careful with that axe, Eugene. Set the controls for the heart of the sun. A sacerful of secrets. Sysyphus part 1. Sysyphus part 2. Sysyphus part 3. Sysyphus part 4. Grantchester meadows. Several species of shall furay animals gathered together in a cave and groovins with a pict. The narrow way part 1......
As partes das fábricas maís contaminantes e perxudiciais para a saúde foron as primeiras en caer
Porque non tiñan xustificación
Caerán tamén os trust que incumpran os requisitos polos que nos medimos todos e polos que nos damos unha seveira educación
E quizais un se vexa xa como o que é
E non haxa ningunha outra maneira de mirar atrás ou adiante
Ou hai outra forma de volver atrás}
Y tu puňetera forma de entender la vida
A min me dixeran que así como un o vía non estaba mal, pero que nada mal, que había cousas, maría purísima, moito máis penosas, e que facer un mesmo os traballos era unha cousa dignísima, e só necesitaba uns mínimos apoios, que, no esencial, equivalía ao que che ía soster de por sempre, supoño, non poriso, exento das obrigas respectivas cos demais
Non me quero pór agora nun pedestal non sen antes explicar que o acontecido na miña vida foi consecuencia de dramáticas situacións debidas, e, que, resolvelas, formou parte sempre da utilidade do meu ser
Unha intensa vida que lle debo aos meus pais foi foron os únicos capaces de prestarme apoio verdadeiro, e todo o que necesitase, para que, un día, o que soñara, fose real, e fose o único que lle tivese que agradecer ao resto da humanidade
Non habería inmoralidade maior se agora o deixase
Nin tampouco ficaría a miña conciencia limpa
É agora o que se me ocorre facer e sei que non hai ningunha lei que mo impida
Iso xa botou a andar
Xa non é cuestión de sorte
En calquera noite sen Lúa se poden observar uns catro ou cinco meteoros por hora, pero as choivas meteoríticas ofrecen un espectáculo moito maior.
Cando un cometa emerxe das profundidades xeadas do espazo e se adentra no sistema solar interno, o Sol empeza quentar a súa superficie. Parte da códia xeada se converte de golpe en vapor que de inmediato se ve apartado da superficie cometaria pola radiación solar e forma un rastro de xeo, pó e graos de silicatos. Cando a Terra atravesa esta corrente de refugallos, as partículas se queiman na atmósfera e dan lugar a unha choiva de meteoros.
3ª parte:
todavía me dixeron: ben, totiño
a terapia mental que levas a cabo dá por fin os seus apetecibles froitos
e o ánimo volve reinar no noso espírito como se fose unha peza material da súa engranaxe
aí onde vemos que o reflexo só forma parte doutro reflexo que ven dun outro reflexo...
ata a dialéctica reinante
eu son comasí ti es comasá os demais soncomoson
e todo o mundo é diferente
migraña
as razóns obvias de porque te pos enfermo veñen dadas explicitamente polo que sana
así, sen prexuizo das accións legais oportunas, un está máis enfermo canto máis sana está a sociedade
tamén poderíamos dicir que a nosa apetencia polo traballo diario é proporcional ao gusto que encontramos no que facemos facéndoo como o facemos, e non doutra forma
Llorlli!: as casas de Alabama son suculentas, están inchadas de tesouros.
¡Corten!
As casas de Xeorxia son fabulosas e estupendas pero a min todavía non me invitou nadie pasar alí uns días con elas
Hai por aquí unha historia que circula contando que un dos Andrade, non sei se o dos xabaríns e os lobos, intentando un día ter tanto poder como o monarca, atreveuse proporlle un reto: o de mirar e comprobar se houber lugar á dúbida cál dos dous tiña máis limpa a conciencia. O monarca estivo de acordo despois de rirse del asegurándolle que non había invento na terra capaz de medir esas cousas. Andrade non chistou e marchou, e regresou ao cabo de quince anos, encontrándose ambos no salón do trono, congratulándose de que ningún tivese perecido. Cando o monarca ía responder ao saúdo de Andrade cunha escueta salutación, este fíxolle o recordo daquel reto que o monarca lembrou ao instante. Si, caro amigo, moitas veces lle estiven dando voltas á cabeza sobre iso de podela ter limpa. Acaso a Súa Maxestade non a ten limpa? ¿Tela ti, acaso, Andrade? Andrade quedou como pensando un momento, que respectou o monarca, e dixo: Recordaría a Nosa Maxestade ter algo na conciecia se acaso eu non lle houbese feito aquel reto? Pero iso non nos dirá cál das dúas é máis limpa. Por suposto. Hai riba noso alguén máis poderoso que ambos que ten el somentes esa potestade. ¿Porqué me acordas do Altísimo neste momento?? Porqué non habería de acordarse de quen dos dous seguro se acorda...
Salomé ofreceulle neste momento a cabeza de Xohán nunha bandexa ao gobernador de Xudea, e este supuxo que se facía un ben ao aceptarlla. Mais ben ocorreu que ELA estaría tentada por todo o que este mundo lle dá, neste mesmo preciso momento, no que se acorda de todo o que ten, e do que irá facendo co que gañe, incluso se minte, incluso se para dicir verdade ten que usar da vulgar mentira, incluso do que non estea obrigada facer, ou o que non lle corresponde, ou o que non está ao alcance das súas posibilidades, ou se está ou non está preparada, ou tamén incluso os pasos que hai que dar para que o que se eleve por riba da moral imposta faga o seu cometido, se as accións ou os actos non responden a nada, se todo é puro inventismo e o lóxico é pensar que estamos a anos-luz e baixo outras esferas que radicalmente imposibilitan que o esforzo que un fai para manterse cuerdo non hai diñeiro na terra que o pague, e que estamos moi lonxe desas disciplinas
así faría ata te sacar todos eses zumes tan repelentes, eu son o ánodo, ti es o cátodo, toda a forza interpretativa viría sobre o mecanismo que induce aos dous polos atraerse, polo que, ti como ti, e eu como eu, teríamos esa cousa de parte do que chaman liberdade como se fose un seguro
a lei da voltaxe indica ademais que ao existir unha primaria fonte de enerxía, o interruptor que podería manipular calquera dos dous, tería a función de administrar o esgotamento e o de repór as forzas perdidas
esta lei, común na electricidade, só é un dos aportes básicos que proporcionou a toda clase de relación mantida por dúas forzas contrarias, máis intensa canto máis fora a amperaxe
a bobina, inductora, envolvería o caos de materia física que lanzaría aos corpos a unha atracción permañente logo de compensar os déficits de resitencia cunha maior intensidade
e tería que facernos feliz ¡se deus non o remedia! porque estes principios rexen agora xa en todas partes
dende a punta dun bolígrafo
ata a polinización da planta
dende o adminículo que se pon como cumio en calquera mesquita
ata a fibela do cinto que te abrocha os pantalóns
dende os fracasos que colleitaches
ata os éxitos
repítete
άέήίΰαβγδεζηθικλμνξοπρςστυφχψωϊϋόύώ
4ª Parte:
Cando nas nubes hai tormenta/ sole tamén habela no peito;
mais nunca hai calma nel, ainda cando/ a calma reine en terra e ceo;
/ porque é entón cando torvos cal nunca
/ riñen os seus pensamentos
/ desbórdanse os ríos se engrosan a súa corrente
/os múltiples regatos que dos montes baixan;
/ e cando das penas o caudal abondoso
/ se aumenta cos males perennes e as ansias,
/ ¿cómo conter, cómo, no labio a queixa?
/ ¿cómo non desbordarse a cólera na alma?
/ Busca e anhela o sosego...,
/ mais... ¿quen lle sosegará?
/ Co que soña esperto,
/ dormido volve soñar;
/ que hoxe, como onte e mañá
/ cal hoxe no seu eterno afán
/ de achar o ben que ambiciona
/ -cando só atopa o mal-
/ sempre a soñar condeado
/ nunca pode sosegar.
Nunca, nunca poderei sosegar, estarei sempre condeado aos soños e aos soños converterse en realidades
Buscas cear para mañá
La Madre Patria Gallega
Le ponemos una Bailey?
Qué le ponemos al señor?
Unha azafata en prácticas de voo transnacional illas Hébridas-Nova Zembla
O duque de Enghien solicitou falar con Bonaparte. ¡Desexaba algunha cousa del! E non foi escoitado. ¿Quen foi o que dende o borde das obras fortificadas contemplaba no fondo daquel foxo as armas e os soldados, apenas iluminados por unha lanterna en medio das néboas e das sombras dunha noite eterna? ¿Onde estaba colocado o farol? ¿Tiña o duque de Enghien aberta a sepultura aos seus pés? ¿Foi obrigado tal vez saltala para pórse aos seis pasos mencionados polo duque de Rovigo? ¿É certo que se lle negou un sacerdote á víctima? ¿É verdade que só con moito traballo puido achar a unha persoa que se encargara de levar a unha muller a última prenda do seu amor?
Da historia da revolución rusa teño unha anécdota curiosa: eu merquei un libro titulado A Revolución Rusa escrito por Edward H. Card, que pensaba ler en canto tivera tempo, para iso o merquei, claro; pero, despois de varios intentos, nunca lle collía o fío, así que fun deixándoa, ata que hoxe me acordou. Non se pode falar de sorpresa ou algo polo estilo pero non só atopei A Revolución Rusa senón que atopei dous tomos: o mesmo, o 2.
Foi así como soñamos co advenemento da IIIª República, como soñamos e vivimos, pensando que, quizais, non estea tan lonxe como nola poñen. Se seguimos navegando polos seus arrabais poderemos vela máis nidiamente, de espaldas a esta tolería monárquica de Reino e Comunidades, Principado, Condado, Nacionalidades, Rexións, e Cidades Autónomas.
Tamén alí onde nada se encontra ¿porqué non vai estar o que busco?
Qué o impide?
Qué impide ver as cousas doutro xeito a como comunmente as vemos?
¡Dime ti onde prosiguen os meus pensamentos!
Ils convoitent la haine, au lieu de la rancune
STÉPHANE MALLARMÉ
Nada hai tan puro como o odio que verque esta fonte como dorada bilis e onde hai miles de flores saíndo da enredadeira cruel da nada, miles de tremantes lilas como mil mentiras. Eu son alguén que minte na tarde rubí nos ollos do sapo e espera que forme a cazata de cervos na noite. Porque o que son eu só o sabe o verso que vai morrer nos teus labios como o rincho que dá fin á caza.
LEOPOLDO MARÍA PANERO (PEDRA NEGRA OU DO TREMAR) [1992]
Era facilísimo falar de nada, do que sabías facer, do que tiñas aprendido por aí, das cousas que che gustaban, das molestias, das pegadas que deixaras nos camiños e das avalanchas, tamén do insecto, dos mecánicos chistes, dos grados de inclinación da carretilla eléctrica, do peso do meublé, da encargada de turno, das corridas de touros, da salvación do planeta, de como os ritmos estelares inflúen en cada un dunha maneira especial e privadísima, de como o mesmo movemento era teoría, había un porqué para que che gustaran as rapazas? de laiovento, de xerais, de galaxia, tal vez un día a aposta que facemos nos saia ben, qué poderían pór entón na nosa contra? qué non categoría alcanzamos? qué verbo dito?
As nubes do sábado non traen tristeza. As nubes do sábado non traen pesares. As nubes do sábado non traen penurias.
Traen alegres voces mozalbetas mostrándose os rulos e as peinetas.
Traen cancionciñas alegres de tasca e servilleta.
As nubes escuras do sábado non traen nin tan sequera choiva. Traen as meniñas dos teus ollos a ver se saes e o meu corpo agardando para os teus chistes.
As nubes do sábado sonche eléctricas que enchufan a luz para mellor velas.
Que din que é cego quen non apalpa todos teus sentidos e máis as salvas.
Que din ser prezo da túa tenrura, seino ben eu –bolboreta pura.
As Ferramentas:
Non íamos deixar o traballo sen explicar os utensilios que utilizamos para confeccionar o invento, que poden ser descritos como modos aos que apelamos para cubrir o déficit de imaxinación que observamos onde estamos, e que pode ser explicado polo pouco uso que fixemos os nativos dos nosos recursos propios, aos que consideramos diferentes por un clarísimo defecto de forma; a primeira das armas á que acudimos para defendernos despois do dano causado pola inclinación enferma do uso do significado, exponnos a unha clara fonte de radiación, que nos converte en heroes regordetes e simpaticóns, defendibles co Noso. Do que carecemos xa sabemos, pero do que podemos recabar, non. Poriso, Porque nos situamos no punto de equilibrio no que as cousas se ven como se inclinan a un lado ou outro, gardamos de certo as máis elementais precaucións con quen nos reserva o feito de chegar ser nós os mesmos, alá por arriba non hai nadie, a vida é desconsoladora, as accións verbas rematan por aburrir e non se pode extrapolar unha situación a outra. Miramos agora pola rendixa mirando quen ven. Se é ou non do noso agrado. Se o queremos ou non. Bon, eu non serei o parvo que diga que isto está mal, nin tampouco me atreverei dar unha alternativa á cómo levar a nosa vida diaria sen saltarse as normas non escritas. Para min que todo está ben. O que sempre foi pechado así nolo confirma. Ese aspecto cualitativo da nosa persoa-pobo non remata por romper. Cóstanos expresarnos. Convivir. Chegar a outro e ademais nadie nos di cómo podemos ser mellores. Como romper ese tabú. Cóstanos un ovo de Colón poder aseverar que o noso ovo é por nós. Non, vai por nós. É el o que debe o que representa. É el o que ten que velar porque ese pacto non se rompa. A nosa ignominia ven de que non sabemos quen rompe os pactos. Os nosos medios materiais non están en función de defender o que temos en común, senón na imaxe privada (e sesgada) que o triunfador nos reserva. Porque en boca dos triunfadores deixamos de existir como pobo. A única proposición que vamos recibir da boca e lingua do victorio é da gabanza de si mesmo. E nós desapareceremos como pobo. Como un conxunto de normas non escritas que nos caracteriza por igual e nos fai a vida máis fácil, dende o Courel a Vilagarcía, dende Ribadeo á Garda. Perdemos potencial cando a lingua está en mans dun deses pobo-traficantes e non nas mans dun defensor nato. E así parece que nos ten ido.
5ª parte
1
Eme Lúas está perfectamente casada, pero según me conta, as súas imaxinativas terapias para deixar o nocivo do matrimonio, empálmanme a min, que, sen comelo nin bebelo, véxome branco das súas asechanzas de muller, e claro, o puti-clube máis cercano custa 40 E cada media hora, a ocorrencia de desprazarse, e despois non rematar contándollo, o que deixaría sen efecto a causa pola que aínda nos alegramos un pouquiño. Eu era Lancelot do Lago e estaba no medio da ponte que conducía a Camelot, sen ter nin puñeteira idea do que me agardaba. Tiña oído falar de Artur, e do xuizoso e talántico do seu Goberno e conselleiros. Non era Artur quen me reclamaba. Eran eses honrados cabaleiros que se impuxeran así mesmos a tarefa de gobernar o Reino seguindo aos actos xustos e á sabiduría. E eu necesitaba esa misión. Noutros lugares eu como cabaleiro tiña necesitado o apoio que a Mesa Redonda ofrecía e non por elo deixara a un lado as miñas promesas. Esta era persoal. A única forma de sermes útil. E de seres útil. A miña vida ía nelo.
Eme Lúas era moi valente, e moi señorita. Xa casa non lle importaba (ou iso daba entender) que o que un pensase delo fose ou non fose o adecuado. Iso podería vir de que xa tiña o marido agarrado, como se sole dicir, e onde hai fabas... pero máis poriso non deixaba de ser menos interesante. Tiña unha media meleniña loira lacia e uns ollos picaróns producto supoño da paixón, que a impulsaba seguir xogos cada vez máis atrevidos. Un observábaa e non podía dar creto a como a rapaza que sempre veu nela se facía ata co control da situación e o manexaba como lle petaba. O seu sorriso ía agora de orella a orella. Os xogos de habitación parecían ser dos máis sutís practicados ata agora, e ela non daba facilmente o brazo a torcer, fora a boa escola, e iso se notaba.
O canuto abrira paso á heroína e a heroína traía (tralla) a coca (e todo isto era moi caro) había que actuar con coidado, se queríamos romper os tabús levantados a todo o seu arredor
dun as cousas parecían ires recompóndose non xa sen tempo e só faltaban unas arranxiños finais. O toque coquetón vislumaba a caricia das amigas entrevistas nos pasos de peóns, nos cruces dos camiños, topadas en calquera rúa, olladas no bar, a veces máis que palabras... que prendían nun amor extinto e apagado os doces xugos das paixóns por completo esquecidos
dinusiña, nesta silla me paparás enteiriño, sen que un só fío se escape, antes de me botar a perder de novo, sen que as palabras avesas da torcida, volvan incorrer no grave desacato cometido contra á túa moralidade
que xa sabe un máis de vello que de mozo
e os golpes que a vida nos depare
estarían en función de desentrañar as raíces e o pouso do noso Amor
querido Dylan:
encontrei unha voz agradable en Alanis. Viña de escoitar a Jewell e o doce sabor de boca que me deixara foi interrompido pola perda da fortuna que drasticamente rematou o noso noivádego por razóns maiúsculas, pero todavía conservo varias citas do intelecto, e a música sigue convencéndome, e me arrastra pola sonoridade temporal do espazo reducido a claves musicais de harmonía e comprendo adecuar os efectos (bos) que me producen co resabido que é o ter sempre a mesma visión diante dos ollos. Así me permito escapar.
Quizais vendo o sosego dos cipreses e os álamos arredor do lugar onde repousan os restos de meu pai me traia esa maior tranquilidade que me daría mellor visión e máis certeira punteiría. Que a observar non me gaña nadie. Observo isto. Observo aquelo. E se me aquelo é polo novidoso do asunto, que, anque fai anos que está composto, aínda observo detalles que podería definir como “insatisfeitos”, volvendo a caer unha e outra vez na tentación de sabelos todos a pés xuntiñas, loable parella, así tamén me ocorre con Pink Floyd, ou con Triana, o jazz, o minimalismo e toda obra creativa que invoque unha máxica autoridade para seguir sendo, de certo, o máxico.
ººººººººººººººººººººº
a muchacha loira mirábame con bos ollos
estaba no bar radiante
¡raios e centellas!
Chamcha-Saladin qué clase... os países das Ribeiras do Golfo son riquísimos a 50º C de temperatura o asfalto das autovías que van de bagdad a omán está recubertos de partículas refrescantes que impiden o requencemento dos neumáticos e a máxima comodidade á comunidade propietaria de camelos en familia “O grito de Alá”, aleluias en réquiems en branco, chilabas bordadas en finísimas sedas e haréns fidelísimos, onde a sharía só se aplica no capaz de rebelarse, viva acción dende Haffa a Cachemira, dende as sureñas estepas siberianas á embocadura do Índico- Chamcha que cae dun avión nas páxinas iniciais de Rushdie, que traducirei gustoso porque ¡todo iso se nos ven enriba!, Chamcha que non vóa como Ícaro e ten un Supremo Afán Destructivo como Causa
Inxustificable – Occidente
Mañá Mesmo
nós damos serodios paseos polos xardíns e a egolatría dos sultáns non coñece límites
conseguiron sementar a semente da discordia baixo falsos pretextos de colonialismo
e atesouraron un odio abisal
do que emerxe todo o Orbe
-contando tamén coa retirada das Forzas de Ocupación Norteamericanas e Inglesas-
o síndrome Islám
o síndrome católico-protestante
paisaxes para unha posible escapatoria:
Xa non mana a fonte, esgotouse o manancial;
xa o viaxeiro alí nunca vai a súa sede apagar.
Xa non brota a herba, nin florece o narciso,
nin nos aires esparexen a súa fragancia os lirios.
Só o cauce areoso da seca corrente
lle lembra ao sedento o horror da morte.
¡Mais non importa!; ao lonxe outro regato murmura
onde humildes violetas o espazo perfuman.
E dun sabugo a ramaxe, ao mirarse nas ondas,
ende en torno da auga a súa fresquísima sombra.
O sedento viaxeiro que o camiño atravesa,
humida os labios na linfa serea
do regato que a árbore coas súas pólas sombrea,
e ditoso se olvida da fonte xa seca.
Que ao mirarse mundo e home, home e mundo, só se encontran, só hai este espazo inmenso para sentirse, e os ceos non importan, nin importa o musgo, nin cómo as flores brotan; nin importa que te queira ou non me queiras, o especial é sentirse; e este mundo ingrato que todo o pena, non sabe por onde saírse, e quizais sexan negros pesares, ou mañás en sombra; quizais nos veña a Terra toda enriba reclamar un lugar no limbo, e non valan de nada ninfas nin sílfides, fadas ou gnomos, música e tristura, só soñando, vida perfecta para a Resurrección na Catacumba. Vostede sabe que a paciencia é un dobre-mérito, que este planeta indelicado ten que aprender de novo agardar por algo, que a cura que ofrece é insegura, e que a inseguridade aumenta cada vez que transcorren os minutos, algo ilóxico, si se ten en conta o nivel de desenvolvemento alcanzado, e de que non hai segunda volta, que a civilización está nun punto culminante da súa Historia, e val agocharse, ¿porque o mundo non me entende?
Arabia
J
o segundo seguinte tal vez non exista nunca
(anónimo)
iso cre el (ou ela) quizais inspirado por un vento redentor capaz de ampararnos (pensándoo ben) ou tal vez buscando un dano maior (levado tamén) por unha inspiración a boleo de cómo deberan ser as cousas neste puto mundo (faceta dunha humilde moralidade que impide empresas maiores) e maior desinterese (e unha anguria-fobia) propia de toda mente case diciplinada na busca da ausencia e do indoloro (motivo polo que suicidou Kurt Cobain) (chamado Johnny Rotten) into de blue –cabaleiro universal tirado ao seu antollo nas miasmas do infrahumano (teas de araña símbolos dos cazadores máis violentos que a Terra dou) notados tamén neste notabre paraíso, cos recursos semiexplotados, coas bandeiras-cruzadas, a inexistencia dun poder central que organice de novo as aspiracións máis significativas do noso Benestar Común (se é que existe) (e non é un plan de pensións actualmente actualizado que contan esbourará no 2015) (conte cunha financiación privada para esas datas) nós (perdoando usar o vostedes como se fose o meu eu) quereríamos crer que os que máis tiveran máis pagaran (que iso sería xusto porque atendería ás necesidades doutras persoas e sería ata pagable) coido establecido un senso perverso na vida pública-privada que non atende a estas razóns (e que busca, someramente, dar máis ao que máis ten, e menos ao que menos)
[...]
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
pirixel colorado
e candil sonnolento
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
o ermitaño se durme.
se durme
a princesa, se durme,
¡o mesmo conto!
¿qué pasará?
¿qué non pasará?
****
¿Qué rumbo siguen as estrelas e porque nós as vemos?
¿Qué rumbo siguen os planetas e porque nós o somos?
***********
can:
entre os nosos paisanos deu lugar a moitas crenzas entre as que se contan a de ter por certo que cando ouvea é que venta ou agoira a morte dalgún veciño do lugar que estea doente; o feito de supór de bo agoiro a súa aparición nocturna como can branco ou, o contrario, como funesta si se presenta como can negro; a de crer eficaces os procedementos empíricos para curar a mordedela do can doente, e a de dar por segura a existencia quimérica do can de mar ou urco. Por contra, consideran moi axeitada a lingua de can para a curación de feridas e poriso deixan que estas sexan lambidas por el a fin de que cicatricen máis pronto.
A potencia de destrucción dun buque como o Prince of Wales equivalería a deixar en ruínas 10 campos de fútbol completos (bon, isto nunca se mediu) Calculando que o Marqués de la Ensenada cargaba sobre 100 proxectís de munición o poder de devastación dun buque moderno é dun tamaño inimaxinable
Como a consolación non ten prezo, debemos de pensar que será moi difícl que ese poder se use para tamaño propósito
¿Cómo os destas Terras somos máis pensativos que o resto das Españas e cómo somos de pensativos? ¿Somos consecuencia directa do pensamento máis superficial do resto e vértebra da súa columna ou somos algo esgazado acurrunchado neste curruncho que vai por libre? ¿Cómo somos de libres abocados ser máis pensativos que os demais e en que maneira esa liberdade nos permite ser aínda máis pensativos? ¿Somos bos ou malos pensadores? ¿Os nosos pensamentos tradúcense en bens materiais que nos fagan máis levadeira a existencia ou somos austeros porque somos pensadores? ¿E porqué un viño de barril non ha ter uns excelentes pensamentos comparables ao old whisky escocés? ¿Somos como os escoceses, galeses, irlandeses, bretóns? Isto é chiste pero xa podíamos estar batizados como ESGAIRBRE, porto malecón celta dos nosos buques antepasados e as súas escalas, que viñan de regreso case na mesma era de tempo? ¿Poriso somos pensadores? ¿Porque tíñamos un amor en cada porto? ¿Somos ademais axeitables, reformados, laboriosos e insignificantes xemas da xoia en bruto? Enfrontámonos a ostentóns, grupo caníbal terrorífico que se come ás súas propias crias. ¿Somos da altura do pensamento que merecemos? ¿Hai algunha forma de romper esas barreiras? ¿O grupo maioritario demográfico en materias globulares inclinouse algunha vez cara calquera disquisición que plantexara a riqueza de medios e usos compartidos na tarefa exacta da que nos fai renegados? E se foi así ¿cómo non nos enteramos? ¿Temos chegado ao punto no que non queremos saber nada máis de nós e porén só estamos conformes con nós mesmos? As xentes doutras Terras explican con rotundidade, se quer, o factor que o domina nese momento. É algo que induce pensar que o rotatorio de tan preguiceira maneira de pensamento mantén viva a roda da noria que nos consigue apagar a sede, ademais de cultivar os campos. Pero, se somos pensadores, ¿para que nos fai falta unha noria?
Extrañas ensoñacións recordábanme gota a gota máis extrañas todavía teorías ou lendas sobre a marcha do Paraíso Perdido e eu non me podía crer que estivera nese trance, despois de gañarme a pulso o pan que comía con monstros máis terroríficos que os detallados polo autor do Divino Sainete. Entre curas anxos e demos o país se atopaba onde se atopaba, é dicir, non máis alto.
Ridiculizados ata o escarnio público, as autoridades deste país foron protagonistas dun espectáculo bochornoso que impregnou de escándalos diarios a vida nacional que foi tomada a broma (máis baixo non puideches caer, Herodes). Non nunca Máis.
Nunca máis volveremos saber das túas feitorías. Fican gamberros que cren ter todavía idea de política pensando que a súa única utilidade é a de inflamar o tecido empresarial na vez de concienciarse en adquirir hábitos de traballo distintivos e lóxicos que corresponderían co tempo adicado xa ao labor ou á súa permanente transformación nun Ben Común. O afastador cre superar a tesitura institucional levando a cabo unha tarefa de desgaste que lle proporciona unha cohartada para practicar con saña o disgusto, do que, se non está mal informado, non ten culpa nadie, a menos que demostren o contrario. E menos o goberno, por suposto. Son eses señores demodé que incitan cordialmente ao divertimento dende os seus púlpitos de bispos tomando sempre como añagaza a visión particular do “maldito” asunto. Entre o que hai debaixo da faldra de medio país e o que iso bota fóra, España está coxa, porque a particularidade que esgrimía para sentirse veterana queda ventilada por dúas frases de alcahueta que nos despachan directamente cara outra cousa deferente. Loubado sexa quen estas palabras escoite porque así saberá que a Historia non ten Fin, a pesares deses señores demodé que puxeron ata punto e final a iso.
�
Os cans abandonados á súa sorte ladraban no alto do outeiro as bágoas que os homes non podían botar; parecían magoados, e os seus oubeos eran lastimeiros, como si se deran conta de que perdían algo que antes tiñan e que agora botaban en falta. ¿Qué era? ¿Onde se tiña ido? ¿A onde nos conducirían os seus avisos e os seus traumas? Nos salóns ridículos das casas fetén de chuchipendi estaba claro que non nos botaban de menos. Os cans parecían presentilo. Os cans, máis cerca dos homes que os homes mesmos, sentíano. Non era como circular pola AP-9 cara Vigo e tomar alí un café, facer o negocio e esconderse. Os cans parecían diciren retos cuánticos de relatividade no espazo vital que os posuía. Xa non había cans sen donos. Os cans de palleiro desapareceron todos. Eses mamarrachos agresivos que se crían ata por riba de ti, acusaban tamén o gran golpe mediático, o que puxera nas 625 liñas a un número determinado de “neoburgueses acomodados” donos intrínsecos dos seus petos que utilizaban o diñeiro que tiñan para aparentar unha forma de goberno, sobre os que nada tiñan, sobre os que nunca ían ter nada, baixo uns aspectos alucinatorios psicofónicos que empregaba a voz no mesmo momento no que era dita para facer palpable ese dominio, que, nun país que se dou a se mesmo unhas liberdades para ser usadas como mellor nos conviñeran, levábannos directamente á guasa ou a guata de lamé desas alegres floreciñas. Os cans, facendo uso do seu libre albedrío, ergueran ao meu redor unha lenda misteriosa que envolvía os meus pensamentos e case os meus cabais. Non podería dicir con exactitude se o meu pensamento pertencíalles ou me pertencía. Pero eu entrevía neses lacónicos ladros un ánimo superior por desembarazarse do caciquil e do führértico, que aniñaran nestes andurriais porque eran un bo caldo de cultivo para o bruto e o, simplemente, abandonado. ¿En qué cona de sitio se acordaban de ti, memo? ¿Poderías dicilo dalgún lugar da Terra? ¿Porqué eses neoconservadores ideolóxicos despois de nos vender a súa esperanza daban marcha atrás e nos acribillaban a tortazos? ¿Porqué nos cuspes, neno? ¿Qué demos te fixemos? A clase de cera que taponou os teus oídos non permitía xa escoitar os berros agudos da dor da humanidade enferma, pero co médico do hospital ías de amigo, fardabas de que o coñecías e de que a túa relación coa sociedade era perfecta. Claro, nós non podíamos participar das túas risas cos teus amigos porque os teus amigos e máis ti en pleno ataque de risa sacabas o revólver e o sangue que saía pola sen era causa de risa maior, da que un, como morto, xa non... Ti... ¿Escoitas ou non escoitas o ladro da humanidade? ¡Ládrache a ti!
O porquiño valente:
Meu amigo Teis tivo unha avóa, unha sóa, a que sempre ía visitar alá Á Muiña, porque aprendera querela, e tamén escoitala. E a avóa do meu amigo Teis non era unha avóa calquera. Polo pronto, viaxou, estivo en Cuba, Arxentina, Brasil e finalmente na Coruña, na cas dos fillos primoxénitos que a coidaron ata que pereceron nun accidente de coche. Teis foi a única familia que estaba preto, e que podía coidala, pois todos os demais tamén se foron polo mundo adiante facer as súas vidas, incluídos os pais de Teis, que o deixaran ao cargo dunha Tenda de Música. E coa avóa. A avóa tiña un porquiño. Un porquiño que mercara en Amio porque a compaña do seu neto non enchía todo ese tempo que permañecía sóa, e a alguén había que coidar, para sachar na pequena horta que tiña a casa á que foi parar non tiña o corpo predisposto, moitos achaques, e coidaba do bácoro, 4 meses e engordando, nun pequeno curruncho da parte de atrás. Teis tamén quería ao porco, que era un animal moi dócil e se deixaba acariñar, e non moi suxo, debido sen dúbida, a que o espazo no que o tiñan, era fácil de limpar e así o facían. Un día a avóa levou o porco á cidade, atado dunha correa e recén aseadiño. Camiñou tres leguas, pois o conductor do autobús non a deixou subir, e fíxoo con presteza, pois aos 10 minutos xa camiñaba polo centro da alameda baixo as miradas suspicaces dos demais viandantes, e dalgún que outro taco solto e dunha advertencia por parte dos municipais. Ela o vira na tele. Na tele había unha baronesa ou unha duquesa que tamén tiña un gorrino como animal de compaña e o levaba a saraos e festas e as grandes fortunas do sur non se escandalizaban. Despois de dar dúas ou tres voltas ao paseo, sentou nun banco descansar mentres deixaba que o porco andivera ás súas anchas entre a xente tendo coidado de non perdelo de vista. Xa se sabe que os guarros son moi despistados e en canto lles dás manga ancha cruzan ata o canal da mancha. Pero neste caso non. O porco estaba ben adestrado, e iso nun marrano se valora. Á fin, ao cabo de media hora de estar alí pendente do animal e disfrutando coas pombas, Teis, na Muiña, botou faltar á súa avóa. As primeiras chamadas foron á policía e a garda civil, que puxeron deseguida varias patrullas ao deber e deron aviso a todas as garnicións das próximas comarcas, por moi lonxe non debería andar, ademais de estar vella, e facer tempo que non se movía da casa, na que xa pensaba chegar á súa derradeira morada. E o móviles e os teléfonos non se paraban de preguntar ónde, ónde podía ter ido unha vella e un porquiño, que tamén Teis botou faltar. Mentres, Leila, estaba na alameda, e xa escurecía, e non tiña ningunha gaña de se mover de alí. Cos primeiros trebóns dunha noite que ameazaba máis que chuzos, Leila ficou dormida cos paxariños como compaña e o seu tenro porquiño, que ía e viña, fozaba aquí e acolá, tiráballe da saia, en fin, o que solen facer eses animaliños cando son convertidos ao título de animais de compaña. Non, non espertou. Os transeúntes, os poucos que ficaban, xa nin lle prestaban atención ao porco, metidos nas súas présas de sempre a aquelas horas nas que por alí andaban. Mentres Teis, seguía por outra parte. ¿Cómo ían supór que se morrera na cidade? ¿Que fóra alí reunirse con Aquel que está no Alto e que sempre foi o noso mellor compañeiro?. Non, Teis, e a policía e a garda civil buscaban polos montes, polos regos, polos prados e xa tiñan explorado palmo a palmo ata dez kms. á redonda. Xa medianoite, un borracho que tampouco tiña sitio onde durmir, ao parecer, tocouna no ombro, e ao ver que non se movía, zarandeouna para ver se espabilaba. Pero, ante o seu asombro, caeu do banco ao chan en apenas unha décima de segundo, tempo no que puido pensar: está morta. Sen saber moi ben qué facer (iso contoullo máis tarde a Teis) emitíu un brevísimo e ridículo grito de socorro. Era improbable que nadie o escoitase. Despois fixouse no porco, que quedara quedo aos pés da súa ama e amiga e que non quería moverse. Tal vez o porco doulle a impresión ao mendigo de que aquela señora debía ser alguén importante, e que tal vez recibiría unha gratificación se el se impuña o título de respecto cara a defunta. Así que non o pensou moito. Agardando que outro antes non fixera o mesmo, foise buscar a unha autoridade, que estaba aparcada alí diante do Franco e á que referíu con detalle, unha e outra vez, despois, tamén en comisaría, como dera con tan fatal descubrimento. Unha vez enterado Teis, acudiu presto ao hospital onde xa a tiñan depositado. En agradecemento ao favor recibido, regaloulle ao mendigo o porco, que tamén fora requisado pola policía local. Xamsi, dixo chamarse así, preguntouse qué diaños ía el facer cun porquiño, pero a Teis xa non lle interesou. Só despois de pensalo moito accedeu telo no mesmo lugar no que o tiña a avóa, e que despois, cando o cebaran ben cebado e fora destinado á matanza, xa se podía facer cargo del. Xamsi ía cada día (non ficaba lonxe) ver cómo estaba o seu porquiño, e este, que curioso, tamén se fixo pronto amigo del. Teis necesitaba a alguén que coidara da casa, pois a Tenda de Música leváballe todo o resto do tempo, así que Xamsi comezou por facer pequenas tarefas aquí e acolá e despois xa lle facía de fámulo. Sacouse da bebida por un tempo e quixo ser un home de negocios, polo que plantexou a venda do animal e co capital mercar dous máis pequenos, ou tres, engordalos, e vendelos de novo. O mercado do porco estaba moi acaparado, e el só o podería facer con aquela xente que ía coñecendo de traballar na casa de Teis e que tiñan algunha relación con el. Así o fixo, e en dous anos, que se levaron ben, o mendigo Xamsi xa tiña uns aforros, ademais de lle ter valido de consolo a Teis e servido para ter limpa e aseada a súa casa. Pero Xamsi non era de aquí, e como todo o mundo sabe, as persoas como el son cús inquedos, e así foi como un día desapareceu, cos aforros de dous anos de traballo ben pagado, os rendementos da súa pequena industria que tivera o beneplácito de Teis, e outros aforros máis grandes e avultados, os do propio Teis, que descubrira un día por casualidade e que romperon toda a forza daquel encanto. Poristo, e por outras moitas cousas, din as xentes non fiarse de ninguén, a sabendas.
A literatura galega, en qué escalón está? A quén lle pertence? É o mesmo módico prezo que en todas partes? Os seus lectores, ¿son ou non son especiais? ¿E qué producto requiren? ¿Sabería un atinar no gusto de miles e miles de lectores? ¿Ata qué punto iso é posible? Eisme enfrontado á morte, sen un triste testigo, coa romaría desfilando por diante da miña casa pedindo.... pedindo... favores... á Virxe... Estas cousas de sempre... Un dixera para si mesmo que a anguria producida no facer ou non facer, a resposta se decantaba sempre polo facer. E que aquelo que retrasaba o teu desenvolvemento vivindo a conta túa como a rémora do tabeirón, podía satisfacer as dúas caras da mesma moeda: a utilidade da rémora e a utilidade do tabeirón. ¿Poderían vivir unha sen outra o outro sen un? Tamén, aludindo a Kant: o sobrehumano supón un esforzo encomiable, non exento de perigos, aos que habería que domesticar. Na liberdade, tamén nas formas humanas que a representan, as ligazóns co Tempo adscrito á tarefa de desenvolver un programa de goberno contan cunha axuda exemplar na Libre Creación, e que iso, recoñecido de facto, non mudará un ápice do que teña que ocorrer.
Ui, púxenme nervioso sen saber por qué...
Eu con ese que acaba de mentar trátome de aplicar a teoría simplificadora da parella estable, non é certo, é pura comenencia, todo o que se diga (se hai alguén –que haberá- que se lle ocorra dicir que entre meu e seu non aplico tamén as regras básicas do cristianismo, que poña a man no lume, pois, ese complemento da vida que é a amizade, ben vale, esa tamaña complicidade) será a mantenta, pois o seu uso indebido non nos alegrará moito. As táboas ás que se pode agarrar un son moi escasas e un ben precioso, poriso o coidado que un obsequia a todos os que isto lean, será boa parte da aventura que lles espere, unha forma de lidiar todavía co anverso e unha teoría única sobre como un se fai impotente. Amable para todos. Exento de perigosidade. A conciencia limpa.
Rochamor abstívose así de lea, e mandouna a paseo
Os lugares do meu recreo volveron aparecer como se me estiveran agardando dende sempre
Apetitos sonámbulos
funambulismo
caminhar pola linha recta sem dar un traspes
a máquina é inmune
recordo ter visto nas páxinas do “El Víbora” un aparello do que se dispuña así: el sentaba a un lado con todo preparado para funcionar; ela sentaba no outro aberta. Apretaban un botón é...
avisadas
os derrames cerebrais producidos pola visión do irte sen que nadie actúe causan tanto dano como o de eme lúas buscando noivo
Tiraches o Nou Camp abaixo. Agora que te ature Rita!
Grazas a que a televisiôn permite revalorizar o que un considera de interese xeral , salvámonos asíi das escravitudes diarias e permañecemos atentos ás nosas pantallas
E L I x i r d´ a m o u r
6ª parte:
o que corresponde coa utilidade non sabería dicir se está na pura profesionalidade ou no puro invento. Supoño que cadanseu terá que apañarse como poida. A miña muller protesta. Hoxe non sacounadaenlimpo. Case monxa pórtase moi ben ultimamente comigo, sobre todo porque non lle insisto niso que ela considerou relativamente fácil cando o fixo por primeira vez, e ao que agora é renuente. Máis aló de toda explicación razoable, ela afirma ter razón, xa non somos nenos e non debemos xogar. E así volveuse máis incómoda, máis difícil de tolerar, pero, bon, como é a “paca”.
Vinme saír en ambulancia tal día como hoxe nun verán de hai quince anos, quince, e lembro vagamente como o hospital quedaba máis preto que a casa, e que ao andado dende aquela póñolle un mérito notabre, que satisfán poucas cousas; unha, a pura e llana investigación.
Como afeccionado á física as reaccións que se poidan dar neste eido serán suculentas contratas a tempo parcial e fixo que revertan no beneficio de ambos
poriso a medida das cousas debe impólas un mesmo
porque ninguén che fará ese traballo
Así o meu Graal é evidente
Esa tarefa pode resultar entretida ata o fin dos días
Como os vagalumes estelares que me proporcionan aínda información sobre cómo o mundo evoluciona, as garantías e o aval quedan dende este instante subscriptas
Vin a Marianne Faithfull paseando o outro día por Santiago. Lanceille un bico cando non me vía e fun tras ela polo Campo das Estrelas. Nunca quixen facer dano. O primeiro experimento deste tipo foi teorizado pola miña persoa, e case acabei víctima de min mesmo. O Proxecto Home é dunha formación tan elitista que as recomendacións nese sentido non surtiron efecto. Tampouco surtíu efecto a alteración de todos os meus plans de progreso por parte da máis modélica fábrica da redonda, cousa que non sei se lle agradecer ou suplicar. Tamén alí, na gran teoría conspirativa do mundo fun un don nadie, e púidenme recoller a tempo sen caer na viva tentación de marcharme a outros mundos. Gary Cooper así o fixera en Adeus ás Armas. Bebo quintais de auga mineral, dúas cervexas sen alcohol e dous vasos de ron, aparte de dous cafés diarios, un unha taza, non me sinto un anxo caído, despois do desterro, ata o Libro de Buen Amor me parece recomendable, me parece tamén unha prolongación da Nosa Historia polos medios dos que dispuñamos, e que ese labor vai ser loable, Saladín ameazará dende onde se agoche esa palpable evidencia, o pasado non é un bo refuxio,
Dor de cabeza, dor de móas, lixivias, virutas, cal, retellar, trabes de castaño, o afumado dos chourizos, o goloso coitelo do matachín, ensaltación patria, primeiras comunións, vodas, banquetes e batizos,
Hai unha camada de jatos aí no prado...
Me acaban de montar una escena
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
i a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no povo descanso.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
i as estrelas reparto.
Estou cos sófridores,
vivo cos desherdados.
Pelexo contra a noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro, que vés de lonxe
e vas de paso:
Dille aos meus irmaus da Terra
que é moi triste o País dos Ananos.
Esta lingua, que é tan cruel, maliciosa e eibada, é tamén a Lingua que queremos, a que máis nos custa, GUERRILLEIRO CURTO, PRESENTE!, toma invasión alieníxena, esas perlas de Praia Cristina que non se sacan nin cando o calor chega aos 40º, como se fosen poderosos conxeadores, amigas de todo o mundo, preparádevos, que difícil resultou incluír esta perífrase verbal no medio da nada, acudide a min, pirañas do Amazonas, soltai a pasta! Rápido! Criminais gambusinos sen tela que perder asexan ata última pescuda: os raviolis
Qué pouco me gusta a pasta italiana! Só tolero os canelóns, os fideos e os macarróns... tamén
vale, hai boas persoas
como todo o día me tratan de contar a verdade, supoño non tela oído
cada vez máis baixo, máis baixiño se fai camiño
tal vez estea aquí ese recambio poderoso que todos necesitamos
me quedei sen aire
my girl
my bad girl
my crazy girl
Jimmy Hendrix que estás nos ceos
Hai anos escoitaba en todas partes o mesmo consonte que o mundo de hoxe usa para agruparse, idéntico, non varía en nada o que, de pequeno, pensaba como debían ser as cousas, como debían de levarse, como había de sufrilas
Un pensaba que facer diñeiro fácil non era un bo camiño, e se consideraba un corredor de fondo cunha meta que alcanzar, pasados xa as enfermizas e delirantes versións da vida que se viñan ofrecendo como modelos a seguir
Un agardaba
Que caeran todas esas variables
Hai Mortadelo
—
Vista de la habitación de Agrado Por cuarenta mil pesetas de las de antes, al mes, no se puede pedir más
Columnas del Pallau
Acabo de morrer
7ª parte:
Existe vida despois da morte.
Falan das nosas particularidades con tanto descaro que parecen non ter nin puta idea do que falan.
Imagine?
Igualiño que nos roios eses entre ángel cristo y... victoria vera?
picaches?
A parvada tontería nacional é tan exhultante que se olvida a tontas y a
Todavía
Cuando as meniñas tolas –dicía o refraneiro-, recuperan a cordura, máis vale estar lonxe
Estes pichas bravas que as consinten o que queren
Bogar á bolina
indiscrecións
tamén a vida de fulaniño/a en solfa
¿Quen me engana na noite, e oubea
pedíndome que saia, que saia á rúa e camiñe,
e corra, e atravese as rúas como can rabioso
as rúas desertas en que sempre é de noite,
buscando loucamente o baccarrá na noite?
¿Quen me esperta, qué femia mortal ou paxaro, para dicirme
que aínda vivo, que aínda desexo, que teño
todavía que imprimir un último enderezo aos meus ollos
para buscar o baccarrá na noite?
¿Qué uñas escarban a miña vellez, e qué man que non perdoa
tortura a miña moneca, conducíndome
como a un lugar seguro, ao baccarrá na noite?
¿Qué man de nai, qué oración susurran
lúa tras lúa os labios da lúa
gritando no medio da rúa a sóas
descubríndome na aceira, denunciando a todos
o meu testamento secreto, o meu pavor e o meu medo
sen descanso de encontrarme, non sei se hoxe quizais, tal vez mañá, xogando
xa para sempre ao baccarrá na noite?
Vin ao nazi tratar de xustificar seu crime. Non vexo
problemas en tratar de defender a un narco.
Os dous teñen o mesmo número de iates.
Que ben oles! O recendo do teu sexo xa chega a min e o desexo inflama, pero aínda teño que agardar, Keto, anque as ansias me consuman, todavía non estás disposta, xa dixer eu de iren mar adentro e comezar sortear as sirtes e facer caso omiso do aviso das outras sireas, o tempo xoga, e ti non estás a man, estás dabondo lonxe aínda, gústame entreterme así, imaxinando unha escena na que nos puidéramos abrazar, un bo terreo gaño, e que non se che fora a sonrisa nin a intelixenxia a motivos nos que eu non tivera prudencia ao considerar que as posibilidades que estou soñando, non se vaian ao traste aínda antes de comezar; tamén diría dos acompañantes indiscretos ser eles a chanza e os burlados, a for de saber que, nas motivacións que un busca caben perfectamente os mesmos motivos dos seus particulares disgustos; así serea o día.
With at help of the my littles friends
8ª parte:
Hai moitos tipos de delictos, tan repetidos que nin nos damos conta, que acaban sempre coa aquela famosa frase da lei: a falta o único que consigue é perxudicarte a ti mesmo. Non poriso o abandonamos, nin deixamos de recorrer a el cando, por ocultas razóns, o necesitamos.
A moralidade (moi poderosa nestes tempos) escóndenos tantas cousas como cousas precisamos para vivir.
Non se trata de xustificar a inmoralidade, pero o talento (outra moeda) ás veces recorre tamén (propóndoseo ou incosncientemente) á hora de xustificar un fin.
E, según a lei, as cousas só se moven si se move a lei.
Para mover a lei hai que ter constancia de que existe (física e intelectualmente), e ser consciente, supoño, dos riscos que iso supón, supoño.
Esas incomodidades ás que nos envían se nos pillan in fragranti teñen o dobre aliciente do prohibido, a veces, suficiente motivo como para non pensar en máis nada.
Por consella terapéutica ineludible á miña investigación sobre todas as enfermidades posibles e a miña en particular, a man esquerda resolve tirar para diante e sexa o que deus queira que sexa, que, volvo supoñer, é dabondo.
O que non me incapacita para seguir abordando o tema dende os ángulos que me sirvan.
Noite
Estrelas amestradas.
Circo azul.
Dona Lúa sorrí
(Salomé centenaria).
Venus ten un penacho
de plumas.
Area de néboa.
Lámpara de soños.
Cabaliños luceiros
van e veñen
salpicando rocío
e luz de amencer.
¡Oh corazón meu,
corazón con áas,
dá o teu salto mortal
sobre o arco da noite!
R.E.M: da nada ven o vougo como do vougo ven a nada e as avionetas planean e hai pizpiretas rapazas loiras propias para o Amor e luces de cores brillan no meu coraz'on algu'en me amarga e do meu amargor sae o meu coraz'on brillan estrelas no meu coraz'on
britishbattleship U.S.S NAVY
concert´s for the strings strong´s
harpas e violonchelos
a miña máquina de matar
docemente as horas pasan
e pasan as horas e docemente pasan
e pasan as horas pasando pasan
e pasan
fábricas, homes, inventos e taifas
pasa o zéxel e o endecasílabo
o romance e o épico
e pasan as horas da tarde pasan
pasan as horas da noite pasan
e veñen os días os días
e veñen os días todos os días
veñen os días veñen
e á hora de ver o final
os días pasan pasan os días
e nunca se ve o final
B-52
Texto referido á Presunción de Inocencia e aos Malos Hábitos de Pensamento:
(Encontrado na Casa de Contratación do Arquivo de Indias de Sevilla oculto tras un remesa de papeis novos e cuxo autor se descoñece, baixo o epígrafe B-52, escrito na marxe esquerda con rótulo roxo, algo decolorado pola gran presenza de auga que chorreaba naquel ricncón)(como se fose sangue –resumían algúns testigos presenciais, e outros moitos, que dicían telo visto antes, ou que lle acordaba velo aí pero ao que non lle emprestaron atención)
Durante 15 anos non vimos a TVG porque estaba claramente identificada con todo o que era malo para o noso pobo
Durante 15 longuísimos anos non puidemos deixar de asistir a ese constante atropelo por parte “deses” que se dicían “as nosas autoridades” sen que os esforzos para levantar a alma que nos caía aos pés fosen vistos como “o seu problema”, non o noso. Nós xa sabíamos que estábamos condeados a sufrir. A maldición ven dende Adán e Eva, pero o que do que non podíamos mentalizarnos era de que os que se dicían o noso goberno traballasen para nós vendo claramente que era o contrario, demostrándoo todos os santos días, con pelos e sinais. E o que parece máis escándaloso, que o día que entregan o goberno fixeran alusións a seguir maltratándonos como se para eles nada ocorrese en realidade, como se isto non fose o Soño longamente esperado e a culminación en parte de todos os Nosos Desexos.
O hórreo-tecido do PP asubía en seguida, é o primeiro que se lle ocorre, como se estiveran saídos de nai e non houbese na Terra nada capaz de facelos volver ao redil, tratándonos de ameazar con guerras descalificantes e faltas de respecto continuos á nosa persoalidade, que, a pesares de tela amado tanto, porén desprezan. E como a outra Nai Patria está ocupada noutros asuntos, como non resolvamos aquí o que nos pertence por dignidade, eses “feros corvos do Xallas” voarán máis alá das terras que voaban e ao mellor ata nos vóan a nós. En miúda vergoña allea caimos.
Este día que é grande, que debería estar toda a Terra alborozada e arrebolada, as cousas que nos son propias redúcense a unha emisión da toma de posuimento do Novo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que intentará abrir, neste pobo senvergonza, o espírito que impulsa ás grandes nazóns sen protocolo, cara resultados que se palpen en materia de sociedade e dereitos. Lonxe da tutela dos nosos irmáns maiores ou menores da Península e doutros inquerimentos que non estean dados pola liberdade de mercado e a libre expresión dos cidadáns que viven, veñen e se falan aquí, afectándonos iso da maneira que nos afecte e supóndonos co siso suficiente como para encetar xa esa carreira que en mans do ex quedara empozada, relegada á creación de riqueza por parte dos que máis tiñan e ao empequenecemento das cousas que nos facían sentirmos orgullosos.
Que as liñas fácticas dos que deseñaron a anterior política da Galiza non actúen agora como rémora á que se lle deban favores impagables e non nos convertan a victoria en papel mollado.
Coñecín así a unha muller que logo dunhas palabras dicía este é meu, ou algo polo estilo. Ao cabo de catro meses coñeceu a outro... aínda llo vai dicindo.
Asusta todavía ver un panorama tan huraño como o periodismo en galego en fase de expansión
-facía así o Sir, con toda a intención do mundo
-a nós nos fai chorar, pero como non é noso...
-son palabras moi duras
-máis dura é a realidade
-pero apenas é crible
-poriso vai sendo menos aceptable
*******eu son honrado.
(Nunca pasei fame.)
Ti eres honrado.
(Nunca pasache fame.)
Ai, a honradez conxugada
en verbos satisfactorios,
nutridos, lustrosos, fartos.
Ai, a tripuda honradez,
a lealtá do cabalo,
o labourar das formigas,
a virtú dos funcionarios,
a estirpe dos ben nascidos
netos de nobres criados.
Pero cando soporto as inxusticias
coma coitelos hirtos ao meu paso.
Cando de noite
os meus ollos perfuran os tellados.
Cando o vento me trai unha cantiga
até o sono isolado.
Cando o pan faise estrela
e o medo crava cravos
no latexo sin fin de cada día.
Entón eu xa non son tan honrado.
Cando o tempo se chama economía
e trócase o diñeiro por traballo.
Cando en cada letrina unha sereia
vende ilusións por cartos
i as máquinas potentes esmigallan
pernas e brazos.
Cando a ialba indecisa chega ao mundo
e vai de frol en frol, e faise pranto,
ou convírtese en lume sin borralla.
Entón ti xa non eres tan honrado.
CELSO EMILIO TE CHAMAN,
CELSO EMILIO FERREIRO
74
Me dijo la sor a los 13 años, vete ya pués, hijo, tu vales para muchas cosas
Acabo de acordar que cando marchei para a mariña, con 17 anos,,,, bueno, con 18 xa estaba recorrendo medio mundo occidental, pero non en plan “dominador do mundo”, senón media potencia
Había homes que aínda non se lavaban!
Os chicos de Internet posiblemente si dominen o mundo nos 2015
Posiblemente no 2015 me encontre vivindo en Nova Iorque nun lugar de casas de dúas plantas, de madeiras, coloreadas, e con xardíns a medida, tal vez Miño ou Cabanas, non moi lonxe da autoestrada a 5.500, vulgar home de negocios de autoescola de idiomas, diabete incluída, causa dos meus estragos,
TRISTE Ramón de Sismundi,
sempre pechado en ti mesmo,
hoxe xa dono da tenda
basoiras soio pra dentro,
basoiras prá caixa forte,
basoiras cobros i arrendos,
pois o pó da estanteiría
basóiracho agora un neno
fillo da rúa, nacido
nas favelas de Palermo.
TRISTE Ramón de Sismundi,
sempre teimoso e segredo,
basoiras terra galega,
basoiras amor e vezos,
basoiras xabre de angurias,
basoiras cinzas de esquezos,
borralla de lonxanías,
estrume de sentimentos,
basoira que te basoira
na dura roda do tempo.
Galicia, probe e borrosa,
xa non che turba o silencio.
Deus, aínda a amo! Doncela moi travesa que se move rápido polos cumios dos mares en ciumes e... rapazada, ela, seino de pequeno, síntese moi lista, e como todo o mundo sabe os listos sempre buscan aos listos e que tamén iso certifica
un outro plano
estarei dicindo a verdade?
nin eu mesmo o creo
loriga no peito, amplas calzas, Valentín Paz Andrade, as lembradísimas flores de San Xohán que agora pasaron a outro plano da historia
máis violento que o sinxelamente verbal
con máis síntomas de ter recoñecido a súa propia capacidade máis limitada
hierafontes no poder
o Anxo Caído de Bellver
están ao seu
getz superconfiado sóa suavísimo no plano transversal ao cerebro e ás músicas matemáticas acertan unha vez máis no prodixio milagroso do producir pracer
agora insúltame –cacho cabrón!
recorrín cacho pasquín que non sabía eu en mans de quen poñerme e afundido e todo non lograba sobreentender a mensaxe supraescrita en brandas nubes e horizontes moi fermosos
valquirias con trenzadas cabeleiras gritaban dende o escenario ao foxo foxo se máis foxo se máis foxo profundo
profundo profundo profundo
e finalmente
animas lucuus de profundis
a camareira, alí en Benidorm, viña co vaso da bebida coas súas cimbrantes cadeiras sobrepasando os obstáculos do enorme comedor exóstico ata a altura dos meus ollos
parecía que alí ía ficar, pero, ao levar a man ao vaso a bandexa tremelicou nas súas outras e tamén se lle fixo un nó nos pés, vencéndose cara min, que estaba como tomando o sol, e alí quedou, de xeonllos, entre as miñas pernas, suspirando pola beberaxe seguinte (lástima de que houbera espectadores)
agora que acordo, tamén, alá nas Palmas, estaba tomando unha cervexa baixo aquel calor que non te empapaba pero que tampouco xhe deixaba sentir outra sensación, e alí, tras Santa Catalina, detivérame un da pasma, e tíñame alí de pé mentres parecía que ía por outro/s, e a multitude hala a berrar ¡escapa!¡bota a correr!, mentres o carabinieri púñase máis firmes como sinalándome e eu tremaba porque non sabía qué fixera
así que dende pequenos non tomamos as institucións en serio ata que nos fixeron falta
mayday!mayday!
ochodeocho
futuras aparicións desastres:
conmoción-violencia
eses aparellos electrónicos malusados por unha xeración que non papou o mellor da aula:
como a entrega aos demais habilitaba tamén outras formas estupendas que ás veces eran máis entrañables que os cotidianos contidos
os lugares da imaxinación na que nos encontrábamos xentes “realmente” distintas
alxebraicamente falando a t.v. de hai dez anos estaba chea de adiviñadores e parasicólogos que teceron como unha malla repulsiva cara o erudito propio de xentes do peloponeso (de esparta.c-o-ido) afundida agora por esta xeración presente noutros arcanos supoño vidos das converxencias entre as constelacións favorables e os astros pertinentes, o número do noso nacemento e a data máis recente da desaparición dun familiar cercano
con iso pretendían (e coido que o conseguiron) entreter a vinda do futuro ata hoxe mesmo, que viu, e alá onde as astronómicas do firmamento se conxuren a prol noso, o que sería desexable nun grado non moi extremo, pois a cousa está que arde, e nos movemos en centímetros/cuadrado, do que resulta unha exposición caótica e nada pragmática en empresariais, que supoñen que a oferta sexa superior á demanda, e que poriso o noso peto se resinte, non sabéndollo se achacar ao valor do mercado ou á nosa falta de autoestima
non, non te quero enrolar nun autodocumento de descargos que se inicien agora mesmo ou quizais se deixe para outro día
pero necesidade obriga
ese valor que supomos ten no mercado
esa “cousa” que se ve
deixemos xa dunha vez as cousas claras:
eu non podo ter nunca a culpa porque sempre estou no lado da víctima
sexa cal sexa a súa circunstancia
que desapareceu da fonte de atención como por arte de birlibirloque
acordo dos programas “solidarios” da Gemio e do marido que deixou atrás
¿cómo puido esa “putona” cambialo senón por un cubano máis xove ao que tería que coidar?
Pechadísimas favelas-mansións por todo o redor repletas de tesouros e riquezas (a primeira vista)
para as que terei que traballar algún día
Os estrondos da estrada á Coruña chéganme aos oídos traspasando a barreira que o monte pon polo medio e a distancia da que me chega
Din que todo iso desaparecerá algún día
Que aplanarán o monte e Frisco non poderá correr ladeiras arriba e seguir conservando esas marabillosas vistas panorámicas de Santiago, con 75 aumentos poderíase recoñecer casa por casa
Nestes aspectos a movilidade non é combativa
É case indecente vivir véndose o que se ve, as canteiras de onde Espartaco saiu revestidas con cores psicotrópicas, psicodelias e presencianismos non desexados deitados a vulto da gran masa rubia que se move a golpe de tortazos e que xamais reivindica nada que non poidamos facer o resto
Á miña idade estes soños son treicioeiros e nada positivos, lugares nos que non nin existe nin a máis mínima educación e tolerancia, deixándome, o que queda de mundo, que mas apañe como poida, por non dicir outra cousa, e que me manteña fiel a ese grave espellismo que transluce unha falta de pericia tal, que se non fose porque está todo o día berrándome ao oído cousas desagradables e facendo acto de presencia, (non sei qué reclama que lle pertence a el –ou eles-) daría eu agora o soño este a outros se os outros fosen entendibles, e volvería durmir no regazo da casa dos meus pais, que sempre me serviron de amparo, para non escoitar nunca esa forma ridícula de existencia
Tíñamos chegado a un sitio onde ata o nimio parecía adquirir máis importancia que o que un puidese pensar noutros cen anos de existencia se a tivese, por iso faise máis intolerable escoitar as expresións de mal gusto destas xentes que se din donas ao mesmo tempo das nosas posibilidades de desenvolvemento, e é pesaroso non por que un non teña coñecementos para desenvolver si se dera a ocasión, senón por que as referencias que nos podían validar como xa adultos, permañecen na opinión de quen nunca tivo ese gusto abocándonos a gritar, gritar, estar todo o día gritando, porque se non ata os propios pensamentos tentan facerche dano
Grito e non son tonto pero grito porque me gritan e o grito que me gritan non é o mesmo ceo son as imaxes máis próximas do inferno no que os demoniños superiores fan o que un pensa que é un demo: acariciar a túa mala sorte e utilizala para inocularche máis sufrimento, ou un sufrimento engadido ao lume que te consume, lume co que naces e do que nunca te dás desprendido
Lume quente, aburador, impaciente, destornillante, gravoso, farsa insuperable para as tenras aveciñas do paraíso, ollos de polifemos
en covachas inmundas e insalobres intentando destrozar a todos os Ulises do mundo, ¿qué che fixen eu, vello presentuoso, para ter tan malas intencións ao respecto? luxurioso rematador de tiros imposibles de facer, de tortos dereitos que descoñeces, dun falso pragmatismo que cheira a sacerdocio, dunha posición cómoda alá no alto do cómo un señor que gaña máis de 200.000.000 de pesetas ao mes pode acudir aos servizos médicos de saúde do SERGAS porque é gratis e el non ten porque pagar un duro! meu pai era un cabaleiro, os inicios de verán agoiran un estupendo inverno, as luces da cidade a carón, en inversos propósitos iguais ou parecidos, buscados con afinco por milleiros e milleiros dos seus cidadáns, fillos daqueles burgueses acomodados aos que todo o mundo se refería cando eran o non vai máis da cultura, deste país e doutros, cantidade de aventuras, dispostos colonizar o que faga falta, amigos dos seus amigos, e, perfectas lexións móviles de combate, últimas perfeccións, a perfect day, lou reed, ligaduras de trompas, baciado de matriz, constancia omnipresente do anticonceptivo, ilusións de prestidixitadores, falsos meigos do benestar, tonete, canas e barro, bilinia acepta manter relacións co referido se este... bilinia non desexa ter relacións sexuais,... a menos que... a menos que vostede sexa superior a ela e llo demostre: teoría da demostración:se un suxeito aludido non se dá por aludido é que o suxeito aludido en cuestión non está aludido, motivo polo que a treición poida ser máis rápida aínda do que pensas, o que implica unha debilidade non desexada e unha falta de protección tamén evidente, que según o extremo máis dereitable da dereita en españa é para que te metan no manicomio, non PARA que fagas esas suxerencias que nos varren a nós do mapa, o cal non é menos escandaloso do que toda esa “merda de xente” fixo no goberno durante 8 lóngos “secúlos?” “ou máis?”, en qué época da Historia da Humanidade tivemos un goberno de esquerdas estable? Todavía hai que seguir batallando sobre o que nos legou en herdo porque os sempiternos espíritos rebeldes siguen campando ás súas anchas, agora axudado polos descamisados do antigo réxeme, que semiinducidos pola falta de perspectivas no traballo seducen a deus baixo o símbolo da treición (a de Xudas), que aceptan como bos cristiáns que son, e remiten ao facelo ti mesmo, porque aí nadie se moverá por nadie, é a Voz do Amo tan poderosa, que se te ve con outro, te declara infiel, e practica contigo unha especie de guerra santa, sabéndose gañador do paraíso, que tampouco está escrito nas sagradas escrituras me está lapidando el de la sábana santa, a súa característica xenreira ao “galego” xa a puxo de manifesto, ¡coidado é que non falo en broma! (chegou sacar á santiña como símbolo dos seus hábitos protectivos a claro, ver quen era como os de ¡¡¡¡escaiola!!!) dicía un: era oficio de bo ladrón o de non darse nunca por descuberto, era, ademais, probable, que o mítico Caco estivera durmindo con nós, co que aquelo das máximas proteccións sempre eran poucas, o extremar a precaución cando conduces, a posibilidade de que o auto sexa teu e necesites un conductor que le leve a casa despois de pórte ebrio e xa esteas consentido,
variopintos eu converténseme en avogados defensores salientando neste proceso que a razón forma parte de moitas outras e que a voz que un utiliza para saír tamén xogan coas súas vontades
o interese particular de cada quen traza a liña que non se debe traspasar
e poriso, a paciencia, que teño que ter diante do xuíz que leva a miña causa por unha vida xusta e digna, lonxe dos variopintos perigos que acechan a un cidadán de ben en calquera sitio ao que vaias, non o saben aínda solventar homes de 80 anos, ou de 60, o que me leva pensar que os productos da miña imaxinación, cunha estabilidade económica xenerosa, poder
ían alcanzar froitos que vexo xa aí diante dos meus ollos, que podo palpar con só estirar a parte do cerebro que é o propicio, o propio, o causante dos equilibrios-desequilibrios diarios aos que me someten, non encontrando fómula mellor para someterme, que é o que trato de explicarlle non comprenden, a parte sometida da miña cabeza sometida é parte sometida da súa cabeza sometida, e causa colateral do meu posible dano- {pai mandou noutro mundo}{se quero parecerme a pai terei que traer os seus hábitos de conducta a estes tempos presentes e actuar como se fose o seu delegado}
1ª fase:
estudiar elocuentemente todo o que nos é prexudicial
2ª fase:
seguir mantendo vivas as esperanzas
3ª e última fase:
localizar punto por punto o que nos prougue
olvidamos pasados, presentes ou futuros?
tamén sabemos que o que aconteza non o defenderá nin deus
Eu acordo cando o periodismo de Ana Rosa Quintana se preguntaba qué facer con tanta persoaxe, cómo saldar as débedas contraídas, os favores comúns, cómo “entrevistar” sen saltar ningunha norma non escrita tendo en conta a repercusión que alcanzaba de inmediato, o “lugar” no que puña un cando o presenciaba, se todos éramos partícipes de tal entretenemento que puñan comodamente nas nosas casas a prezos de saldo ou se eran contrapuducentes, se aquela calidade era “exportable” ou só o negocio do século, milagres incluídos, se de tan barato como saía os homes e mulleres de España non tiñan máis que facer que aparecer diariamente no aparello contando as súas cuitas, se iso era ou non era negociable, se os dividendos que reportaba satisfarían por igual ás partes, se entre esa madeixa de intereses había algún “común”, ou algo parecido “ao común”, se a crítica era traducible en cartos, se os vellos e vellas de españa se enterarían algunha vez que este país é un sitio distinto, se a loita entrecortiniñas se transluciría ao público e este vise o tamaño da farsa, a de levarte a túnez e facerte miss do universo, graciosa tarefa para tan innobres señoritas, se algunha vez interese e intereses cadrarían (cousas máis marabillosas buscou Xasón e os seus Argonautas)
E os límites así da empresa están traspasados (como un corazón por unha frecha) entre o que non existe e o que si, que son os motivos polos cales domina ou non, é un virtualmente o ollo da agulla pola que ten que pasar a cidade para chegar ao ceo, tomando moi libremente a frase biblíca e traspolando o papel do universo que me encerra, ¿qué buscan en min? ¿qué busco eu neles? ¿qué cousas me van dar? ¿cáles vou coller? ¿qué é o que me levan?
¿porqué a teoría máis arcaizante da sociedade tomou raíces? ¿porqué estas pobres xentes de pouco pensar e máximo expoñente da ruindade apelan aos santos miserables, miserables donos de si mesmos, créndose amos entre tantas inxustizas? ¿porqué houbo unha persoaxe bíblica que tragou unha balea e urdiu un compló nada máis pisar terra firme? ¿porqué a distancia entre o pecado e o pecador é sempre tan discutida? ¿porqué mentía pinocho? ¿medroulle de súpeto o nariciño?
Despois deses rumbos etílicos da masa (multitude) non lle vou vender estes versos ao presidente dA Ford, seguramente, tampouco teño intención de ser un máis dos seus traballadores e admitir con elo que as diferencias insalvables deste mundo teñen aberto un voquete no gran Bloque da Humanidade e tratan por aí de debilitar as súas defensas e impór de novo un espírito errático a través dos próximos vindeiros séculos, unha lúa de mel augada polo maquiavélico proceder das forzas da oposición impropias de cabaleiros tan sagaces que apelan sempre ao espírito xeneroso do home para encher ao verdadeiro home de inmundicias o home aquel do pasado xa non existe é unha sombra nunha aba dun outeiro ás veces en forma de can que pretende preexistir sen que as cousas deste mundo o melguen nin o resto dos homes nin os homes-peixes nin os homes-tempo
encóntrolle agora gusto beber a cervexa de onte polas mañás cedo denantes do desaiuno
a proposición que fixen foi respondida esplendidamente
tal vez o carácter non imaxinario das cuestións que aquí se reflicten necesiten outro cambio de tuerca, ires cara un lugar onde te deixen, estar, só, incluso, como único testigo, para que os dedos voen rápido sobre a páxina do papel e o bacío mundo se encha co que che pertence e chamas, co que queres realmente, co que di a ciencia onde debe estar o coñecemento, por riba da cúantica e a relatividade, teño terror aos castigos físicos-mentais, aos termos nos que o psiquismo abriu a miña cabeza a tantas outras xentes e tan diversas, que me reprego, porque a avanzada é máis veloz ca o que existe en calquera lugar e temo quedar só, horizontal, e para sempre, a miña verba é encendida é revolucionaria, e as tropas necesitan consellas seguido sobre o cómo actuar diariamente, verdadeiramente, un obstáculo ata para si mesmos
seguidasmente o espazo da risa atráncame o ordenador e colga sobre este vidente raíces e pousos que tratan de desenvolver o camiño a percorrer aínda que este estea moi adiante
a manuela é á única que escoito
nos camiños retorcidos do chiste fácil aquela separación imposta aclara agora que o tempo trasncorrido é igual para todos e que a todos acai sen que lle deamos importancia
sen embargo, o noso corazonciño inda sigue buscando eses oquiños por onde romper as impertérritas variables e permañecer aínda fiel aos seus propósitos
lugares da eterna desilusión dos mundos
presentes en calquera situación
por desgraza
LANGUIDEZ: (a Georges Courteline)
Eu son o imperio ao fin da decadencia
que mira pasar aos grandes bárbaros brancos
compondo acrósticos indolentes nun estilo
de ouro onde a languidez do sol danza.
Soíña, a alma se marea nun denso fastío.
Alí abaixo, se di, hai combates sangrentos.
¡E nada poder, débil con desexos tan lentos,
e non querer florecer un pouco esta existencia!
¡E non querer, ai, e non poder morrer un pouco!
¡Ah, todo está bebido! Bathyllo, ¿acabaches de rir?
¡Ah, todo está bebido, comido! ¡Nada máis que dicir!
Só, un poema algo bobo que tiramos ao fogo,
só, un escravo algo xoldas que vos abandona;
só, un tedio de non se sabe onde, que vos aflixe!
Á MANEIRA DE VARIOS
Paul Verlaine
Nada nos chama, parece, nada nos estorba, nada nos reclama, nada, estamos abertos, nada nos di que sexamos, nada concirne a isto, nada, nada nos avolve, nin nos entolda o ceo a distancia, nin nada do que exista, sós somos, na nada, na nada vamos existindo, traspasando lugares e fronteiras, na nada, na nada vamos instigando, na nada vamos aparecendo, ao mesmo tempo que a existencia, nos lugares que coñecíamos e a onde imos á busca do que a nada nos pretende
naraná, naranara, naraná
onde sucumbe a lúa
e os galos de pelexa acosan coas súas agudísimas espunllas
sucumbe o sol
e a ciencia se mostra
as notas do pentagrama decorren polas nubes dos pensamentos
transmitíndolle
case foi onte
á luz dos vagalumes
e das areixas
e a morte é inconcebible
e un trauma
o máis grande
universe-beat-qué problema hai con escoitar aos demais?-all right-os hippys dos sesenta- mayflowers-republic-street legal-into the spaces
puro negocio
acción-inacción
o que se move arredor dun
lugares descubertos-indescubertos
follas dunha árbore que medra cara arriba e que expande as súas ramas mostrando
a delicadeza dos seus froitos
árbore ababol corrupto sangue desprazando a todos os seus opoñentes a miles de kilómetros de distancia, desprovistos do home-lacaio, só a base do noso esforzo, dicindo por aí a través da radio ¡queremos ter criados! e a constancia innata neses xoves adolescentes da treición a todos os espíritos da convivencia, se meterán anos e anos na casa dos seus pais e teremos a súa impúdica ideoloxía, arrasando cos making-off gravándoos, deixando o verquedeiro como aplauso, non, están insensibilizados e nunca verán ao sol poente descubrir cando se agocha aquelo polo que é astro
nenos ideóloxicos idiotizados pola t.v.bastarda-comedores de todos os froitos da terra-corrompidos no seu berce-¿qué clase de vida nos daremos a carón senón esta?
¿de qué clase de vida dependeremos se esta di non querer saber nada do asunto?
¿cándo sexamos vellos e esta xente non estea tampouco da nosa parte choraremos amargamente polo que desexamos e polo que tiraron abaixo?
¿tampouco teremos da súa parte a confianza para ser cómo somos e non doutra maneira?
¡e a falta de apoios que diariamente manifestan será o pan noso de cada día a partires de agora ata a nosa morte!
Hai en nós, do que singularmente pode haber, unha certeza especial cos asuntos relacionados cos apoios que brindamos aos que nos defenden ou nos atacan. Porque eis que as dúas circunstancias son posibles. Un non tiña caído ata o de agora levado por un puritanismo místico que buscaba as orixes da harmonía entre o que un é e o ouro que forma o conxunto, tratando de equilibrar ou compensar as xenreiras características que acompañaban ao ser coñecido-descoñecido, e ao arbitrio que as xentes tratan de impór sobre o que coñecen-descoñecen. Esas causas-defectos que converten en virtudes sen sabelo, esculcaba a posibilidade material de vivir como a un lle prouguera, sen deberlle nada a nadie, como bo cristián, se diría, e a forza de buscar esa paz interior, que un tiña, encontraba, non sabía moi ben se en relación ao propio eu o contrario ou en relación ao que os outros eu tiñan co que formaban, que a veces era como unha gran ventana na que se vía o todo, en grande ou pequeno, e a veces como un porche, onde o propietario se puxese falar de todo o que lle concernise, buscando nos sabemos qué, se ofendernos ou ofenderse, e estábamos así máis adiante cando a proposta do recibido puña en solfa todo o que era mensaxe, que un entendía con amplitude, e que axiña se ocultaba nese mar de espuma que eran os días, ás veces ata perdendo eses sentidos especiais que adquirían os seus matices e trastocándoos noutra clase de palabras, ás veces, tamén máis que palabras, ás veces tamén o noso propio alento, que había como un conciábulo nacional para que o triunfo persoal non chegase a certos límites, nin a certas persoas, que o rexeitarían ipso-facto deseguro sen nin tan sequera preguntarse o porqué, ou tal vez levados por esa ideoloxía oculta que pugnaban por transmitir, e coa que se coligaran, como se formasen un tremendo lobby de opinión que impedía a diplomacia e o bon facer cando a mensaxe daba con acerto na liña da retórica imposta, a que víamos cotidianamente, e da que os seus máis radicais defensores, supuxeron ser o embigo do mundo, apartando sistematicamente de seu o periférico, o autonómico, o laboral, e ata incluso, ás xentes que neste país teñen outro modo de vivir ou estilos de vida contrastables, que os suporían nunha xigantesca pirámide símbolo da que todavía o poder (anque fose o socialismo) estaba en entredito polas eternas presencias do antigo réxime, da España de sempre, a do musgo no Escorial, ou no Val dos Caídos, esa España tremebunda come nenos que non quería renunciar aos seus antigos privilexios de caste e que circulaba por aí a través de sobriños netos que levaban o confor aos resabidos e o desconsolo a quen cría sinceiramente que iso desaparecera coa morte dese “simpático Caudillo” de “unha, grande e libre”. Unha era. Grande xa nin dende os libros que rememoraban aquela imperial tarefa. E libre era, a comenecia dos que así dicían aínda, ser o esteorotipo da España que non se resignaba a morrer sen darnos máis alegrías que os sustos cotidianos, ao ver esa impúdica perversión instalada nas Casas de tan Ilustres Hóspedes intentando revivir de forma particular e como nunha xuntanza, aquel tempo que non recordan nin os seus tataravós, e que todavía é un cruel impedimento que se nos pon diante grazas a unha serie de productores da clase media que buscan nesa clase de público nauseabundo revivir aquel tempus mimético no que o señor era señor e o lacaio lacaio, sen que outros ordes da vida pintasen nada nin tivesen nada que facer, salvo o de permañecer en stand-by para repudiar ou aplaudir á todavía “obra”... á única obra que os unía nunha esperanza de por vida, por riba incluso do estatuto especial do estado democrático, que vían cousa menor, e “asuntillo” doutras clases, ás que consideraban “inferiores”, incluso “malos gobernadores”, e tamén, “incapaces” de solventar ese problema que se plantexou en España dende a xeración de 1898, do que o “asunto Perejil” foi o aldabonazo intrínseco a esa maneira de ver, o desenvolvemento dunha España intrasixente, a máis non poder, que nunca, nunca, poderá reeditar aquela política da que se quere facer herdeira. Imposible prever o dano interior que pode causar esa crenza desmedida e irrazoable naquel pasado tan lonxano no que éramos os amos do mundo e enchidos da gloria dos nosos soldados perdíamos homes en Iraq sen motivos aparentes e nos convertíamos en branco do terrorismo internacional porque o dexgoberno xogaba tan alto as súas cartas que nós, o pobo, pouco importábamos. Tíñamos que ser necesariamente arrebatados pola maneira de gobernar do “romano”, que xa non vía outra cousa que facer na “España va bién”, que matar inimigos, que tiña, a pesar de que estes non lle fixeran nada, sendo por isto polo único que será lembrado, e tamén polo clima enrarecido no que sumiu ao país e polo que sigue clamando. O espírito belicista dos españois chegou combater aos mesmos españois faltos xa de inimigos exteriores e aínda está nese trance, e parecen que o pasan ben, porque como as víctimas quedan ao lado, non pode ser mellor divertimento nacional e símbolo das súas esperanzas. Tan é así que, cando, por algunha “escura” razón poste falar con algún amigo e sae a problemática a relucir, a resposta máis convincente será á do que lle escoite ese momento dicir, se tes ou non tes razón, que prolongará ese desasosego especial polo que atravesamos dunha maneira revelante (as veces basta con calar e ser testigo do que pasa entre dous conversadores e o resto dos transeúntes). Ese clima enfervorizado sobre o que somos e o que non, pode que sexa a cabeza de touro que teña na parede do seu chalé da Moraleja como trofeo do que España lle dou, pechado neses muros de 4 metros de alto supoño que reverdecendo tanto honor e gloria, amén.
Isto é tremendo: que non se encontre unha función complementaria á responsabilidade desempeñada ao longo da vida e o presente nos “aparte” como se fósemos apestados ou causásemos un problema maiúsculo, función que un trata de representar seguindo as consellas oídas e elevando aos deuses os pregos necesarios para que a choiva regue os campos e siga habendo abundancia
na nai Terra: exeria está saída, e os crios desesperan, non teñen nin a máis mínima paciencia e parecen todos a xeración boluda, tan boas escolas como se erguen arredor e os mois fillos de puta son máis negros que o carvón, en sentimentos,
para divertirse utilizan a versión máis desesperada do egocentrismo e aplauden cousas “raras”, que cando as escoitas se che poñen os pelos de punta, din que é por divertirse
tan malos deus os fixo, ou faltos de líderes competentes, que é desesperante encontralos todos os días na rúa tirados como os trouxeron ao mundo créndose o centro do universo, pasando por “desenfadados” e outras troulas ilustres, sendo máis serios que o papa e moitísimo máis tremebundos que o lápis do apuntador que pon nas súas bocas ese ensino do que case todos carecemos, e do que fan uso ao seu antollo, sen ter a case nadie en conta
¿ti oíchelos algunha vez mencionar a alguén a parte de si mesmos?
outra nefanda estadística que engadir ás nosas preocupacións: se tal como se ve nas zonas máis representativas do ocio deste verán, ¿cómo esta xuventude –que xe dixemos levar unha semente inapropiada (maquiavélica cara o fondo) pode esixir despois moral, disciplina ou hábitos extremos no traballo?. (Sabe de antemán que están cubrindo os seus desexos máis “inconfesables”, que utilizarán máis tarde, no horario laboral de outono, inverno, primavera, para satisfacer as máximas-mínimas necesidades de empresa, da que se sinte unha fiel colaboradora que espera recibir as súas compensacións a base de entrega, falta de crítica e auto-complacencia, que redunda na creación dese espírito social insolidario que lle asoma ao pasear as súas relacións máis íntimas por aí, por outros lugares nos que a vida ten outro sentido, que non é o que outorga a primeira noiva ou a primeira esposa, e o ridículo é maior ao se crer con razóns e apoios suficientes para que ese apetito discotequeiro rompa con todo no que o mundo nos rodea, animados por esa raquítica forma de ver o seu teatro, do que cren ser o maxinable e o sostén, agrupados en tres aspectos básicos: familia, traballo, e falta de comprensión ou insolidariedade con quen así non o ve. As zonas costeiras están cheas a estas horas desas unidades indivudiais que teñen ao seu cargo determinado número de fillos que o único que buscan e traspasar o papel de papá e mamá para tentar imitar, cando obteñan a independencia, ese esquema tan sinxelo e vido dende hai moitos séculos atrás, que agora revive, entre outros aspectos, o rol home-muller como máxima imperativa defensa ante o ataque doutros conceptos nese mesmo rol, e eses aspectos básicos home-muller que constituían o entramado social máis potente da civilidade agocha, coido que sen darse conta sequera, ese xerme de obediencia que os outros aspectos quererían desbotar da relación, o que pon en bandexa do extremismo a numerosas familias monoparentais ou cun só fillo en mans das extravagganzas ideolóxicas, que buscan os seus apoios non na factura de resultados creados por eles mesmos, senón na explotación práctica do que hai (ou se creou ao amparo dese baleiro de poder, ou regularización) que recorre a unha imaxe tópica da familia dadora de vida e polo tanto esixente co resto, dos que non son aínda familia, ou dos que xa sobrepasaron o termo familia ou incluso dos que renegan dela (mulleres sóas e independizadas, pais ou nais solteiros, divorciados, viúvas, orfos) ou pretenden establecer según os seus propios criterios, sen que interveña nada do que ata o de agora a facía responsable do benestar común, que quedou supeditado ao valor de quen asumise esa circunstancia xerada polo Estado e fose capaz de facer con ela algo máis do que o natural crea por si mesmo, tarefa nada compensatoria, e loita de titáns e menoscabos
estanse buscando as razóns da gloria (algún día se tivo, outros comezan, os demais xa están rodados) que é como entrar no bar (de sempre) cada día e atoparse cunha cousa nova,
tamén é diaria
luceciñas académicas de estilos diversos que o fan a un actuar según
os factores que veñan
cousa misteriosa (absurdo) que mantén vivas as esperanzas de moitas xentes
e que a movilizan
segundo a segundo
según as súas mesmas ideas
á hora do combate a física corpórea non pode máis que a mente
o único ao que aspira é a dobrarte coa axuda da forza bruta
pero hai moitas máis forzas
e moitas descoñecidas
o cerebro, ao coñecer o debilitamento producido por ese instante no que o que che golpea pretende ser máis forte que ti, actúa rapidamente e se o dano non é a desaparición eterna, aprenderá e saberá como compensar ese saibo á victoria no máis famoso contricante e emprender unha guerra fría co ánimo de se facer valer, que era o que o contricante máis bruto che nega (cando te pilla “digamos” esa debilidade)
Elisabeth Taylor: o dano sintomático na ausencia de respostas atribuise ao tempo, que circula máis rápido do que un pode circular, por moitas causas diversas das atmósferas e o cambio continuo de hábitat, que ao querer levar a cabo unha parecida proposta incorre no que se coñece como “interrupción” que impide que a corrente circule adecuadamente polas canles que ten establecidas para elo e forma como nubes de intensidades distintas, que actúan sobre un de moitas formas diversas
Casa Caietano coa Koplowitz (Caietano o Maior)
“todo necio
confunde valor e prezo.
LXIX
Veuno pasar en soños...
Bo cazador de si mesmo
sempre en acecho
LXX
Cazou ao seu home malo,
o dos días azuis
sempre cabisbaixo.
LXXI
Dá dobre luz ao teu verso,
para lido de fronte
e ao sesgo
para odiar o verso xa hai que ser monsergo
e pouco lisgairo e espilido de tal valía que a lidia e papaventos poeirento e acabar facéndoos
09/08/05 14:51:39
Aquí viveu Vidán e parte do
Camiño Novo
Os longos ollos da noite me esculcan
e trazan arredor arGüires
estiven inspirado ata o de agora
A LÍSTER: XEFE NOS EXÉRCITOS DO EBRO; a túa carta –oh nobre corazón en vela, español indomable, puño forte-, a túa carta, heroíco Líster, me consola, desta, que pesa en min, carne de morte. Fragores na túa carta me chegaron de loita santa sobre o campo ibero; tamén o meu corazón espertou entre olores de pólvora e romeiro. Onde anuncia mariña caracola que chega o Ebro, e na pena fría onde brota esa rúbrica española, de monte a mar, esta palabra miña: